O Concello poderá establecer, para determinada tempada, os terreos municipais de uso público, nos que permitirá a instalación de teatros, cinematógrafos, circos ou outros espectáculos e adxudicar os ditos terreos mediante licitación, conforme ás vixentes normas de contratación municipal.
As adxudicacións faranse por tempada concreta, con expresión de data a data, e se a ocupación continuara pasado o último día, liquidaranse os días de prórroga proporcionalmente ó prezo ó que fose adxudicada.
Os dereitos fixados na tarifa anterior, así como o importe da adxudicación mediante subhasta, entenderase pola concesión da ocupación, independentemente de que a actividade se leve ou non a cabo, polo que non poderá concederse bonificación ningunha por causa da choiva, restriccións no subministro de enerxía eléctrica ou calquera outra de forza maior.
1. As cantidades esixibles segundo a tarifa liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreducibles polo período de tempo autorizado.
2. a) As situacións, instalacións, postos, etc., poderán sacarse a licitación pública e o tipo de licitación en concepto de prezo público mínimo que servirá de base, será a contía fixada na tarifa desta ordenanza.
b) Procederase, con antelación á subhasta, á formación dun plano dos terreos dispoñibles para ser subhastados, numerando as parcelas que vaian ser obxecto de licitación e sinalando a súa superficie. Así mesmo, indicaranse as parcelas que poidan adicarse a coches de choque, circos, teatros, bares, restaurantes, polbeirías, xoieirías de fantasía, etc.
c) Se algún concesionario dos aproveitamentos empregase maior superficie que a que lle fose adxudicada en subhasta ou autorizada na licencia, satisfará, por cada metro cadrado utilizado de máis, o 200 por 100 do importe da poxa ou licencia, ademais do importe do remate ou da contía fixada pola tarifa, respectivamente.
3. a) As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza e non sacados a licitación pública deberán solicitar previamente a correspondente licencia, realiza-lo depósito previo a que se refire o artigo 5.2 a) seguinte e formular declaración na que conste a superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do municipio.
b) Os servicios técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, e concederanse as autorizacións de non atopar diferencias coas peticións de licencias; se se desen diferencias, notificaríanse aquelas ós interesados e xiraríanse, de se-lo caso, as liquidacións complementarias que procedesen, e concederíanse as autorizacións unha vez subsanadas as diferencias polos interesados e, de se-lo caso, realizados os ingresos complementarios que procedesen.
c) No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a este Concello a devolución do importe ingresado.
4. Non se consentirá ningunha ocupación da vía pública ata que se aboase e obtivese por parte dos interesados a licencia correspondente.
5. As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandado dará lugar á anulación da licencia, sen prexuízo das contías que corresponda aboar ós interesados