Deputaci�n da Coru�a Deputaci�n da Coru�a
Unha deputaci�n � servicio da provincia 24 horas � servicio da provincia A Coru�a por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradici�ns e honrar �s nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coru�a
�ltimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Axuda Suxesti�ns

Castellano Gallego

... Ordenanzas y Reglamentos
Nueva Búsqueda

Rois - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional : 17-11-2003 BOP Nº 264 -- Publicación definitiva : 29-12-2003 BOP Nº 297
Redacción Aplicable desde 28-05-2014

Redacciones Redacciones
 - Artigo 1º .-Fundamentos e natureza
 - Artigo 2º .-Feito impoñible
 - Artigo 3º .-Suxeito pasivo
 - Artigo 4º .-Responsables
 - Artigo 5º .-Cota tributaria
 - Artigo 6º .-Bases de imposición e tarifas
 - Artigo 7º .-Bonificación da cota
 - Artigo 8º .-Devengo
 - Artigo 9º .-Declaración e ingreso
 - DISPOSICIÓN FINAL
   
  Artigo 1º .-Fundamentos e natureza  
 

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 20 do RD 2/2004, polo que se aproba a Lei Reguladora de Facendas Locais, este Concello establece a taxa por expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ó previsto no artigo 58 da citada Lei.

   
  Artigo 2º .-Feito impoñible  
 

Artigo 2º .-Feito impoñible

1.-Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolta, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e dos expedientes de que entenda a administración ou as autoridades municipais.

2.-A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte, calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular e redunde no seu beneficio, aínda que non houbera mediado solicitude expresa do interesado.

3.-A tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento das obrigas fiscais non estarán sometidos a esta Taxa, como tampouco o estarán as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións de calquera clase, os relativos a prestación de servicios ou á realización de actividades de competencia do Concello, as compulsas de documentos, os certificados solicitados polos distintos departamentos municipais para a tramitación de expedientes e os volantes de empadroamento.

   
  Artigo 3º .-Suxeito pasivo  
 

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou que redunde interés a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

   
  Artigo 4º .-Responsables  
 

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios as administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

   
  Artigo 5º .-Cota tributaria  
 

1.-A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa, segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo ca tarifa que contén o artigo seguinte.

2.-A cota da tarifa correspondente á tramitación completa en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final.

   
  Artigo 6º .-Bases de imposición e tarifas  
 

As bases de imposición e tarifas son as recollidas nos seguintes epígrafes:

1.-Expedición de certificados e informes urbanísticos (excepto vivendas colectivas): 15,00 euros

2.-Expedición de certificados de información urbanística vivendas colectivas (entendendo por estas as que teñan máis de un baixo e andar): 25,00 euros

3.-Tramitación de expedientes de licenzas de obras menores ou rexímenes de intervención municipal de comunicación previa a petición de persoas físicas:

a) Orzamento de execución da obra inferior a 500,00 euros: 0,00 euros

b) Orzamento de execución da obra comprendido entre 500,00 euros e 5.000,00 euros ambos inclusive: 15,00 euros

c) Orzamento de execución da obra maior de 5.000,00 euros: 35,00 euros

4.- Tramitación de expedientes de licenzas de obras menores ou rexímenes de intervención municipal de comunicación previa a petición de persoas xurídicas: 30,00 euros

5.- Tramitación de expedientes de licencia pola posesión de animais potencialmente perigosos: 20,00 euros

6.-Tramitación de expedientes de contratación administrativa de obras, bens, servicios e suministros:

a) Contrato de importe inferior a 6.000,00 euros: 0 euros

b) Contrato de importe igual ou superior a 6.000 euros e inferior a 30.000 euros: 50,00 euros

c) Contrato de importe igual ou superior a 30.000,00 euros: 100,00 euros

7.- Copias de normativa urbanística, ordenanzas fiscais e planos:

a) Ordenanza urbanística ou fiscal en papel ou soporte dixital: 6,00 euros

b) Planos P.X.O.M. en soporte dixital: 10,00 euros

c) Copia P.X.O.M. en CD-Rom: 60,00 euros

8.- Recoñecementos notariais de poderes: 6,00 euros

9.- Expedición de documentos polo Punto de Información Catastral (P.I.C.) de Rois:

a) Certificacións catastrais (positivas ou negativas) de calquera tipo de ben inmoble: 5,00 € por certificación.

b) Consultas descritivas e gráficas, informes, planos e demáis documentación catastral análoga: 1,00 € por cada documento expedido.

c) Consultas descritivas e gráficas, informes, planos e demáis documentación catastral análoga que requiran o acceso ao arquivo municipal: 3,00 € por cada documento expedido.

   
  Artigo 7º .-Bonificación da cota  
 

Concederase unha bonificación do 50% do importe da taxa nos seguintes casos:

7.1 Bonificación pola condición de parado de longa duración. A estes efectos terán a condición de parados de longa duración aquelas persoas que leven inscritas no I.N.E.M. (ou no organismo a quen se lle transfiran as súas competencias) por un período ininterrompido de dous anos no momento de presentación da solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

7.2 Xubilados con pensión mínima. A estes efectos terán a condición de xubilados con pensión mínima aquelas persoas que perciban exclusivamente o importe dalgunha das pensións mínimas fixadas anualmente polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais (ou polo organismo que asuma esta competencia) no momento de presentación da solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

Para concede-la bonificación, os interesados deberán presenta-la documentación que acredite tal condición.

   
  Artigo 8º .-Devengo  
 

1.-Devengarase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

2.-Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2º , o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provoquen a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie se previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

   
  Artigo 9º .-Declaración e ingreso  
 

1.-A taxa esixirase en réxime de autoliquidación no momento da entrega dos correspondentes documentos administrativos ó solicitante.

2.-Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2º, a taxa esixirase igualmente en réxime de autoliquidación no momento da entrega dos correspondentes documentos administrativos ou da formalización do contrato administrativo.

   
  DISPOSICIÓN FINAL  
 

A presente modificación da ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, previa exposición ao público e resolución das reclamacións, e comenzará a aplicarse a partir de esa data, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Nota Legal Servicio de Asistencia Económica a Municipios