1. Os dereitos e taxas desta ordenanza son esixibles e plenamente compatibles coas sancións que procedan de acordo co cadro de multas do Código de circulación.
2. Trasladados os vehículos ó depósito, pola dependencia administrativa que corresponda ou polo concesionario do servicio, cursarase comunicación ó titular do vehículo para que antes do último día hábil do mes seguinte a aquel no que reciba a comunicación, se faga cargo do mesmo e aboe o importe das taxas correspondentes, debendo facerse efectivos no momento en que o titular ou persoa interesada se presente a recolle-lo vehículo.
3. A saída de toda clase de vehículos ingresados no depósito, deberase autorizar por quen dispuxo o seu ingreso ou persona habilitada para elo e únicamente poderán ser entregados ós titulares ou a persoas autorizadas, os cales, en dito momento, autoliquidarán a taxa de acordo coa tarifa contida no artigo 6º. Contra dita liquidación poderanse interpoñer os recursos que en dereito procedan.
4. Transcorrido o prazo ó que se refire o apartado 2 sen que o titular se fixera cargo do vehículo e pagado as taxas, procederase ó cobro das mesmas pola vía de constrinximento administrativo.
5. No acto de finalización e adxudicación do vehículo, practicarase a liquidación definitiva dos débitos á Facenda municipal, acumulando a débeda principal ademais dos gastos de procedemento, ata o momento da adxudicación.
6. Cando os titulares dos vehículos depositados foran descoñecidos, a notificación a que se refire o apartado 2 do presente artigo, practicarase mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia, sendo o seu importe a costa do interesado. O procedemento seguirá a continuación na forma prevista neste precepto.
7. Inmobilización dos vehículos. Cando un vehículo se encontre estacionado de forma antirregulamentaria sen perturbar gravemente a circulación e o seu conductor non estivera presente ou, estando se negara a retiralo, será inmobilizado por medio de cepos ou outros procedementos mecánicos similares para impedir a súa circulación. Tamén procede a inmobilización dos vehículos nos termos previstos nas normas que regulan o estacionamento de vehículos nas vías urbanas.
Os conductores ou propietarios de vehículos inmobilizados conforme ó previsto no párrafo anterior, solicitarán ós axentes municipais a súa posta en circulación, polo cal procederá a ingresar o seu importe de cota prevista no artigo 6º, aplicándose o resto das normas de xestión previstas nesta ordenanza.
|