|
 |
|
|
|
|
CAPÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS
|
|
|
|
|
|
|
|
|
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
|
|
|
|
A Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da posesión de animais potencialmente perigosos, dictada ó abeiro do artigo 149.1.29 da Constitución Española, que atribúe ó Estado a competencia exclusiva en materia de seguridade pública, asigna no artigo 3 ós concellos a competencia para concede-la licencia administrativa que habilite para a posesión de animais potencialmente perigosos. Ademais, no seu artigo 6, establece que en cada concello existirá un rexistro de animais potencialmente perigosos. A Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en cativide, no artigo 11, impón ós concellos a obriga de recolle-los animais abandonados, e o Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, no seu artigo 27, obriga a censar a nivel municipal a tódolos animais da especie canina, así como a outros que regulamentariamente se determinen. Ó abeiro do artigo 3.2 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, a Xunta de Galicia aproba o Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a posesión de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos e de adestradores caninos. En consecuencia, de conformidade coas disposicións citadas e ó abeiro da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, da Lei 5/1997, do 22 de xuño, de administración local de Galicia, e da Lei 39/1998, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, a corporación aprobou esta ordenanza:
|
|
|
|
|
Artigo 1.º .-Obxecto
|
|
|
|
1.-A presente ordenanza ten por obxecto a regulación da concesión e renovación das licencias administrativas para a posesión de animais potencialmente perigosos, a regulación do rexistro municipal de animais potencialmente perigosos e a determinación das taxas pola prestación destes servicios. 2.-Ademais, crease a sección local do rexistro galego de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos (REGIAC), que conterá a información que remita o REGIAC referente ós animais de compañía residentes no concello. 3.-Quedan excluidos da aplicación da presente ordenanza os cans e animais pertencentes ás forzas armadas, forzas e corpos de seguridade do Estado, corpos da policía das comunidades autónomas, policía local e empresas de seguridade con autorización oficial.
|
|
|
|
|
Artigo 2.º .-Definición de animal potencialmente perigoso.
|
|
|
|
1.-Considéranse animais potencialmente perigosos, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, todos aqueles que pertencendo á fauna autóctona ou alóctona, independentemente da condición, natureza, especie ou raza á que pertencen, e convivindo no contorno humano como animais domésticos ou de compañía, sexan susceptibles de ocasiona-la morte ou lesións ás persoas ou a outros animais, ou de producir danos de certa entidade ás cousas. 2.-No caso concreto dos cans, entenderanse por potencialmente perigosos aqueles nos que concorran calquera das condicións seguintes: a) Cans que tivesen algún episodio de agresións a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou ás cousas. b) Cans que fosen adestrados para a garda e defensa. c) Cans que polas súas características raciais puidesen ser aptos para o adestramento para a garda e a defensa e, en concreto, os pertencentes ás razas seguintes: American Stafforshire Terrier, Pit Bull Terrier, Bullimastif, Doberman, Dogo Arxentino, Dogo de Bordeos, Dogo do Tíbet, Fila Brasileiro, Mastín Napolitano, Presa Canario, Presa Mallorquín (Ca de Bou), Rottweiler, Stafforshire Bull Terrier, Tosa Inu e Akita Inu. Tamén serán considerados neste apartado os cruces en primeira xeración destes, cruces destas razas entre si ou cruces destes con outras razas, obtendo unha tipoloxía similar a algunha das razas anteriormente descritas. d) Cans que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio. A agresividade apreciaraa a autoridade competente da Consellería de Medio Ambiente, de oficio ou logo de notificación ou denuncia, e previo informe dun adestrador ou veterinario designado para o efecto.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO II.-DA LICENCIA MUNICIPAL
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Artigo 3.º .-Licencia municipal
|
|
|
|
1.-A posesión de animais potencialmente perigosos requirirá a obtención, con carácter previo á adquisición do animal, da correspondente licencia municipal, que se expedirá no concello de residencia habitual do propietario. 2.-Nos supostos previstos no apartado 2.a) do artigo 2.º , o titular do can disporá do prazo dun mes, contado dende a resolución dictada para tales efectos, para solicita-la licencia administrativa. 3.-Nos supostos previstos no apartado 2.d) do artigo 2, o concello, xuntando os informes debidamente motivados e esixidos nese apartado, comunicará os feitos á autoridade competente da Consellería de Medio Ambiente. No caso de que se dictase resolución apreciando a agresividade, o titular disporá do prazo dun mes, contado dende a notificación, para solicita-la licencia administrativa.
|
|
|
|
|
Artigo 4.º .-Órgano competente para a concesión da licencia.
|
|
|
|
Tramitado o expediente de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, o órgano competente resolverá a concesión da licencia e o seu número correspondente.
|
|
|
|
|
Artigo 5.º .-Requisitos e documentación para a obtención da licencia municipal.
|
|
|
|
1.-Para a obtención da licencia municipal será necesario o cumprimento dos seguintes requisitos: a) Ser maior de idade. - Acreditarase mediante fotocopia do DNI ou do pasaporte. b) Non ter sido condenado por delictos de homicidio, lesións e torturas, delictos contra a liberdade ou contra a integridade moral, contra a liberdade sexual e contra a saúde pública, delitos de asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privado por resolución xudicial do dereito á posesión de animais potencialmente perigosos. - Acreditarase mediante certificado de antecedentes penais. c) Non ter sido sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das previstas no apartado 3 do artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da posesión de animais potencialmente perigosos. Non obstante, non será impedimento para a obtención ou, de se-lo caso, renovación da licencia, ter sido sancionado coa suspensión temporal desta, sempre que, no momento da solicitude, a sanción de suspensión anteriormente imposta fose cumprida integramente. - Acreditarase mediante certificado negativo expedido pola Consellería de Medio Ambiente. d) Dispoñer de certificado de capacidade física e aptitude psicolóxica para a posesión de animais potencialmente perigosos, expedido polo director dun centro médico-psicotécnico debidamente autorizado, de conformidade co recollido nos artigos 4.º , 5.º e 6.º do Real decreto 287/2002, do 22 de marzo. e) Acredita-la formalización dun seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros que poida causa-lo animal, cunha cobertura mínima de 125.000 euros. Este seguro deberá renovarse anualmente. - Acreditarase presentando a copia da póliza de seguro claramente detallada ou presentando o certificado da compañía aseguradora.
|
|
|
|
|
Artigo 6.º .-Vixencia e renovación das licencias
|
|
|
|
1.-As licencias terán unha vixencia de cinco anos. Trascorrido este período, deberán renovarse por un período de igual duración, mediante a presentación da mesma documentación esixida para a obtención e que se sinala no artigo anterior. 2.-A licencia perderá a súa vixencia no momento en que o titular deixe de cumprir calquera dos requisitos establecidos no artigo anterior.
|
|
|
|
|
Artigo 7.º .-Acreditación da licencia
|
|
|
|
A posesión da licencia municipal acreditarase mediante a entrega dunha copia da resolución do expediente administrativo iniciado e mediante a entrega dunha tarxeta acreditativa expedida polo concello, na que se fagan consta-los seguintes datos: - Número de licencia municipal. - Data de resolución do expediente de solicitude da licencia. - Data de caducidade da vixencia da licencia. - Nome e apelidos do titular. - DNI do titular. - Enderezo do titular. - Fotografía actualizada do titular. - Selo do Concello.
|
|
|
|
|
Artigo 8.º .-Revisión e revogación da licencia
|
|
|
|
1.-O titular da licencia deberá comunicar ó órgano competente do Concello ó que lle corresponda a expedición, no prazo de quince días, contados dende a data en que se produza, calquera variación dos datos que figuran nela para que se proceda a realiza-la revisión correspondente. 2.-A perda de calquera dos requisitos esixidos no artigo 5.º dará lugar á revogación da licencia municipal outorgada, previa tramitación de expediente contradictorio. A revogación da licencia dará lugar á perda do dereito á posesión animal. O propietario procederá, no prazo máximo de quince días, a entrega-lo animal a un novo propietario que posúa a licencia en vigor. Se non se atopa un novo propietario no prazo referido, farase entrega do animal no centro de recollida de animais vagabundos ou abandonados dependente do concello, respectando en todo momento o disposto na Lei 1/1993, do 13 de abril, e nos artigos 53 ó 60 do Decreto 153/1998, do 2 de abril, que a desenvolve.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO III.-DO REXISTRO MUNICIPAL
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Artigo 9.º .-Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.
|
|
|
|
1.-Créase o Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos, no que se inscribirán os animais potencialmente perigosos que teñan a súa residencia habitual no Concello. 2.-O rexistro terá un tratamento informatizado, no que se farán constar, de conformidade co disposto no artigo 4.2 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, como mínimo, os seguintes datos: Datos do animal: - Número de microchip. - Nome do animal. - Especie. - Raza (no caso de cans). - Sexo. - Características externas (descrición da capa, tipo e cor da pel, etc..). - Data de nacemento. - Aptitude (función do animal): compaña, garda, defensa, caza, etc. - Causa de inclusión no rexistro (sinalar supostos do artigo 2.2 do Decreto 90/2002). - Enderezo habitual do animal. - Data de adquisición do animal. - Forma de adquisición do animal (cría, doazón, traspaso, venda, outras (especificar). - Observacións. Datos do propietario ou, posuidor: - DNI. - Apelidos. - Nome. - Enderezo habitual. - Teléfonos de contacto. - Licencia administrativa: número de licencia de expedición e concello de expedición. 3.-A identificación definitiva con microchip dos animais potencialmente perigosos é obrigatoria sen excepcións. A identificación definitiva con microchip de tódolos cans, independentemente da súa raza ou condición, será obrigatoria a partir do 2 de xullo de 2003, tal e como se recolle na disposición transitoria segunda do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro. 4.-O Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos é un rexistro de carácter público, ó que terán acceso as administracións públicas e as autoridades competentes, así como aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten ter interese lexítimo no coñecemento dos datos que constan nel. En todo caso, o uso e tratamento dos datos contidos no rexistro será de conformidade co disposto na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos personais.
|
|
|
|
|
Artigo 10.º .-Inscrición no Rexistro
|
|
|
|
1.-Os titulares da licencia administrativa están obrigados a inscribi-lo animal no rexistro municipal do concello de residencia habitual do animal, no prazo de quince días contados a partir de obte-la licencia, tal e como recolle o artigo 6.2.º da Lei 50/1999, do 23 de decembro, e no artigo 4.1.º do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro. 2.-Tamén será obrigatoria, a instancia do propietario, a inscrición do animal no Rexistro municipal do Concello correspondente cando se efectúe o traslado dun animal potencialmente perigoso dun concello a outro por un período superior a tres meses. 3.-De conformidade co disposto no artigo 4.3.º do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, os datos recollidos no Rexistro municipal remitiranse á Consellería de Medio Ambiente, no prazo máximo de quince días, contados desde o momento da inscrición dun animal potencialmente perigoso.
|
|
|
|
|
Artigo 11.º .-Acreditación da inscrición no Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.
|
|
|
|
A inscrición no rexistro acreditarase mediante a entrega dunha copia da resolución do expediente administrativo e mediante a entrega dunha tarxeta acreditativa, tamaño carné, que expedirá o concello, na que se fagan consta-los seguintes datos: - Número do microchip e data de alta do animal no rexistro municipal. - Nome, especie, raza, sexo, capa e data de nacemento do animal. - Enderezo do animal. - Nome e apelidos do propietario. - Licencia do propietario (número, data de expedición, concello). - DNI do propietario.
|
|
|
|
|
Artigo 12.º .-Baixa no Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.
|
|
|
|
1.-A baixa no Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos efectuarase a instancia do interesado, previa acreditación da morte do animal (certificada por un veterinario ou autoridade competente). 2.-Igualmente procederase á baixa no Rexistro cando, previa instancia, o interesado acredite o traslado de residencia habitual do animal a outro municipio distinto. Neste caso, o propietario deberá dar de alta ó animal no novo concello de residencia. 3.-Considerarase baixa definitiva do animal no Rexistro a súa perda ou substracción, por un prazo superior a tres meses. 4.-Constarán no rexistro como de titularidade municipal aqueles animais depositados no centro de recollida de animais vagabundos ou abandonados dependente do Concello como consecuencia de recollelos na vía pública, que carezan de dono ou que, aínda que sexa identificado, non os reclame no prazo de dez días dende o aviso efectuado, de conformidade co previsto no artigo 53 do Decreto 153/1998, do 2 de abril. Así mesmo, constarán como de titularidade municipal os que lle fosen comisados ó propietario.
|
|
|
|
|
Artigo 13.º .-Comunicacións do propietario do animal ó Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.
|
|
|
|
1.-O propietario do animal deberá comunicar ó rexistro calquera variación dos datos que figuran nel, no prazo de 15 días desde que se producise a modificación. 2.-O propietario deberá comunicar ó rexistro municipal a venda, traspaso ou doazón do animal. 3.-Na folla rexistral de cada animal potencialmente perigoso farase constar calquera incidente producido ó longo da súa vida e que coñezan as autoridades administrativas ou xudiciais, como se recolle no artigo 6.4.º da Lei 50/1999, do 23 de decembro. No caso de agresións, recollerase, como mínimo, a seguinte información: data da denuncia, descrición dos feitos e consecuencias xurídicas. 4.-A substracción ou perda do animal comunicaraa o titular ó Rexistro municipal no prazo máximo de corenta e oito horas desde que se coñezan estes feitos, tal e como se recolle no artigo 8.6.º do Real decreto 287/2002, do 22 de marzo. 5.-Os propietarios de animais potencialmente perigosos remitirán ó Rexistro a certificación veterinaria correspondente á castración ou á esterilización do animal, se se producise.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO IV
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Artigo 14.º .-Sección local do Rexistro galego de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos (REGIAC).
|
|
|
|
1.-Ó abeiro dos principios de lealdade institucional, cooperación e colaboración previstos no artigo 4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, créase a Sección local do Rexistro galego de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos, que se formará cos datos que remita o REGIAC, dependente da Consellería de Medio Ambiente. 2.-Cos datos contidos nesta sección, o trinta e un de decembro de cada ano formarase o censo ó que se refire o artigo 27.º do Decreto 153/1998, do 2 de abril.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO V
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Artigo 16.º .-Cans potencialmente perigosos abandonados ou vagabundos.
|
|
|
|
1.-A administración local é responsable da recollida e mantemento dos animais vagabundos ou abandonados, segundo se recolle no artigo 11.1.º da Lei 1/1993, do 13 de abril, e no artigo 54.º do Decreto 153/1998, do 2 de abril. 2.-Os animais recollidos trasladaranse e manteranse en centros de recollida de animais vagabundos ou abandonados autorizados e rexistrados. As instalacións destinadas a albergar cans potencialmente perigosos deberán reuni-las medidas de seguridade necesarias para evita-las fuxidas sen producir danos ós animais. 3.-Os prazos de estadía previstos serán os que se dan para tódolos individuos da especie canina e que veñen reflectidos nos artigos 53, 57 e 58 do Decreto 153/1998, do 2 de abril. 4.-Estes animais poderanse ceder en adopción sempre e cando o novo propietario posúa a licencia administrativa correspondente, e sempre e cando o can supere as probas de socialización que demostren que o animal non é perigoso para a seguridade das persoas.
|
|
|