Deputaci�n da Coru�a Deputaci�n da Coru�a
Unha deputaci�n � servicio da provincia 24 horas � servicio da provincia A Coru�a por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradici�ns e honrar �s nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coru�a
�ltimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Axuda Suxesti�ns

Castellano Gallego

... Ordenanzas y Reglamentos
Nueva Búsqueda

Ponteceso - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 6, REGULADORA DA TAXA POLA INTERVENCIÓN MUNICIPAL NAS COMUNICACIÓNS PREVIAS, DECLARACIÓNS RESPONSABLES E NO OUTORGAMENTO DE LICENZAS DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS

Publicación provisional : 14-08-2014 BOP Nº 158 -- Publicación definitiva : 16-10-2014 BOP Nº 198
Redacción Aplicable desde 16-10-2014

Redacciones Redacciones
 - Artigo 1.–Fundamento e natureza.
 - Artigo 2.–Feito imponible.
 - Artigo 3.–Suxeito pasivo.
 - Artigo 4.–Responsables.
 - Artigo 5.–Base impoñible e cota tributaria.
 - Artigo 6.–Exencións e bonificacións.
 - Artigo 7.–Dereito a percibi-la taxa.
 - Artigo 8.–Normas de xestión.
 - Artigo 9.–Liquidación e ingreso.
 - Artigo 10.–Infraccións e sancións.
 - Disposición final.
   
  Artigo 1.–Fundamento e natureza.  
 

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Ponteceso establece a taxa por Intervención Municipal nas comunicacións previas, declaracions responsables e no otorgamiento de licenzas de apertura de establecementos, a que se refire o artigo 20.4i) do propio Real decreto lexislativo, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao prevido no art. 57 do citado Real decreto lexislativo.

   
  Artigo 2.–Feito imponible.  
 

1.–Está determinado polas actuacións municipais desenvolvidas con motivo da apertura de establecementos para verificación de que os mesmos reúnen as condicións requeridas polas ordenanzas municipais, lexislación urbanística e sectorial de aplicación con carácter previo no caso de concesión de licenzas e posterior á presentación nos casos de presentación de comunicacións previas e declaracións responsables.

2.–Para tal efecto considerarase apertura:

a) A instalación por primeira vez do establecemento para dar comezo ás súas actividades.

b) A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular.

c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo, esixindo nova verificación destas.

d) O cambio da razón social, permanecendo invariable a actividade.

e) Os traslados de locais.

f) Os traspasos, transmisións ou cesións, cambios de forma societaria, unións e fusións de empresas e cambios de denominación social.

3.–Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, aberta ou non ao público, que non se destine exclusivamente a vivenda e que:

a) Se dedique ó exercicio dalgunha actividade empresarial fabril, artesá, da construcción, comercial e de servicios que estea suxeita ao imposto sobre actividades económicas.

b) Complemente as actividades anteriores aínda que non se dedique ao seu exercicio, ou teña relación con elas de forma que lle proporcionen beneficios ou aproveitamento, como no caso de sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, oficinas, despachos ou estudios.

   
  Artigo 3.–Suxeito pasivo.  
 

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, titulares da actividade que se pretende desenvolver, ou, se é o caso, desenvolvida en calquera establecemento industrial ou mercantil.

   
  Artigo 4.–Responsables.  
 

1.–Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2.–Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

   
  Artigo 5.–Base impoñible e cota tributaria.  
 

1.–A base e a cota tributaria determinarase de conformidade coa tarifa seguinte:

Coeficiente

Actividades reguladas polo Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas (RAMINP)

Fixo: 300,00 €

Ata 50 m2: 1
De 51 a 100 m2: 1,2
De 101 a 250 m2: 1,4
De 251 a 500 m2: 1,6
De 500 a 1.000 m2: 1,8
Máis de 1.000 m2: 2

Actividades reguladas no Regulamento de policía e espectáculos (RYPE)

Fixo: 250,00 €

Actividades reguladas polo RAMINP e polo RPYE

Fixo: 400,00 €

Actividades inocuas

Fixo: 150,00 €

a) Tarifa xeral: será o resultado de aplicar unha contía fixa, segundo o tipo de actividade, incrementada por un coeficiente segundo o número de metros cadrados do local onde se desenvolve a actividade:

b) Tarifa concreta:

Bancos, caixas e calquera outra entidade financeira: 6.000,00 €.

Farmacias: 3.000,00 €.

c) Cambios de titularidade ou calquera outro suposto de tramitación equivalente que non requira informes técnicos: 95,00 €.

2.–Nos casos de variación ou ampliación da actividade que se vai desenvolver no establecemento suxeito, das tarifas anteriores deducirase o cobrado por este concepto tributario con ocasión da primeira apertura e de posteriores variacións ou ampliacións da actividade, así como da ampliación do local. A cantidade que se debe ingresar será a diferencia resultante.

   
  Artigo 6.–Exencións e bonificacións.  
 

Non serán aplicables outros beneficios fiscais que non sexan os expresamente previstos en normas con rango de lei ou os derivados da aplicación de tratados internacionais.

   
  Artigo 7.–Dereito a percibi-la taxa.  
 

1.–Adquirirase o dereito a percibi-la taxa e nace a obriga de contribuír ó se inicia-la actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Para estes efectos, entenderase que se inicia a actividade na data de presentación da solicitude de licencia de apertura ou ben cando se presenta unha comunicación previa ou declaración responsable.

2.–De se face-la apertura sen licencia previa ou ben se a previa presentación dunha comunicación previa ou declaración responsable, adquirirase o dereito a percibi-la taxa ó se inicia-la actividade municipal para determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia do inicio do procedemento administrativo que se instrúa para autoriza-la apertura ou resolve-lo peche do local.

3.–A obriga de contribuír non se verá afectada pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación das condicións do establecemento, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia ou presentada a comunicación previa ou declaración responsable.

4.–En caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licencia, a cota que se debe liquidar será o 20 por cento das indicadas no artigo 5, sempre que a actividade municipal se iniciase efectivamente.

   
  Artigo 8.–Normas de xestión.  
 

1.–As persoas interesadas (se suprimen palabras) presentarán no Rexistro Xeral a documentación que corresponda, especificando a actividade ou actividades que pretenda desenvolver no local, acompañada da declaración de alta no imposto sobre actividades económicas, e do proxecto ou documentos esixidos polas disposicións vixentes para cada clase de actividade.

2.–Se despois de efectua-la solicitude de licencia de apertura ou presentada a comunicación previa ou declaración responsable se varía ou amplía a actividade do local, se alteran as condicións proxectadas ou se amplía o local, estas modificacións deberán comunicarse á Administración municipal, coas mesmas características do número anterior.

3.–Os servicios técnicos comprobarán e investigarán as declaracións que formulen os interesados (se suprimen palabras).

4.–Se se desen diferencias, notificaránselle ós interesados e efectuaranse, de se-lo caso, as liquidacións complementarias que procedan (se suprimen palabras).

   
  Artigo 9.–Liquidación e ingreso.  
 

1.–Cando remate a actividade municipal e unha vez dictada a resolución municipal que proceda sobre a licencia de apertura, practicarase, de se-lo caso, a liquidación correspondente á taxa, que se lle notificará ó suxeito pasivo para que a ingrese nas arcas municipais. Para ese efecto, utilizará os medios de pagamento e os prazos que sinala o Regulamento xeral de recadación.

2.–Nos supostos de presentación de comunicación previa ou declaración responsable, os obrigados tributarios virán obrigados a presentar ante o Concello autoliquidación segundo o modelo determinado pola Administración municipal e simultaneamente procederá a ingresar en fondos municipais a cota que resulte. En devandito documento o declarante fará constar todos os elementos da relación tributaria que sexan necesarios para efectuar a liquidación e realizará a mesma.

   
  Artigo 10.–Infraccións e sancións.  
 

Para todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e á imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto no artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

   
  Disposición final.  
 

A presente ordenanza aprobouna de xeito provisorio o Pleno da Corporación na sesión celebrada o día vinte e oito de xullo de dous mil catorce.

Comezará a rexer a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación.

Nota Legal Servicio de Asistencia Económica a Municipios