|
 |
|
|
|
|
Artigo 1.º . Fundamento e natureza.
|
|
|
|
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e
142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, reguladora das bases de
réxime local, e de conformidade co disposto no artigo 20.4.a) do Real Decreto
Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei
reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por documentos
que expida a Administración ou as autoridades locais a instancia de parte, que
se rexerá pola presente ordenanza fiscal, redactada de co disposto no artigo 16
do dito RDL 2/2004.
|
|
|
|
|
Artigo 2.º . Feito impoñible.
|
|
|
|
1.- Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade
administrativa desenvolta, a instancia de parte, de toda clase de documentos
que expida e dos expedientes de que entenda a administración ou as autoridades
municipais. 2.- Para estes efectos, entenderase tramitada a
instancia de parte, calquera documentación administrativa que fora provocada
polo particular e redunde no seu beneficio, aínda que non mediase solicitude
expresa do interesado. 3.- Non estará suxeita a
esta taxa a tramitación de documentos e expedientes que estean gravados por
outra taxa municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello,
nin tampouco os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos
administrativos contra resolucións de calquera clase, os relativos á prestación
de servizos ou á realización de actividades de competencia do Concello, así
como os certificados solicitados polo departamento de servizos sociais para a
tramitación de expedientes.
|
|
|
|
|
Artigo 3.º . Suxeito pasivo.
|
|
|
|
Son suxeitos pasivos
contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o
artigo 35.4 da Lei 58/2003 , de 17 de decembro, Xeral Tributaria que soliciten,
ou resulten beneficiadas ou afectadas ou en interese das cales redunde a
tramitación do documento ou expediente de que se trate.
|
|
|
|
|
Artigo 4.º. Responsables.
|
|
|
|
Responderán solidariamente e
subsidiariamente deste tributo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren
os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003 , de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
|
|
|
|
|
Artigo 5.º. Cota tributaria.
|
|
|
|
1.- A cota tributaria
determinarase por unha cantidade fixa, segundo a natureza dos documentos ou
expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte. 2.- A cota da tarifa corresponde
á tramitación completa en cada instancia, do documento ou expediente de que se
trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a
certificación e notificación ó interesado do acordo recaído. 3.-As cotas resultantes, por
aplicación das tarifas, incrementaranse nun 50% cando os interesados
solicitasen, con carácter de urxencia, a tramitación dos expedientes.
|
|
|
|
|
Artigo. 6.º . Tarifas.
|
|
|
|
As tarifas a que se refire o
artigo anterior estrutúrase do seguinte xeito. 1.- Cambios de titularidade en
licencias de apertura: 30,00 €. 2.- Compulsas: 0,60 €. 3.- Por cada cambio material solicitado
por taxistas: 18,00 €. 4.- Suprimido. 5.- As copias realizadas, a
petición de parte, nas fotocopiadoras municipais: -- Por cada
copia en formato A4 b/n: 0,05 €/ud. -- Por cada
copia en formato A4 color: 0,20 €/ud. -- Por cada
copia en formato A3 b/n: 0,10 €/ud. -- Por cada
copia en formato A3 color: 0,25 €/ud. 6.- Por impresións que se realice
nas dependencias municipais a petición dos particulares: -- Por cada
impresión en formato A4 b/n: 0,05 €/ud. -- Por cada
impresión en formato A4 color: 0,20 €/ud. -- Por cada
impresión en formato A3 b/n: 0,10 €/ud. -- Por cada
impresión en formato A3 color: 0,25 €/ud. 7.- Pola busca de documentos nos
arquivos, oficinas municipais, dentro do último quinquenio: 3,00 €. Por cada cinco anos anteriores a
este, incrementarase na cantidade de 3,00 €/quinquenio, sen exceder de 6,00 €. 8.- Bastanteo de poderes: 30,00
€. 9.- Por devolución de avais
definitivos, contrato de obra e devolución de fianza urbanización: 15,00 €. 10.- Por prórrogas de licencias
urbanísticas: 6,00 €. 11.- Por tramitación
documentación casamentos: 42,10 €. 12.- Informes urbanísticos: 24,00
€. 13.- Por emisión de
certificacións gráficas e descritivas catastrais: 3,00 €/ud. 14.- Outras informacións
urbanísticas e/ou catastrais: 3,00 €/ud.
|
|
|
|
|
Artigo 7.º. Bonificación da cota.
|
|
|
|
Non se concederá bonificación
algunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.
|
|
|
|
|
Artigo 8.º . Devengo.
|
|
|
|
1. Devéngase a taxa e nace a
obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación
dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo. 2. Nos casos a que se refire o
apartado 2 del artigo 2º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as
circunstancias que provean a actuación municipal de oficio, ou cando esta se
inicie sen previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio.
|
|
|
|
|
Artigo 9.º . Declaración e ingreso.
|
|
|
|
1.- A taxa esixirase en réxime de
autoliquidación. O ingreso realizarase nas contas bancarias autorizadas polo
Concello ou na Tesourería da Corporación. 2.- Os escritos recibidos polos
condutos a que fai referencia o artigo 66 da Lei de Procedemento
Administrativo, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos
provisionalmente, pero non se lles dará curso sen que se emende a deficiencia
para o que se requirirá ó interesado para que, no prazo de dez días, aboe as
cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo, teranse
os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
|
|
|
|
|
Artigo 10.º. Infraccións e sancións.
|
|
|
|
En todo o relativo á
cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas
correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da
Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
|
|
|
|
|
Disposición derrogatoria.
|
|
|
|
A partir da entrada en vigor da
presente ordenanza, quedará derrogada a Ordenanza fiscal, reguladora da taxa
por expedición de documentos administrativos, publicada definitivamente no BOP
de A Coruña nº. 29 do 12 de febreiro de 2015.
|
|
|
|
|
Disposición final.
|
|
|
|
A presente modificación da ordenanza
fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación Municipal en sesión de data
31.07.2020. Comezará a rexer ó día seguinte
da súa publicación no BOP de A Coruña e permanecerá en vigor ata que se acorde
a súa modificación ou derrogación expresa.
|
|
|