|
 |
|
|
|
|
CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS
|
|
|
|
Artigo 1.- Obxecto e ámbito de aplicación. A presente Ordenanza ten por obxecto o establecer os requisitos e o procedemento para o outorgamento da licenza de paso. A licenza de paso outórgase agás o dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiro. O dereito de paso constitúe un aproveitamento común especial das beirarrúas, bens de dominio público e uso público, comportando o uso intensivo da beirarrúa para entrar e saír vehículos, podendo implicar modificación ou rebaixe do bordo e beirarrúa ou colocación de rampla metálica, para facilitar o libre tránsito a locais ou fincas situadas fronte ao mesmo, segundo se estableza na correspondente licenza, respectando en todo caso o disposto no Decreto 35/2000, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei 8/1997, de accesibilidade e supresión de barreiras. Queda prohibida calquera forma de acceso diferente mediante ramplas, instalación provisional ou circunstancial de elementos móbiles, con corpos de madeira ou metálicos, colocación de ladrillos, area ou outros elementos, agás que previamente se obteña unha autorización especial.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO II. DEREITO DE PASO E MODALIDADES
|
|
|
|
Artigo 2.- Titulares das licenzas de paso. Poderán ser titulares de licenza de paso os titulares ou arrendatarios de : a) Establecementos industrias ou comerciais ou de servizos relacionados co automóbil. b) Locais destinados á garda de vehículos de transporte particular. c) Locais destinados á garda de vehículos de transporte de viaxeiros de máis de 5 prazas. d) Fincas con vivendas unifamiliares. e) Obras de construción, derruba, reforma e reparación de edificios. f) Aqueles supostos análogos ós anteriores dos que exista informe favorable emitido polos Servicios Técnicos, e que en atención á natureza da actividade desenvolvida, ao emprazamento ou á intensidade do tráfico , a Alcaldía considere oportuno autorizar. g) Garaxes incluídos no proxecto de edificación Artigo 3.- Modalidades de paso. As modalidades de paso serán as seguintes: • Pasaxe permanente, as 24 horas do día, todos os días. • Pasaxe laboral, desde as 8.00 ás 22.00 horas, con excepción dos domingos e festivos. • Pasaxe nocturna, desde as 21.00 ás 9.00 horas do día seguinte. O outorgamento das licenzas de paso aos titulares contemplados no artigo anterior responderá ás seguintes modalidades: • Nos supostos contemplados nos apartados a) e e), durante a xornada laboral, agás que se acredite debidamente a prestación de actividades ou servizos con carácter nocturno ou fóra do horario da xornada laboral establecida neste artigo. • Nos supostos contemplados no apartado b), a pasaxe permanente só se outorgará previa acreditación de espazo interior para a garda de cando menos 5 vehículos. No caso de contar con espazo interior inferior a 5 vehículos só poderán solicitar pasaxe nocturna. • Nos demais supostos, poderá solicitarse pasaxe permanente sempre que se acredite a garda ou tránsito de vehículos. • Nos supostos contemplados no apartado g) do artigo 2, poderanse outorgar vado permanente aún existindo menos de cinco vehículos, sempre e cando o devandito garaxe obtivera a correspondente licenza municipal ou acreditación da presentación do acto comunicado que lle corresponda, destinada á garda de vehículos, debendo acreditar igualmente o estipulado no artigo 12.3 da presente ordenanza. Artigo 4.- Reservas ocasionais. Con independencia das pasaxes permanentes ou limitadas a que se contrae o artigo anterior, poderanse outorgar autorizacións de reserva de carácter temporal para as seguintes finalidades: • Servizos de mudanzas. • Formigonado e bombeo. • Vehículos de exposición. • Descargas de combustibles. • Elevación ou montaxe de estructuras varias. • Outros usos extraordinarios. As reservas ocasionais ás que fai referencia este artigo outorgaranse, previa solicitude do interesado, garantindo en todo momento a fluidez da circulación rodada, adoptando as medidas que se estimen necesarias. Artigo 5.- Reservas especiais. As reservas de espazos para organismos oficiais reduciranse ao máximo e limitaranse á xornada laboral en días hábiles. Así mesmo, e previa xustificación, poderá outorgarse reserva para vehículos de diminuídos físicos. Dita reserva non poderá ser de máis de unha praza. En centros médicos e hospitalarios será autorizábel a reserva para unha ambulancia e un vehículo de urxencias
|
|
|
|
|
CAPÍTULO III. CARACTERÍSTICAS DOS PASOS
|
|
|
|
Artigo 6.- Duración. A licenza outorgarase por un ano, renovándose anualmente previo pagamento das taxas correspondentes, de conformidade coa Ordenanza fiscal vixente. Artigo 7.- Sinalización. O outorgamento de licenza de paso esixirase a instalación da sinalización que neste artigo se detalla e que deberá ser asumida polo titular da licenza. No interior dos edificios: a) A sinalización que se corresponda coa establecida para o tránsito no exterior (prohibicións de xiro, dirección obrigatoria, etc.) b) Sinalización de “STOP” no acceso á beirarrúa. c) Instalación de sinal automático de aviso de entrada de vehículos, cando o número destes exceda de 15 ou en garaxes nos cales haxa que subir rampla ata a beirarrúa desde o interior, así coma nos garaxes de comunidades incluídos no proxecto de edificación. No exterior dos locais: • Instalación na porta ou fachada do edificio ou construción de que se trate, do disco de prohibición de detención ou estacionamento, axustado ao modelo oficial, facilitado polo Concello previo pagamento da taxa correspondente, que deberá conter, obrigatoriamente as seguintes características: − Denominación do paso: Permanente, laboral, ou nocturno. − Metros de reserva autorizados − Número de licenza − Nos supostos de pasaxe laboral ou nocturna, debe indicarse o horario. • O acceso dos vehículos realizarase mediante rampla metálica regulamentaria, pintada de cor amarela. No caso de carecer de rampla metálica por non ser necesaria, o ancho de ocupación da vía pública deberá levar pintado o bordo ou bordo máis exterior da beirarrúa de cor amarela. • Instalarase un sinal automático de aviso de saída de vehículos, para o suposto contemplado no apartado c) do parágrafo 1 deste artigo. Artigo 8.- Características dos pasos. O espazo mínimo para albergar un vehículo será de 4,50 por 2,20 metros. Admitiranse menores dimensións para albergar motocicletas. A lonxitude mínima das pasaxes será a determinada pola normativa de planeamento vixente.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO IV. SUSPENSIÓN E REVOGACIÓN DAS LICENZAS DE PASO
|
|
|
|
Artigo 9.- Suspensión. O Concello poderá suspender, por razóns de tránsito, obras na vía pública ou outras circunstancias de interese público, os efectos da licenza con carácter temporal. Artigo 10.- Revogación das licenzas As licenzas entenderanse outorgadas en precario, podendo ser revogadas pola autoridade que as ditou, mediante resolución debidamente motivada e previa audiencia do interesado, nos seguintes casos : • Por ser destinadas a fin distinto para as que foron outorgadas ou desaparecer as bases nas que se fundamentou o seu outorgamento. • Por falta de pagamento da taxa anual. • Por incumprir as condicións relativas aos horarios ou carecer da sinalización adecuada. • Por causas motivadas de interese público. Artigo 11.- Efectos da extinción do dereito de paso A revogación da licenza pola autoridade competente ou a cancelación da mesma a instancia do interesado, ocasionará a obriga do titular de retirada da sinalización e rampla, con entrega do disco ao Concello. En caso de incumprimento da obriga establecida neste apartado poderá facerse uso da execución subsidiaria pola Administración municipal a costa do particular, nos termos previstos na lexislación vixente. Así mesmo, farase uso da execución subsidiaria nos supostos de ocasionar desperfectos na beirarrúa e que non se corrixan voluntariamente polo causante.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO V. PROCEDEMENTO DE OUTORGAMENTO
|
|
|
|
Artigo 12.- Solicitude de licenza de paso . 1. Os interesados nunha licenza de paso, en tódolos casos, presentarán a correspondente solicitude dirixida ao Alcalde, a cal haberá conter, en todo caso, os seguintes datos: o Nome e apelidos do interesado e da persoa que o represente, así como a identificación do lugar que sinale a efectos de notificacións. o Identificación do edificio ou local respecto do cal se solicita a licenza de paso, que haberá de concretarse con toda claridade. o Planos de emprazamento do paso, tomados dos oficiais municipais, a escala 1/1000 o 1/2000, segundo o caso, e do local a escala 1/100. o Declaración pola cal o solicitante se obriga a non utilizar o local para outros usos ou actividades distintas das autorizadas. o Número de vehículos e dimensións do local. o Lugar, data e sinatura do solicitante ou do seu representante legal. 2. Os interesados, titulares de establecementos industriais ou comerciais ou de servizos do automóbil, haberán de acompañar á instancia os documentos acreditativos das seguintes circunstancias: o Ter solicitada ante o concello a correspondente licenza municipal da actividade, comunicación previa ou declaración responsable, debendo así acreditarse documentalmente. No caso de pasos para obras deberase acreditar a correspondente licenza de obra, ou a comunicación previa. o Que a actividade que se realiza requira a entrada e saída de vehículos. o Que o establecemento dispón de espazo libre e adecuado con carácter permanente e sen outro destino, con capacidade para un ou máis vehículos. 3. Os interesados, titulares de locais destinados á garda de vehículos, precisará ter solicitada ante o concello a correspondente licenza de actividade ou presentación do acto comunicado cando proceda. 4. Os interesados, titulares de fincas con vivenda unifamiliar, haberán acompañar á instancia unha declaración responsable na que se diga expresamente: o Que a finca pode albergar, cando menos, un vehículo automóbil. o Que o local se destinará exclusivamente á garda de vehículos asociados a unha vivenda. 5. Os interesados, titulares de locais con espazo inferior a 5 vehículos, non necesitan acreditar licenza de actividade para o outorgamento de pasaxe nocturna. Artigo 13.- Taxas de expedición. O outorgamento da licenza, provisional ou definitiva, regulada na presente Ordenanza comportará unhas taxas de expedición e o pagamento da reserva conforme á Ordenanza fiscal correspondente. Respecto ao devengo e cobramento da “Taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercancías de calquera clase”, estarase ao disposto no articulado da citada ordenanza fiscal. Artigo 14.- Procedemento. O procedemento iniciase de oficio ou coa solicitude da persoa interesada na que entre a documentación preceptiva achegará a declaración recollida no anexo I da presente ordenanza, impulsarase de oficio en todos os seus trámites, solicitando do Instrutor simultaneamente informes dos Servizos Técnicos do Concello, da Intervención, da Policía Local e os que xulgue necesarios para resolver, fundamentando a conveniencia de pedilos. O funcionario que reciba a documentación ha de comprobar que está a totalidade da mesma, sen entrar a valorar a veracidade e autenticidade da mesma, polo que o interesado terá que presentar unha declaración na que baixo a súa responsabilidade a documentación aportada cumpre coa ordenanza nº 14 de PASOS para acceder ao dereito de obtención de licenza de pasos, para o cal se facilitará un formato tipo para realizar dita declaración responsable, segundo o Anexo I. A documentación presentada polo interesado, pasará ao órgano encargado da tramitación de dito dereito de pasos, solicitando que, no prazo máximo de 5 días hábiles, contados desde a entrada por rexistro da solicitude do interesado coa totalidade da documentación esixida, a Policía Local realice informe, previa visita de inspección a zona donde se solicita o paso, sobre a compatibilidade do paso coa seguridade da vía a que se accede. Se a documentación non estea completa, pediráselle que o interesado emende a solicitude, nun prazo de 15 días, procedendo a suspensión da tramitación. O informe dos servizos Técnicos versará en orde, entre outros posibles aspectos, a se o paso é compatible coas normas de planeamento, se na documentación presentada se cumpren as esixencias técnicas fixadas nesta Ordenanza e se hai elementos urbanos que poidan quedar afectados, a forma da súa reposición, así como sobre a conveniencia de solicitar a fianza ou o aval que garanta esta. O informe da Intervención referirase ás obrigas de contido económico. Os informes serán evacuados no prazo máximo de dez días. Artigo 15.- Resolución. A Alcaldía do Concello de Arteixo ou en quen poida delegar, a vista do informe da policía local, da declaración responsable do interesado e do cotexo da documentación realizada polo funcionario, no prazo de 10 días hábiles, ditará un decreto para outorgar ou denegar a licenza provisional de pasos. A licenza provisional de pasos terá validez a todos os efectos durante o período de tramitación do procedemento, entendéndose que dito prazo durará ata que exista resolución firme ditada polo órgano administrativo ou xudicial competente na materia. A competencia para outorgar a licenza definitiva correspóndelle ao Alcalde, que a poderá delegar nun Tenente de Alcalde ou na Comisión de Goberno. A resolución da licenza definitiva, previo a obtención definitiva da licenza de actividade ou a de primeira ocupación do inmoble o predio a que se acceda, deberá recaer no prazo máximo de doce meses, transcorrido o cal haberá de entenderse desestimada a solicitude, podendo o interesado solicitala de novo. Artigo 16.- Obrigas do titular. O outorgamento da licenza de paso, provisional ou definitiva, comportará as seguintes responsabilidades e obrigas a cargo do titular: • Conservar o pavimento da beirarrúa e calzada utilizada para o paso de vehículos ao interior do inmoble en perfecto estado. • Aboar os dereitos iniciais de licenza e obtención dos sinais correspondentes. • Observar o cumprimento de todas as normas que regulamentan a utilización de pasos e responder dos danos que se poidan producir a terceiros, como consecuencia do seu uso normal ou anormal. Artigo 17.- Prohibición de parada e estacionamento. Queda prohibida a parada e estacionamento nos lugares reservados para pasos e realizar obras ou sinalizacións nas vías urbanas, respecto dos mesmos sen a preceptiva licenza.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO VI. RÉXIME SANCIONADOR
|
|
|
|
Artigo 18.- Infraccións. As accións ou omisións contrarias ao establecido nesta Ordenanza, terán o carácter de infraccións administrativas e serán sancionadas nos casos, forma e medida que nela se determina, a non ser que poidan constituír delitos ou faltas tipificadas nas leis penais, en cal caso o Alcalde pasará o tanto de culpa á orde xurisdicional competente e absterase de seguir o procedemento sancionador mentres a autoridade xudicial non dite sentenza firme. Todo iso conforme ao disposto no Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre tránsito, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria. Artigo 19.- Cualificación das Infraccións. • As infraccións ás que se refire o artigo anterior clasifícanse en leves, graves e moi graves. • Terán a consideración de infraccións leves as cometidas contra as normas contidas nesta Ordenanza que non se cualifiquen expresamente como graves ou moi graves nos apartados seguintes. • Considéranse infraccións graves as condutas tipificadas nesta Ordenanza referidas a paradas e estacionamentos fronte ao paso que obstaculicen ou imposibiliten gravemente a entrada e saída de vehículos das fincas autorizadas co paso e a realización sen licenza de obras e colocación de sinais no tramo de vía afectado polo paso, así como a retirada ou deterioro dos sinais de paso. • Terán a consideración de moi graves as infraccións a que fai referencia o apartado anterior, cando concorran circunstancias de perigo por razón da característica da vía na que se sitúa o paso, concorrencia simultánea de vehículos e outros usuarios, ou calquera outra circunstancia análoga que poida constituír un risco engadido e concreto ao previsto para as graves no momento de cometerse a infracción. Artigo 20 .- Sancións. As infraccións leves serán sancionadas con multa de ata 100 euros, as graves con multa de ata 400 euros e as moi graves con multa de ata 800 euros. As sancións de multa prevista no apartado anterior, poderán facerse efectivas dentro dos dez días seguintes á notificación da denuncia, cunha redución do 40 por 100 sobre a contía que se fixe provisionalmente. Artigo 21.- Graduación das sancións. As sancións previstas nesta Ordenanza graduaranse en atención á gravidade e transcendencia do feito, aos antecedentes do infractor e ao perigo potencial creado. Non terán carácter de sanción as medidas cautelares ou preventivas que se poidan acordar segundo o previsto nesta Ordenanza e conforme se establece na lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Artigo 22.- Reposición da situación alterada. As sancións que se poidan impoñer non eximirán a este Concello de esixir ao infractor a reposición da situación alterada e dos elementos urbanísticos afectados ao seu estado orixinario, así coma a indemnización polos danos e perdas causados. Artigo 23.- Competencia para sancionar. A competencia para sancionar correspóndelle, no marco do previsto na presente Ordenanza, ao Alcalde. Artigo 24.- Retirada de vehículos. Cando a policía local atope na vía pública un vehículo, estacionado fronte á saída ou entrada de vehículos nun inmoble durante o horario autorizado para utilizalas, poderá proceder, se o obrigado a iso non o fixese ou non estivese presente, á retirada do vehículo da vía e ao seu depósito no lugar que designe a autoridade competente. Agás no caso de roubo ou outras formas de utilización do vehículo contra a vontade do seu titular, debidamente xustificadas, os gastos que se xeren como consecuencia da retirada a que se refire o apartado anterior, serán por conta do titular, que deberá aboalos ou garantir o seu pagamento coma requisito previo á devolución do vehículo, sen prexuízo do dereito de recurso que lle asiste. Artigo 25.- Procedemento sancionador. Non se imporá sanción ningunha polas infraccións aos preceptos desta Ordenanza, senón en virtude do procedemento instruído consonte as normas establecidas nos preceptos precedentes. Con carácter supletorio aplícase o Regulamento do exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real Decreto 1398/1993, de 4 de agosto. Artigo 26.- Incoación. O procedemento sancionador incoarase de oficio polo Alcalde cando teña coñecemento dos feitos que poidan constituír infraccións os preceptos desta ordenanza ou mediante denuncia que poderá formular calquera persoa que teña coñecemento directo dos mesmos. As denuncias formuladas polos policías locais encargados da vixilancia do tránsito farán fe, agás proba en contrario, respecto dos feitos denunciados, sen prexuízo do deber de aqueles de aportar tódolos elementos probatorios que sexan posibles sobre o feito denunciado. Artigo 27.- Tramitación. Como norma xeral, as denuncias de carácter obrigatorio, formuladas pola policía local, notificaranse no acto ao denunciado, agás que por razóns xustificadas, que deberán constar na mesma denuncia, se faga necesario notificalas con posterioridade. Nos demais supostos, o órgano competente que tramite o expediente sancionador deberá notificar as denuncias ao presunto infractor, concedéndose un prazo de quince días para que alegue canto considere conveniente á súa defensa e propoña as probas que estime oportunas. Das alegacións do denunciado darase traslado ao denunciante para que informen no prazo de quince días. Transcorridos os prazos sinalados nos números anteriores, á vista do alegado e probado polo denunciante e o denunciado e trala eventual práctica da proba e ulterior audiencia aos interesados, nos casos en que iso fose estritamente necesario para a pescuda e cualificación dos feitos, ditarase a resolución que proceda. Artigo 28.- Recursos. Contra as resolucións da Alcaldía, as cales poñen fin á vía administrativa, cabe interpoñer os seguintes recursos: Potestativo de reposición, perante a mesma Alcaldía. O prazo para interpoñer o recurso será de un mes, contado desde a data de notificación da resolución e se interpón o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Transcorrido un mes desde a interposición do recurso de reposición sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado por silencio administrativo e quedará expedita a vía contencioso-administrativa. Recurso contencioso-administrativo que pode ser interposto directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa. O prazo para interpoñer este recurso será de dous meses contado desde a data de notificación da resolución se non se interpuxo recurso de reposición. Ou tamén transcorridos dous meses, pero contados desde o día en que lle sexa notificada a resolución expresa do recurso de reposición ou desde a data en que transcorra un mes desde a interposición de dito recurso de reposición, se o tivese interposto potestativamente.
|
|
|
|
|
DISPOSICIÓNS
|
|
|
|
DISPOSICIÓN ADICIONAL No previsto na presente Ordenanza, estarase ao establecido no Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre tránsito, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria; o Regulamento Xeral de Circulación, para a aplicación e desenvolvemento do texto articulado da Lei sobre tránsito, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, aprobado por Real Decreto 13/1992, de 17 de xaneiro e a Lei 30/1992, de 26 de xaneiro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. DISPOSICIÓN TRANSITORIA Os dereitos de pasos actualmente en tramitación, teñen dereito a ser notificados da existencia desta modificación da ordenanza, e poderán solicitar o outorgamento da licenza provisional de pasos nos termos de esta Ordenanza. DISPOSICIÓN DERROGATORIA Queda derrogada a Ordenanza Reguladora da expedición de reservas de espazo de entrada e saída de vehículos (pasos) (BOP núm. 56, de 18 de marzo de 2002 e corrixida polo Pleno do 28 de febreiro de 2002, BOP núm. 132 do 11 de xuño de 2002) DISPOSICIÓN FINAL A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente polo Concello e publicado o seu texto completo no Boletín Oficial de la Provincia, transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 de la Lei 7/1985, de 2 de abril”.
|
|
|
|
|
ANEXO I
|
|
|
|
A declaración responsable axustarase o seguinte modelo: SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARTEIXO D/Dª………………………..…………………………….……………….., maior de idade, con domicilio en…………………………………..C/……………………………..……..e con DNI/NIF….......………….., en nome propio, (o en representación de…………………………………………………………..), ante ese Concello comparece e DI: Que de conformidade co disposto no art. 70 da Lei 30/1992 de 26 de Novembro de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, presento DECLARACIÓN RESPONSABLE Para a obtención de licenza provisional de pasos en tramitación Declaro baixo a miña responsabilidade que: 1. A documentación presentada cumpre cos requisitos establecidos na ordenanza non fiscal nº 14 “ordenanza de pasos”. 2. A documentación presentada goza de veracidade no referente ao seu contido. 3. Asumo expresamente a responsabilidade civil e penal derivada do uso da instalación a que da acceso a licenza provisional de paso. SOLICITO se teña por presentada a presente declaración responsable e se tome razón da presentación da solicitude de outorgamento de licenza provisional de pasos. En……………., a………..de………………de 20…
|
|
|
|
|
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
|
|
|
|
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local: “El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo.” Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.
|
|
|