6.1. A base impoñible virá determinada pola renda per cápita mensual da unidade familiar, que se computará segundo as seguintes regras: a) Entenderase por unidade familiar a formada polos cónxuxes non separados legalmente e: I. Os/as filloas/as menores, con excepción dos que, con consentimento dos/as país/nais, vivan independentes detes/as. II. Os/as fillos/as maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. III. Os/as fillos /as maiores de dezaoito anos discapacitados cun grao de discapacidade superior ao 33 por cento. A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente no 31 de decembro do ano a que se refiran os datos económicos a que se refiren as seguintes regras. b) Tomarase o importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas do exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar, no cal se pretenda que produza efectos, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas. O importe dos ingresos totais da unidade familiar será acreditado, mediante a presentación das copias certificadas pola Administración tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación de ingresos das persoas que non presentasen as declaracións do IRPF. c) O importe anterior dividirase polo número de membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. Entenderase por familia monoparental a unidade familiar a que se refire a letra a) cando formase parte dela un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento. d) A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior por doce. 6.2. A cota tributaria calcularase coas seguintes tarifas máximas: 6.2.1. Prezo da atención educativa. O prezo pola atención educativa en xornada completa fíxase en 169.26 € Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, referida ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente sobre este prezo apliaranse as reducións que se especifican no apartado 6.2.3. Os ratios por horario reducido obtéñense con aplicacións porcentuais. Todos/as os/as alumnos/as que teñan concedida unha praza na escola infantil deberán aboar unha matrícula anual dentro dos 10 días hábiles seguintes á publicación da relación definitiva de admitidos/as e da listaxe de espera no taboleiro do Concello e da Escola infantil municipal. O importe da matrícula variará en función da renda per cápita mensual da unidade familiar; segundo se recolle no cadro resumo de cotas que figura no anexo I. Este prezo será de 60 €/ano nos primeiros seis tramos da táboa (inferior ao 150% do IPREM) e de 90 €/ano nos dous últimos (igual ou superior ao 150% IPREM). Ninguén estará exento do pagamento da matrícula. 6.2.2. Prezo por servizos complementarios. a) Servizo de comedor. O prezo por este servizo fíxase en 74.05 € mensuais. Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as reducións que se especifican no apartado 6.2.3. No caso de nenas/nenos que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que, excepcionalmente, desexen utilízalo algún día solto, o prezo será de 4.23 €. O prezo do comedor por días soltos non estará suxeito a ningunha redución. No caso de utilizar o servizo de comedor por días soltos, realizarase o pago deste servizo coa cota do mes seguinte. b) Horario ampliado. Con carácter excepcional os/as usuarios/as poderán ampliar a súa xornada de atención educativa mediante a solicitude de horas extraordinarias, sempre que acrediten a súa necesidade. O prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario da atención educativa adxudicado á usuaria ou usuario será de 21.16 €. O prezo da hora extraordinaria non estará suxeito a ningunha redución. 6.2.3. Aplicación dos prezos mensuais segundo os tramos de renda per cápita da unidade familiar: a) Rendas inferiores ao 30 por cento do IPREM: Prezo da praza con servizo de comedor: 0 €; sen servizo de comedor: 0 €. b) Rendas comprendidas entre o 30 e inferiores ao 50 por cento do IPREM: Prezo da praza con servizo de comedor: 17.45 €; sen servizo de comedor: 0 €. c) Rendas comprendidas entre o 50 e inferiores ao 75 por cento do IPREM: Prezo da praza con servizo de comedor: 52.36 €; sen servizo de comedor: 34.91 €. d) Rendas comprendidas entre o 75 e inferiores ao 100 por ento do IPREM: Prezo da praza con servizo de comedor: 96.26 €; sen servizo de comedor: 69.81 €. e) Rendas compredidas entre o 100 e inferiores ao 125 por cento do IPREM: Prezo da praza con servizo de comedor: 149.15 €; sen servizo de comedor: 112.13 €. f) Rendas comprendidas entre o 125 e inferiores ao 150 por cento do IPREM: Prezo da praza con servizo de comedor: 186.18 €; sen servizo de comedor: 133.29 €. g) Rendas comprendidas entre o 150 e o 200 por cento do IPREM: Prezo da praza con servizo de comedor: 210.52 €; sen servizo de comedor: 147.05 €. h) Rendas superiores ao 200 por cento do IPREM: Prezo da praza con servizo de comedor: 243.31 €; sen servizo de comedor: 169.26 €. 6.2.4. Descontos. A) Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto no apartado anterior, aplicaranse os seguintes descontos que non son acumulables entre sí: a) Nenos/as pertencentes a familias numerosas, desconto dun 20 por cento. b) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20 por cento. c) Cando asistan ao mesmo centro varios irmáns, o segundo e sucesivos terán un desconto dun 20 por cento. Entenderase por familia numerosa aquela que reúna as condicións que determina a Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas. Para a aplicación dos descontos teranse en conta as circunstancias concorrentes no momento de presentación da solicitude de praza na escola infantil 0-3, que deberán ser previamente xustificadas documentalmente de non coincidir coas circunstancias na data da devindicación da declaración do IRPF. B) Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fóra de prazo, traslado de residencia, etc.), o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ao día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto do 50 por cento. C) Bonificación do 100% da cota de atención educativa para segundos fillos/as e sucesivos da unidade familiar. Aos efectos de aplicación desta bonificación, entenderanse incluídos no concepto de unidade familiar os fillos/as maiores de 18 anos que convivan no domicilio familiar. 6.2.5. Exencións de pagamento. A) As familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 7.500 € anuais gozarán da exención total da cota a partir da segunda filla ou fillo que acuda á mesma escola infantil. B) As familias acolledoras de menores con medidas administrativas de tutela ou garda gozarán, así mesmo, da exención total da cota. 6.2.6. Supensión temporal da cota. Os suxeitos obrigados aos que fai referencia o artigo 3 non terán a obriga de aboar a cota correspondente á atención educativa e ao servizo de comedor durante os seguintes períodos: A) Durante o mes de vacacións da/do nena/neno B) Cando o centro permaneza pechado por un período superior a quince días naturais. Nestes dous casos, a suspensión realizarase de oficio. C) Falta temporal de asistencia á escola infantil por motivos de saúde debidamente xustificados durante un período superior a 45 días continuados: deberá solicitarse expresamente e acreditar documentalmente as circunstancias que a motivan.
|