|
 |
|
|
|
|
EXPOSICIÓN DEMOTIVOS
|
|
|
|
Sendo coñecedores da inquedanza política e social respecto de que as parellas de feito vexan garantido o seu dereito á non discriminación social, baseándose no dereito de igualdade recoñecido no artigo 14 da Constitución española. Considerando que o libre desenrolo da personalidade e da igualdade ante a lei dos cidadáns, constituén algúns .dos principios fundamentais do ordenamento xurídico e social, demandan de tódolos poderes públicos a obriga de promover as condicións para que esta liberdade e a igualdade das persoas e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, debendo esquiva-los obstáculos que dificulten e impidan a súa plenitude conforme ó previsto nos artigos 1.1, 9.2, 10.1 e 14 da Constitución e o artigo 4.2 do Estatuto de Autonomía para Galicia. E seguindo coa Constitución española, o artigo 32 contempla o dereito a contraer matrimonio con pelna igualdade xurídica, o que conleva, a "sensu contrario" o dereito a non contraelo sen que por iso se deriven circunstancias particulares ou discriminatorias. Considerando que a esixencia constitucional de igualdade e liberdade está dirixida a tódolos poderes públicos e por iso, ata que non se dé unha resposta lexislativa nos diversos ámbitos competenciais, e sen prexuízo da aplicación analóga ou dunha interpretación xudicial adecuada á realidade social do noso tempo (artigo 3 e 4 do Código Civil), dita obriga recae nas administracións públicas locias, coa condición de prestación de servizos e mellora destes, e polo que o Concello de Valdoviño pretende dotarse dun instrumento xurídico que favoreza a igualdade e garante a protección social, económica e xurídica das familias constituídas mediante unións non matrimoniais, con independencia da súa orientación sexual. Así, e coa finalidade de que poida quedar constancia no ámbito da Administración municipal, tanto para os efectos de inscrición no padrón municipal de habitantes como do resto de asuntos e servizos por conta do Concello, ser prexuízo doutras finalidades que poidan considerarse lexítimas e ser que en ningún caso isto poida representar alteración ou intromisión ras competencias que correspondan a outros organismo, como é o recóñecemento doutras maneiras de proba de convivencia, apróbase o regulamento seguinte:
|
|
|
|
|
Artigo 1: Obxecto.
|
|
|
|
É a creación no Concello de Valdoviño dun rexistro municipal de parellas de feito, de carácter administrativo e para o cumprimento das competencias propias deste, con obxecto de que se inscriban as unións de feito que convivan ser estaren casadas e ser outra relación de parentesco, con independencia da súa orientación sexual, de xeito totalmente voluntario e ser prexuízo de que estas podan probarse de outro xeito.
|
|
|
|
|
Artigo 2: Ámbito
|
|
|
|
Terán acceso a este Rexistro as unións non matrimoniais de convivencia de parella ser outra relación de parentesco, con independencia da sua orientación sexual e cardo os dous membrós estean empadroados no Concello de Valdoviño.
|
|
|
|
|
Artigo 3: Inscripcions e requisitos
|
|
|
|
Inscribiranse as declaracións de unións non matrimoniais entre parellas no Rexistro municipal de unións de feito solicitadas en instancia subscrita polos dous membros da unión. A instancia ou sólicitude debe acompañarse de documentación acreditativa de cumprimento dos requisitos mínimos establecidos para a inscripción no Registro: - Ser maiores de idade ou menores emancipados, acreditandose coa fotocopia do documento nacional de identidade ou documentos acreditativos de emancipación, de conformidade co establecido no artigo 314 e seguintes do Código Civil. - Non ter relación ou parentesco en gradó ningún en liña recta ou en liña colateral por cosanguinidade dentro do segundo grao. - Non ter sido declarados incapacitados ou estar incursos ras prohibicións recollidas nos artigos 46 e 47 do Código Civil, achegando declaración a tal efecto. - Presentación de certificado do estado civil dos interesados e mais unha declaración de cada un dos dous membros da parella de non figurar como membros doutras unións de feito non canceladas ou anuladas - Estar empadroados ámbolos dous membros, no Concello de Valdoviño. Para tal efecto, formulada a solicitude de inscrición, polo funcionario/a responsable do Padrón municipal, expedirase informe ao respecto. - Manifestación de atoparse en pleno ejercicio da súa capacidade de obrar e que actúa con consentimento libre e voluntario.
|
|
|
|
|
Artigo 4: Extinción
|
|
|
|
1. A extinción da unión terá que practicarse necesariamente, xa por morte, o por vontade o solicitude dun dos membros, e sempre por escrito 2. Soamente as incricións que se refiran a extinción da unión de feito poderán efectuarse a instancia dun só dos seus membros, sendo necesario para a disolución efectiva demostrar que o feito está en coñecemento das suas partes ou, exclusivamente, da parte que propon a disolución de estar demonstrado o abandono efectivo da convivencia coa parella, a través de documentos que así o acrediten ( baixa no padrón de habitantes, cambio de enderezo ou acta notarial)
|
|
|
|
|
Artigo 5: Declaración e actos inscribibles
|
|
|
|
Seran obxecto de inscrición: 1. As declaracións de constitución de unións de feito as¡ como a extinción destas 2. Os contratos reguladores das relacións personais e patrimoniais entre os membros da unión de feito. No poderá efectuarse inscrición algunha no rexistro municipal de parellas de feito sen o sonsentimento conxunto dos membros da unión de feito, agás o previsto no apartado segundo do artigo 4 deste regulamento.
|
|
|
|
|
Artigo 6: Efectos
|
|
|
|
As inscricións no rexistro declaran os actos registrados, pero non afectan á súa validez nin aos efectos xuridicos que lle sexan propios e que acontezan á margen deste.
|
|
|
|
|
Artigo 7: Publicidade
|
|
|
|
O libro de Rexistro municipal de unións de feitó non terá carácter público. A súa publicidade quedará limitada exclusivamente á expedición de certificacións dos asentos por parte do funcionario deste, e á petición de calquera dos membros da unión interesada. Expediranse certificacións ou informes sempre que sexan requeridos polas autoridades xudiciais.
|
|
|
|
|
Artigo 8: Órgano competente
|
|
|
|
O Rexistro municipal de unións de feito estará ao cargo da Secretaría Xeral do Concello de Valdoviño, podendo delegarse a súa xestión administrativa a calquera outra unidade administrativa deste Concello.
|
|
|
|
|
Artigo 9: Libro de Rexistro
|
|
|
|
O rexistro materializarase nun libro xeral no que se practicarán as inscricións das parellas de feito do Concello. O libro compoñerase de follas correlativamente numeradas, foliadas e seladas, e encabezarase e rematarase coas dilixencias correspondentes de apertura e de peche. A primera inscripción de cada parella que constitúan unha unión non matrimonial de convivencia terá carácter de inscrición básica e na marxe anotarase o número das páxinas do libro xeral nas que existan anotacións que lles afecten e que acheguen os membros das parellas.
|
|
|
|
|
Artigo 10: Gratuidade
|
|
|
|
As inscricións terán carácter gratuíto, así como as modificacións ou as baixas
|
|
|
|
|
Artigo 11: Réxime Xurídico
|
|
|
|
O incumprimento das condicións para a inscrición da unión ou calquera outro aspecto de legalidade dos feitos incribibles permitirán ao funcionario encargado do rexistro elevar a consideración do alcade/esa, a desestimación da inscripción e que será notificada debidamente motivada. A declaración de oficio e outras nas que sexa necesario, da disolución ou extinción da unión, corresponderá ao señor alcalde/esa, previo expediente incoado e impulsado polo funcionario encargado do rexistro. Contra as desestimacións de inscricións e extincións caberán os recursos correspondentes como actos administrativos.
|
|
|
|
|
Disposición final
|
|
|
|
Por parte da alcaldía do Concello de Valdoviño, ditaranse cantos acordos e resolucións administrativas sexan precisas para o desenvolvemento e execución do presente regulamento.
|
|
|
|
|
Disposición adicional
|
|
|
|
O presente regulamento entrará en vigor unha vez publicado de conformidade co previsto na lexislación de réxime local.
|
|
|