|
 |
|
|
|
|
Artigo 1.º.–Natureza e fundamento.
|
|
|
|
De conformidad co disposto nos art. 59.2 e 100 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, o Concello de Mazaricos establece o imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras, nos termos regulados na presente Ordenanza Fiscal.
|
|
|
|
|
Artigo 2.º.–Feito impoñible.
|
|
|
|
Constitúe o feito impoñible do impuesto a realización dentro do término municipal, de calqueira construccción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtérase ou non dita licenza, ou para a que se esixa presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control corresponda a este Concello.
|
|
|
|
|
Artigo 3.º.–Suxeitos pasivos.
|
|
|
|
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela. Aos efectos previstos neste artigo terá a consideración do dono da construcción, instalación ou obra que soporte os gastos ou o custe que comporte a súa realización. No suposto de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do mesmo quenes soliciten as correspondentes licenzas ou presenten as correspondentes declaracións responsables ou comunicacións previas ou realicen as construcións, instalacións ou obras. O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.
|
|
|
|
|
Artigo 4.º.–Base impoñible, cota e devengo.
|
|
|
|
1. A base impoñible do imposto está constituida polo coste real e efectivo da construción, instalación ou obra. 2. A cota de este impuesto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravamen. 3. O tipo de Gravame será o 2% da base indicada no apartado 1º para obras de ata 1.202.024,21 euros; a partir desa cifra aplicarase o 2,8% 4. O imposto devengarase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, ainda cando non se obtera a correspondente licenza ou non se presentara a correspondente comunicación previa.
|
|
|
|
|
Artigo 5.º.–Xestión.
|
|
|
|
1. Cando se conceda a licenza preceptiva ou se presente a declaración responsable ou comunicación previa practicarase unha liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do orzamento presentado polos interesados, sempre que o mesmo fora visado polo Colexio Oficial correspondente; noutro caso, a base impoñible será determinada polos Técnicos Municipais ou Comisión correspondente. 2. Á vista de las construcións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do custo real efectivo das mismas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa podrá modificar, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.
|
|
|
|
|
Artigo 6.º.–Inspección e recadación.
|
|
|
|
A inspección e recadación do impuesto realizarase de acordo co previsto na Lei Xeral Tributaria e disposicións dictadas para o seu desarrollo.
|
|
|
|
|
Artigo 7.º.–Infraccións e sancións.
|
|
|
|
A calificación das infraccións tributarias e a determinación das sancións que polas mesmas correspondan, regularanse polo disposto na Lei Xeral Tributaria e disposicións que a desarrollan.
|
|
|
|
|
Disposición final.
|
|
|
|
A presente Ordenanza foi aprobada polo Pleno do Concello de Mazaricos o 30 de xaneiro de 2014 e entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no B.O.P., permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
|
|
|