A contía do prezo público será a seguinte: - Utilización dunha sala de velorio cando o defunto fose veciño/a do Concello de Ordes e/ou titular de nicho ou panteón no cemiterio municipal (incluídos neste último caso os familiares en primeiro grao): 225,00 €/día de utilización. - Utilización dunha sala de velorio por usuarios diferentes aos descritos no parágrafo anterior: 325,00 €/día de utilización. A presente tarifa será de aplicación, en todo caso, ás Entidades ou Sociedades aseguradoras de riscos ás que refírese o apartado anterior. - Utilización de capela para acto relixioso: 60,00 €. - Transcorridas 24 horas de utilización o prezo será de 16,07 €/hora no caso de que o defunto fose veciño/a, ou titular de nicho ou panteón no cemiterio municipal (incluíndo neste último caso os familiares en primeiro grao) e de 23,22 € no resto dos casos, incluídas as Entidades ou Sociedades aseguradoras de riscos.. Para os efectos sinalados nos parágrafos anteriores, o día de utilización abarca desde as 8:00 horas do día da solicitude ate as 19:00 horas do día seguinte. En todo caso serán gratuítos os servizos a favor de persoas acollidas á beneficencia ou asistencia social pola súa carencia de recursos e aqueles outros que resulten necesarios para facer fronte a situacións de emerxencia, accidentes ou ordes de autoridades sanitarias ou xudiciais.
|