Deputaci�n da Coru�a Deputaci�n da Coru�a
Unha deputaci�n � servicio da provincia 24 horas � servicio da provincia A Coru�a por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradici�ns e honrar �s nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coru�a
�ltimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Axuda Suxesti�ns

Castellano Gallego

... Ordenanzas y Reglamentos
Nueva Búsqueda

Boqueixón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional : 15-04-2021 BOP Nº 69 -- Publicación definitiva : 17-06-2021 BOP Nº 113
Redacción Aplicable desde 17-06-2021

Redacciones Redacciones
 - Artigo 1.º.–Fundamento e natureza.
 - Artigo 2.º.–Feito Impoñible.
 - Artigo 3.º.–Suxeito pasivo.
 - Artigo 4.º.–Responsables.
 - Artigo 5.º.–Exencións.
 - Artigo 6.º.–Cota tributaria.
 - Artigo 7.º.–Tarifa.
 - Artigo 8.º.–Devengo.
 - Artigo 9.º.–Declaración e ingreso.
 - Artigo 10.º.–Infraccións e sancións.
 - Disposición derrogatoria única
 - Disposición final
   
  Artigo 1.º.–Fundamento e natureza.  
 

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do RDL 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba a Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a “taxa por expedición de documentos administrativos”, que se rexerá polo disposto no devandito RDL e pola presente ordenanza fiscal.

   
  Artigo 2.º.–Feito Impoñible.  
 

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as autoridades municipais.

2. Para os efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que se provocase polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.

3. Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello, nin tampouco os expedientes de devolución de ingresos indebidos

   
  Artigo 3.º.–Suxeito pasivo.  
 

Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral tributaria que soliciten, ou resulten beneficiadas ou afectadas ou en interese das cales redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

   
  Artigo 4.º.–Responsables.  
 

Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

   
  Artigo 5.º.–Exencións.  
 

Estarán exentos de aboar os dereitos de exame as persoas que acrediten estar en situación de desemprego.

   
  Artigo 6.º.–Cota tributaria.  
 

1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

2. A cota da tarifa corresponde a tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

   
  Artigo 7.º.–Tarifa.  
 

A tarifa a que se refire o artigo anterior estrutúrase da seguinte maneira:

Documentación

Tarifa

Desafectación de camiños, a instancia de parte

60,00 €/ud.

Certificacións urbanísticas, a instancia de parte

40,00 €/ud.

Informes de clasificación e cualificación urbanística, a instancia de parte

30,00 €/ud.

Informes de clasificación urbanística, a instancia de parte

10,00 €/ud.

Certificacións catastrais literais de bens urbanos e rústicos (PIC)

10,00 €/ud.

Certificacións catastrais descritivas e gráficas de bens urbanos e rústicos (PIC)

10,00 €/ud

Certificación de acordos municipais:

 

Do ano en curso

1,00 €

De anos anteriores

3,00 €

Dereitos de exame:

 

Exame para prazas encadradas no grupo A ou asimilado

18,00 €

Prazas do grupo B ou asimilado

16,00 €

Prazas do grupo C ou asimilado

14,00 €

Prazas do grupo D ou asimilado

12,00 €

Prazas do grupo E ou asimilado

10,00 €

Outros documentos para departamento de contratación

 

Bastanteo de poderes

10,00 €

Compulsas de documentos

1,00 €/ud.


   
  Artigo 8.º.–Devengo.  
 

1. Devéngase a taxa, e nace a obriga de contribuír, cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

2. Nos casos a que se refire o apartado 2 do artigo 2.º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio, ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio.

   
  Artigo 9.º.–Declaración e ingreso.  
 

1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, polo procedemento do selo municipal adherido ó escrito de solicitude da tramitación do documento o expediente, ou nestes mesmos se aquel escrito non existira ou a solicitude non fora expresa.

2. Os escritos recibidos polos condutos a que fai referencia o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderá dárselle curso sen que se emende a deficiencia, para esta finalidade requirirase ó interesado para que, no prazo de dez días, aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados, e será arquivada a solicitude.

3. As certificacións ou documentos que expida a Administración municipal en virtude de oficio de xulgados ou tribunais para toda clase de preitos, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se aboara a correspondente cota tributaria.

   
  Artigo 10.º.–Infraccións e sancións.  
 

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

   
  Disposición derrogatoria única  
 

A partir da data de entrada en vigor da presente ordenanza fiscal quedará derrogada a Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.

   
  Disposición final  
 

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Nota Legal Servicio de Asistencia Económica a Municipios