Estimación do orzamento de execución material de obras, instalacións e construcións, para aplicación do imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO). Co fin de determinar o orzamento de execución para aplicación do imposto sobre construcións, instalacións e obras, estímase oportuno adoptalo procedemento de avaliación establecido no “manual para a estimación simplificada dos presupostos de execución material da edificación” do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), introducindo pequenas variacións para axustalo seu contido á casuística do concello de Ordes. 1.- DEFINICIÓNS. Mb Módulo básico. Mc Módulo de construción ou de referencia. Ct Coeficiente de tipoloxía. Cu Coeficiente de uso. Mci Módulo de construción de acordo co destino predominante nela. Si Superficie construída por uso de acordo co destino predominante nela. Pmb Presuposto de execución material segundo módulos básicos. 2.- MÓDULO BÁSICO. Se establece un módulo básico (Mb) ou prezo en euros por cada metro cadrado de edificación. O seu valor será fixado e actualizado periodicamente polo Concello en función dos datos coñecidos, tanto de carácter oficial como do mercado da construción e inmobiliario. No momento actual estímase en 520 euros/m² 3.- MÓDULO DE CONSTRUCIÓN OU REFERENCIA (Mc). O módulo de construción ou de referencia obtense aplicando a seguinte fórmula: Mc= Mb x Ct x Cu 4.- COEFICIENTE DE TIPOLOXÍA (Ct). 4.1.- En edificacións de nova planta e adicións. 1,20 Edificación illada (catro fachadas). Vivenda unifamiliar. Sotos a partir do terceiro. 1,10 Agrupación en fila. Sotos primeiro e segundo. 1,00 Edificio en quinteiro pechado. Edificación aberta de vivenda colectiva. 4.2.- En obras de reforma e rehabilitación. 1,20 Rehabilitación total, incluíndo a desmontaxe das fachadas. 1,00 Adecuación interior de plantas baixas e entreplantas. Rehabilitación integral conservando exclusivamente as fachadas. 0,65 Reforma interior de instalacións e acabados conservando a estrutura existente. 0,50 Reforma de elementos estruturais. 0,35 Rehabilitación de fachadas. Substitución de carpinterías e cerramentos (aplicada á superficie da fachada). 0,30 Reforma de acabados interiores (sen afectar a elementos estruturais nin a instalacións) 0,08 Substitución do material de cobertura. 0,02 Pintado de fachadas. Demolicións e derrubos. 4.3.- En obras no edificatorias. 1,00 Parcelas campings. Acondicionamento de terreos. 0,15 Cerramentos de parcelas de manpostería, formigón, cantería ou similar. 0,10 Peches de zócalo, postes e arame. 0,04 Peches de postes e arame. 0,02 Tallos. 5.. COEFICIENTE DE USO (Cu) 1,60 Auditorios. Museos. Teatros. Hoteis de cinco estrelas. Edificios bancarios. 1,50 Hospitais. Laboratorios. Igrexas. 1,40 Bibliotecas. Facultades e escolas universitarias. Hoteis de catro estrelas. Edificios penitenciarios. Terminais marítimas e aéreas. 1,30 Clubs sociais. Cines. Centros de saúde. Balnearios. Hoteis de tres estrelas. Salas de Festas. Discotecas. Colexios con residencia. 1,20 Casas da cultura. Casas consistoriais. Locais bancarios. Consultorios. Residencias da terceira idade. Apart-hoteis. Tanatorios. Centros de culto. Cuarteis. Matadoiros. 1,10 Vivendas. Hoteis de dúas estrelas. Residencias universitarias. Moteis. 1,00 Residencial VPO. Oficinas. Garderías. Centros docentes. Hoteis de unha estrela. Ambulatorios. Hostais-residencia. Restaurantes. Estacións de autobuses. Salas de exposición. Piscinas cubertas. 0,90 Bares. Mercados. 0,80 Centros comerciais. Pavillóns deportivos cubertos. Vestiarios. Bungalows. Servizos cámpings. 0,65 Edificios de aparcamentos. Locais comerciais. 0,50 Piscinas descubertas. Cemiterios. 0,40 Locais en planta baixa ou soto sen uso específico. Garaxes e aparcamentos. Estacións de servizo. 0,35 Rochos. Pórticos, soportais e terrazas abertas. 0,30 Almacéns e naves industriais. Instalacións deportivas descubertas. Naves. Granxas. Alpendres, pendellos ou cubertos. Depósitos. 0,15 Acondicionamento de naves con obras mínimas. 0,10 Proxectos de urbanización (adscritos á edificación). Parcelas de cámpings. 0,05 Xardíns. Pistas de terra e formigón. Tratamento de espazos exteriores. Acondicionamento de terreos. 6.- PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN MATERIAL SEGUNDO MÓDULOS BÁSICOS (Pmb). O presuposto de execución material segundo módulos básicos (Pmb), de todo tipo de construción, instalacións e obras, poderá obterse en función do módulo de construción e da superficie para cada uso, segundo a seguinte fórmula: PMb= ∑(Mci x Si)
|