|
 |
|
|
|
|
ARTIGO 1.–Fundamento e natureza.
|
|
|
|
En uso das facultades concedidas polos artigos
133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das Bases
de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do R.D.
lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei
reguladora das facendas locais, este Concello estableca a TAXA POR OCUPACIÓN DE
TERREOS DE USO PÚBLICO CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS E OUTROS ELEMENTOS
ANÁLOGOS, CON FINALIDADE LUCRATIVA, que se rexerá
pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ó disposto no artigo 57
do citado R.D. lexislativo.
|
|
|
|
|
ARTIGO 2.–Feito impoñibel.
|
|
|
|
Constitúe o feito impoñible da presente taxa, a
ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas e outros
elementos análogos, con finalidade lucrativa.
|
|
|
|
|
ARTIGO 3.–Suxeito pasivo.
|
|
|
|
Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de
contribuinte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o
artigo 36 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e 23 do
R.D.Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da
Lei reguladora das facendas locais, a prol de quen se outorguen as autorizacións
por ocupación de vía pública con mesas, cadeiras, tribunas e outros elementos
análogos, ou quen se beneficie de dito aproveitamento, se se procedeu sen a
oportuna licencia ou autorización.
|
|
|
|
|
ARTIGO 4.–Responsabeis.
|
|
|
|
1. Responderán solidariamente das obrigas
tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refire o
artigo 42 da citada Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os
administradores das sociedades e ós síndicos, interventores ou liquidadores de
crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos suposto e co alcance que
sinala o artigo 43 da devandita Lei xeral tributaria.
|
|
|
|
|
ARTIGO 5.–Base do gravame.
|
|
|
|
Constitue a base imponible desta taxa a superficie
do aproveitamento realizado, expresado en metros cadrados ou cando se trate de
separadores, en metros lineais.
|
|
|
|
|
ARTIGO 6.–Cota tributaria.
|
|
|
|
1. As tarifas da presente taxa serán as
seguintes:
1.–Por cada m2 ou fracción de terreo de uso
público ocupado con mesas e cadeiras, veladores, paraventos, macetas, parasoles
e outras instalacións similares, ó mes
..................................................................................................................................................................................... |
1,60 € |
2.–Por utilización de separadores, por cada metro lineal
ou fracción ó mes
........................................................................................................ |
0,76 € |
3.–Pola utilización de grellas e outros elementos
auxiliares, por cada m2
ou fracción ó mes
............................................................................... |
1,60 € |
4.–Cando os anteriores aproveitamentos se fagan en
parques e xardíns, a cantidade resultante terá un coeficiente de incremento do
............... |
1,2 |
5.–Nas restantes rúas, dito coeficiente graduarase
considerando a categoría da mesma, segundo o seguinte detalle: |
|
Primeira
............................................................................................. |
1,1 |
Segunda
............................................................................................. |
1,0 |
Terceira
............................................................................................. |
0,9 |
Cuarta
............................................................................................... |
0,8 |
5.–Tarifa mínima. Sempre que por aplicación dos
anteriores epígrafes non se alcance o disposto no presente epígrafe, esixiranse
..................... |
22,62 € |
2. Ós efectos de aplicación do parágrafo anterior,
terase en conta que como consecuencia da colocación de toldos, marquesiñas,
separadores, grellas e outros elementos similares fora delimitada unha
superficie maior que a ocupada por mesas e cadeiras, tomarase aquela como base
de cálculo.
|
|
|
|
|
ARTIGO 7.–Período impositivo e devengo.
|
|
|
|
1. A taxa devengarase no momento de obter a
autorización da ocupación ou utilización privativa do uso público local ou da
ocupación, se se procedeu sen a oportuna licencia ou autorización.
2. O período impositivo coincidirá co mes natural,
devengándose a taxa no primeiro día do período impositivo.
|
|
|
|
|
ARTIGO 8.–Declaración e ingreso.
|
|
|
|
No momento de solicita-la autorización do
aproveitamento, o contribuinte deberá autoliquidar o importe da taxa en concepto
de depósito previo na Tesourería Municipal.
|
|
|
|
|
ARTIGO 9.–Normas de xestión.
|
|
|
|
1. As persoas ou entidades interesadas na
concesión de aproveitamentos regulados neste texto, deberán solicitar
previamente a correspondente licencia, autoliquidar a taxa a que se refire o
artigo seguinte e formular declaración na que conste a superficie do
aproveitamento e os elementos que se pretenden instalar, así como un plano
detallado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do
Concello.
3. No caso de denegarse as autorizacións, os
interesados poderán solicitar deste Concello a devolución do importe
ingresado.
4. Non se consentirá a ocupación da vía pública
ata que non fora autoliquidadas as taxas correspondentes e fora obtida a
correspondente licencia polos interesados. O incumprimento deste mandato poderá
dar lugar á non concesión da licencia, sen prexuízo do pagamento da taxa, así
como das sancións e recargos que procedan.
5. As anteriores ocupacións entenderanse rematadas
unha vez transcurrido o prazo autorizado, debendo o interesado, de querer
continuar coa ocupación, solicitar a prorroga e abonar as taxas correspondentes,
segundo o procedemento sinalado en parágrafos precedentes.
|
|
|
|
|
ARTIGO 10.–Infraccións e sancións.
|
|
|
|
En todo o relativo á calificación de infraccións
tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan estarase ó
disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei xeral tributaria e no disposto na
ordenanza fiscal xeral.
|
|
|
|
|
DISPOSICIÓN ADICIONAL
|
|
|
|
As tarifas enumeradas anteriormente serán
incrementadas anualmente no IPC.
|
|
|
|
|
DISPOSICIÓN TRANSITORIA
|
|
|
|
Suspéndese a aplicación do importe da taxa
aplicable regulada no artigo 6 da presente Ordenanza durante o periodo
comprendido entre o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do 2020, co fin de
afrontar os efectos da crise económica creada pola propagación do COVID-19,que
deu lugar á declaración do estado de alarma mediante Real Decreto 463/2020.
|
|
|
|
|
DISPOSICIÓN FINAL
|
|
|
|
A presente Ordenanza Fiscal, que consta de 10
artigos, foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 6 de
novembro de 1998.
Foi modificada posteriormente segundo acordos
plenarios en sesións celebradas o día seis de setembro de 2001, 18 de xullo de
2002, 4 de setembro de 2003, 28 de outubro de 2004, 30 de xuño de 2005, 28 de
setembro de 2006 e 25 de outubro de 2007 e 4 de setembro de 2008.
A presente modificación foi aprobada polo Concello
Pleno en sesión celebrada o dia 25 de xuño de 2020. Entrará en vigor, logo da
súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata súa
modificación ou derrogación expresas.
|
|
|