|
 |
|
|
|
|
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
|
|
|
|
De conformidade coa potestade regulamentaria
atribuída polos artigos 4.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora do Réxime
Local e 6.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración Local de
Galicia, o Concello de Cee a medio da presente Ordenanza proponse a regulación
da xestión da biomasa e da distancia das plantacións, no solo urbano, de núcleo
rural e urbanizable (de ser o caso), no ámbito das súas competencias co obxecto
de conseguir as axeitadas condicións de salubridade e seguridade para previr e
evitar os incendios, protexendo dos mesmos as infraestruturas e equipamentos
sociais, as zonas edificadas e as áreas forestais e naturais de valor
especial.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO I.–DISPOSICIÓNS XERAIS
|
|
|
|
Artigo
1.–Fundamento.
A presente Ordenanza é de aplicación no marco do
disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na Lei 3/2007, do 9
de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, Lei
2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e o Decreto 143/2016, do 22 de
setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia e Lei
6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras.
Artigo
2.–Finalidade.
Está Ordenanza ten natureza non fiscal, e a súa
finalidade é establecer as condicións para levar adiante a xestión da biomasa e
a fixación das distancias para plantacións nos terreos clasificados como
urbanos, de núcleo rural ou urbanizables delimitados sitos no termino municipal
de Cee, e no resto dos terreos, consonte á Instrucción 1/2018, do 26 de abril,
da Consellería do Medio Rural, dentro das competencias que legalmente lle
corresponden ao Concello de Cee.
O Concello de Cee ten a competencia para vixiar o
cumprimento e impoñer o cumprimento forzoso das seguintes obrigas:
a) Obriga de xestión da biomasa vexetal e de
retirada de árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da
Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais
de Galicia, no ámbito das redes de faixas secundarias de xestión de biomasa,
nunha franxa de 50 metros:
1.º.–Perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e
urbanizable.
2.º.–Arredor das edificacións, vivendas illadas,
urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e
instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte.
3.º.–arredor das edificación silladas en sólo
rústico situadas a máis de 400 metros do monte.
b) Obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada
de árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da Lei
3/2007, do 9 de abril, nunha faixa perimetral de 50 metros arredor das novas
instalación destinadas a explotacións agrícolas, gandeiras e forestais e as
vivendas vinculadas a estas, así como as novas urbanizacións e edificacións que
afecten zonas de monte ou de influencia forestal, non teñan continuidade
imediata coa trama urbana e que sexan estremeiras con monte ou con zonas de
influencia forestal.
Artigo 3.–Ámbito de
aplicación.
A presente Ordenanza é de obrigado cumprimento
para as persoas responsables conforme ao definido no artigo 4, que teñan o seus
terreos dentro do termo municipal de Cee. Conforme o disposto no artigo 4.2 da
Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia, a
presente Ordenanza será de aplicación en todo o non previsto pola lexislación
básica.
Artigo 4.–Persoas
responsables. Notificación das comunicacións e requirimentos ás persoas
responsables.
A efectos desta Ordenanza, entenderase como
persoas responsables ás persoas titulares ou no seu caso aos titulares do
dereito de aproveitamento sobre os terreos urbanos, urbanizables delimitados e
de núcleo rural, así como as administracións, as entidades ou as sociedades que
teñan encomendada a competencia sobre a xestión, ou cedida esta en virtude
dalgunha das formas previstas legalmente, das vías de comunicación e das liñas
de transporte de enerxía eléctrica, sobre os tipos de solo referidos
anteriormente.
Para a identificación das persoas responsables do
cumprimento das obrigas da xestión da biomasa e retirada de árbores teranse en
conta, en primeiro termo, os datos recentes de que dispoña o Concello de Cee
sobre o dereito de aproveitamento dos terreos, considerando como recentes os
obtidos ou actualizados dentro dos doce meses inmediatamente anteriores. Na
falta destes datos recentes, considerarase persoas responsables as que figuren
como titulares dos terreos no Catastro inmobiliario. Se dúas ou máis persoas
figurasen como titulares en común dun mesmo terreo, entenderase que o
cumprimento das obrigas corresponderá a todas as persoas copropietarias
solidariamente e as comunicación e requirimentos poderanse dirixirse a calquera
delas mentres non designen válidamente a unha como representante de todas
elas.
Se a titularidade do terreo non constara no
Catastro inmobiliario, considerarase que a persoa responsable é descoñecida e
nofiticarase por medio da publicación dun anuncio no Boletín Oficial do Estado e
no Diario Oficial de Galicia, cos datos catastrais do terreo, computándose os
correspondentes prazos dende o día seguinte ao da publicación do
anuncio.
As notificacións das comunicación e requirimentos
para recordar o cumprimento das obrigas legais realizarase segundo o establecido
no artigo oitavo da Instrucción 1/2018, do 26 de abril, da Consellería de Medio
Rural, relativas ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das
obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de epecies arbóreas (DOG núm.
87, do 7 de maio de 2018).
Artigo
5.–Definicións.
Aos efectos desta ordenanza, defínense os
seguintes termos:
Solo urbano: terreos que o planeamento
urbanístico: Normas Subsidiarias do Concello de Cee, tivera definido e
clasificado como tal.
Núcleos rurais: terreos que se incluían dentro dos
núcleos rurais delimitados no planeamento municipal.
Solo urbanizable (de ser o caso): terreos que non
tendo a condición de solo urbano, de núcleo rural nin de solo rústico o
planeamento urbanístico tivese definido e clasificado como tal ao poder ser
obxecto de transformación urbanística nos termos fixados no artigo 27 da
antedita Lei 2/2016.
Xestión da biomasa: A creación e mantemento da
descontinuidade horizontal e vertical da carga de combustible, a través do
control ou eliminación parcial ou total da biomasa vexetal por medio do emprego
das técnicas máis recomendadas e coa intensidade e frecuencia para o cumprimento
do obxecto previsto nesta ordenanza.
Tendo en conta que os terreos situados en solo
urbano, de núcleo rural ou urbanizable (de ser o caso) teñen unha natureza
residencial ou habitacional, polo que os riscos para os bens e as persoas, por
motivos de incendios de vexetación, deben minorarse drasticamente e primar a
seguridade.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO II.–DA XESTIÓN DA BIOMASA
|
|
|
|
Artigo 6.–Xestión da
biomasa.
As persoas responsables terán a obriga de
xestionar a biomasa das fincas incluídas en solo urbano, urbanizable ou de
núcleo rural conforme aos criterios establecidos nesta Ordenanza, así como
mantelas nas debidas condicións de seguridade e salubridade, debendo proceder a
súa desinfección e desratización periódica.
Artigo 7.–Criterios de Xestión
da Biomasa e obrigas das persoas responsables.
1.–Consonte ao disposto na Lei 3/2007, de
Prevención e Defensa contra os incendios Forestais de Galicia, as persoas
responsables dos terreos ubicados en solo urbano, urbanizable (de ser o caso) ou
núcleo rural deberán acometer os criterios de xestión da biomasa establecidos
neste artigo para cada clase de terreo, en todo caso, antes do 31 de maio de
cada ano.
2.–Nos terreos clasificados como solo urbano, solo
de núcleo rural e solo urbanizable as persoas responsables deberán facer a
xestión da biomasa na totalidade da parcela conforme aos seguintes
criterios:
a) Roza para a eliminación do estrato herbáceo e
arbustivo sempre que supoña un mínimo risco para a propagación dos incendios
incontrolados de vexetación. A data é unha previsión conforme ao estipulado na
Lei. En todo caso, o concello pode fixar unha data anterior se así o estima
conveniente.
b) Poda e rareo do estrato arbóreo de forma que se
manteña unha descontinuidade horizontal entre as copas das árbores e vertical
entre estas e os estratos herbáceo e arbustivo. Este criterio non serán
aplicable en parques e xardíns municipais, árbores senlleiras ou aquelas que
cumpran funcións ornamentais ou se atopen illadas e non supoñan un mínimo risco
para a propagación de incendios incontrolados de vexetación.
3- As persoas responsables dos terreos nos que
exista biomasa terán as seguintes obrigas:
a) Obriga de xestión da biomasa vexetal e de
retirada de árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da
Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais
de Galicia, no ámbito das redes de faixas secundarias de xestión de biomasa,
nunha franxa de 50 metros:
1.º.–Perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e
urbanizable (de ser o caso).
2.º.–Arredor das edificacións, vivendas illadas,
urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e
instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte.
3.º.–Arredor das edificación illadas en sólo
rústico situadas a máis de 400 metros do monte.
4.º.–Na totalidade da superficie das
infraestructuras de uso público ou áreas recreatrivas, así como nunha franxa
perimetral de 50 metros.
b) Obriga de xestión da biomasa vexetal,
tanto o estrato arbustivo como subarbustivo, nos terreos colindantes coas vías e
camiños forestatales de titularidade municipal, nunha franxa de 2 metros dende a
arista exterior da vía ou camiño.
c) Obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada
de árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da Lei
3/2007, do 9 de abril, nunha faixa perimetral de 50 metros arredor das novas
instalación destinadas a explotacións agrícolas, gandeiras e forestais e as
vivendas vinculadas a estas, así como as novas urbanizacións e edificacións que
afecten zonas de monte ou de influencia forestal, non teñan continuidade
imediata coa trama urbana e que sexan estremeiras con monte ou con zonas de
influencia forestal.
As distancias mediranse desde o límite do solo
urbano ou núcleo rural, de ser o caso. As distancias no caso de edificacións,
vivendas illadas ou urbanizacións mediranse desde o seu paramento. No caso de
depósitos de lixo, parques e instalacións industriais, mediranse desde o límite
das instalacións. No caso de cámpings, gasolineiras e industrias en que se
desenvolvan actividades perigosas consonte o establecido na Lei 1/1995, do 2 de
xaneiro, de protección ambiental de Galicia, e na súa normativa de
desenvolvemento, as distancias para as especies sinaladas na disposición
adicional terceira da Lei 3/2007 serán de 50 metros, desde o límite das
instalacións. No caso dos cámpings, esta distancia medirase desde o peche
perimetral.
Artigo 8.–Distribución de
competencias de execución forzosa e sancionadoras.
Corresponde ao Concello de Cee a competencia de
execución forzosa e sancionadora nos supostos de incumprimento da xestión da
biomasa vexetal e de retirada das especies arbóreas nas redes de faixas
secundarias de xestión de biomasa e arredor das novas instalación, urbanizacións
e edificacións, sempre que se atopen en solo urbano, urbanizable ou de núcleo
rural.
Corresponderalle á Comunidade Autónoma a
competencia nos demáis casos.
Nos supostos de incumprimento das obrigas en solo
rústico da xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas nas redes de
faixas secundarias de xestión de biomasa arredor das novas instalación,
urbanizacións e edificacións, a competencia sobre a execución forzosa
corresponde aos concellos e a sancionadora á Administración Xeral da Comunidade
Autónoma. O Concello de Cee porá en coñecemento da Xefatura Territorial da
Consellería de Medio Rural todas as comunicación que envíe en solo rústico ás
persoas responsables para recordarlles o cumprimento das devanditas obrigas.
Artigo 9.–Execución
subsidiaria.
Se as persoas responsables non realizasen os
traballos de xestión da biomasa nos prazos fixados polo Concello para o
cumprimento voluntario, este poderá levar adiante os mesmos, logo do previo
apercibimento en forma e sen prexuízo da imposición, previo a tramitación do
oportuno expediente, das sancións procedentes. Os custos derivados deses
traballos serán repercutidos, se é o caso, as persoas responsables, procedendo,
de ser o caso, ao cobro dos gastos que se ocasionen ao Concello a través do
procedemento de apremio.
As actuacións administrativas a desenvolver, serán
as establecidas no artigo Décimo da da Instrución 1/2018, do 26 de abril, da
Consellería de Medio Rural, relativas ás actuacións administrativas en materia
de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de epecies
arbóreas (DOG núm. 87, do 7 de maio de 2018).
Rematados os traballos de execución subsidiaria,
procederase á liquidación definitiva dos custos dos mesmos.
Para calquera aspecto non previsto en relación á
execución subsidiaria estarase ao disposto nos artigos 97 e seguintes da Lei
39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
Administracións Públicas e na devandita Instrución 1/2018, do 26 de abril.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO III.–DAS DISTANCIAS DAS PLANTACIÓNS
|
|
|
|
Artigo 10.–Prohibicións e
Distancias das repoboacións forestais e plantacións.
1.–De conformidade co disposto na Lei 7/2012, de
Montes, quedan prohibidas as repoboacións forestais nos terreos clasificados
como solo urbano, urbanizable e de núcleo rural.
2.–No seu caso as repoboacións forestais
preexistentes antes da entrada en vigor da Lei de montes, deberán adecuarse para
gardar, respecto das edificacións, vivendas illadas, pozos, e instalacións
industriais, a distancia mínima de 15 metros cando se trate de especies
frondosas (Anexo II desta Ordenanza), e de 30 metros no resto de especies, tal e
como establece a Lei 7/2012 de montes de Galicia.
3.–Nos supostos de plantacións de árbores frutais,
setos ou árbores ornamentais as distancias serán as fixadas na correspondente
ordenanza urbanística deste Concello, e de non existir serán as fixadas pola
normativa que resulte de aplicación.
Artigo 11.–Comunicacións
previas, Licenzas e permisos para talas.
1.–As talas e os abatementos de árbores que
constituían masa arbórea, espazo boscoso, arboreda ou parque en solo urbano,
núcleo rural e urbanizable estarán suxeitas á obtención da comunicación previa
municipal, agás para o suposto establecido no artigo 142.i) da Lei 2/2016, do 10
de febreiro, do Solo de Galicia, cuxo réximen será a de licenza.
2.–Así mesmo segundo o establecido na disposición
transitoria 5.ª da Lei 7/2012 de montes, o aproveitamento das masas forestais
existentes no momento da entrada en vigor da Lei 7/2012 en solos urbanizables
estará sometido á o réxime de autorizacións da citada lei ata o desenvolvemento
urbanístico dos citados solos, momento en que precisarán de licenza
municipal.
3.–As operación por depósito, carga e transporte
de madeira de tala e outros materiais en vehículos con peso máximo autorizado
superior ás 10 Toneladas estará suxeito a Ordenanza Fiscal reguladora da taxa
por depósito, carga e transporte de madeira de tala e outros materiais (BOP n.º
34, de 11 de febreiro de 2009).
|
|
|
|
|
CAPÍTULO IV.–RÉXIME SANCIONADOR
|
|
|
|
Artigo 12.–A
competencia.
Corresponde ao Concello de Cee a través da
alcaldía ou concelleiro no que delegue, a inspección e sanción das infraccións,
previa a instrución do correspondente expediente, das obrigas reguladas nesta
ordenanza.
Cando se detecten infraccións de índole penal ou
de competencia doutras Administracións darase conta inmediata das mesmas a
autoridade ou organismo que corresponda.
O procedemento sancionador instruirase de
conformidade co establecido nas Leis 39/2015 e 40/2015, do 1 de outubro,
respectivamente Lei do Procedemento administrativo común das Administracións
Públicas e Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas, e artigos 139 e
seguintes da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime
local.
Artigo 13.–Clasificación das
infraccións.
Considéranse infraccións administrativas en
relación coas materias as que se refire esta Ordenanza, os actos u omisións que
contraveñan o establecido nas normas que integran o seu contido. As infraccións
clasificaranse en leves, graves e moi graves.
Artigo 14.–Infraccións
leves.
a) Constitúe infracción leve as condutas
constitutivas de infracción reguladas nesta ordenanza cando non deban
cualificarse como graves ou moi graves.
b) Non proceder á xestión da biomasa cos criterios
regulados nesta ordenanza.
Artigo 15.–Infraccións
graves.
a) Non proceder á xestión da biomasa cos criterios
establecidos nesta Ordenanza, unha vez notificada a súa obriga e despois de
serlle notificada a valoración do custo das mesmas, cando exista risco inminente
de incendio para as vivendas e persoas.
b) Non permitir o acceso ao persoal de vixilancia
a inspección dos terreos.
c) A negativa a subministrar información á
autoridade municipal, funcionarios e axentes en cumprimento das súas
funcións.
d) A realización de plantacións sen gardar as
distancias establecidas na presente ordenanza.
e) A realización de plantacións nos lugares
expresamente prohibidos na presente ordenanza.
f) A reincidencia en infraccións leves. Enténdese
que existe reincidencia pola comisión no termo dun ano dunha infracción leve,
cando así fose declarado por resolución firme.
Artigo 16.–Infraccións moi
graves.
a) Cando houbese grave repercusión nos recursos
naturais.
b) A reincidencia en infraccións graves. Enténdese
que existe reincidencia pola comisión no termo dun ano dunha infracción grave,
cando así fose declarado por resolución firme.
c) A resistencia, coacción ou ameaza a autoridade
municipal, funcionarios e axentes.
Artigo
17.–Sancións.
1. As sancións aplicables serán as seguintes:
a) Por infraccións leves, multa dende 100 a 600
€.
b) Por infraccións graves, multa dende 601 a 1.500
€.
c) Por infraccións moi graves, multa de 1.501 a
3.000 €.
2. As sancións graduaranse en función dos
seguintes criterios:
a) Grado de intencionalidade.
b) Contía do beneficio obtido.
|
|
|
|
|
Disposicións
|
|
|
|
Disposición
adicional Como Anexo I a esta Ordenanza inclúese a relación
de especies non permitidas nas redes secundarias de xestión de biomasa,
recollidas da disposición adicional 3.ª da Lei 3/2007 de prevención e defensa
contra os incendios forestais e como Anexo II a relación de especies de
frondosas, recollidas do anexo I da Lei 7/2012, de montes de Galicia. ANEXO I.–Relación de especies
non permitidas nas redes secundarias de xestión da biomasa Piñeiro do país, piñeiro silvestre, piñeiro de
Monterrey, piñeiro de Oregón, mimosa, acacia negra, eucalipto, queiruga,
carqueixa, xesta, carpaza, piorno, fento, silva e toxo. ANEXO II.–Relación de especies
de frondosas Ameneiro, pradairo, bidueiro, freixo, castiñeiro,
cerdeira, carballo, cerquiño, sobreira, carballo albar, aciñeira, abeleira,
faia, umeiro, loureiro, sorbeira do monte, capudre, nogueira e érbedo. Disposición
transitoria As plantacións forestais existentes á entrada en
vigor da presente Ordenanza que, como consecuencia da súa aplicación, atopáranse
a unha distancia menor a regulada no seu artigo 7, disporán dun período máximo
de dous anos para adaptarse a citada disposición, agás autorización do órgano
competente da Xunta de Galicia en materia forestal. Disposición
derrogatoria Queda, derrogadas todas as disposicións municipais
que contraveñan o disposto na presente Ordenanza. Disposición
derradeira En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei
7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a presente
ordenanza entrará en vigor unha vez que se publique o seu texto integramente no
Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo de quince días hábiles
previsto no artigo 65.2 do citado texto legal.
|
|
|
|
|
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
|
|
|
|
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor ós 15 días hábiles seguintes a súa publicación no
B.O.P., pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de
abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que: “…..Las ordenanzas,
incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los
acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de
los entes locales, se publicarán en el “Boletín Oficial” de la provincia y no
entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya
transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales
que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de
diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales.....” (desde el 10 de marzo de
2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo). Artigo 65.2: “El
requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime
vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la
recepción de la comunicación del acuerdo.”
|
|
|