4.1 .-Tarifas: A. PREZO DE ATENCIÓN EDUCATIVA: - Taxa por matrícula de ingreso por neno/a: 15 euros. Cota única por curso. - Taxa por neno/a en xornada completa continua: 160 euros/mes. - Taxa por neno/a en xornada completa partida: 160 euros/mes. - Taxa por neno/a en xornada de mañá (4 h. ): 80 euros/mes. - Taxa por neno/a en xornada de mañá (5 h.). 100 euros/mes. - Taxa por neno/a en xornada de tarde: 60 euros/mes. - Taxa por neno/a na xornada de tarde (artigo 16.3 do Regulamento): 80 euros/mes. B. PREZO POR SERVIZOS COMPLEMENTARIOS a) Servizo de comedor. O prezo por este servizo fíxase en 20 € mensuais. b) Horario ampliado. Con carácter excepcional os/as usuarios/as poderán ampliar a súa xornada de atención educativa mediante a solicitude de horas extraordinarias, sempre que acrediten a súa necesidade e non estea cuberta a ratio establecida (15 prazas). O prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario da atención educativa adxudicado ao usuario ou usuaria será de 20 €. O prezo da hora extraordinaria non estará suxeito a ningunha redución. 4.2.- Reducións: Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre estas tarifas, a excepción da taxa por matrícula e o prezo da hora extraordinaria, aplicaranse os seguintes prezos mensuais reducidos segundo os tramos de renda per cápita da unidade familiar: a) Rendas inferiores ao 50 por cento do IPREM, o prezo da praza 0 €/mes b) Rendas comprendidas entre o 50 ao 75 por cento do IPREM, o prezo da praza será: - Xornada completa continua: 33 €/mes. - Xornada completa partida: 33 €/mes. - Xornada de mañá (4 h .): 16,50 €/mes. - Xornada de mañá (5 h.): 20,60 €/mes - Xornada de tarde: 12,40 €/mes. - xornada de tarde (artigo 16.3 do Regulamento): 16,50 €/mes. - Servizo de comedor: 4,20 €/mes. c) Rendas comprendidas entre o 75 ao 100 por cento do IPREM, o prezo da praza será: - Xornada completa: 66 €/mes. - Xornada completa partida: 66 €/mes. - Xornada de mañá (4 h.): 33 €/mes. - Xornada de tarde (5 h.): 41,25 €/mes. - Xornada de tarde: 24,75 €/mes. - xornada de tarde (artigo 16.3 do Regulamento): 33 €/mes. - Servizo de comedor: 8,20 €/mes. d) Rendas comprendidas entre o 100 ao 125 por cento do IPREM, o prezo da praza será: - Xornada completa: 106 €/mes. - Xornada completa partida: 106 €. - Xornada de mañá (4 h.): 53 €/mes. - Xornada de mañá (5 h.):66,25 €/mes. - Xornada de tarde: 39,75 €/mes. - xornada de tarde (artigo 16.3 do Regulamento): 53 €/mes. - Servizo de comedor: 13,20 €/mes. e) Rendas comprendidas entre o 125 ao 150 por cento do IPREM, o prezo da praza será: - Xornada completa: 126 €/mes. - Xornada completa partida: 126 €/mes. - Xornada de mañá (4 h.): 63 €/mes. - Xornada de mañá (5 h.):78,75€/mes. - Xornada de tarde: 47,25 €/mes. - xornada de tarde (artigo 16.3 do Regulamento): 63 €/mes. - Servizo de comedor: 15,80 €/mes. f) Rendas comprendidas entre o 150 ao 200 por cento do IPREM, o prezo da praza será: - Xornada completa: 139 €/mes. - Xornada completa partida: 139 €/mes. - Xornada de mañá (4 h.): 69 €/mes. - Xornada de mañá (5 h.): 86,87€/mes. - Xornada de tarde: 52,12 €/mes. - xornada de tarde (artigo 16.3 do Regulamento): 69 €/mes. - Servizo de comedor: 17,40 €/mes. g) Rendas superiores ao 200 por cento do IPREM, o prezo da praza será: - Xornada completa: 160 €/mes. - Xornada completa partida: 160 €/mes. - Xornada de mañá (4 h.): 80 €/mes. - Xornada de mañá (5 h.):100 €/mes. - Xornada de tarde:60€/mes. - xornada de tarde (artigo 16.3 do Regulamento): 80 €/mes. - Servizo de comedor: 20€/mes. 4.3.- Descontos: A) Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto no apartado anterior, aplicaranse os seguintes descontos que non son acumulables entre si: a) Nenos/as pertencentes a familias numerosas, desconto dun 20 por cento. b) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20 por cento. c) Cando asistan a este centro varios irmáns, o segundo e sucesivos terán un desconto dun 20 por cento. Entenderase por familiar numerosa aquela que reúna as condicións que determina a Lei 40/2003, do 18 de Novembro, de protección ás familiar numerosas. Para a aplicación dos descontos teranse en conta as circunstancias concorrentes no momento de presentación da solicitude de praza na escola infantil, que deberán ser previamente xustificadas documentalmente de non coincidir coas circunstancias na data da presentación da declaración do IRPF. B) Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fora de prazo, traslado de residencia, etc), o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ó día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto do 50 por cento. 4.4.- Gratuidade das taxas por servizo da atención educativa na Escola Infantil Municipal de Corcubión Establécese a gratuidade e polo tanto aplicarase unha bonificación do 100% dos prezos públicos ou contraprestacións pecuniarias que se encontren en vigor en cada momento en concepto de prestación de servizo da Escola Infantil Municipal para o caso da matriculación do segundo fillo ou filla e sucesivos/as da unidade familiar. 4.5.- Revisión do Prezo: Ao longo do curso poderase proceder á revisión do prezo fixado inicialmente cando concorran e se xustifiquen variacións socioeconómicas na unidade familiar referidas aos seguintes casos: a) As variacións nos seus ingresos que impliquen unha modificación substancial na súa capacidade económica. Só se terán en conta as variacións que supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20% no cómputo anual fronte aos ingresos declarados na solicitude de praza ou, de ser o caso, nunha variación posterior. Estas variacións deberán ter unha duración dun mínimo de 4 meses para ser tidas en conta e xustificaranse por medio da declaración do IRPF, dun certificado emitido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou por calquera outra documentación que, a xuízo da Alcaldía, xustifique e permita un novo cálculo da renda per cápita da unidade familiar. b) A variación no número de membros da unidade familiar, se fose o caso. Neste sentido a/o beneficiaria/o queda obrigado a comunicar calquera variación que se produza ao respecto. A modificación do prezo, se é o caso, será resolta pola Alcaldía e aplicarase a partir do primeiro día do mes natural seguinte ao da data da correspondente resolución.
|