galego | castellano
Inicio : Avisos

Política de privacidade

“Información básica sobre protección de datos"

A Deputación da Coruña ten como unha das súas prioridades garantir o dereito fundamental á  protección dos datos persoais, tanto dos usuarios que se relacionen con ela como dos propios empregados públicos ao seu servizo.

Coa finalidade de prestar os servizos públicos e realizar as funcións que ten atribuídas, a Deputación da Coruña solicitará dos interesados que acheguen unicamente aqueles datos que sexan estritamente precisos, constituíndo o exercicio do poder público, a base xurídica do tratamento. Noutro caso, o consentimento do interesado deberá manifestarse de xeito informado, expreso e inequívoco, ao tratamento destes datos, que serán incorporados en todo caso ao Rexistro de Actividades de Tratamento.

É desexo desta Deputación que os interesados conten coa información concisa, transparente, intelixible e de fácil acceso para decidir de forma expresa, libre e voluntaria se desexa facilitar os seus datos na forma que se require.

Os datos facilitados á Deputación serán tratados exclusivamente para a finalidade para a que foron recadados e non se ceden a terceiros agás nos casos legalmenteprevistos.

Neste sentido, téñense adoptado as medidas técnicas e organizativas precisas para evitar a destrución, perda ou alteración accidental ou ilícita de datos persoais ou a comunicación ou acceso non autorizados a estes datos, susceptibles en particular de ocasionar danos e prexuízos físicos, materiais ou inmateriais. No suposto de que ocorra algunha destas incidencias, a Deputación comunicarao á Axencia Española de Protección de Datos así como ás persoas afectadas, salvo que xa se adoptaran medidas que garantisen a confidencialidade dos interesados (datos cifrados).

As comunicacións que faga o interesado a través da web que conteñan datos de carácter persoal faranse mediante un sistema de comunicación de contorna segura que se estableceu para garantir, na medida do posible, a confidencialidade da información, conforme ao Esquema Nacional de Seguridade.

O interesado poderá verificar que está nesta contorna segura comprobando que na súa pantalla figura un cadeado fechado.

 

Responsable do tratamento

Agás naqueles casos nos que a Deputación realiza operacións de tratamento de datos facilitados polos concellos, no exercicio de actividades de asistencia e asesoramento, suposto no cal sería a encargadadotratamento,candoaDeputacióntraballacondatosparaassúaspropiasactividades, é a responsable dotratamento.

 

Sede Electrónica

A sede electrónica é unha prolongación da oficina administrativa tradicional, dispoñible para que a cidadanía   poida   realizar   os   seus   trámites   as    24   horas    dos   365   días    do   ano.      A sede electrónica garante en todo momento a identidade, integridade e autenticidade do cidadán a través dos "Certificados electrónicos". A Deputación da Coruña, responsabilízase daintegridade, veracidade e actualización da información e os servizos publicados dentrodesta.

 

Portal de transparencia

En atención ao principio de publicidade activa previsto na normativa sobre transparencia, os usuarios poden consultar, a través do Portal de Transparencia, distinta información de carácter xurídico- institucional, organizativa, económica, orzamentaria e estatística.

 

Dereitos dos interesados

Con carácter xeral, infórmaselles a todos os usuarios que no caso de achegar datos persoais poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito ao Rexistro de Entrada da Deputación Provincial da Coruña, no enderezo Avenida Portoda Coruña, nº 2- 15003 A Coruña, ou ben a través de medios electrónicos, dirixindo un correo ao  enderezo delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal. Para facilitar o exercicio dos dereitos, a Deputación pon ao seu dispor uns modelos desolicitude”.