|
 |
|
|
|
|
ARTIGO 1. FUNDAMENTO E RÉXIME
|
|
|
|
1.-No uso das potestades conferidas pola
Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85 de bases de réxime local e de acordo
co previsto no artigo 59.2 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas
locais aprobado polo RDL 2/2004, de 5 de marzo, este Concello establece o
Imposto sobre construccións, instalacións e obras.
2.- Este imposto rexerase polo disposto nos
artigos 100 a 103 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais
aprobado polo RDL 2/2004, de 5 de marzo, polas disposicións que a desenvolvan e
polo disposto na presente Ordenanza Fiscal.
|
|
|
|
|
ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE
|
|
|
|
Constitúe o feito impoñible do imposto a
realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou
obra para a que se esixa a presentación dunha comunicación previa ou declaración
responsable, ou no seu caso a obtención da correspondente licenza de obras ou
urbanística, presentárase ou non dita comunicación ou declaración ou obtivérase
ou non a dita licenza, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de
control corresponda a este Concello.
As contrucións, instalacións ou obras ás que se
refire o apartado anterior poderán consistir en:
a) Obras de construción de edificacións e
instalacións de toda clase de nova planta.
b) Obras de demolición.
c) Obras en edificios, tanto aquelas que
modifiquen a súa disposición interior como o seu aspecto exterior.
d) Aliñacións e rasantes.
e) Obras de fontanería e sumidoiros.
f) Obras en cemiterios.
g) Calquera outra construción, instalción ou obra
que requira licenza de obras, urbanística ou comunicación previa.
h) Movementos de terras.
|
|
|
|
|
ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS
|
|
|
|
1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de
contribuínte, as persoas físicas, persoas xurídicas e as entidades ás que se
refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, propietarios dos inmobles sobre os
que se realicen as construcións, instalacións ou obras sempre que sexan donos
das obras; nos demais casos considerarase contribuínte a quen ostente a
condición de dono da obra.
2. Ten a consideración de suxeito pasivo
substituto dos contribuíntes quen solicite a correspondente licenza ou presente
a correspondente comunicación previa, ou realice a construción, instalación ou
obra, se non fora o propio contribuínte.
|
|
|
|
|
ARTIGO 4. EXENCIÓNS
|
|
|
|
Está exenta do pagamento do imposto a realización
de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, a
Comunidade Autónoma ou Provincia da Coruña, que estando suxeitas ao mesmo, sexan
directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras
hidráulicas, saneamentos de poboacións e das súas augas residuais, ainda que a
súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto se se trata de obras
de investimento novo como de conservación.
|
|
|
|
|
ARTIGO 5. BONIFICACIÓNS
|
|
|
|
Supostos de bonificación:
1. As construccións, instalacións ou obras que
sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrir
circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego
que xustifiquen dita declaración.
En todo caso, considéranse construccións,
instalacións ou obras de especial interese ou utilidade as seguintes:
a) As instalacións, construccións e obras
promovidas directamente por outras administracións públicas e destinadas ao
equipamento comunitario primeiro, sempre e cando non estea prevista a súa
repercursión no prego de condicións que rexa para a contratación da obra.
O importe da bonificación será do 90 por cento da
cota.
b) As obras, instalacións e construccións,
realizados por asociacións sen ánimo de lucro, en centros destinados a:
- Asistencia ou integración social.
- Desenvolvemento de actividades culturais de
libre acceso e participación.
- Bens cualificados como histórico-artísticos ou
icluídos no correspondente catálogo.
Para acceder a esta bonificación, será necesario
achegar xunto á solicitude os estatutos da asociación debidamente rexistsrados,
así como unha memoria explicativa da actividade que se vai desenvolver no
local.
A inactividade por un prazo superior a 6 meses ou
o cambio de actividade nos locais dentro dos cinco anos seguintes ao
outorgamento do beneficio darán lugar á perda da bonificación e liquidaranse as
cantidades bonificadas coa aplicación dos xuros de mora correspondentes.
O importe da bonificación será do 95 por cento da
cota.
c) Unha bonificación potestativa de ata o 95 por
cento para as construccións, instalacións ou obras que sexan declaradas de
especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento
do emprego, regulada no artigo 103.2 a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5
de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas
Locais. Esta medida será de aplicación unicamente a aqueles supostos de
implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aqueles
outros que consistan nunha ampliación das instalación sempre e cando implique
creación de emprego.
A porcentaxe da cota a bonificar será do 95 por
cento.
Establécese un limite temporal de tres períodos
impositivos, a contardende a data de autorización de inicio da obra, tanto para
a vixencia da bonificación como para os contratos de traballo afectados para
obter a devandita bonificación.
d) Sen prexuízo dos supostos xerais sinalados nas
letras a), b) e c) anteriores, corresponderalle ao Pleno a valoración e a
declaración de outros supostos concretos de obras que merezan a declarción de
obras de especial interese ou utilidade municipal -incluidos os supostos
extraordinarios por fomentos de emprego habida conta o número de postos de
traballos xenerados, ou o efecto dinamizador da obra ou instalación-.
Esta declaración será realizada polo Pleno da
Corporación, correspondendo a este órgano a determinación da porcentaxe de
bonificación aplicable, sen exceder do 95 por cento da cota, previa ponderación
do interese ou utilidade municipal existente en cada caso concreto.
2. Estarán bonificadas as construccións,
instalacións e obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento
térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo, sempre e cando o dito
aproveitamento supere en alomenos un 20 por cento o mínimo esixible pola
lexislación vixente. Esta bonificación será polo importe resultante de aplicar
un tipo de benficio do 95 por cento á parte de cota derivada do costo adicional
-no seu caso- á bse impoñible deste imposto pola materialización dos ditos
aproveitamentos da enerxía solar. Este costo adicional deberá ser acreditado
documentalmente polo solicitante e informado favorablemente polos servizos
técnicos municipais.
A aplicación desta bonificación estará
condicionada a que as instalcacións para a producción de calor inclúan
colectores que dispoñan da correspondente homologación pola administración
competente.
3. Gozarán dunha bonificación na cota as
construccións, instalacións e obras que fovorezan as condicións de acceso e
habitabilidade dos discapcitados, sempre que as mesmas non deriven de
obrigacións impostas polas normas urbanísticas ou de calquera outa natureza, e
se dirxan á adaptación de vivendas cando a súa execución derive directamente da
situación de discapacidade das persoas físicas que as habiten, e que favorezan
as condicións de habitabilidade, tendo esta condición as que cumpran os
requisitos que para esta materia estableza a lexislación específica, quedando
todo isto suxeito ao preceptivo informe técnico.
En todo caso será de aplicación o presente suposto
de bonificación a instalación de ascensores en aqueles edificios que carezan
del, asi como a supresión de barriras arquitectónicas nos elementos común dos
ditos edificios.
A porcentaxe de bonificación será do 90 por cento
sobre o custo real das obras desta clase que directamente se dirixan a executar
a devandita adaptación.
As bonificacións na cota do
imposto, terán en todos os supostos, carácter rogado.
|
|
|
|
|
ARTIGO 6. BASE IMPOÑIBLE, COTA E REMUNERACIÓN
|
|
|
|
1. A base impoñible do imposto está constituida
polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, enténdese por
tal, para estes efectos, o custo de execución material daquela.
Non forman parte da base impoñíble o imposto sobre
valor engadido e demais impostos análogos propios dos réximes especiais, as
taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público
local relacionadas, de ser o caso, coa construcción, instalación ou obra, nin
tampouco os honorarios profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin
calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custo de execución
material.
2. Para a determinación do presuposto de execución
material partirase do prezo unitario de metro cadrado ou ratio de investimento,
segundo a tipoloxía da construcción, fixados no anexo desta ordenanza, non tendo
en consideración o presuposto que figure no proxecto técnico presentado. Non
obstante, e soamente para aquelas tipoloxías de construccións que dun xeito
directo ou analóxico non figuren recollidas no anexo de estimacións, a
determinación da base impoñible suxeita a gravame farase a partir do devandito
proxecto técnico.
3. A cota do imposto será o resultado de aplicar á
base impoñible o tipo de gravame.
4. O tipo de gravame será do 2,8 por cento.
5. Producirase a retribución do imposto:
- No caso das licenzas, no momento de comenzar a
construción, instalación ou obra, aínda que non se obtivera a correspondente
licenza.
- No caso das comunicacións previas de obras no
momento da súa presentación e aínda que a Administración non se pronuncie sobre
esta no plazo establecido na normativa en vigor.
|
|
|
|
|
ARTIGO 7. DEDUCIÓN NA COTA TRIBUTARIA
|
|
|
|
1.-Os suxeitos pasivos poderán deducir da cota
íntegra a totalidade do importe da taxa polo outorgamento de licenza urbanística
correspondente á construcción, instalacións ou obra.
2.-A anterior deducción só poderá practicarse se o
suxeito pasivo realiza o ingreso deste imposto e da taxa dentro do período
voluntario. A tal efecto, para practicar a deducción, deberá presentar o
xustificante de ter pagado a taxa polo outorgamento da licenza.
|
|
|
|
|
ARTIGO 8. XESTIÓN
|
|
|
|
1. Cando se conceda a licenza preceptiva, ou se
presente a comunicación previa ou, non solicitándose, concedéndose ou
denegándose dita licenza, se inicie a construcción, instalación ou obra,
practicarase unha liquidación provisional a conta ou un ingreso provisional no
momento da presentación da comunicación previa.
As liquidacións a que se refire este apartado
practicarase utilizando como base impoñible a que resulte do orzamento
presentado polos interesados, sempre que o mesmo fose visado polo Colexio
Oficial correspondente. Noutro caso, a base impoñible será determinada polos
técnicos municipais en función dos módulos establecidos no anexo de valoracións
da presente ordenanza ou nos establecidos oficialmente polo Colexio de
Arquitectos.
2. Os servizos de urbanismo comunicarán ao servizo
de xestión tributaria os actos de concesión de licenza para actividades e as
comunicacións previas suxeitas a tributación acompañando unha copia do orzamento
presentado polos interesados no proxecto ao que se refire a licenza
concedida.
3. No caso de que non se executen as obras,
construccións ou instalacións o interesado terá dereito á devolución do
ingresado unha vez que formule renuncia expresa á licenza ou transcurra o tempo
máximo previsto na mesma para a iniciación das obras e, consecuentemente caduque
a licenza, co limite máximo do prazo de prescrición previsto na normativa
básica.
4. Unha vez rematada a construcción, instalación
ou obra e tendo en conta o custe real e efectivo da mesma, o Concello, mediante
a oportuna comprobación administrativa modificará, no seu caso, a base impoñible
a que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación
definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a
cantidade que corresponda.
Cando se produza calquera circunstancia que
modifique o custe real e efectivo das obras, construccións ou instalacións que
servirón de base para a determinación da cota tributaria, os suxeitos pasivos
están obrigados a presentar, no prazo dun mes, declaración complementaria e a
ingresar simultáneamente o importe que resulte.
5. No caso de que a
correspondente licenza de obras ou urbanística sexa denegada, os suxeitos
pasivos terán dereito á devolución das cotas satisfeitas. Se a comunicación
previa de obras é informada desfavorablemente polos servizos técnicos municipais
por resultar inexecutable a obra ao contradicir a normativa urbanística en
vigor, tamén os suxeitos pasivos terán dereito á devolución das cotas
satisfeitas.
|
|
|
|
|
ARTIGO 9. INSPECCIÓN E RECADACIÓN
|
|
|
|
A inspección e recadación do imposto realizarase
de acordo co previsto na Lei xeral tributaria e nas demais leis reguladoras da
materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.
|
|
|
|
|
ARTIGO 10. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
|
|
|
|
En todo o relativo á cualificación das infraccións
tributarias así como á determinación das sancións que polas mesmas correspondan
en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei xeral tributaria e nas
disposicións que a complementan e desenvolven.
|
|
|
|
|
DISPOSICIÓN FINAL
|
|
|
|
A presente ordenanza, unha vez aprobada
definitivamente polo Pleno do Concello e publicada integramente no BOP, entrará
en vigor o día da súa publicación permanecendo vixente mentres non se acorde a
súa modificación ou derrogación expresa.
Os anexos da presente ordenanza non se
modifican.
|
|
|