Artigo 4 Os principios xerais 1 A xestión das subvencións que outorgue o Concello de Ponteceso realizarase de acordo cos seguintes principios: a) Publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos que fixe o Concello de Ponteceso como entidade outorgante c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos 2 O Concello de Ponteceso, con carácter previo ao establecemento dunha subvención e supeditándose ao cumprimento do obxectivo de estabilidade ordamentaria, deberá concretar nun plan estratéxico de subvencións os obxectivos e os efectos que pretende coa súa aplicación, o prazo necesario para a súa concesión, os custos previsibles e as súas fontes de financiamento. Artigo 5 Os principios específicos 1 Os recursos que o Concello destine ao desenvolvemento anual dos programas convocados na aplicación desta ordenanza financiaraos con cargo ás partidas establecidas para o efecto no orzamento que aprobe anualmente e que terán como límite as súas dispoñibilidades económicas. En todo caso, a concesión das subvencións e das axudas quedará condicionada a que exista dotación orzamentaria adecuada e suficiente para esas finalidades no momento no que resolva, sen que haxa que incrementar os créditos orzamentarios. 2 As axudas ou as subvencións terán carácter voluntario e eventual. 3 As subvencións outorgadas con anterioridade non crearán dereito ningún a favor dos peticionarios e non serán invocables como precedente. 4 Os solicitantes non poderán esixir o aumento da contía da subvención ou da axuda ou a súa revisión, agás nalgunhas circunstancias excepcionais que o motiven. Artigo 6 Os requisitos para outorgar as subvencións 1 A aprobación das normas que establezan as bases reguladoras da concesión, con carácter previo ao outorgamento, nos termos da Lei 38/2003, xeral de subvencións, da presente ordenanza e da restante normativa de aplicación 2 O outorgamento é competencia do órgano administrativo que a concede 3 A existencia de crédito orzamentario adecuado e suficiente para atender as obrigas de contido económico que se derivan da concesión da subvención 4. A tramitación do procedemento de concesión, de acordo coas normas que sexan aplicables 5 A fiscalización previa dos actos administrativos de contido económico nos termos previstos nas leis 6 O órgano comptente ten que aprobar o gasto Artigo 7 A competencia para conceder as subvencións Serán competentes para conceder subvencións aqueles órganos que, de acordo coa normativa do réxime local, sexan competentes autorizar e dispor o gasto correspondente, sen prexuízo das delegacións poida efectuar, nos termos que preve a lexislación local. Artigo 8 Os beneficiarios e os requisitos para obter esa condición 1 Terán a condición de beneficiarios das subvencións as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que teñan que realizar a actividade que fundamentou o outorgamento da subvención ou que estean na situación que lexitima a súa concesión. 2 Cando as bases reguladoras das subvencións o prevexan expresamente, poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou de patrimonio separado que, aínda que carezan de personalidade xurídica, poidan realizar proxectos, actividades ou comportamentos ou que estean na situación que motiva a concesión da subvención. Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, terán que constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución da concesión, os compromisos de execución que asumiu cada membro da agrupación, así como o importe da subvención que se va¡ aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, haberá que nomear un representante ou un apoderado único da agrupación, con potestades bastantes para cumprir as obrigas que como beneficiario lle corresponden á agrupación. Non se poderá disolver a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro. Non poderán acceder á concesión das subvencións municipais as persoas nas que concorra algunha das circunstancias enumeradas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei xeral de subvencións. Artigo 9 As obrigas dos beneficiarios Son obrigas dos beneficiarios: a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións b) Xustificar ante o Concello de Ponteceso o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como realizar a actividade e cumprir a finalidade que determine a concesión ou o gozo da subvención. O cumprimento desta obriga de xustificar equivale a render contas os perceptores das subvencións á que se refire o artigo 34.3 da Lei 7/88, do 5 de abril, de funcionamento do Tribunal de Contas c) Someterse ás actuacións da comprobación que van efectuar os órganos competentes do Concello de Ponteceso, aportando canta información lles requiran no exercicio das actuacións anteriores d) Comunicarlle ao Concello a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberán efectuala tan pronto como a coñezan e. en todo caso, antes de xustificar a aplicación que lles deran aos fondos que percibiron e) Acreditar, antes de que o órgano competente dite a proposta de resolución da concesión, que están ao comente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social f) Dispor dos libros contables, dos rexistros dilixenciados e dos demais documentos debidamente auditados nos termos que esixe a lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como de cantos estados contables e dos rexistros específicos que Res poidan esixir as bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control g) Conservar os documentos xustificativos dos fondos que recibiron, incluídos os documentos electrónicos, en tanto que poden ser obxecto de comprobación e de control h) Dar axeitada publicidade do carácter público do financiamento dos programas, das actividades, dos investimentos ou das actuacións de calquera tipo que sexan obxecto da subvención. A forma de realizar esta publicidade concretarase nas bases da convocatoria, nos supostos de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, e nas subvencións nominativas e directas, na resolución da concesión i) Reintegrar os fondos percibidos nos supostos contemplados no artigo 37 da Lei 38/2003, xeral de subvencións l) Cumprir as obrigas particulares que lles impoña o órgano que concede a subvención, de conformidade co que establece a norma reguladora ou, de ser o caso, as bases da convocatoria Artigo 10 As bases reguladoras da concesión das subvencións
As bases reguladoras das subvencións do Concello de Ponteceso deberaas aprobar o Pleno dentro do mareo das bases de execución do ornamento e desta ordenanza xeral de subvencións, mediante unha ordenanza específica para as distintas modalidades de subvencións. Non é necesaria unha ordenanza especifica no caso das subvencións concedidas de forma directa, nos termos do artigo 22.2 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e dos artigos 16 e seguintes desta ordenanza xeral.
As ordenanzas específicas que recollan as bases reguladoras das subvencións do Concello de Ponteceso conterán, como mínimo: a) A definición do obxecto da subvención b) Os requisitos que deben reunir os beneficiarios para obter a subvención e, de ser ocaso, os membros das entidades contempladas no segundo parágrafo do apartado 3º do artigo 11 da Lei xeral de subvencións e o artigo 8.2 desta ordenanza xeral c) A forma e o prazo de presentación das solicitudes d) O procedemento de concesión da subvención e) Os criterios obxectivos do outorgamento da subvención e, de ser o caso, da súa ponderación f) A contía individualizada da subvención ou os criterios para determinala g) Os órganos competentes para ordenar, instruír e resolver o procedemento de concesión da subvención e o prazo no que se notificará a resolución h) A determinación, de ser o caso, dos libros e dos rexistros contables específicos para garantir a adecuada xustificación da subvención i) O prazo e a forma que ten o beneficiario para xustificar o cumprimento da finalidade para a que o órgano concedente lle concedeu a subvención e para aplicar os fondos que percibiu l) As medidas de garantía que, de ser o caso, considere preciso constituír a favor do Concello de Ponteceso, os medios de constitución e o procedemento de cancelación m) A posibilidade de efectuar os pagos anticipados e os abonos a conta, así como o réxime de garantías que, de ser o caso, deberán soportar os beneficiarios n) As circunstancias que poderán ocasionar a modificación da resolución, como consecuencia da alteración das condicións tidas en conta para conceder a subvención ñ) A compatibilidade ou a incompatibilidade con outras subvencións, axudas, ingresos, ou recursos para a misma finalidade, que procedan de calquera administración ou ente público ou privado o) Os criterios de graduación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións. Estes criterios aplicaranse para determinar a cantidade que finalmente terá que percibir o beneficiario ou, de ser o caso, o importe que vai reintegrar. Eses criterios terán que responder ao principio de proporcionalidade p) A obriga do beneficiario de facilitar canta información lle requira o departamento que tramita o expediente, a Intervención municipal, o Consello de Contas de Galicia ou outros organismos competentes q) As disposicións relativas ao financiamento das actividades subvencionadas nos termos do artigo 19 da Lei 38/2003, xeral de subvencións Artigo 11 A publicidade das subvencións concedidas 1 O Concello de Ponteceso publicará no tableiro de anuncios da Corporación as subvencións concedidas coa expresión da convocatoria, do programa e do crédito orzamentario ao que as imputen, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da subvención. Ademais publicará no Boletín Oficial da Provincia un extracto da resolución pola que ordena a publicación, indicando os lugares onde está exposto o seu contido íntegro. 2. Non será necesario publicar no Boletín Oficial da Provincia a concesión das subvencións nos seguintes supostos: a) Cando as subvencións teñan asignación nominativa no orzamento do Concello de Ponteceso b) Cando o seu otorgamento e a contía a favor de beneficiario concreto resulten impostos en virtude dunha norma de rango legal c) Cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000,00 euros. Neste suposto, as bases reguladoras deberán prever a utilización doutros procedementos que, de acordo coas súas especiais características, contía e número, aseguren a publicidade dos seus beneficiarios d) Cando a publicación dos datos do beneficiario en razón do obxecto da subvención poida ser contraria ao respecto e salvagarda da honra, da intimidade persoal e familiar das persoas físicas, en virtude do que establece a Lei orgánica 1/1982, de 5 de maio
|