galego | castellano
Inicio : Avisos

Aviso Legal

1. Titularidade do sitio web

Este sitio web e todos os seus contidos, incluídos os textos, imaxes, sons, bases de datos, códigos e calquera outro material, son propiedade da Deputación Provincial da Coruña, CIF P1500000C, con sede e domicilio social na Coruña, Av. Alférez Provisional, nº 2-15006 A Coruña, Tfno. (34) 981 080 300, correo electrónico soporte@dicoruna.es, dos entes vinculados a ela ou de terceiros que lle autorizasen para o seu uso.

2. Obxecto

A Deputación Provincial da Coruña pon a disposición dos cidadáns e as persoas usuarias de internet este espazo web para subministrar servizos e información referidos ao seu ámbito de actuación como, se é o caso, proporcionados por terceiros para proxectar e dar a coñecer así as nosas actividades e a provincia da Coruña.

3. Termos e condicións de uso

Considérase usuario do presente sitio web a calquera persoa que acceda e utilice este. A condición de usuario comporta a aceptación total, plena e sen reservas, das condicións establecidas no presente aviso legal e nas especiais que poidan establecerse para determinados servizos e utilidades. Os usuarios adquiren o compromiso de axustar a súa actuación ás citadas condicións e a observar o disposto pola normativa legal, así como ás instrucións e avisos que se poñan no seu coñecemento. A utilización deste sitio web supón que o usuario recoñece implicitamente que acepta as condicións, se non está de acordo con elas rogámoslle que non se rexistre nin utilice este sitio web. Se ten algunha dúbida, consúltea ao administrador, antes de acceder ao sitio, no enderezo electrónico soporte@dicoruna.es.

A Deputación Provincial da Coruña resérvase o dereito a modificar unilateralmente a presentación e contidos, informacións, aplicativos, etc., do sitio web en calquera momento e sen previo aviso, así como a oferta de servizos e as condicións que se requiren para utilizalo. Tamén poderá modificar os presentes termos e condicións de uso e, polo tanto, aconsella a súa consulta cunha periodicidade razoable por se se producen cambios neles.

É de interese para esta deputación que este lugar web funcione coa máxima eficacia e cumpra a finalidade para o que foi creado e por iso o mantén, poñendo todos os medios razoables para conseguilo. Non obstante, non se responzabiliza de posibles disfuncións ou anomalías de funcionamento. Cando sexa razoablemente posible, advertirase previamente das interrupcións no funcionamento do web e os seus servizos.

Cando sexa necesaria a utilización dunha clave de acceso ou identificador do usuario para acceder a algún contido ou servizo deste sitio web, o usuario queda obrigado a mantela en segredo e a facer dela un uso dilixente. No caso de perda ou utilización neglixente da clave de acceso o usuario responderá da utilización que dela poidan facer terceiras persoas.

En particular, a intranet deste sitio web é unha área restrinxida e de uso único e exclusivo para o administrador do sitio e aquelas persoas a quen a deputación lle permita o seu acceso de forma expresa. Todos os contidos, información e aplicativos que están ao dispor dos usuarios mencionados na intranet son, exclusivamente, para uso interno e profesional na deputación. Consecuentemente, non está permitido o acceso a persoas que non estean expresamente autorizadas para acceder á dita área restrinxida nin tampouco á difusión dos seus contidos ás mesmas terceiras persoas, por parte dos usuarios que si sexan autorizados.

Os dereitos de propiedade intelectual do contido, información, gráficos, deseño, multimedia, aplicacións, produtos, servizos e calquera outro material deste sitio web son propiedade da Deputación da Coruña, a menos que se especifíque o contrario. Queda, polo tanto, prohibida a súa copia, reprodución, distribución, publicación, descarga, exhibición ou transmisión en calquera formato ou medio, incluíndo medios electrónicos, mecánicos, reprográficos, de gravación ou calquera outro, sen o permiso previo por escrito da deputación e, se é o caso, do propietario do copyright ou dereitos de autor.

Calquera uso non autorizado de materiais contidos neste web pode vulnerar leis de copyright, de rexistro de marcas, de dereitos de propiedade intelectual, de privacidade, publicidade, e demais lexislación sobre comunicación. Queda prohibida a utilización dos contidos deste sitio web con fins comerciais ou publicitarios.

Os usuarios de internet que accedan a este sitio web poden visualizar a información contida nel e efectuar descargas ou reproducións privadas no seu sistema informático; porén, tal autorización non acada a cesión posterior a terceiros, baixo ningún concepto, incluída a gratuíta, dos elementos reproducidos nin a súa instalación nun servidor conectado a internet ou a unha rede local. Queda absolutamente prohibida a distribución, modificación, alteración, cesión, comunicación pública e calquera outro acto que non sexa expresamente autorizado pola Deputación da Coruña.

A Deputación da Coruña non é responsable do mal uso que os usuarios realicen dos contidos do seu sitio web e resérvase o dereito de actualizar, modificar, conservar, eliminar, ou impedir o acceso a calquera contido que apareza nel ou de pechalo sen aviso previo.

Tampouco se fai responsable do uso por terceiras persoas ou entidades da información contida, se ben estas terán que aterse ás advertencias que consten para determinados documentos e aplicativos.

A Deputación da Coruña non é responsable dos contidos situados fóra do seu web, nos sitios web de terceiros, aos que se poida acceder mediante ou a través de ligazóns situadas no sitio web da deputación. A deputación informa que tales ligazóns que aparecen na súa web tan só constitúen unha información ao usuario sobre a existencia doutras fontes de información e servizos en internet sobre as materias ás que se refiren, onde o visitante poderá, se é o caso, ampliar ou complementar os datos ofrecidos nesta web, advirtindo expresamente que iso non supón unha suxestión, invitación ou recomendación para a visita de tales lugares de destino e polo tanto, declínase toda a responsabilidade relativa ao resultado obtido a través de ditas ligazóns hipertextuais; en particular, o visitante declara coñecer que a deputación non garante en ningún modo as condicións e/ou correcta prestación dos servizos ou calidade dos produtos ofertados ao usuario, por terceiros alleos a esta, a cuxos sitios web poida accederse mediante ligazóns establecidas en calquera das páxinas da deputación, polo que esta non será responsable en ningún caso da dispoñibilidade e dos contidos facilitados polos outros sitios web visitados a través de tales ligazóns, como tampouco o será do eventual incumprimento por parte de tales terceiros da normativa vixente e particularmente daquela que regula o comercio electrónico, a defensa e protección de consumidores e usuarios e a relativa a protección de datos de carácter persoal.

Os usuarios que se propoñan establecer un hiperenlace entre a súa páxina web e a da Deputación Provincial da Coruña deberán ter en conta o seguinte:
 
O establecemento do hiperenlace non implica en ningún caso a existencia de relacións entre a Deputación Provincial da Coruña e o propietario da páxina web na que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte da Deputación Provincial da Coruña dos seus contidos ou servizos. Por tanto, non se declarará nin se dará a entender que a Deputación Provincial da Coruña autorizou expresamente o hiperenlace nin que supervisou ou asumiu de calquera forma os servizos ofrecidos ou postos a disposición na páxina web desde a que se establece o hiperenlace.
 
A Deputación Provincial da Coruña non se responsabiliza de ningún xeito nin garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o establecemento do hiperenlace poida ofrecer. O usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso á páxina web do hiperenlace.
 
A páxina web na que se estableza o hiperenlace non poderá conter ningunha marca, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes á Deputación Provincial da Coruña, excepto aqueles signos que formen parte do mesmo hiperenlace.
 
A páxina web na que se estableza o hiperenlace non conterá informacións con contidos ilícitos, contrarios á moral e aos bos costumes xeralmente aceptadas e á orde pública, así como tampouco conterá contidos contrarios a calquera dereitos de terceiros.
 

No caso de foros abertos ou espazos de opinión nas súas páxinas web, a Deputación da Coruña non se obriga a controlar as opinións ou informacións vertidas polos usuarios, pero resérvase o dereito a eliminar aquelas que poidan resultar contrarias á legalidade vixente, especialmente cando impliquen unha vulneración dos dereitos e liberdades fundamentais, aos bos usos e aos presentes termos e condicións.

A Deputación da Coruña non será responsable de posibles danos ou prexuízos que se puidesen derivar de interferencias, omisións, interrupcións, avarías ou desconexións no funcionamento operativo deste sistema electrónico, motivadas por causas alleas á Deputación da Coruña, ou como consecuencia de axustes ou problemas técnicos propios; así como de danos que poidan ser causados por virus informáticos e por terceiras persoas mediante intromisións ilexítimas fóra do control da deputación. Consecuentemente, non se fai responsable dos danos causados polo acceso ao lugar web ou pola imposibilidade de acceder a el.

A información administrativa publicada neste sitio web ten carácter simplemente orientativo; polo tanto, nin substitúe a publicidade dos documentos que deban publicarse en diarios e boletíns oficiais, cuxa edición é o único instrumento que dá fe da autenticidade e do contido destes, nin dela se pode derivar efecto xurídico vinculante ningún, debendo o usuario contrastar a citada información coa existente nos diarios e boletíns oficiais, se é o caso, ou coa que figure nas dependencias pertinentes da administración. En concreto, esta información non poderá ser vinculante na resolución de procedementos administrativos nin alegarse en procesos contraditorios coa administración pública. En consecuencia, a Deputación da Coruña non se fai responsable dos posibles danos e perdas que o uso da devandita información puidese ocasionar.

As persoas usuarias deste sitio web comprométense a utilizar este servizo sen incorrer en actividades que poidan ser ilícitas ou ilegais, que infrinxan os dereitos da Deputación Provincial da Coruña ou de terceiros ou que poidan atentar contra as normas vixentes.

As directrices seguidas pola Deputación da Coruña en materia de protección de datos de carácter persoal son as expostas no apartado Política de Privacidade deste sitio web.