1.‑ OBXECTO O obxecto das presentes bases é a regulación do procedemento de selección de persoal laboral temporal de contratos de duración igual ou inferior a un ano para o Concello de Muros. Estas son unhas bases xerais, as bases específicas para cada proceso de selección estableceranse no decreto onde se estableza o inicio do procedemento de selección 2.‑SISTEMA DE SELECCIÓN O sistema de selección constará de concurso de méritos e/ou entrevista 2.1.‑Concurso de méritos dos aspirantes que se valorará de acordo co correspondente baremo en función do currículum debidamente acreditado do persoal inscrito na bolsa municipal de emprego. Os méritos a valorar son os establecidos no punto 5 deste anexo I 2.2.‑Entrevista: En ningún caso a puntuación da entrevista poderá superar o 50% da puntuación total máxima dos méritos. Na valoración da entrevista, cada compoñente do tribunal ou comisión de selección dará a súa puntuación, e logo anularanse dúas puntuacións , a máis alta e a máis baixa, facendo a media das puntuacións restantes, obtendo así a puntuación desa entrevista. 3.‑ PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN 3.1.‑ As ofertas de traballo virán determinadas sempre por decreto da Alcaldía, onde se establecerán as vacantes que se precisen cubrir definindo claramente a duración do contrato, tipo de xornada, requisitos mínimos para acceder áconvocatoria e calquera outro que se considere adecuado e necesario. Ao mesmo tempo nomearase ao tribunal de forma rotativa segundo o establecido no apartado 6 deste regulamento. 3.2.‑ Recibido este decreto os técnicos encargados de xestionar a bolsa municipal de emprego, realizarán unha selección dos curriculums que cumpran os requisitos mínimos establecidos no decreto, puntuando os curriculums segundo os méritos establecidos no punto 5 deste Anexo I. Se é o caso, cando nun proceso de selección non haxa un mínimo de 3 candidatos por posto os técnicos que xestionan a bolsa municipal de emprego poderán facer oferta de emprego ó Servizo Galego de Colocación e/ou publicar anuncios nos taboleiros do Concello, na prensa e na páxina web do Concello de Muros. 3.3 No caso que unha disposición así o estableza a selección dos candidatos poderá modificarse segundo esta, neste caso poñeranse anuncios da oferta nos paneis informativos do Concello, no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web do Concello por un período mínimo de 5 días naturais. 3.4.‑ Esta baremación será revisada por un tribunal creado ó efecto que terá competencia para resolver calquera dúbida e incidencias que poidan xurdir. 3.5.‑ Revisada a baremación polo tribunal publicarase no taboleiro de anuncios do Concello e na súa páxina web unha lista provisional coas puntuacións obtidas. Abríndose un prazo de reclamacións de dous días hábiles. Transcorrido este prazo, procederase a estudiar as reclamacións realizadas por escrito, resolvéndose nun prazo máximo de dous días hábiles. No caso no que non existan reclamacións as listas provisionais consideraranse definitivas.. 4.‑ CONTRATACIÓN 4.1.‑As contratacións realizaranse por orden decrecente atendendo a puntuación obtida no proceso de selección, en caso de empate, dirimirase pola antigüidade de inscrición na bolsa municipal de emprego. 4.2.‑ Nas listas establecerase un titular ou titulares se é o caso e suplentes, tendo validez esta lista por un período de un ano. 4.3.‑ Estas listas empregaranse para cubrir as necesidades do Concello de cubrir postos de traballo das mesmas características, ben sexan substitucións ou necesidades novas, sen necesidade de que teña que volver a reunirse o tribunal. 4.4.‑ As persoas contratadas por un período igual ou inferior a 6 meses, no momento de finalizar a súa relación laboral co Concello, poderán solicitar a incursión nas listas de selección ocupando o mesmo posto que tiña con anterioridade á contratación. 4.5.‑ A comunicación da selección do candidato poderá realizarse telefonicamente, e no caso de que rexeite a contratación deberá comunicalo por escrito nun prazo máximo de dous días naturais. Se o candidato rexeita a contratación e non o comunica debidamente, o funcionario que realiza o chamamento poderá realizar unha dilixencia en tal sentido de renuncia do candidato. 5.‑ MÉRITOS 5.‑1 Mérito xerais 1.Valoración dos servizos prestados. Puntuación máxima de 4,00 puntos. 1.a) Por servicios prestados no Concello de Muros, en postos de traballo de contido semellante ao da praza a que se opta: 0,1 puntos/mes completo ou proporcionalmente a fracción do mes. 1.b) Por servicios prestados noutras AAPP .,en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao da praza a que se opta: 0,05 puntos/mes completo ou proporcionalmente a fracción do mes. 1.c) Por servicios prestados noutras empresas en postos de traballo de contido semellante ao desta praza 0,03 puntos/mes completo ou proporcionalmente a fracción do mes. 2. Formación: Cursos relacionados coa actividade a desenvolver no posta de traballo, impartidos pola Administración Pública ou entidades delas dependentes ou homologados, ata un máximo de 3 puntos. 2.a Cursos de máis de 200 horas: 1 punto 2.b Cursos de máis de 100 horas: 0,75 puntos. 2.c Cursos de 70 a 100 horas: 0,50 puntos. 2.d Cursos de 40 a 70 horas: 0,35 puntos. 2.e Cursos que 15 a 40 horas: 0,20 puntos. 2.f Cursos de menos de 15 horas: 0,10 puntos. 2.g Cursos, xornadas, etc. nos que non figure o número de horas: 0,05 puntos. 3. Titulación: Valorarase neste apartado as titulacións académicas de nivel superior da requirida na convocatoria para o acceso, e relacionadas co posto de traballo, computándose unicamente o título de maior nivel dos alegados. 3.a Título de Doutor: 2,00 puntos. 3.b Título de Licenciado, Arquitecto, Enxeñeiro, ou equivalente: 1,50 puntos. 3.c Título de Técnico Medio, Diplomado Universitario, Arquitecto técnico ou equivalente: 1 punto. 3.d Título de Ciclo Superior de F.P. ou equivalente: 0,50 puntos. 3.e Título de Ciclo Medio de F.P ou equivalente: 0,25 puntos 4. Coñecemento do idioma galego: Computándose unicamente o grao superior alegado e concédese validez tan so pos cursos ou titulacións oficiais ou que foran oficialmente obxecto de homologación: 4.1 Celga 1: 0,50 puntos 4.2 Celga 2: 0,75 puntos 4.3 Celga 3 ou Grao de iniciación: 1,00 puntos 4.4 Celga 4 ou Grao de perfeccionamento: 1,25 puntos 4.5 Celga 5: 1,50 puntos 5. Minusvalía igual ou superior o 33% que non ¡le impida o normal desenrolo das función do posto de traballo a desempeñar 0,50 puntos (acreditarase mediante certificado de mi-nusvalía) 6.‑Outros méritos: Máximo 1 punto De xeito xustificado, poderán valorarse outros méritos nas bases específicas de cada convocatoria (por exemplo, estar empadroado no Concello de Muros) 5.‑2 Méritos para contratos en base a programas de cooperación ‑Menor de 30 anos (máximo 1 punto) Demandante de 1º emprego (contratos que en conxunto non teñan unha duración superior a 6 meses): 1 punto Demandante de emprego sen cualificación profesional: 1 punto ‑Maior de 45 anos: 1 punto ‑Minusvalía igual ou superior o 33% e que non ¡le impida a realización do traballo a desempeñar: 1 punto ‑Colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, segundo informe da traballadora social que valorará de 0,5 a 2 puntos ‑Mulleres que teñan acreditada a condición de víctimas da violencia domestica incorporación inmediata ‑Responsabilidades familiares: 0,5 por membro, no caso de familia monoparental será 1 punto por membro cun máximo de 3 puntos (Entenderase responsabilidades familiares o cónxuxe, fillos e fillas menores de 26 anos, persoas maiores incapacitadas ou menores acollidos que non teñan ingresos superiores o 75% do salario mínimo do último exercicio fiscal) ‑ Coñecemento do terreo: 1 punto (estar empadroado no Concello de Muros que se acreditara de oficio polo Concello) 6.- COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL De acordo co establecido no artigo 60 da lei 7/2007 de 12 de abril do estatuto básico do empregado publico. O tribunal estará composto por funcionarios, traballadores laborais fixos, e traballadores laborais temporais con máis de 3 anos de antigüidade do Concello de Muros, non podendo formar parte dos mesmos o persoal electo ou de designación política. En cada proceso selectivo, o tribunal debe estar composto por 5 membros con titulación igual ou superior á esixida na convocatoria, debendo absterse os membros nomeados no caso que concorran nas causas previstas no artigo 29 da lei 30/1992, podendo os aspirantes recusar os membros do mesmo cando se dea algún caso previsto da citada lei. Para garantir todo isto, crearase unha comisión formada por: ‑ Alcalde ou Concelleirola en quen delegue como presidente ‑ Un membro de cada grupo da corporación municipal ‑ Un representante dos funcionarios ‑ Un representante dos laborais Esta comisión encargarase de elaborar a composición de catro tribunais, numerados do 1 ó 4 de xeito: ‑ O tribunal n° 1 poida seleccionar licenciados, equivalentes ou categorías inferiores. ‑ O tribunal n° 2 poida seleccionar diplomados, equivalentes ou categorías inferiores ‑ O tribunal n° 3 poida seleccionar persoal con Ciclo superior de FP, equivalente ou categorías inferiores ‑ Os tribunais nº 4 poidan seleccionar persoal con Ciclo medio de FP, equivalente ou categorías inferiores O tribunal será presidido polo membro de máis idade e actuará como secretario o do Concello ou persoa en quen delegue, con voz e sen voto. O tribunal deberá solicitar a presencia dun técnico con voz e sen voto para aclarar as posibles dúbidas que poidan xurdir, si entre os seus membros non houbese ninguén con coñecementos suficientes relacionados co posto de traballo. 7.‑ INCIDENCIAS 7.1.‑O tribunal queda facultado para resolver cantas dúbidas e incidencias poidan xurdir no desenvolvemento dos procesos selectivos, así como en todo o non previsto nas bases e para a interpretación das mesmas. 7.2.‑O Concello de Muros resérvase a posibilidade en determinados casos e de forma excepcional da modificación do sistema de admisión e selección dos candidatos así como do establecemento dunhas bases específicas para determinados postos de traballo.
|