Deputaci�n da Coru�a Deputaci�n da Coru�a
Unha deputaci�n � servicio da provincia 24 horas � servicio da provincia A Coru�a por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradici�ns e honrar �s nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coru�a
�ltimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Axuda Suxesti�ns

Castellano Gallego

... Ordenanzas y Reglamentos
Nueva Búsqueda

Mazaricos - ORDENANZA FISCAL Nº 3.- REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS.

Publicación provisional : 01-01-1990 BOP Nº 00 -- Publicación definitiva : 01-01-1990 BOP Nº 00
Aplicable desde 09-04-2014

Redacciones Redacciones
 - Artigo 1.º.–Natureza e fundamento.
 - Artigo 2.º.–Feito impoñible.
 - Artigo 3.º.–Suxeitos pasivos.
 - Artigo 4.º.–Base impoñible, cota e devengo.
 - Artigo 5.º.–Xestión.
 - Artigo 6.º.–Inspección e recadación.
 - Artigo 7.º.–Infraccións e sancións.
 - Disposición final.
   
  Artigo 1.º.–Natureza e fundamento.  
 

De conformidad co disposto nos art. 59.2 e 100 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, o Concello de Mazaricos establece o imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras, nos termos regulados na presente Ordenanza Fiscal.

   
  Artigo 2.º.–Feito impoñible.  
 

Constitúe o feito impoñible do impuesto a realización dentro do término municipal, de calqueira construccción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtérase ou non dita licenza, ou para a que se esixa presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control corresponda a este Concello.

   
  Artigo 3.º.–Suxeitos pasivos.  
 

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela. Aos efectos previstos neste artigo terá a consideración do dono da construcción, instalación ou obra que soporte os gastos ou o custe que comporte a súa realización.

No suposto de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do mesmo quenes soliciten as correspondentes licenzas ou presenten as correspondentes declaracións responsables ou comunicacións previas ou realicen as construcións, instalacións ou obras. O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.

   
  Artigo 4.º.–Base impoñible, cota e devengo.  
 

1. A base impoñible do imposto está constituida polo coste real e efectivo da construción, instalación ou obra.

2. A cota de este impuesto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravamen.

3. O tipo de Gravame será o 2% da base indicada no apartado 1º para obras de ata 1.202.024,21 euros; a partir desa cifra aplicarase o 2,8%

4. O imposto devengarase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, ainda cando non se obtera a correspondente licenza ou non se presentara a correspondente comunicación previa.

   
  Artigo 5.º.–Xestión.  
 

1. Cando se conceda a licenza preceptiva ou se presente a declaración responsable ou comunicación previa practicarase unha liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do orzamento presentado polos interesados, sempre que o mesmo fora visado polo Colexio Oficial correspondente; noutro caso, a base impoñible será determinada polos Técnicos Municipais ou Comisión correspondente.

2. Á vista de las construcións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do custo real efectivo das mismas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa podrá modificar, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.

   
  Artigo 6.º.–Inspección e recadación.  
 

A inspección e recadación do impuesto realizarase de acordo co previsto na Lei Xeral Tributaria e disposicións dictadas para o seu desarrollo.

   
  Artigo 7.º.–Infraccións e sancións.  
 

A calificación das infraccións tributarias e a determinación das sancións que polas mesmas correspondan, regularanse polo disposto na Lei Xeral Tributaria e disposicións que a desarrollan.

   
  Disposición final.  
 

A presente Ordenanza foi aprobada polo Pleno do Concello de Mazaricos o 30 de xaneiro de 2014 e entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no B.O.P., permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.

Nota Legal Servicio de Asistencia Económica a Municipios