Estás en:Biblioteca A Biblioteca Coleccións Biblioteca e Arquivo César Antonio Molina e Mercedes Monmany Biografías de César Antonio Molina e Mercedes Monmany

Biografías de César Antonio Molina e Mercedes Monmany

César Antonio Molina

(A Coruña 1952-)Fotografía César Antonio Molina.jpg

Nado na Coruña en 1952. Escritor, profesor de universidade, articulista, tradutor, xestor cultural e político. Ministro de Cultura entre 2007 e 2009. A súa obra poética aparece recollida en numerosas antoloxías e está traducida a varios idiomas.
Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Doutorouse cum laude co traballo de investigación La prensa literaria española, publicado en tres volumes.
Poeta recoñecido, antologado e traducido, excelente crítico e ensaísta, ten unha copiosa obra publicada que supera o medio centenar de títulos. Nela destaca unha serie «Memorias de ficción» composta por: Vivir sin ser visto (2000), Regresar a donde no estuvimos (2003), Esperando a los años que no vuelven (2007), Lugares donde se calma el dolor (2009), Donde la eternidad envejece (2012) e Todo se arregla caminando (2016).
En Las ruinas del mundo, de 1991, cun prólogo de Ángel Crespo, reuniu os seus primeiros libros de poesía.
A antoloxía da súa poesía El rumor del tiempo (1974-2006), publicada pola editorial Galaxia Gutenberg-Círculo de Lectores, é unha ampla mostra do seu labor, prologada por Antonio Gamoneda e seleccionada e estudada por Julián Jiménez Hefferman.
En 2002 foi incluído na antoloxía de poesía en lingua española (1950-2000) Las ínsulas extrañas, publicada por Galaxia Gutenberg. A selección foi levada a cabo polos poetas hispanoamericanos, Eduardo Milán e Blanca Varela, e polos españois, José Ángel Valente e Andrés Sánchez Robayna.
En 2010, un xurado internacional composto por críticos de Italia, Gran Bretaña, Francia e España, concede a César Antonio Molina o Premio Letterario Europeo Alberico Sala, no seu apartado de poesía, promovido polo Corriere della Sera, el Pen Club Italia e o Comune di Treviglio, entre outras institucións culturais. Noutras categorías tamén estarían Alberto Arbasino (narrativa), Massimo Franco (xornalismo) e Simone Caltabellota (ópera prima). César Antonio Molina foi premiado por toda a súa obra poética, traducida ás linguas do xurado.
Foi profesor de Teoría Literaria e Crítica Literaria na Universidade Complutense de Madrid e na facultade de Humanidades e Xornalismo da Universidade Carlos III de Madrid. Durante varios anos coordinou os Cursos de Humanidades da Universidade de Verán do Escorial.
É Doutor Honoris Causa pola Universidade L'Orientale de Nápoles.
Como xornalista e articulista, iniciou a súa actividade no xornal La Voz de Galicia. Máis tarde, trasladouse a Madrid onde foi colaborador habitual da revista Cuadernos para el Diálogo e do suplemento de libros do diario Informaciones. Dirixiu os suplementos culturais de Diario 16, e colaborou en El País, La Vanguardia, La Voz de Galicia, Revista de Libros, Sibila, Ínsula, Quimera, Barcarola, Olvidos de Granada, Nuevas Letras, Anthropos, Album, Turia e Revista de Occidente. Así mesmo, foi un dos fundadores, xunto coa poeta Amalia Iglesias, da revista La alegría de los naufragios, que xurdiu a finais dos anos noventa para "rescatar a poesía da trivialización".
O seu labor como comisario de exposicións, crítico literario e columnista, así como colaborador en programas de cultura de radio e televisión, foi incesante ao longo de cinco décadas.
En Sobre la inutilidad de la poesía, Nostalgia de la nada perdida, En honor de Hermes ou La poesía es un error necesario xúntanse os seus ensaios sobre a poesía e narrativa do século XX e inicios do XXI. En 1990 publicou o seu libro Sobre el Iberismo, prologado polo Premio Nobel de Literatura José Saramago, cun epílogo de Ángel Crespo.
Entre 1985 e 1996 traballou en Cambio 16 onde foi director adxunto e responsable das páxinas de Cultura e Espectáculos, así como dos suplementos Culturas e Libros. En 1996 incorporouse ao Círculo de Belas Artes de Madrid como director-xerente, cargo no que estivo ata maio de 2004, levando a cabo, desde o seu mandato, unha profunda e exitosa renovación como centro cultural de primeira orde, equiparándoo aos mellores europeos.
Entre maio de 2004 e xullo de 2007 foi director do Instituto Cervantes.
En setembro de 2005 o goberno de Francia nomeouno Cabaleiro da Orde das Artes e Letras.
O 6 de xullo de 2007 foi nomeado Ministro de Cultura, polo goberno socialista do presidente José Luis Rodríguez Zapatero. O 9 de marzo de 2008, nas eleccións xerais, obtivo a acta de deputado ao Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña. En 2009, cesou como Ministro de Cultura. Poucos meses despois deixou o seu escano de deputado para volver incorporarse á Universidade.
Entre os anos 2010 e 2017 inaugurou e dirixiu a Casa del Lector en Madrid (pertencente á Fundación Germán Sánchez Ruipérez).
En 2010 César Antonio Molina doou á Deputación da Coruña, a súa cidade natal, os primeiros 25.000 volumes, documentos e manuscritos da súa biblioteca, ademais de obxectos persoais, que foi atesourando ao longo dos anos onda a súa muller, a tamén escritora e crítica literaria Mercedes Monmany. Esta colección foise ampliando cos anos. Unha sala nesta Biblioteca leva actualmente o nome de ambos.
As súas últimas obras publicadas son ¿Qué hacemos con los humanos? (2023) e ¡Qué bello será vivir sin cultura! (2021), ensaios onde reflexiona sobre o impacto da intelixencia artificial e as novas tecnoloxías no ámbito cultural e humanístico
A súa obra está traducida ao galego, inglés, francés, italiano, árabe, hebreo e serbio.


Libros publicados (selección)

Épica. A Coruña: Argrove, 1974. 45 p. DL C-615-1974
Proyecto preliminar para una arqueología de campo [poesía]. Barcelona: Antrophos, 1978.
Últimas horas en Lisca Blanca. León: 1979.
La estancia saqueada [poesía]. Barcelona: Los libros de la Frontera, 1983.
Manuel Antonio. Antología poética (edición bilingüe gallego-castellano de César Antonio Molina). Madrid. Akal. 1983
La revista Alfar y la prensa literaria de su época (1920-1930). La Coruña: NOS, 1984.
Antología de la poesía Gallega contemporánea. Madrid: Jucar, 1984.
Gobierno de un jardín. Cuenca: II MENU, 1986 (Colección Cuadernos de poesía).
Derivas. Madrid: Maina, 1987.
El fin de Finisterre. Edición bilingüe gallego-castellano. Ferrol (Canalejas, 234-2º): Sociedad de cultura Valle Inclán, 1988.
Prensa literaria en Galicia (1809-1920). Vigo: Edicións Xerais, 1989.
Prensa literaria en Galicia (1920-1960). Vigo: Edicións Xerais 1989.
Medio siglo de Prensa literaria española (1900-1950). Madrid: Endymion, 1990.
Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa. Madrid: Akal, 1990.
Las ruinas del mundo : (antología poética). Prólogo de Ángel Crespo. Barcelona: Anthropos, 1991.
El fin de Finisterre. La Coruña: Diputación Provincial de La Coruña, 1992, 1ª y 2ª edición
Para no ir a parte alguna. Valencia: Pre-textos, 1994,
Sobre la inutilidad de la poesía. Madrid: Huerga y Fierro, 1995.
Nostalgia de la nada perdida. Madrid: Endymion, 1996.
Eugenio Granell: Ensayos, encuentros e invenciones (edición y prólogo de César Antonio Molina). Madrid. Huerga & Fierro. Colección La Rama Dorada. 1998.
Vivir sin ser visto (Memorias de ficción Tomo I). Barcelona: Península, 2000.
Manuel Ferrol. Fotografía (Emigración. Estación Marítima de La Coruña, 1957). Ayuntamiento de La Coruña, 2000
A fin de Fisterra. Pontevedra: Diputación Provincial de Pontevedra, 2001.
A Coruña, agua y luz. Edición bilingüe castellano-inglés. Barcelona: Lunwerg, 2001.
Olas en la noche. Valencia: Pre-textos, 2001.
Regresar a donde no estuvimos (Memorias de ficción Tomo II). Barcelona: Península, 2003.
Viaje á Costa da Morte. Madrid: Huega y Fierro editores, 2003.
En el mar de Ánforas. Valencia: Pre-Textos, 2005 (Colección de poesía)
En honor de Hermes. Madrid: Huerga y Fierro editores, 2005.
Fuga del amor. Relatos. Barcelona: Destino, 2005.
El rumor del tiempo. Madrid: Círculo de lectores, 2006
Soños nos cantís : Antoloxía poética 1974-2005. Edición, traducción e notas de Tareixa Roca. A Coruña: Espiral Maior, 2006. 204p.
Custode delle antiche forme (Poesía 1974-2006). (Antología poética). Traducción de Giovanna Calabró. Nápoli: Dante & Descartes, 2007.
Eume (Edición en galego). Vigo: Editorial Galaxia, 2007.
Esperando a los años que no vuelven (Memorias de ficción Tomo III). Barcelona: Destino, 2007.
Eume (Edición bilingüe castellano - galego). Valencia: Pre-textos, 2008.
Lugares donde se calma el dolor (Memorias de ficción Tomo IV). Barcelona: Destino, 2009.
Selected Poems of César Antonio Molina: Bilingual Edition. Traducción de Francisco Macías Valdés. Edinburg [Texas]: University of Texas-Pan American Press, 2010.
Poesía (Antoloxía de César Antonio Molina). Fundación Juan March. Madrid.2010.
Cielo azar. Valencia: Pre-Textos, 2011.
Donde la eternidad envejece. Barcelona: Destino, 2012.
La caza de los intelectuales. Barcelona: Destino, 2014.
La poesía es un error necesario. Editorial Trifolium. 2015.
Zhivago. Editorial Trifolium. 2016.
Todo se arregla caminando. Barcelona. Destino, 2016.
Las islas y otros poemas (Poesía esencial. José Carlos Becerra). Edición de César Antonio Molina. Madrid. Huerga & Fierro.2016.
Vieja cima. Oviedo: Ars Poética. 2017.
Calmas de enero. Barcelona: Tusquets, 2018.
Tan poderoso como el amor. Barcelona: Destino, 2018.
Las democracias suicidas (y otros escritos de política). Madrid: Fórcola, 2019
Lima, la sin lágirmas. Boadilla del Monte: La línea del horizonte, 2020.
Para el tiempo que reste. Barcelona: Fundación José Manuel Lara, 2020
¡Qué bello será vivir sin cultura!. Barcelona: Destino, 2021
¿Qué hacemos con los humanos?. Barcelona: Deusto, 2023


Condecoracións e recoñecementos

• Cabaleiro Gran Cruz da Orde de Carlos III (2009)
• Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana (2009)
• Orde de Bernardo O'Higgins (Chile, 2009)
• Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras (Francia, 2005)
• Medalla Castelao de Galicia (2010)
• Premio de Xornalismo Fernández Latorre (2004)
• III Premio Letras de Bretaña (2007)
• Premio Europeo de Poesía Alberico Sala (2010)
• Premio Ibérico Eduardo Lourenço de Portugal (2010)
• Premio Internacional de Xornalismo Ciudad de Cáceres (2015)
• Medalla de Ouro ao Mérito da República de Serbia (2017)

Mercedes Monmany

(Barcelona, 1957-)Fotografía mercedes-monmany.jpg

Licenciada en Ciencias da Información e estudos en Filoloxía Francesa na Universidade Complutense de Madrid. Curso de Literatura Italiana Contemporánea na Università Dante Alighieri de Florencia.
Chevalier des Arts et des Lettres polo Goberno de Francia. Cavaliere dell'Ordine della Stella d'Italia. Medalla de Ouro ao Mérito de Serbia.
Especializada en temas de literatura contemporánea, e europea en particular, foi editora de poesía, asesora editorial, crítica literaria nos principais suplementos de xornais españois, colaboradora en distintas institucións culturais, directora de cursos dedicados a literaturas europeas na Universidade Internacional Menéndez Pelayo e outras universidades, e forma parte actualmente de diversos consellos de redacción de revistas culturais como Revista de Libros, Revista de Occiente, Sibila de Sevilla, a revista británica GRANTA en español, ou La Alegría de los Naufragios, de poesía e pensamento.
Traduciu a autores como Leonardo Sciascia, Attilio Bertolucci, Francis Ponge ou Philippe Jaccottet.
Publicou edicións críticas de escritores como Álvaro Mutis, Claudio Magris, Wislawa Szymborska, Miklós Bánffy, Margaret Atwood, Izrail Metter, Varian Fry, Gesualdo Bufalino e Hugo Claus.
Dirixe a colección de poesía e ensaio literario La Rama Dorada da editorial Huerga & Fierro e dirixiu Los Papeles de Sefarad (do Centro Sefarad-Israel, editada por Errata Naturae).
Como escritora son recoñecidos os seus libros: Por las fronteras de Europa: Un viaje por la narrativa de los siglos XX y XXI (Galaxia Gutenberg, 2015), un volume de 1500 páxinas sobre literaturas europeas, que inclúe 320 autores europeos, con prólogo do escritor Claudio Magris. Igualmente, na editorial Galaxia Gutenberg, en 2017, publicou o ensaio: Ya sabes que volveré (tres grandes escritoras en Auschwitz: Irène Némirovsky, Gertrud Kolmar y Etty Hillesum), polo que foi galardoada co Premio Internacional de Ensaio Caballero Bonald. No ano 2020 publicou Humanismo cosmopolita, unha edificante conversación con Rafael Argullol sobre os problemas esenciais aos que se enfrontan o intelectual e artista contemporáneaos. As súas últimas obras Del Drina al Vístula: Lecturas centroeuropeas (Báltica, 2023) e Sin tiempo para el adiós: exiliados y emigrados en la literatura del siglo XX (Galaxia Gutenberg, 2021) tiveron un gran recibimento entre o público e foron acollidas moi favorablemente pola crítica.
Dentro do seu labor editorial publicou os libros: Una infancia de escritor (Xordica Editorial), Don Quijote en los Cárpatos (Editorial Huerga & Fierro), Vidas de mujer (Alianza Editorial); De lo maravilloso y lo real. Antología de Joan Perucho (Colección Obra Fundamental. Banco de Santander. 2014), Everyday Heroes (texto para o volume Both Light and Shadow (The Work of Adam Zagajewski. Cracovia: Editorial a5, 2015)...
Comisaria de diversas exposicións dedicadas a grandes escritores como Julio Verne, Isaac Bashevis Singer e G.T. di Lampedusa, forma parte actualmente de varios xurados de premios literarios como o Premio Café Gijón de Novela, o Premio de Narrativa Juan Goytisolo (do que é presidenta do xurado), o Premio Lampedusa (concedido anualmente en Sicilia) e o premio internacional Zbigniew Herbert International Literary Award de Varsovia. En dúas ocasións foi xurado do Premio FIL (Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, México) para Linguas Romances, así como do Premio Fondazione Napoli.
Colaboradora ao longo dos anos de distintos medios españois (La Vanguardia, El País, Diario 16, las revistas Turia, Revista de Occidente, Revista de Libros, Vanguardia Dossier, ou a francesa Cahiers de l'Herne) desde o ano 2000 escribe de forma regular no suplemento ABC Cultural sobre literatura e escritores europeos.

En 2010 foi xurado, xunto ao escritor arxentino Edgardo Cozarinsky, o estadounidense Francisco Goldman, a xornalista británica Isabel Hilton e os editores da revista británica GRANTA en español, Aurelio Major e Valerie Miles, da selección feita por primeira vez nesta revista, nunha lingua que non é o inglés, dos 22 mellores escritores en lingua española, de menos de 35 anos.
Editora igualmente en 2013, onda os críticos Javier Aparicio Maydeu e Aurelio Major, dunha selección de textos editados en bilingüe, inglés e español, de 9 autores españois dos nosos días, para a importante revista estadounidense Words Whithout Borders.

Desde o ano 2021 tamén dirixe e produce o podcast "Por las fronteras de Europa" en RTVE Audio.

Por las Fronteras de Europa podcast.jpg