A Tarifa a que se refire o artigo anterior estrutúrase nos seguintes epígrafes: Epígrafe Primeiro: Empadroamento de habitantes: Expedición de documentos relativos ao censo de poboación: 1,11 euros. Informacións testificais de calquera clase: 3,34 euros. Epígrafe Segundo: Certificacións, expedicións doutros documentos e Compulsas: Certificacións e expedición doutros documentos: 5,25 euros. Compulsas: 3,34 euros. Bastanteo de poderes: 33,35 euros. Epígrafe Terceiro: Documentos expedidos ou estendidos polas Oficinas Municipais: Cambios de titularidade e nome en licenzas de apertura: 44,47 euros. Pola busca de documentos nos arquivos ou oficinas municipais, dentro do último quinquenio: 3,34 euros. Por cada cinco anos anteriores a este, incrementarase na cantidade de 2,22 euros/quinquenio, sen exceder de: 6,67 euros. Por tramitación de documentos de casamentos: 33,35 euros. Por cada documento que se expida en fotocopia, por folio -Tamaño DIN A4: 0,10 euros -Tamaño DIN A3: 0,22 euros Epígrafe Cuarto: Documentos relativos a Servizos de Urbanismo: Por cada certificación ou informe que se expida polos servizos urbanísticos solicitada a instancia de parte: .- Con visita de comprobación: 83,39 euros. .- Sin visita de comprobación: 33,35 euros. Por cada expediente de segregación, división ou agrupación: 100,05 euros. Por cada expediente acreditativo da antigüidade das edificacións sobre incoación ou non de expediente de reposición da legalidade ou sancionador: 111,17 euros. Tramitación de instrumentos de xestión: -Estudos de detalle: 277,93 euros. -Equidistribución: 333,52 euros. -Proxectos de compensación: 333,52 euros. -Proxectos de parcelación e reparcelación: 333,52 euros. Epígrafe Quinto: Contratación Obras e Servizos: Por cada contrato administrativo que se suscriba de obras, bens ou servizos: 0,5% do importe da adxudicación. Epígrafe Sexto: Dereitos de exame: Participación en procesos selectivos de persoal: 1. Posto de traballo grupo A: 22,24 euros. 2. Posto de traballo grupo B: 18,90 euros. 3. Posto de traballo grupo C: 15,57 euros. 4. Posto de traballo grupo D: 12,23 euros. 5. Posto de traballo grupo E: 8,90 euros.
|