|
 |
|
|
|
|
Artigo 1.–Fundamento.
|
|
|
|
1. No uso das facultades concedidas polos
artigos 133.2 e 144 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85 de bases do
réxime local e de acordo co previsto no artigo 59.2 do Texto refundido da Lei
reguladora das facendas locais aprobado polo RDL 2/2004, do 5 de marzo, o
Concello de As Somozas establece o Imposto sobre construcións, instalacións e
obras.
2. Este imposto rexerase polo disposto nos artigos
100 a 103 do Texto refundido da Lei reguladas das facendas locais aprobado polo
RDL 2/2004, do 5 de marzo, polas disposicións que a desenvolvan e polo disposto
na presente Ordenanza fiscal
|
|
|
|
|
Artigo 2.–Feito impoñible.
|
|
|
|
1. Constitúe o feito imponible deste imposto a
realización, dentro do término municipal, de calquer construcción, instalación
ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obra
urbanística, obtivérase a mesma ou non, ou para a que se esixa a presentación da
comunicación previa ou declaración responsable, sempre que a súa expedición
corresponda ao Concello das Somozas.
2. As construcción, instalacións ou obras a que se
refire o apartado anterior poderán consistir, entre outras actuacións,n nas
seguintes:
a) Movementos de terra.
b) Obras de construcción de edificacións e
instalacións de tódalas clases de nova planta.
c) Obras de demolición.
d) Obras nos edificios, tanto no seu interior como
no seu exterior.
e) Aliñacións e rasantes.
f) Obras de fontanería e sumidoiros.
g) Obras nos cemiterios.
h) Calqueira outra construcción, instalación ou
obras que precise licenza de obra ou urbanística.
|
|
|
|
|
Artigo 3.–Suxeitos pasivos.
|
|
|
|
1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de
contribuintes, as persoas físicas, xurídicas ou as entidades a que se refire o
artigo 36 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que sexan donos
da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre
o que se realice aquela.
Para os efectos previstos no parágrafo anterior
terá a consideración de dono da construcción, instalación ou obra o que soporte
os gastos ou o custe que comporte a súa realización.
2. No suposto de que a construcción, instalación
ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuinte, terá a condición de
suxeito pasivo substituto do mesmo, quen solicite a correspondente licenza ou
presente as comunicación previas ou realice as construccións, instalacións ou
obras.
O substituto poderá esixir do contribuínte o
importe da cota tributaria satisfeita.
|
|
|
|
|
Artigo 4.–Exencións.
|
|
|
|
De acordo co regulado no artigo 100.2 do TRLRFL,
está exenta do pago dese imposto a realización de calquera construción,
instalación ou obra da que sexan donos o Estado, a Comunidade Autónoma de
Galicia ou as entidades locais que, estando suxeitas a este, vaian ser
directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras
hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a
súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto que se trata de obras
de investimento novo como de conservación.
|
|
|
|
|
Artigo 5.–Base impoñible.
|
|
|
|
A base impoñible do imposto está constituida polo
custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, e entendese por tal,
para estes efectos, o custo de execución material de aquela.
Non formarán parte da dita base o imposto sobre o
valor engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as
taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público
local relacionadas, no seu caso, coa construcción, instalación ou obra, nin os
honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquer
outro concepto que non integre o custo de execución material.
|
|
|
|
|
Artigo 6.–Cota tributaria.
|
|
|
|
1. A cota do imposto será o resultado de aplicar á
base impoñible o tipo de gravame.
2. O tipo de gravame será o 3,3 por cento.
|
|
|
|
|
Artígo 7.–Bonificacioóns.
|
|
|
|
1. Establécese unha bonificación de ata o 95% para
as construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese
ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego,
regulada no artigo 103.2 a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo,
polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. A
gradación da porcentaxe de bonificación aplicarase do seguinte xeito:
– Ata un 95 por cento pola creación de máis de 20
postos de traballo.
– Un 75 por cento pola creación de entre 11 e 20
postos de traballo.
– Un 50 por cento pola creación de ata 10 postos
de traballo.
Esta bonificación será de aplicación unicamente a
aquelas construcións, instalacións ou obras destinadas á implantación dunha nova
actividade económica ou empresarial, así como a aquelas outras que consistan
nunha ampliación das instalacións xa existentes sempre e cando implique creación
de emprego.
Os beneficiarios deberán solicitar a
bonificación no momento da solicitude de licenza ou presentación da declaración
responsable ou comunicación previa, achegando un compromiso do número dos novos
postos de traballo que se vaian crear.
O emprego comprometido deberá manterse, cando
menos, un período de tres anos dende o inicio da actividade polo suxeito pasivo.
Esta circunstancia deberá ser acreditada ante os servizos urbanísticos no prazo
máximo de 1 mes dende o outorgamento da licenza de primeira ocupación coa
presentación dos contratos de traballo e as altas na seguridade social dos novos
postos de traballo creados. No caso de comunicación previa ou declaración
responsable, este prazo computarase dende a data que o beneficiario sinale como
de finalización das obras na súa declaración ou comunicación. O non cumprimento
deste requisito dará lugar o inicio do correspondente expediente de
reintegro.
Corresponde ao Pleno do Concello a declaración de
especial interese ou utilidade municipal e o outorgamento das anteriores
bonificacións, que se acordará previa solicitude do interesado, presentada con
anterioridade é realización do feito impoñible.
2. Establécese unha bonificación de ata o 50% a
favor das construccions, intalacions ou obras referentes as vivendas de
protección oficial.
|
|
|
|
|
Artigo 8.–Devengo.
|
|
|
|
1. O imposto devéngase no intre de iniciarse a
construción, instalación ou obra, aínda que non se obtivera a correspondente
licenza, ou non se presentase a comunicación previa ou declaración
responsable.
2. Aos efectos deste imposto, entenderanse en todo
caso iniciadas as construccións, instalacións ou obras, salvo proba en
contrario:
a) Cando teña sido concedida a preceptiva licencia
municipal ao cumprirse un mes dende a data de notificación da concesión da
mesma.
b) Cando non teña sido concedida a preceptiva
licencia municipal cando se efectue por parte do suxeito pasivo calquera clase
de acto material ou xurídico tendente á realización das construccións,
instalacións ou obras.
|
|
|
|
|
Artigo 9.–Normas de xestión.
|
|
|
|
1. Cando se conceda a licencia preceptiva o
interesado deberá presentar declaración- liquidación, según o modelo determinado
polo Concello e simultáneamente procederá a ingresar a fondos municipais a cota
que resulte. Dita declaración presentarase no plazo dun mes a contar dende a
data de concesión da licencia.
A liquidación a que se refire este apartado
practicarase empregando como base impoñible a que resulte do presuposto
presentado polos interesados, sempre que o mesmo fose visado polo Colexio
Oficial correspondente. Noutro caso a base impoñible determinarase polos
técnicos municipais de acordo co coste estimado do proxecto.
2. Os servicios de urbanismo comunicarán á Sección
de Facenda os actos de concesión de licencia para actividades suxetas a
tributación acompañando copia do presuposto presentado polos interesados no
proxecto a que se refire a licencia concedida.
3. No caso de que non se executen as obras,
construccions ou instalacions o interesado terá dereito á devolución do
ingresado unha vez que formule expresa renuncia á licencia ou transcurrira o
tempo máximo previsto na mesma para a iniciación das obras e consecuentemente,
caducara á licencia.
4. Á vista das construccións, instalacións ou
obras efectivamente realizadas e do coste real e efectivo das mesmas, o Concello
mediante a oportuna comprobación administrativa modificará, no seu caso, a base
impoñible a que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente
liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu
caso, a cantidade que corresponda.
Cando se produza calquer circunstancia que
modifique o coste real e efectivo das obras, construccións ou instalación que
sirveu de base para a determinación da cota tributaria, os suxeitos pasivos
están obligados a presentar no plazo dun mes, declaración-liquidación
complementaria e a ingresar simultáneamente o importe que resulte.
As devolucións, cando procedan, axustaranse ó
procedemento establecido para as devolucións de ingresos indebidos.
|
|
|
|
|
Artigo 10.–Inspección e recaudación.
|
|
|
|
A Inspección e recaudación deste imposto
realizarase de acordo co previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais
disposicións reguladoras da materia, así como na Ordenanza Xeral de Xestión e no
Regulamento de Inspección de este Concello
Cando o titular da licencia de obras non presente
declaración liquidación do imposto nos términos e cos requisitos previsto no
artigo anterior, a Inspección poderá levantar acta con proba preconstituida en
base ós documentos que serveron para o outorgamento de dita licencia.
Os Servicios de Facenda e Urbanismo comunicaranse
recíprocamente as actuacións nas que se derive o descubremento das construcción,
obras ou instalacións executadas sen licencia e que, en consecuencia, non
formularan as declaracións e peticions preceptivas.
|
|
|
|
|
Artigo 11.–Infraccións e sancións.
|
|
|
|
En todo o relativo a calificación das infraccións
tributarias, así como á determinación das sancións que polas mesmas corresponde
en cada caso, aplicarase o Réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e disposición
que a desenrolan, e na Ordenanza Xeral de Xestión.
|
|
|
|
|
Disposición final
|
|
|
|
A presente Ordenanza fiscal foi aprobada polo
Pleno en sesión celebrada o 21 de outubro de 2019, entrará en vigor o día 1 de
xaneiro de 2020 e aplicarase en tanto non se acorde a súa modificación ou
derrogación
|
|
|