Deputaci�n da Coru�a Deputaci�n da Coru�a
Unha deputaci�n � servicio da provincia 24 horas � servicio da provincia A Coru�a por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradici�ns e honrar �s nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coru�a
�ltimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Axuda Suxesti�ns

Castellano Gallego

... Ordenanzas y Reglamentos
Nueva Búsqueda

Dodro - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DAS TARXETAS DE ESTACIONAMENTO DE VEHCULOS PARA PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA E DAS TARXETAS DE ACCESIBILIDADE

Publicación provisional : 14-08-2013 BOP N 154 -- Publicación definitiva : 09-10-2013 BOP N 192
Redacción Aplicable desde 28-10-2013

Redacciones Redacciones
 - EXPOSICIN DE MOTIVOS
 - ARTICULO 1. OBXECTO
 - ARTCULO 2. REQUISITOS
 - ARTIGO 3. SOLICITUDES
 - ARTIGO 4.- COMPETENCIA
 - ARTIGO 5.- PROCEDEMENTO
 - ARTIGO 6.- VIXENCIA E RENOVACIN DAS TARXETAS
 - ARTIGO 7.- CAMBIO DE DOMICILIO, PERDA, DETERIORO OU SUBTRACCIN
 - ARTIGO 8.- DEREITOS
 - ARTIGO 9.- OBRIGAS
 - ARTIGO 10.- CONDICINS DE USO
 - ARTIGO 11.- INFRACCINS E SANCINS. PROCEDEMENTO SANCIONADOR
 - DISPOSICINS
   
  EXPOSICIN DE MOTIVOS  
 

A Lei 8/97, de 20 de agosto, de Accesibilidade e Supresin de Barreiras na Comunidade Autnoma da Galicia, no seu artigo 27 e os artigos 50 e 52 do Decreto 35/2000, de 28 de xaneiro polo que se aproba respectivamente o regulamento de desenvolvemento e execucin da Lei antes citada, establecen que os concellos debern aprobar normativas que garantan e favorezan a accesibilidade de persoas con mobilidade reducida, poendo de manifesto que a mesma constite un eficaz instrumento para favorecer a integracin social e laboral, ao facilitar o acceso aos espazos e servizos comunitarios a moitas persoas que, ao verse limitadas para utilizar os transportes pblicos por estar afectadas por importantes problemas de mobilidade, acceden aos mesmos de maneira autnoma mediante vehculos particulares, beneficindose no seu punto de destino das vantaxes de aparcamento que posibilita a tarxeta.

Idntico criterio mantn o Consello da Unin Europea, quen, ao referirse igualdade de oportunidades das persoas con discapacidades, estima procedente que toda persoa con mobilidade reducida debe poder disfrutar de medidas adicionais concretas dirixidas a favorecer a sa integracin profesional e social, e a estes efectos considera oportuna unha accin comunitaria para fomentar a concesin e o recoecemento mutuo das tarxetas de estacionamento para persoas con discapacidade e que faciliten a libre circulacin destas.

O Consello da Unin Europea aprobou con data de 4 de xuo de 1998 unha Recomendacin 98/376/CE aos Estados membros para o establecemento dunha tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade, consonte a un modelo comunitario uniforme recoecido, mutuamente polos Estados membros, a fin de que os/as titulares destas tarxetas poidan disfrutar en toda Europa das facilidades de estacionamento relacionadas coas mesmas, consonte s normativas nacionais vixentes do pas no que se encontra a persoa.

O concello de Dodro, sensible dende fai tempo con esta problemtica, e quere facer compatible o dereito das persoas con discapacidade a estacionar nos lugares mis prximos ao seu destino e o deber da administracin local a unha xestin xusta e coherente con toda a vecianza.

   
  ARTICULO 1. OBXECTO  
 

O obxecto da presente ordenanza regular a nivel municipal a expedicin das tarxetas de estacionamento de vehculos para persoas con mobilidade reducida e das tarxetas de accesibilidade, co fin, no primeiro caso, de favorecer o uso dos transportes privados daquelas persoas que presenten graves dificultades de mobilidade para que a persoa titular poida gozar da facilidade de estacionamento e co fin, no segundo caso, de dispor dunha tarxeta como documento acreditativo da situacin de discapacidade en orden a favorecer o uso do transporte pblico.

   
  ARTCULO 2. REQUISITOS  
 

1. Podern ser beneficiarias da tarxeta de estacionamento de vehculos todas aquelas persoas que, estando empadroadas no Concello de Dodro, tean recoecida unha discapacidade polo Equipo de Valoracin e Orientacin (EVO), dependente da seccin de cualificacin e valoracin de discapacidade da Xunta de Galicia, e que dito recoecemento reflicta necesariamente a dificultade para o uso do transporte pblico.

2. Tern dereito expedicin da tarxeta de accesibilidade todas aquelas persoas interesadas que, estando empadroadas no Concello de Dodro, tean recoecida unha discapacidade polo Equipo de Valoracin e Orientacin (EVO), dependente da seccin de cualificacin e valoracin de discapacidade da Xunta de Galicia

3. Podern ser titulares da tarxeta de estacionamento as persoas xurdicas que presten servizos de transporte de persoas con mobilidade reducida e que acrediten que dispoen de vehculos para iso.

4. De acordo coa Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminacin e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, considranse afectadas por unha discapacidade aquelas persoas pensionistas da Seguridade Social, que tean recoecida unha pensin de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, e as persoas pensionistas de clases pasivas que tean recoecida unha pensin de xubilacin ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade, materia exclusivamente desenvolvida a efectos fiscais ou laborais.

5. No suposto de persoas estranxeiras residentes, prevalecer o disposto na lexislacin vixente en materia de estranxeira.

   
  ARTIGO 3. SOLICITUDES  
 

1. A solicitude da tarxeta de estacionamento de vehculos e da tarxeta de accesibilidade para persoas fsicas deber ir acompaada da seguinte documentacin:

a) Modelo de instancia conforme ao anexo I, no caso de solicitar a tarxeta de estacionamento

b) Modelo de instancia conforme ao anexo II, no caso de solicitar a tarxeta de accesibilidade.

c) Fotocopia cotexada do DNI, tarxeta de residencia ou calquera outro documento acreditativo da identidade da persoa solicitante.

d) No caso de que a persoa interesada sexa un/unha menor de idade:

d.1.-Copia compulsada do libro de familia.

d.2.-Copia compulsada de sentencia de nulidade, separacin ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.

d.3.-Copia compulsada da resolucin administrativa ou xudicial que acredite a condicin de ser titor/a, acolledor/a do/a menor, de ser o caso; e a copia compulsada do documento acreditativo da identidade da persoa titora ou acolledora.

d.4.- Copia compulsada da sentenza xudicial acreditativa da patria potestade prorrogada ou incapacidade xudicial; e copia compulsada do documento acreditativo da identidade da persoa que ostente a condicin de titora.

e) No caso que a persoa interesada sexa maior de idade incapacitada xudicialmente:

e.1.- Copia compulsada da sentenza xudicial acreditativa da incapacidade xudicial e copia compulsada do documento acreditativo da identidade da persoa que ostente a condicin de titora.

f) Das fotografas tamao carn.

g) Certificado de empadroamento. O certificado ser solicitado oficina xeral do Concello por parte do persoal municipal que tramite a solicitude.

h) Certificado de discapacidade ou informe do Equipo de Valoracin e Orientacin (EVO).

2. A solicitude da tarxeta de estacionamento para persoas xurdicas deber ir acompaada da seguinte documentacin:

a) Modelo de instancia conforme ao Anexo III

b) Documentacin do vehculo habilitado para transportar as persoas con graves problemas de mobilidade, dado que, a tarxeta deber inclur a matricula ou matrculas dos citados vehculos.

c) Escritura de constitucin da sociedade e estatutos.

d) Documentacin acreditativa da identidade da persoa que acta como representante legal.

   
  ARTIGO 4.- COMPETENCIA  
 

1. O alcalde-presidente ser o rgano competente para ditar a resolucin da concesin ou denegacin da tarxeta de estacionamento de vehculos e da tarxeta de accesibilidade, as como para o exercicio da potestade sancionadora neste mbito, quen poder delegar nun/ha concelleiro/a.

2. As tarefas de vixilancia e control da utilizacin das tarxetas e as reservas de estacionamento sern realizadas polo persoal municipal.

   
  ARTIGO 5.- PROCEDEMENTO  
 

1. O procedemento ordinario de concesin de tarxetas de estacionamento de vehculos e de accesibilidade comprender os seguintes trmites:

a) O expediente iniciarase a solicitude da persoa interesada mediante impreso normalizado que, unha vez cumprimentado, se presentar no rexistro xeral do Concello. Xunto coa solicitude deber achegar a documentacin sinalada no artigo 3.

b) O persoal municipal comprobar que a persoa solicitante rene os requisitos establecidos na presente ordenanza e normativa de aplicacin, requirindo en caso contrario persoa interesada para que no prazo de 10 das emende a falta ou acompae os documentos preceptivos, en caso contrario terselle por desistido da sa peticin.

c) Unha vez comprobado polo persoal municipal que o expediente rene os requisitos esixidos, emitirase de valoracin conforme ao establecido no anexo IV.

d) A solicitude formulada pola persoa interesada, xunto co informe emitido polo persoal municipal, elevarase ao rgano competente, quen ditar unha resolucin.

e) A resolucin adoptada, debidamente motivada, ser notificada s persoas interesadas no domicilio que figure no expediente a efectos de notificacins, conforme ao establecido na Lei 30/92, de 26 de novembro, de rxime xurdico das administracins pblicas e do procedemento administrativo comn.

f) Unha vez resolta a solicitude de forma favorable, o Concello expedir a correspondente tarxeta, e far entrega da mesma persoa solicitante de forma gratuta. A persoa beneficiaria asinar o documento de ter recibido a tarxeta xunto coa informacin das condicins de uso,segundo o modelo establecido no anexo VI. A persoa beneficiaria deber proceder a plastificar a tarxeta para garantir a sa conservacin.

2. Para a tramitacin das tarxetas de estacionamento de vehculos, no caso de que o certificado de discapacidade que achegue a persoa solicitante non vea recoecida expresamente as dificultades para o uso do transporte colectivo, o Concello remitir copia da solicitude ao EVO. Neste caso, o informe que emitan ao respecto ser vinculante para a concesin ou denegacin polo rgano competente.

3. Para a tramitacin das tarxetas de accesibilidade, no caso de que a persoa solicitante non dispoa do certificado de cualificacin do grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, o Concello remitir copia da solicitude ao EVO correspondente. Neste caso, o informe que emitan ao respecto ser vinculante para a concesin ou denegacin polo rgano competente.

   
  ARTIGO 6.- VIXENCIA E RENOVACIN DAS TARXETAS  
 

1. Nos casos de cualificacin da discapacidade con carcter permanente, as tarxetas caducarn aos 10 anos da sa concesin.

2. Nos caos de cualificacin da discapacidade con carcter temporal, as tarxetas caducarn cando finalice o prazo que indique o certificado de discapacidade.

3. A renovacin das tarxetas seguir o mesmo procedemento que o da sa tramitacin.

   
  ARTIGO 7.- CAMBIO DE DOMICILIO, PERDA, DETERIORO OU SUBTRACCIN  
 

Cambio de domicilio: O interesado deber solicitar unha nova tarxeta que, unha vez expedida, conservar o prazo de validez anterior. Se o cambio de domicilio dentro do mesmo municipio manterase o nmero de orde, se a anterior tarxeta est expedida fora do municipio variarase o nmero de orden municipal. En mbolos dous casos deberase entregar no Concello a tarxeta anterior.

Perda ou deterioro: Deber ser comunicado inmediatamente ao Concello e realizar a peticin dunha nova tarxeta no impreso de solicitude. No caso de deterioro deber, ao recoller a nova tarxeta, entregar a deteriorada.

Subtraccin: Deber acompaar a solicitude dunha nova tarxeta, copia da denuncia presentada na Comisara de Polica ou Garda Civil.

En todos os casos, a tarxetas mantern o mesmo nmero que a anterior as como o perodo de validez.

   
  ARTIGO 8.- DEREITOS  
 

1. As persoas titulares da tarxeta de estacionamento de vehculos beneficiaranse das seguintes facilidades en materia de circulacin, parada e estacionamento:

a) Estacionar o vehculo por mis tempo do autorizado, con carcter xeral, nas zonas en que dito tempo se atope limitado.

b) Autorizacin para que os vehculos ocupados polas persoas que presenten graves problemas de mobilidade poidan deterse na va pblica durante o tempo imprescindible e sempre que non entorpezan a circulacin rodada ou peonil.

c) Utilizacin das prazas de aparcadoiro reservadas para tal efecto no mbito da Comunidade Autnoma de Galicia.

2. A tarxeta de accesibilidade dar dereito persoa titular dos beneficios legalmente recoecidos no artigo 51 do Decreto 35/2000 no mbito da Comunidade Autnoma de Galicia, que son:

a) Reserva de praza nos transportes colectivos

b) Bonificacin nas tarifas para as persoas que dispoan de tarxeta

c) Reserva de prazas nos centros de servizo do transporte pblico

   
  ARTIGO 9.- OBRIGAS  
 

1. As persoas titulares da tarxeta debern comunicar ao Concello, no prazo de 15 das, calquera variacin das circunstancias que motivaron a sa concesin, a contar dende o coecemento da variacin das circunstancias alegadas.

2. O uso indebido da tarxeta dar lugar a sa retirada, sen prexuzo das responsabilidades que puideran derivar.

   
  ARTIGO 10.- CONDICINS DE USO  
 

1. As tarxetas expedidas polo ente municipal son de carcter persoal e intransferible.

2. As tarxetas de estacionamento de vehculos cuxo titular sexa unha persoa fsica s podern utilizarse cando a persoa titular viaxe no vehculo de que se trate, sexa ou non da sa propiedade, ben como condutor/a ou como ocupante.

3. As tarxetas de estacionamento de vehculos cuxo titular sexa unha persoa xurdica s podern utilizarse nos vehculos para os que foi concedida , e sempre que nese momento se atopen prestando o servizo de transporte de persoas con mobilidade reducida.

4. A tarxeta de estacionamento de vehculos colocarse na parte inferior do parabrisas dianteiro do vehculo de forma que o seu anverso resulte claramente visible dende o exterior.

   
  ARTIGO 11.- INFRACCINS E SANCINS. PROCEDEMENTO SANCIONADOR  
 

1. No suposto de que se detecte o uso indebido da tarxeta de maneira reiterada e debidamente probada, o rgano competente retirar a citada tarxeta durante un prazo de 2 anos, debendo a persoa interesada instar o procedemento para a sa expedicin unha vez transcorrido o citado prazo.

2. As infraccins da presente ordenanza sern sancionadas de acordo coa normativa vixente sobre o procedemento sancionador.

   
  DISPOSICINS  
 

DISPOSICINS ADICIONAIS

PRIMEIRA.- As persoas residentes no territorio espaol, sexan de nacionalidade espaola ou do resto da Unin Europea, que sexan titulares dunha tarxeta de estacionamento expedida polas respectivas autoridades competentes, gozarn neste termo municipal dos dereitos recoecidos pola presente ordenanza reguladora.

SEGUNDA.- As tarxetas axustaranse s caractersticas sinaladas no anexo III do regulamento de desenvolvemento e execucin da Lei 8/1997, de 20 de agosto, de accesibilidade e supresin de barreiras arquitectnicas na Comunidade Autnoma de Galicia, aprobado mediante o Decreto 35/2000, de 28 de xaneiro, ou normativa que o substita.

TERCEIRA.- As tarxetas concedidas por este Concello con anterioridade entrada en vigor desta Ordenanza seguirn sendo vlidas ata a data de caducidade das mesmas.

DISPOSICIN FINAL

A presente Ordenanza entrar en vigor as que transcorra o prazo de 15 das hbiles dende a sa publicacin do seu texto ntegro no Boletn Oficial da Provincia e conforme ao disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de rxime local.

Nota Legal Servicio de Asistencia Económica a Municipios