|
 |
|
|
|
|
Artigo 1. Fundamento e natureza.
|
|
|
|
Conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de acordo co previsto 15 a 19 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais (TR LRFL), este Concello establece a taxa polo subministro de auga potable para usos domésticos e industriais que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 da referida Lei.
|
|
|
|
|
Artigo 2. Feito impoñible.
|
|
|
|
Está constituído pola activade municipal desenvolvida con motivo do abastecemento de auga potable a domicilio e do enganche na rede xeral.
|
|
|
|
|
Artigo 3. Suxeito pasivo.
|
|
|
|
1. Son suxeitos pasivos desta taxa en concepto de contribuíntes, as persoas fisicas ou xuridicas, e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polos servicios a que se refire esta ordenanza. 2. Terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os propietarios das vivendas ou locais nos que se preste o servicio, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios.
|
|
|
|
|
Artigo 4. Responsables.
|
|
|
|
1. Serán responsables de forma solidaria das obrigas tributarias establecidas nesta ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización da infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, tódalas sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarias das infraccións cometidas neste réxime de tributación. 2. Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición e responderán de forma solidaria e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias de ditas entidades. 3. Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria en caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores daquelas que realicen os actos necesarios da súa incumbencia, para o cumprimento das obrigas tributarias infrinxidas, consentiran o incumprimento por quen dependan deles ou adopten acordos que fixesen posible as infraccións. Así mesmo, tales administradores responderan de forma subsidiaria das obrigas tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que cesaran nas súas actividades. 4. Os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, serán responsables subsidiarios cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigacións tributarias devengadas con anterioridade a ditas situacións e que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.
|
|
|
|
|
Artigo 5. Base impoñible.
|
|
|
|
A base impoñible do tributo estará constituida por: a) Na subministración de auga: os metros cúbicos de auga consumido no inmoble onde está instalado o servicio. b) No enganche á rede xeral: o feito de conexión á rede por cada local comercial, industria ou vivenda individual.
|
|
|
|
|
Artigo 6. Cota tributaria.
|
|
|
|
A cota tributaira desta taxa por subministración será a fixada na seguinte tarifa e dacordo cos seguintes usos: • Usos domésticos: • Usos non domésticos A clasificación destes usos farase atendendo ao establecido no artigo 6 do Decreto 136/2012 de 31 de maio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais Dentro dos usos non domésticos establécense os realizados por actividades empresariais sitas nas áreas de desenvolvemento empresarial determinadas polo Concello ( parque empresarial e zona de Marbán); e outras actividades industriais desenvolvidas fora das areas empresariais antes sinaladas | Domésticos | Non domésticos | Outros concellos | | | Outras industrias | Actividad empresarial | | Cuota servicio (€/mes) | 5,00 | 10,00 | 105,00 | 1.750,00 | Bloque 0 - 15 m3/trim. (€/m3) | 0,15 | | | | Bloque 16 - 30 m3/trim. (€/m3) | 0,40 | | | | Bloque 31 - 45 m3/trim. (€/m3) | 0,65 | | | | Bloque > 45 m3/trim. (€/m3) | 1,00 | | | | Bloque 0 - 100 m3/trim. (€/m3) | | 1,00 | | | Bloque >100 m3/trim. (€/m3) | | 1,70 | | | Bloque 0 - 150 m3/trim. (€/m3) | | | 2,20 | | Bloque > 150 m3/trim. (€/m3) | | | 2,70 | | Subministro outros concellos (€/m3) | | | | 0,55 | Acometida a rede xeral | 120,00 | 160,00 | 250,00 | |
A estos prezos engadiráselles o IVE vixente en cada momento.
|
|
|
|
|
Artigo 7. Exencións e bonificacións.
|
|
|
|
De conformidade co disposto no artigo 9 do TR LRFL, non se recoñece beneficio tributario ningún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Intemacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.
|
|
|
|
|
Artigo 8. Devengo.
|
|
|
|
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír no momento do comenzo da prestación do servicio logo da correspondente solicitude ou desde que se utilice este sen ter obtido a correspondente licencia, debendo facerse o previo pagamento dos dereitos de enganche
|
|
|
|
|
Artigo 9. Normas de xestión.
|
|
|
|
1. O enganche na rede xeral de abastecemento de auga, será solicitado de forma individual para cada vivenda ou local. A referida solicitude presentarase no rexistro xeral do Concello e cada usuario establecerá un contador individual para a vivenda ou local que dote de servicio. 2. Na solicitude de enganche, os interesado farán consta-lo fin a que se destina a auga, coa advertencia que calquera infracción ou aplicación diferente da solicitada, será sancionada cunha multa na contía que acorde o Concello, sen prexuízo de retirarlle a subministración da auga. 3. Ningún abonado poder dispoñer da auga para uso distinto do que lle sexa concedido, quedando prohibida a cesión gratuíta ou a revenda de auga.
|
|
|
|
|
Artigo 10. Autorización do servicio.
|
|
|
|
A concesión do servicio outorgarase por resolución da Alcaldía, e quedará suxeito ás disposicións da presente ordenanza e as que se fixen no regulamento do servicio e no correspondente contrato. Será por tempo indefinido mentres que as partes non manifesten por escrito a súa vontade de rescindilo e se cumpran as condicións desta ordenanza.
|
|
|
|
|
Artigo 11. Gastos de conexión.
|
|
|
|
Tódalas obras necesarias para conduci-la auga desde a rede xeral ata a toma do abonado, serán de cargo deste, pero os traballos realizaranse baixo dirección dos técnicos municipais e na forma que sinale o Concello. No caso de que a obra fose realizada por persoal municipal, formularase a correspondente conta de persoal e material a utilizar, procedéndose á liquidación correspondente
|
|
|
|
|
Artigo 12. Liquidación e ingreso.
|
|
|
|
Os dereitos de enganche liquidaranse no momento da concesión do servicio na forma establecida na correspondente resolución. A oficina do servicio practicará trimestralmente, ou no prazo que se acorde por resolución da Alcaldía, as liquidacións correspondentes ó consumo de auga e de conservación de acometidas e contadores que se poñerán ó cobramento dos abonados por un prazo de 1 mes. Transcorrido este prazo, o Concello, logo da notificación ó interesado, poderá suspenderlle a subministración da auga ó abonado que está en descuberto e retirarlle o servicio, causando baixa por falta de pagamento. O cobramento farase preferentemente a través de entidades bancarias colaboradoras, sen prexuízo de que a Administración, en casos que o xustifiquen, poida establecer outra modalidade. As débedas non satisfeitas nos períodos citados esixiranse pola vía de constrinximento, de acordo co establecido na Lei Xeral Tributaria e no Regulamento Xeral de Recadación, computándose, no seu caso, como pagamentos a conta as cantidades pagadas fora de prazo.
|
|
|
|
|
Artigo 13. Corte da subministración.
|
|
|
|
O Concello, mediante resolución da Alcaldía, poderá corta-la subministración de auga a un abonado cando este se negue á entrada no domicilio para exame das instalacións, se proceda á cesión gratuíta ou onerosa a outra persoa, non realice o pagamento das cotas de consumo, exista rotura de precintos ou limitacións de consumo. O corte de subministración por falta de pago, levará implícito o pagamento de dereitos de nova acometida para proceder a novo enganche do servicio.
|
|
|
|
|
Artigo 14. Limitacións de consumo.
|
|
|
|
Se por motivos de escaseza de caudal, seca, reparacións e outras causas semellantes, o Concello tivera que suspende-la subministración de forma parcial ou total, os abonados non terán dereito a reclamación algunha, nin indemnización por danos ou perdas, entendéndose neste sentido que a concesión se fai a título de precario.
|
|
|
|
|
Artigo 15. Infraccións e sancións tributarias.
|
|
|
|
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias,así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e outras normas que resulten de aplicación.
|
|
|
|
|
Disposición adicional
|
|
|
|
As tarifas enumeradas no artigo 6 serán incrementadas anualmente no IPC.
|
|
|
|
|
Disposición final.
|
|
|
|
A presente Ordenanza aprobada polo Pleno da Corporación en sesión realizada o 24 de novembro de 2004, entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e publicada no Boletín Oficial da Provincia, continuando vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.
|
|
|