|
 |
|
|
|
|
ARTIGO 1. Fundamento e natureza.
|
|
|
|
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da
Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das Bases de réxime
local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba
o texto refundido da Lei reguladora das
facendas locais, este Concello estableca a TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO
PÚBLICO CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS, CON
FINALIDADE LUCRATIVA, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo
as súas normas ó disposto no artigo 57 do citado R.D. lexislativo.
|
|
|
|
|
ARTIGO 2. Feito impoñibel.
|
|
|
|
Constitúe o feito impoñible da presente taxa, a ocupación de terreos de
uso público local con mesas, cadeiras, tribunas e outros elementos análogos,
con finalidade lucrativa.
|
|
|
|
|
ARTIGO 3. Suxeito pasivo.
|
|
|
|
Son
suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuinte, as persoas físicas ou
xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de
decembro, xeral tributaria e 23 do R.D.Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo
que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a prol de quen se outorguen
as autorizacións por ocupación de vía pública con mesas, cadeiras, tribunas e
outros elementos análogos, ou quen se beneficie de dito aproveitamento, se se
procedeu sen a oportuna licencia ou autorización.
|
|
|
|
|
ARTIGO 4. Responsabeis.
|
|
|
|
1. Responderán solidariamente das obrigas
tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refire o
artigo 42 da citada Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os
administradores das sociedades e ós síndicos, interventores ou liquidadores de
crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos suposto e co alcance
que sinala o artigo 43 da devandita Lei xeral tributaria.
|
|
|
|
|
ARTIGO 5. Base do gravame.
|
|
|
|
Constitue a base imponible desta taxa a
superficie do aproveitamento realizado, expresado en metros cadrados ou cando
se trate de separadores, en metros lineais.
|
|
|
|
|
ARTIGO 6. Cota tributaria.
|
|
|
|
1.As tarifas da presente taxa serán as seguintes: 1.- Por cada m2 ou fracción de terreo de uso público ocupado con mesas e cadeiras, veladores, paraventos, macetas, parasoles e outras instalacións similares, ó mes: 1,60 € 2.- Por utilización de separadores, por cada metro lineal ou fracción ó mes: 0,76 € 3.- Pola utilización de grellas e outros elementos auxiliares, por cada m2 ou fracción ó mes: 1,60 € 4.- Cando os anteriores aproveitamentos se fagan en parques e xardíns, a cantidade resultante terá un coeficiente de incremento do: 1,2 5.- Nas restantes rúas, dito coeficiente graduarase considerando a categoría da mesma, segundo o seguinte detalle: Primeira: 1,1 Segunda: 1,0 Terceira: 0,9 Cuarta: 0,8 5.–Tarifa mínima. Sempre que por aplicación dos anteriores epígrafes non se alcance o disposto no presente epígrafe, esixiranse: 22,62 € 2. Aos efectos de aplicación do parágrafo anterior, terase en conta que como consecuencia da colocación de toldos, marquesiñas, separadores, grellas e outros elementos similares fora delimitada unha superficie maior que a ocupada por mesas e cadeiras, tomarase aquela como base de cálculo.
|
|
|
|
|
ARTIGO 7. Período impositivo e devengo.
|
|
|
|
1. A taxa devengarase no momento de obter a
autorización da ocupación ou utilización privativa do uso público local ou da
ocupación, se se procedeu sen a oportuna licencia ou autorización.
2. O período impositivo coincidirá co mes
natural, devengándose a taxa no primeiro día do período impositivo.
|
|
|
|
|
ARTIGO 8. Declaración e ingreso.
|
|
|
|
No momento de solicita-la autorización do
aproveitamento, o contribuinte deberá autoliquidar o importe da taxa en
concepto de depósito previo na Tesourería Municipal.
|
|
|
|
|
ARTIGO 9. Normas de xestión.
|
|
|
|
1. As persoas ou entidades interesadas na concesión
de aproveitamentos regulados neste texto, deberán solicitar previamente a
correspondente licencia, autoliquidar a taxa a que se refire o artigo seguinte
e formular declaración na que conste a superficie do aproveitamento e os
elementos que se pretenden instalar, así como un plano detallado da superficie
que se pretende ocupar e da súa situación dentro do Concello.
3. No caso de denegarse as autorizacións, os
interesados poderán solicitar deste Concello a devolución do importe ingresado.
4. Non se consentirá a ocupación da vía
pública ata que non fora autoliquidadas as taxas correspondentes e fora obtida
a correspondente licencia polos interesados. O incumprimento deste mandato
poderá dar lugar á non concesión da licencia, sen prexuizo do pagamento da
taxa, así como das sancións e recargos que procedan.
5.As anteriores ocupacións entenderanse
rematadas unha vez transcurrido o prazo autorizado, debendo o interesado, de
querer continuar coa ocupación, solicitar a prorroga e abonar as taxas
correspondentes, segundo o procedemento sinalado en parágrafos precedentes.
|
|
|
|
|
ARTIGO 10. Infraccións e sancións.
|
|
|
|
En todo o relativo á calificación de
infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan
estarase ó disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei xeral tributaria e no
disposto na ordenanza fiscal xeral.
|
|
|
|
|
DISPOSICIÓN ADICIONAL.
|
|
|
|
As tarifas enumeradas anteriormente serán incrementadas anualmente no IPC
|
|
|
|
|
DISPOSICIÓN FINAL.
|
|
|
|
A presente Ordenanza Fiscal, que consta de 10 artigos, foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 6 de novembro de 1998. Foi modificada posteriormente segundo acordos plenarios en sesións celebradas o día seis de setembro de 2001, 18 de xullo de 2002, 4 de setembro de 2003, 28 de outubro de 2004, 30 de xuño de 2005, 28 de setembro de 2006 e 25 de outubro de 2007. A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o dia 4 de setembro de 2008. Entrará en vigor, logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, o día 1 de xaneiro de 2009, permanecendo en vigor ata súa modificación ou derrogación expresas.
|
|
|