|
 |
|
|
|
|
ARTIGO 1.–CONCEPTO.
|
|
|
|
De conformidade co previsto no artigo 127,
en relación co artigo 41, ámbolos do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de
marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas
Locais, así mesmo conforme ao Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se
aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de
Traballo e Benestar, modificado polo Decreto 91/2014, do 17 de xullo polo que se
modifica o Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de
prezos das escolas infantís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar e
actualizado pola Resolución do 10 de maio de 2017 pola que se actualizan os
prezos das escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais,
este Concello establece o prezo público por prestación do servizo público Escola
Infantil Municipal, especificando as tarifas no artigo 4 e seguintes, que se
rexerán polo presente texto normativo.
|
|
|
|
|
ARTIGO 2.–OBRIGADOS O PAGAMENTO.
|
|
|
|
Están obrigadas ao prezo público regulamentado
nesta ordenanza as persoas que se beneficien dos servizos ou actividades
prestadas ou realizados polo servizo de Escola Infantil Municipal.
|
|
|
|
|
ARTIGO 3.–BASE DE CÁLCULO.
|
|
|
|
3.1.–Para a determinación do importe mensual que
van pagar as persoas obrigadas ao pagamento dos prezos públicos determinados na
presente ordenanza, teranse en conta as seguintes especificacións.
Para os efectos da súa aplicación, a renda per
cápita mensual da unidade familiar computarase segundo as seguintes regras:
a) Entenderase por unidade familiar a formada
polos cónxuxes non separados legalmente e:
1. As fillas e os fillos menores, con excepción
dos que, con consentimento das nais e/ou dos pais, vivan independentes
destes.
2. As fillas e os fillos maiores de idade
incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou
rehabilitada.
3. As fillas e os fillos maiores de dezaoito anos
cun grao de discapacidade superior ao 33 %.
4. As menores e os menores en situación de garda
con fins adoptivos ou en situación de acollemento familiar por tempo superior a
un ano.
A determinación dos membros da unidade familiar
realizarase atendendo á situación existente no momento de presentación da
solicitude de praza.
b) Tomarase o importe dos ingresos totais da
unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas do exercizo
anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar, no cal se pretenda que
produza efectos, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas por
agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, calculadas
segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das
persoas físicas.
O importe dos ingresos totais da unidade familiar
será acreditado, mediante a presentación das copias certificadas pola
Administración tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación de
ingresos das persoas que non presentasen as declaracións do IRPF.
A documentación anterior poderá ser substituída
pola correspondente autorización a esta administración para obter os datos
necesarios para determinar os ingresos totais para estes efectos a través das
correspondentes administracións tributarias.
c) O importe anterior dividirase polo número de
membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais,
incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.
Entenderase por familia monoparental, a unidade familiar a que se refire a letra
a) cando formase parte dela un único proxenitor ou proxenitora que non conviva
con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que
o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu
sustento.
d) A renda per cápita mensual será o resultado de
dividir o importe anterior por doce.
3.2.–Para as persoas non obrigadas a declarar, as
bases impoñibles ás que se fai referencia obteranse como resultado de aplicar
aos datos existentes na Administración os criterios da lexislación do imposto
sobre a renda das persoas físicas.
|
|
|
|
|
ARTIGO 4. – TARIFAS.
|
|
|
|
4.1.–Contías dos
servizos:
4.1.1.–ASISTENCIA E SERVIZOS.
Tarifa |
Contías en función do indicador público de renda de
efectos múltiples (IPREM) |
Horario de mañá |
Horario escolar continuado |
Horario escolar partido |
Horario de tarde |
Comedor |
Almorzo |
Merenda |
T1 |
Rendas inferiores ao 30% do IPREM |
0,00 € |
0,00 € |
0,00 € |
0,00 € |
0,00 € |
0,00 € |
0,00 € |
T2 |
Rendas comprendidas entre o 30% e inferiores ao 50% do
IPREM |
0,00 € |
0,00 € |
0,00 € |
0,00 € |
17,45 € |
3,09 € |
5,16 € |
T3 |
Rendas comprendidas entre o 50% e inferiores ao 75% do
IPREM |
34,91 € |
32,91 € |
26,91 € |
22,91 € |
17,45 € |
3,09 € |
5,16 € |
T4 |
Rendas comprendidas entre o 75% e inferiores ao 100% do
IPREM |
69,81 € |
65,81 € |
53,81 € |
45,81 € |
26,45 € |
4,12 € |
7,22 € |
T5 |
Rendas comprendidas entre o 100% e inferiores ao125% do
IPREM |
112,13 € |
106,13 € |
86,13 € |
72,13 € |
37,02 € |
6,19 € |
10,32 € |
T6 |
Rendas comprendidas entre o 125% e inferiores ao 150%
IPREM |
133,29 € |
125,29 € |
102,29 € |
86,29 € |
52,85 € |
9,28 € |
15,48 € |
T7 |
Rendas comprendidas entre o150% e o 200% do
IPREM |
147,05 € |
138,05 € |
113,05 € |
95,05 € |
63,47 € |
11,35 € |
18,57 € |
T8 |
Rendas superiores ao 200% IPREM |
169,26 € |
159,26 € |
129,26 € |
109,26 € |
74,05 € |
12,38 € |
20,64 € |
4.1.2.–HORARIO AMPLIADO.
Con carácter excepcional as familias usuarias do
servizo poderán ampliar a súa xornada de atención educativa mediante a
solicitude de horas extraordinarias sempre que se acredite a súa necesidade.
A permanencia da alumna ou do alumno no centro non
poderá superar as oito horas diarias dentro da xornada pola que opte, agás
cando, por circunstancias excepcionais debidamente xustificadas e acreditadas,
teña que permanecer un tempo superior ao máximo establecido. Neste suposto, o
caso será estudado e, de ser o caso, autorizado pola Concellaría da área de
Educación.
HORARIO AMPLIADO |
21,16 € hora/mes |
4.1.3.–Situacións
especiais:
4.1.3.1.–Para as nenas e os nenos que non
empreguen habitualmente o servizo de xantar e que desexen utilizalo algún día
con carácter solto o prezo será de 4,23 €/día.
4.1.3.2.–Para as nenas e os nenos que non
empreguen habitualmente o servizo de almorzo e que desexen utilizalo algún día
con carácter solto o prezo será de 1,02 €/día.
4.1.3.3.–Para as nenas e os nenos que non
empreguen habitualmente o servizo de merenda e que desexen utilizalo algún día
con carácter solto o prezo será de 1,54 €/día.
4.1.3.4.-Para as nenas e nenos que non empreguen
habitualmente o servizo de horas ampliadas e desexen utilizalo algún día con
carácter solto o prezo será de 4,23 €/día.
4.1.3.5.–Para as nenas e os nenos que, con
carácter extraordinario, soliciten máis horas diarias de asistencia ao centro
que as contempladas no horario do que é usuaria/usuario, a tarifa mensual que
lle corresponde abonar incrementarase atendendo ao número de horas que permaneza
no centro.
|
|
|
|
|
ARTIGO 5.–REDUCIÓNS.
|
|
|
|
A) Segundo as circunstancias da unidade familiar
ou de convivencia, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto na táboa do
apartado 4.1.1, aplicaranse os seguintes descontos que non son acumulables entre
sí:
|
% DESCONTOS |
Nenas e nenos pertencentes a familias numerosas |
20% |
Nenas e nenos pertencentes a familias
monoparentais |
20% |
Asistencia ao centro de varios irmáns |
20% (o segundo e sucesivo) para os servizos
distintos da atención educativa |
Para a aplicación dos descontos teranse en conta
as circunstancias concorrentes no momento de presentación da solicitude de praza
na escola infantil 0-3 ou da súa renovación, que deberán ser previamente
xustificadas documentalmente de non coincidir coas circunstancias na data da
devindicación da declaración do IRPF.
B) Aplicarase a gratuidade da atención
educativa na Escola Infantil Municipal para segundos/as fillos/as e
sucesivos/as.
A este efecto, computarán unicamente os/as
fillos/as que formen parte da unidade familiar e quede acreditada a súa
convivencia e garda e custodia coa/s persoa/s proxenitor/a/s do menor
beneficiario da gratuidade.
C) Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude
fóra de prazo, traslado de residencia, etc.) o menor ingrese no centro con
posterioridade ao día 15 do mes, a cota que corresponda pagar por dito mes terá
un desconto do 50%.
|
|
|
|
|
ARTIGO 6.–OBRIGA DO PAGAMENTO.
|
|
|
|
A obriga do pagamento do prezo público
regulamentado nesta ordenanza nace desde o momento en que se preste o
servizo.
A falta de pagamento de dúas mensualidades
consecutivas ou tres alternas, sen prexuízo da súa esixencia polo procedemento
administrativo de constrinximento, orixinará a perda do dereito á praza.
|
|
|
|
|
ARTIGO 7.–REVISIÓN E ACTUALIZACIÓN DE TARIFAS.
|
|
|
|
Ao longo do curso poderase proceder á revisión da
tarifa fixada inicialmente, cando concurran e se xustifiquen variacións
socioeconómicas na unidade familiar referidas aos seguintes casos:
a) Modificación das circunstancias que determinan
os descontos recollidos na normativa vixente en materia de prezos públicos.
b) Diminución ou incremento dos ingresos en máis
dun 20% no cómputo anual respecto dos declarados na solicitude/renovación de
praza ou, no seu caso, nunha variación posterior. Estas variacións deberán ter
unha duración mínima de seis meses para ser tomadas en consideración e
xustificaranse por medio da declaración do IRPF, dun certificado emitido pola
AEAT ou por calquera outra documentación que, a xuízo da Comisión de Baremación,
xustifique e permita un novo cálculo da renda per cápita da unidade
familiar.
c) Variación no número de membros da unidade
familiar.
O beneficiario queda obrigado a comunicar calquera
variación que se produzca na situación socioeconómica e familiar que dera lugar
á concesión de praza e aplicación de tarifa.
A modificación da tarifa, se é o caso, será
resolta pola Comisión de Baremación da Escola Infantil Municipal que dará
traslado da mesma ao alcalde ou órgano no que delegue para a súa resolución e
posterior dación de conta na vindeira Xunta de Goberno Local que se celebre.
A Comisión de Baremación poderá iniciar de oficio,
a actualización dos datos económicos que constan no expediente de cada nena ou
neno, podendo verse modificada a súa tarifa. No caso de facelo, deberá dar
traslado do acordo ao alcalde ou órgano no que delegue para a súa resolución e
posterior dación de conta na vindeira Xunta de Goberno Local que se celebre.
Os prezos públicos establecidos na presente
ordenanza poderanse actualizar cada curso escolar na mesma proporción que a
variación interanual positiva experimentada polo índice xeral de prezos de
consumo para a Comunidade Autónoma de Galicia (IPC) no mes de xuño anterior.
Corresponderá á Alcaldía-Presidencia a fixación das novas tarifas por aplicación
do IPC descrito, que se darán a coñecer mediante anuncios no BOP e taboleiro de
edictos do Concello e da Escola Infantil Municipal.
|
|
|
|
|
ARTIGO 8.–SUSPENSIÓN TEMPORAL DA COTA.
|
|
|
|
Non se terá obriga de abonar a cota nos seguintes
períodos:
Mes de
vacacións da nena ou do neno.
Cando,
por calquera motivo distinto ó período de vacacións anuais, o centro permaneza
pechado por un período superior a 15 días naturais.
Cando,
por causa debidamente xustificada, a nena ou o neno deixe de asistir
temporalmente ó centro. Neste caso, o suxeito obrigado ó pago estará exento de
abonar a cota desde o primeiro día do mes natural seguinte ó da data de ausencia
ó centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural no que
se produza a reincorporación da nena ou do neno. Se a reincorporación se produce
con posterioridade ó día 15 do mes, a cota correspondente reducirase nun 50%
nesa mensualidade.
|
|
|
|
|
ARTIGO 9.–NORMAS DE XESTIÓN.
|
|
|
|
As solicitudes para acceder ao servizo de Escola
Infantil Municipal formalizaranse por escrito a través de instancias dirixidas á
Alcaldía-Presidencia da corporación municipal entregadas no Rexistro Xeral do
Concello, a través da sede electrónica ou en calquera dos lugares ou rexistros
establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo, xuntando a
documentación sinalada na Ordenanza Reguladora da Escola Infantil Municipal.
Recibida a instancia xunto coa documentación,
procederase polos técnicos responsables á comprobación dos datos presentados,
avaliando as solicitudes (segundo o anexo I da Ordenanza Reguladora da Escola
Infantil Municipal ) e elaborando un informe posterior que será sometido a
dictame da Comisión de Baremación da Escola Infantil Municipail de Arteixo. Do
seu contido darase traslado ao alcalde ou órgano no que delegue para a súa
resolución e posterior dación de conta na vindeira Xunta de Goberno Local que
celebre.
En caso de urxencia motivada, e sempre que exista
dispoñibilidade de praza, será o alcalde ou órgano en quen delegue, quen decida
a concesión ou denegación dos servizos, dando conta na seguinte Xunta de Goberno
Local que reúna.
O pagamento dos prezos das mensualidades farase
por adiantado nos primeiros dez días de cada mes, segundo padrón elaborado ao
efecto, que incluirá, ademais do importe da asistencia mensual, o resto dos
servizos que reciben as usuarias e os usuarios.
A efectos da xestión do pagamento dos prezos das
mensualidades, calquera modificación na asistencia ou servizos debe ser
solicitada ao Concello de Arteixo, presentando unha instancia xeral a través de
calquera dos medios habilitados ao efecto, durante a primeira quincena do mes
anterior a recibir o servizo ou asistencia.
|
|
|
|
|
DISPOSICIÓN FINAL
|
|
|
|
O presente texto normativo regulador do prezo
público pola prestación do servizo da Escola Infantil Municipal, foi aprobado
polo Concello Pleno en sesión celebrada o día vinte de xuño de 1997.
Foi modificado posteriormente polo Concello Pleno
en sesión celebrada o día 1 de outubro de 2001, 30 de outubro de 2003, 26 de
marzo de 2009, 27 de setembro de 2012, 4 de abril de 2013 e 26 de maio de
2016.
A presente modificación foi aprobada polo Concello
Pleno en sesión celebrada o día 30 de xullo de 2020. Entrará en vigor unha vez
publicado o seu texto integro no Boletín Oficial da Provincia e teña trancorrido
o prazo de 15 días previsto no artigo 70.2 da Lei 7/85, do 2 de abril,
reguladora das bases de réxime local, permanecendo en vigor ata a súa
modificación ou derogación expresas, e aplicarase no curso académico
2020-2021.
O que se publica para coñecemento xeral, tendo
transcorrido xa o prazo previsto nos artigos 65.2 en relación co 56.1 da Lei
7/1985, reguladora das bases do réxime local.
|
|
|