1.- A cota tributaria consistirá na cantidade resultante de fixar unha tarifa e calcularase dacordo cos conceptos e importes establecidos nos correspondentes números da mesma, según o seguinte cadro: Tarifa Primeira: Por cada entrada ó ano: euros Almacens ó por maior e fábricas: 95 Empresas de transportes de viaxeiros e mercancías: 120 Establecementos de exposición e venda de vehículos automóviles: 80 Garaxes industriais e particulares o ano: Por cada vehículo que, de conformidade coa licencia obtida, poida aparcar, 10 euros cun mínimo de: 30 Talleres: Mecánicos e de servicios de reparación, pintura e lavados e outros similares: 50 Outras actividades de tipo comercial: 60 Para a aplicación da Tarifa precedente, teránse en conta que os obrigados ó pago declararán os elementos tributarios que utilicen, especificando as características dos mesmos, e comunicando calquera variación que deba repercutir na contía da Tarifa, así como en caso de construcción de badén autorizado, dar conta á Administración da data na que remate a construcción. Tarifa Segunda: Por cada metro lineal ou fracción de calzada a que alcance a reserva de espacio destiñada a estacionamento, ó ano: Concepto: Euros/ml a) Reservas permanentes para carga e descarga: 24 b) Reservas de duración limitada: de 8 a 11 e de 14 a 16 horas: 10 b) Reservas de duración limitada: de 11 a 14 e de 16 a 19 horas: 15 Tarifa Terceira: Reserva parada para transporte lixeiro, ó ano por cada un: 60 euros Tarifa Cuarta: Reserva de espacio con carácter temporal, por m.l. ou fracción de calzada: Euros a) Servicio de mudanzas, por día cun mínimo de 21 euros: 3 b) Vehículos de exposición, día: 5 c) Outros usos, día (cun mínimo de 8): 1 Tarifa Quinta: Por cada peche de rúa ou pista, por unidade e máximo 200 ms.: 100 euros As reservas estarán sinalizadas coas placas que subministrará o Concello ó precio de custe das mesmas. Estas cotas están referidas ás vías municipais principais, que están recollidas como de 1ª categoría na normativa urbanística municipal; para o resto das vías municipais será aplicable unha bonificación de oficio do 25 %, polo que as cotas serán o 75 % das establecidas nos cadros precedentes. 2.- Cando a utilización privativa ou o aproveitamento especial leve aparellada a destrucción ou deterioro do dominio público local, o beneficiario, sen perxuicio do pago da taxa a que houbera lugar, estará obrigado ó reintegro do custe total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación e ó depósito previo do seu importe, según á conta que formule a oficina técnica municipal. Se os danos foran irreparables, a entidade municipal será indemnizada en contía igual ó valor dos bens destruidos ou a o importe do deterioro dos danados. O Concello non poderá condonar total ou parcialmente as indemnizacións e reintegros a que se refire o presente apartado.
|