2.1. Obxectivos. Son obxectivos específicos da EIM: – Promover e fomentar o desenvolvemento integral dos nenos e nenas e a aprendizaxe das habilidades cognitivas e creativas da nena/o. – Facilitar a conciliación da vida laboral e familiar. – Facilitar o desenvolvemento de valores individuais e sociais básicos: cooperación, solidariedade, igualdade, respecto, etc. – Lograr un equilibrio afectivo satisfactorio. – Respectar a singularidade e diversidade de cada nena/o. – Posibilitar a integración progresiva dos nenos/as na cultura do seu medio. – Crear un ambiente que favoreza o desenvolvemento individual e en grupo nas actitudes e nas actividades diarias. – Facilitar a adquisición progresiva de hábitos de orde, limpeza e conservación dos materiais, facendo uso axeitado destes. – Facilitar a integración das nenas/os con necesidades educativas especiais. – Empregar o galego como idioma oficial, en cumprimento da Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística do uso do galego no concello de Pontedeume, publicada no B.O.P. n.º 238. do 15 de outubro do 2004. – Potenciar a coeducación para eliminar as manifestacións mais evidentes de sexismo na escola como: as relacións interpersonais entre nenas e nenos, a disitribución de tarefas entre o alumnado e entre o profesorado, a utilización de tempos, espazos e recursos, e o uso non sexista da linguaxe. – Estes obxectivos deberán ser desenvolvidos no proxecto educativo que elaborará a EIM. 2.2. Capacidade. A distribución das diferentes aulas estará en todo caso conforme á normativa vixente, neste caso o Decreto 329/2005 do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia. Núm. de unidades: 3. Primeiro ciclo de Educación Infantil: 0 a 3 anos. | Unidades | Núm. máximo de nenas/os por unidade e adulta/o | Menores de 1 ano | 1 | 8 | De 1 a 2 anos | 1 | 13 | De 2 a 3 anos | 1 | 20 | TOTAL | 3 | |
No caso de non existir demanda suficiente para formar un ou varios grupos do mesmo nivel de idade, os/as nenos/as poderán ser agrupados conforme á seguinte proporción adulta/o – neno, previa autorización de inspección de centros da Vicepresidencia: – Grupos formados por nenos/as de ata 2 anos: 1/10 – Grupos formados por nenos/as de idades comprendidas no tramo 2-3: 1/15 2.3. Descrición dos servizos que oferta. 1. A EIM poderá permanecer aberta 12 meses ao ano (agás os días declarados festivos), de luns a venres, ambos os dous inclusive, e poderán prestar servizo entre as oito e as vinte horas, de acordo coas dispoñibilidades de recursos humanos e orzamentarios, ininterrumpidamente sempre que durante todo o período horario se manteña un mínimo de asistencia do 15% da/os nena/os. 2. Haberá servizo de comedor (almorzo, xantar e merenda) para todo o alumnado, aínda que se é necesario administrar biberóns ou comida aos/as menores de 18 meses estes deberán ser traídos polos pais, así como alimentos especiais (deberá presentarse o correspondente informe ou receita médica). 3. Actividades complementarias e extraescolares: impártense dentro do currículo educativo da EIM e axeitado a cada unidade obradoiros (manualidades, danza, inglés, música, xardinería, cocina, teatro ...); ademais celébranse as festas estacionais e as tradicionais (magosto, samaín, nadal, entroido, etc.) así como día das letras galegas, día da paz e día do pai e día da nai, e os cumpreanos dos nenos e nenas. Ademais, pero sempre en horario da EIM, organízanse saídas ao exterior axeitadas a cada idade: visitas ao colexio de primaria, á panadería cercana; concretamente para a unidade 2 a 3: á granxa-escola, á Casa dos peces e a actividade de iniciación á auga (piscina) con unha periodicidade semanal durante todo o curso. Estas actividades supoñen gastos para as familias en función das necesidades e da existencia ou non de subvencións para as actividades concretas (transporte, entrada museo, comida). 2.4. Sistemas de admisión e baixas. 2.4.1. Destinatarias/os. Poderán solicitar praza na EIM todos os/as nenos/as con idades comprendidas entre os tres meses e os 3 anos, cando a unidade familiar estea empadroada no concello. No caso de existiran prazas vacantes poderán solicitar familias doutros concellos xustificando a necesidade. No momento do seu ingreso abriráselles un expediente persoal no que constarán, con carácter confidencial, os datos de filiación, sanitarios, enderezo e teléfonos para avisos en casos de urxencia, así como cantas circunstancias aconsellen unha atención diferenciada. Poderanse integrar escolares con eivas físicas, psíquicas ou sensoriais, en función das dispoñibilidades dos recursos humanos e materiais adecuados, e excepcionalmente nenos/as maiores de tres anos respectando o seu desenvolvemento evolutivo por encima da idade biolóxica, previo informe do Equipo de valoración de discapacidades correspondente. 2.4.2. Procedemento. O procedemento concordará coa normativa aplicábel en materia de escolas infantís da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, así como doutra norma concorde. As prazas adxudicaranse por esta orde: 1.–Reserva de praza ordinaria.–Co obxecto de darlle continuidade ás prazas adxudicadas no curso anterior, as familias con nenos/as xa matriculados na escola infantil que desexen renovar praza no mesmo centro, gozan de preferencia para a adxudicación das mesmas, para o cal terán que cubri-la folla de reserva de praza (Anexo ll) e xustificarán documentalmente os ingresos económicos actualizados referidos ó exercicio anterior, así como outros datos, susceptibles de baremación, que varíen sustancialmente a situación social e/ou laboral das familias. Terán tamén preferencia á hora de elixir xornada se ésta non é a mesma da que disfrutaban no ano anterior. Non poderán reservar praza aqueles que manteñan mensualidades impagadas de calquera curso no momento de formaliza-la solicitude. 2.–Novo ingreso.–Unha vez adxudicadas as prazas correspondentes ás reservas de praza, as prazas vacantes adxudicaránselles aos solicitantes de novo ingreso empadroados no Concello de Pontedeume segundo a puntuación obtida por aplicación do baremo establecido pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia e respectando sempre a quenda solicitada, ou, en todo caso,a orde de prioridade das quendas sinaladas na solicitude orixinal. Cando un/unha irmán/á d@ solicitante teña praza renovada no centro, éste será admitido automáticamente senpre que exista vacante. Así mesmo, se quedan prazas vacantes, a orde de preferencia das solicitudes d@s non empadroad@s será::: 1.º.–@s fill@s de persoas que estando empadroada@s noutro concello teñan os seus postos de traballo ou estean estudando neste termo municipal, acreditándoo mediante certificado de empresa ou matrícula no curso escolar segundo sexa o caso. 2.º.–De continuar a te-la escola municipal infantil prazas vacantes, poderán atenderse solicitudes de usuari@s/demandantes doutros concellos. 3.–Ingresos urxentes.–Reservaranse 3 prazas (unha por nivel) para os supostos de máxima urxencia, entendendo por tales aqueles nos que concorran circunstancias socioeconómicas e familiares que requiran unha intervención inmediata. O ingreso, nestes supostos, estimarao a comisión de baremación. 4.–Reservas de praza de “non natos”.–Realizaranse cunha antelación máxima de cinco meses, contando desde a data oficial na que comenza o prazo para facer as solicitudes para o curso seguinte ata a data de ingreso efectivo d@ nen@ na escola (tres meses), debendo abonar a matrícula e cuota mensual correspondente durante os citados meses. 2.4.2.1. Baremo de admisión. A selección das solicitudes efectuarase en función da puntuación acadada segundo o baremo establecido pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, mediante o que se avaliarán os factores socioeconómicos, familiares e laborais da unidade familiar. En caso de obter igual puntuación, daráselle prioridade á renda per cápita máis baixa. No suposto de que o Concello de Pontedeume decida acollerse ás axudas ao mantemento das escolas infantis que convoca anualmente o organismo autonómico competente, e isto implique aplicar un baremo de admisión distinto, procederase á aplicación do baremo de admisión contido na orde de convocatoria das devanditas axudas publicado no Diario Oficial de Galicia correspondente. Situación | Indicador | Puntos | 1. Sociofamiliar | 1.1. Por cada membro da unidade familiar incluído o/a neno/a solicitante | 2 | | 1.2. Por cada persoa que, non formando parte da unidade familiar, estea a cargo dela. | 1 | | 1.3. No caso de que o/a neno/a para o que se solicita a praza nacese dun parto múltiple: | 1 | | 1.4. Por cada membro da unidade familiar afectado por minusvalidez física, psíquica ou sensorial, enfermidade que requira internamento periódico, alcoholismo ou drogodependencia | 2 | | 1.5. Pola condición de familia monoparental | 3 | | 1.6. Por ausencia do fogar familiar de ambos os dous membros parentais | 6 | | 1.6. Pola condición de familia numerosa | 3 | | 1.7. Calquera grave circunstancia familiar debidamente acreditada | Ata 3 puntos | 2. Situación laboral familiar | 2.1. Situación laboral de ocupación | | | Nai | 3 | | Pai | 3 | | 2.2. Situación laboral de desemprego (1) | | | Nai | 2 | | Pai | 2 | | (1) Valorarase tal condición coa certificación de demanda de emprego con efectos do día anterior ao de apertura do prazo de presentación de solicitudes | | | * No caso das familias monoparentais adxudicaráselles a puntuación do epígrafe correspondente computado por dous. | | 3. Situación económica | RPC mensual da unidade familiar referida ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente: | | | 3.1. Inferior ao 25% do IPREM | +4 | | 3.2. Entre o 25% e o 50% do IPREM | +3 | | 3.3. Superior ao 50% e inferior ao 75% do IPREM | +2 | | 3.4. Entre o 75% e o 100% do IPREM | +1 | | 3.5. Superior ao 100% e inferior ao 125% do IPREM | -1 |
| 3.6. Entre o 125 % e o 150% do IPREM | –2 | | 3.7. Superior ao 150% e inferior ao 200% do IPREM | –3 | | 3.8. Igual ou superior ao 200% do IPREM | –4 |
* Enténdese por unidade familiar a formada polo pai e/ou nai ou titor/a e fillos e fillas menores de dezaoito anos ou fillos/as maiores de dezaoito anos con munisvalidez superior ao 33%. * Están a cargo da unidade familiar as persoas que, convivindo no mesmo domicilio, teñen ingresos inferiores ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente. * Cando un irmán ou irmá d@ solicitante teña praza renovada no centro, o neno/a será admitido/a automáticamente sempre que exista vacante. * No caso de ausencia do fogar de ambos os dous membros parentais, adxudicarase a puntuación máxima nos epígrafes 2 e 3 do baremo. * A Comisión de baremación poderá valorar circunstancias que considere susceptíbeis de valoración ata un máximo de 3 puntos. 2.4.3. Prazo de presentación de solicitudes e reparación de defectos. Os pais, nais ou titores/as legais do neno ou nena presentarán a solicitude para o novo ingreso no modelo oficial recollido no anexo I, dentro do prazo comprendido entre o 1 e 31 de maio de cada ano; e para a reserva de praza no modelo oficial recollido no anexo II dentro do prazo do 15 ao 30 de abril de cada ano. A solicitude será rexistrada no Concello ou en calquera dos modos establecidos ao abeiro da Lei 30/92 do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común. Se a solicitude achegada non reunise todos os requisitos establecidos requirirase ao interesado/a para que emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixese, teráselle por desistido a súa petición, previa resolución, concedéndolle un prazo para isto de 10 días hábiles a partir do día seguinte da reopción do requerimento da documentación. 2.4.4. Baixas. Causarase baixa na EIM por calquera das circunstancias seguintes: – Por cumprimento da idade máxima de permanencia na EIM, con excepción de nenos/as con necesidades educativas especiais sempre que exista informe do servizo especializado, podendo permanecer un ano mais na EIM. – Por solicitude dos pais/nais ou titores/as legais. – Por non pago da cota estabelecida durante dous meses consecutivos ou tres alternos, calquera que sexa o curso escolar ó que se refire a débeda. – Por comprobación de falsidade na documentación ou datos achegados. – Por incompatibilidade ou inadaptación absoluta para permanecer no centro. – Por falta de asistencia continuada durante un mes sen causa xustificada. – Por incumprimento reiterado das normas da escola. – Por outras razóns que poidan darse a proposta da Dirección da EIM e resolución da comisión de seguimento. As baixas, incompatibilidades ou inadaptacións serán valoradas e resoltas pola comisión de coordinación, seguemento e valoración Unha vez oídos os/as interesados/as, emitirase informe de conclusións. As baixas producidas por calquera dos motivos expostos cubriranse coas solicitudes que quedasen en lista de espera en cada grupo de idade, por rigorosa orde de puntuación. 2.4.5. Condicións. A idade mínima de ingreso establécese nos tres meses na data de ingreso, salvo situacións especiais que se acompañarán de informes dos Servizos Sociais Municipais. A idade máxima será de tres anos, podendo permanecer na EIM aqueles nenos e nenas que non teñan cumpridos os 3 anos a 31 de decembro do ano no que se presenta a solicitude de ingreso. Poderanse integrar escolares con eivas físicas, psíquicas ou sensoriais, en función das dispoñibilidades dos recursos humanos e materiais adecuados, e excepcionalmente nenos/as maiores de tres anos respectando o seu desenvolvemento evolutivo por encima da idade biolóxica, previo informe do Equipo de valoración de discapacidades correspondente. En ningún caso poderá haber máis dun neno/a de integración por aula. Para efectos de ratio estas prazas contabilizaranse como dúas. 2.4.6. Documentación requerida. As/os solicitantes de praza, achegarán xunto coa solicitude a seguinte documentación: 2.a) Documentación xustificativa da situación familiar: – Fotocopia do libro de familia e/ou cartilla de familia numerosa. – Fotocopia do documento de identidade do pai/nai ou titores/as. – Certificado de empadroamento e convivencia expedido polo Concello. 2.b) Documentación xustificativa da situación económica: – Xustificación de haberes: declaración do IRPF de tódolols membros da unidade familiar correspondente ó último exercicio (en caso de declaracións individuais, copia da declaración de cada persoa da unidade familiar obrigada a declarar) ou certificación de exención se é o caso; certificación positiva ou negativa de percepción de prestación económica do INEM; certificación de ingresos por pensións emitido polo organismo pagador; xustificante doutros ingresos, ou declaración xurada destes. – Os/as profesionais autónomos/as acreditarán tamén os pagamentos fraccionados do ano correspondente. – Os/as solicitantes de devolución rápida presentarán a copia de comunicación que lles enviou a Axencia Estatal de Administración Tributaria. – As persoas non obrigadas a declarar e que non solicitan devolución rápida presentarán certificacións dos datos existentes na Administración que expide a Axencia Estatal da Administración Tributaria. – No caso de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerarase a renda de quen exerza a garda e custodia. -– Cando se produzan causas sobrevivas que afecten ós recursos da unidade familiar, é preciso informe dos servicios sociais do Concello neste sentido. Así mesmo, é preciso o devandito informe naqueles casos nos que por distintas razóns non se poidan acredita-las rendas dos pais con escasos medios. 2.c) Outros documentos acreditativos de todas aquelas situacións que, por baremo, sexan susceptíbeis de puntuación. – Xustificante de ocupación ou desemprego de ambos proxenitores (última nómina, certificación de empresa ou certificado de desemprego). – Certificado expedido polo organismo competente sobre o grao de discapacidade e certificado médico de enfermidade ou deficiencia alegada polos membros da unidade familiar. – Ditame do equipo de orientación específico dependente da Inspección de Educación da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou do órgano correspondente na Admón. do Estado ou nas respectivas Comunidades Autónomas en que se motive a necesidade de integración de nen@s con minusvalías físicas, psíquicas e/ou sensoriais, así como o grado de minusvalía. – Informe dos Servizos Sociais, nos supostos nos que sexa necesario por razón da especial situación socioeconómica ou sociofamiliar. – Documentación acreditativa de incidencias tales como: separación de feito de cónxuxe, abandono do fogar, certificación de convivencia e xustificante de calquera outra circunstancia sociofamiliar alegada. 2.4.7. Relación provisional de admitidos/as. A comisión de baremación será competente para efectuar a proposta inicial de cualificación e fará pública a relación provisional, coa puntuación obtida, de admitidos/as e excluídos/as, correspondendo a resolución ao/á Sr./Sra. Alcalde/Alcaldesa. Esta resolución expoñerase no taboleiro de anuncios do concello. 2.4.8. Reclamacións. Os/as solicitantes que o desexen poderán efectuar as reclamacións debidamente documentadas que estimen oportunas no prazo de 10 días hábiles contados dende a data de publicación da relación provisional, ao abeiro do establecido na sobredita Lei 30/92 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común. Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva. 2.4.9. Relación definitiva de admitidos/as. Unha vez estudadas pola comisión todas as reclamacións presentadas e formulada a proposta de resolución pola comisión de baremación procederase á aprobación por Decreto e á publicación da relación definitiva de admitidos/as e da lista de espera no taboleiro do concello coa puntuación obtida e a quenda asignada. Os/as solicitantes disporán dun prazo de 10 días hábiles dende a data de publicación da relación definitiva de admitidos/as para confirmar a súa praza e formalizar a matrícula na EIM, aportando a documentación complementaria.. Se finalizado este período non se formalizase esta, decaerá o dereito á praza obtida. 2.4.10. Lista de espera e adxudicación de vacantes. As vacantes que se vaian producindo ao longo do curso serán cubertas por rigurosa orde de puntuación entre os/as solicitantes da lista de espera. As prazas que, sen causa xustificada, non se atopen cubertas aos 15 días de iniciarse o curso escolar, consideraranse como vacantes. 2.4.11. Convocatoria extraordinaria. No mes de novembro de cada curso escolar poderá abrirse unha Convocatoria Extraordinaria sempre e cando existan vacantes que non foron cubertas coas persoas da lista de espera. O procedemento será o mesmo que o da Convocatoria Oficial do mes de maio. Nesta convocatoria extraordinaria se ofertarán só as prazas vacantes que haxa en cada ciclo, non admitíndose calquera outra solicitude de praza que non coincida coas ofertadas. 2.4.12. Documentación da Matrícula. Os/as admitidos/as terán que achegar, dentro dos 10 días hábiles seguintes á publicación da relación definitiva de admitidos/as e da lista de espera no taboleiro do concello e na EIM, a seguinte documentación complementaria: – Copia da tarxeta sanitaria da/o menor. – Certificado médico da/o menor. – Dúas fotografías tamaño carné. – Autorización por escrito das persoas que poden recoller ao/á menor. – Xustificante de ingreso da cota de matrícula. – Autorizacións: para o tratamento informático dos datos, para a toma de material fotográfico, para a toma da medicación. A non presentación desta documentación entenderase como a renuncia á praza. Calquera indicio de cambio non declarado, distorsión ou falseamento da situación sociofamiliar, da situación laboral, da situación da vivenda ou da situación económica reflectidas na solicitude, poderá dar lugar a que se inicie de oficio un expediente. Poderase requirir ao/a solicitante os documentos que se consideren precisos para a resolución do mesmo. Só se terán en conta, a efectos de baremación do expediente, os extremos alegados cos documentos arriba indicados. 2.4.13. Período mínimo de adaptación. Coa finalidade de que cada neno/a poida ir adaptándose e integrándose na escola infantil, establécese un período mínimo de adaptación que oscila entre as dúas e tres semanas. A incorporación á dinámica da escola é paulatina, comenzando con 30 minutos de permanencia no centro para ir aumentando pouco a pouco en función do progreso individual d@ men@r ata completar a xornada que ten concedida. 2.5. Calendario e horarios. O horario ofertado é de 8.00 a 20.00, de luns a venres. A comisión de seguemento (integrada polos mesmos membros da comisión de baremación) poderá modificar o horario según as necesidades existentes. O curso escolar comprenderá do 1 de setembro ó 31 de agosto de cada ano natural. Os días 24 e 31 de decembro non terán a consideración de días hábiles a efectos laborais, polo que a escola infantil permanecerá pechada ámbolosdous días. A Escola Infantil Municipal non pechará por vacacións de verán, pero tanto os horarios como a organización do persoal podería variar para adaptarse á demanda real. Os nen@s integrados na escola infantil teñen a obriga de tomar un mes de vacacións, preferentemente en época estival, e deberán comunicar á dirección do centro, cunha antelación mínima dun mes, cal vai ser o mes de vacacións d@ men@r. Un modelo de xornada que abrangue todo o horario ofertado, podería ser o seguinte: 8.00 a 9.30.–Apertura e xogo libre. 8.00 a 9.00.–Almorzo. 9.30 a 10.00.–Asemblea xeral (grupo grande). Actividade do Calendario, saúdo, presentación temporalizada da xornada. Cada grupo vaise coa súa titora ó aula. 10.00 a 13.00.–Aula. Cada titora realiza o estipulado e programado para a xornada co seu grupo de alumnos, recollido na súa programación de aula, en base ó proxecto curricular de centro (PCC) e proxecto educativo de centro (PEC) consensuado e elaborado entre todo o equipo educativo. Neste horario de actividades docentes ademais, traballarase a estimulación temperá (bits de información/intelixencia), realizaranse os obradoiros, levaranse a cabo as actividades necesarias para desenvolver o proxecto de atención en hábitos saudables, sairase o patio se o tempo e o clima o permite ou ben, xogo libre, e dedicarase o tempo necesario para os cambios de cueiros e o aseo. 11.00.–Merenda. 13.00 a 14.00.–Comedor: hora de comer. O horario do comedor dos alumnos do grupo de 0 a 1 ano será a partires das 12.00. 14.00 a 14.15.–Aseo dos alumnos que quedan no comedor. 14.15 a 15.30.–Sesta: tempo de descanso (aconsellaremos realizala a todos os nenos que durante este período de tempo estean na escola). O horario de descanso do grupo de 0 a 1 anos adecuarase o ritmo de cada neno/a; procuraremos que coincida co remate da comida. 15.30 a 16.00.–Cambio de cueiros, aseo e xogo libre. 16.00.–Estimulación temperá (bits de información/intelixencia). 16.15 a 17.30.–Obradoiros 17.30.–Merenda. 18.00 a 19.00.–Obradoiros e actividades de animación. 19.00 a 20.00.–Xogo libre e peche. 2.6. Tipos de xornadas. Xornada completa: 8 h. Media xornada de mañá: 6 horas, 08.00-14.00 h. Media xornada, tarde: 4 horas, 16.00-20.00 h. Xornada de tarde ampliada: 6 horas, 14.00-20.00 2.7. Réxime de saídas/visitas. É complicado nestas idades, a planificación das saídas ó exterior (excursións, visitas museos…) xa que aínda a súa mobilidade, autonomía e os espazos ós que non están acostumados, desoriéntanos, supoñendo un problema, pero sabemos que o feito de explorar outros entornos, son intres de intensidade e aprendizaxe para eles. De todos os xeitos e aínda que tendo presente a realidade acerca das súas limitacións, planificaremos e organizaremos cos grupos de 1-2 y 2-3 anos este tipo de actividades, sobre todo có de 2-3, contando e solicitando sempre a colaboración dos pais co fin de evitar calquera tipo de perigo ou contratempo que puidese xurdir. A planificación e organización, para que esto non aconteza, polo tanto, será moi meticulosa. Por isto a continuación expoñemos as normas a cumprir por todo o Equipo Educativo e as familias: * Autorización escrita dos pais de conformidade coa saída que van realizar os seus fillos/ as. * Informar sobre calquera eventualidade relacionada co tema da saída (toma de medicamentos, alerxias en xeral...) * Procurar a colaboración dos pais: • Puntualidade na chegada e saída. • Atender ó grupo que se lle asigne e non só ó seu fillo/a, seguindo as pautas que se establecen no centro antes de saír, co fin de evitar riscos para os nenos/as. * As saídas nun principio serán achegadas ó centro (entorno máis próximo), debido ás idades dos nenos/as. No caso de querer realizar unha excursión máis lonxe do normal e despois de pedir os xustificantes necesarios, planificarase con detalle: • O lugar • O tempo • O transporte a utilizar • Número de viaxeiros (reconto, antes e despois da saída) • Normas no lugar visitado, traballadas no aula con anterioridade. * Nas saídas en xeral tamén se fará un reconto do alumnado, antes e despois da saída. * Para a seguridade dos nenos/as nos desprazamentos, utilizaremos de guía dúas cordas en paralelo ás que deben de agarrarse con ambas mans. As educadoras situaranse: unha á cabeza da fila e outra ó final, no medio as que resten xunto cos pais que colaboren. Para o mesmo fin se esixe a utilización do chándal coa identificación da escola infantil. Indicar que, excepcionalmente, na Comparsa do Entroido, participan tódolos grupos de idade.
|