|
 |
|
|
|
|
Artigo 1.º.–Obxecto.
|
|
|
|
En uso das facultades concedidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba a texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e artigo 81 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, o decreto 99/2012, de 16 de marzo, por el que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento e o decreto 149/2013, de 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo. O Concello de Corcubión establece a taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar atendendo ao establecido nos artigos 20.4 e 57 do citado Real decreto lexislativo polo que se aproba a texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
|
|
|
|
|
Artigo 2.º.–Financiamento do servizo.
|
|
|
|
O financiamento do servizo de axuda no fogar realízase con cargo ás achegas do Concello, subvencións doutras administracións públicas e a taxa que corresponde satisfacer polas persoas usuarias.
|
|
|
|
|
Artigo 3.º.–Obrigados ao pagamento.
|
|
|
|
Están obrigados/as ao pago todas aquelas persoas que: a) Estean recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atencións ás persoas en situación de dependencia, e teñan resolución do Plan Individualizado de Atención (PIA) no que se recoñeza o citado servizo (calquera que sexa a modalidade do mesmo) sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no regulamento específico de funcionamento. b) As persoas que accedan ao servizo de axuda no fogar por libre concorrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no regulamento específico de funcionamento. c) Se o/a beneficiario/a carecera de capacidade de obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.
|
|
|
|
|
Artigo 4.º.–Determinación da capacidade económica de persoas dependentes valoradas, usuarias do servizo de axuda no fogar, con dereito de atención recoñecida.
|
|
|
|
1. A capacidade económica das persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido de atención calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capitulo 2 do título 3 do decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de Servizo Social para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de Servizos sociais da Xunta de Galicia. 2. O resultado do cálculo da capacidade económica correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar constará na resolución do plan individualizado de atención que se resolva en cada caso de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
|
|
|
|
|
Artigo 5.–Determinación da capacidade económica de persoas usuarias do servizo de axuda no fogar básico.
|
|
|
|
1. No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o Concello regulará o cómputo da capacidade económica de acordo cos seguintes criterios: a) Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2. da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas. b) Computarase así mesmo o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos. c) A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.
|
|
|
|
|
Artigo 6.º.–Contía da cota tributaria.
|
|
|
|
Para os efectos de aplicación das tarifas tomarase como referencia o indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM). 1. O cálculo da cota tributaria, no caso de que a persoa usuaria acceda o servizo a través dos sistema de dependencia a cantidade a aboar polo usuario será a resultante de aplicar á capacidade económica do usuario a porcentaxe establecida para cada grao de dependencia e en función da intensidade asignada, segundo o cadro establecido no artigo 61 do decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos comunitarios e o seu financiamento, modificado polo Decreto 149/2013, do 5 de setembro. Neste caso non se terá en conta o custo do servizo para calcular o copago; soamente se terá en conta para comprobar que non se excede o límite do 90% establecido no citado artigo. 2. O cálculo da cota tributaria, no caso de que a persoa usuaria acceda o servizo a través do sistema de libre concorrencia, unha vez calculada a capacidade económica, segundo o establecido no artigo 60, esta dará lugar a un determinado porcentaxe, que determinará cada concello (artigo 8 da presente Ordenanza), tendo en conta o marco do artigo 62. A cantidade a aboar polo usuario será a resultante de aplicar a porcentaxe anterior o prezo/hora do custo do servizo. Establecese o prezo da hora por prestación do servizo en 10 €. O prezo/hora poderá ser revisable anualmente segundo IPC.
|
|
|
|
|
Artigo 7.º.–Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes valoradas, usuarias do servizo de axuda no fogar, con dereito de atención recoñecida.
|
|
|
|
1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo. 2. Nos demais supostos, aplicarase a seguinte táboa, na que se indica o copago en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado: Capacidade económica (referenciada ao IPREM) | GRADO I | GRADO II | GRADO III | | <=20 h | <=45 h | <=70 h | 100,00% | 0,00% | 0,00% | 0,00% | 115,00% | 4,52% | 9,61% | 14,70% | 125,00% | 5,41% | 11,50% | 17,58% | 150,00% | 5,55% | 11,79% | 18,03% | 175,00% | 5,65% | 12,00% | 18,35% | 200,00% | 5,72% | 12,16% | 18,60% | 215,00% | 5,81% | 12,34% | 18,87% | 250,00% | 6,03% | 12,82% | 19,61% | 300,00% | 6,24% | 13,26% | 20,29% | 350,00% | 6,42% | 13,63% | 20,85% | 400,00% | 6,54% | 13,90% | 21,25% | 450,00% | 6,63% | 14,09% | 21,55% | 500,00% | 6,70% | 14,25% | 21,79% | >500% | 6,76% | 14,36% | 21,97% |
3. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa usuaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, o cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo, as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo. 4. En ningún caso, o importe da participación económica a ingresar pola persoa usuaria en concepto de copagamento poderá exceder o 90% do custo do servizo, determinado en termos de prezo/hora. 5.–No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado: % Capacidade económica (referenciada ao IPREM) Ata | GRAO I | GRAO II | GRAO III | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | <=15 | <=28 | <=45 | 100,00% | 0,00% | 12,87% | 13,76% | 0,00% | 22,73% | 24,29% | 0,00% | 35,51% | 37,95% | 115,00% | 5,98% | 13,10% | 14,00% | 10,56% | 23,12% | 24,71% | 16,50% | 36,13% | 38,61% | 125,00% | 7,15% | 13,39% | 14,31% | 12,63% | 23,64% | 25,26% | 19,73% | 36,94% | 39,47% | 150,00% | 7,34% | 13,52% | 14,44% | 12,95% | 23,87% | 25,50% | 20,24% | 37,29% | 39,85% | 175,00% | 7,47% | 13,61% | 14,54% | 13,18% | 24,03% | 25,67% | 20,60% | 37,54% | 40,12% | 200,00% | 7,57% | 13,76% | 14,70% | 13,36% | 24,29% | 25,96% | 20,87% | 37,96% | 40,56% | 215,00% | 7,68% | 13,83% | 14,78% | 13,56% | 24,42% | 26,09% | 21,18% | 38,16% | 40,77% | 250,00% | 7,98% | 13,96% | 14,91% | 14,09% | 24,64% | 26,33% | 22,01% | 38,50% | 41,14% | 300,00% | 8,25% | 14,06% | 15,02% | 14,57% | 24,82% | 26,52% | 22,77% | 38,78% | 41,44% | 350,00% | 8,48% | 14,16% | 15,13% | 14,98% | 25,00% | 26,72% | 23,40% | 39,07% | 41,74% | 400,00% | 8,65% | 14,35% | 15,33% | 15,27% | 25,33% | 27,06% | 23,85% | 39,57% | 42,29% | >400,00% | 8,77% | 14,48% | 15,48% | 15,48% | 25,57% | 27,32% | 24,19% | 39,95% | 42,69% |
|
|
|
|
|
Artigo 8.º.–Participación no financiamento do servizo das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar básico.
|
|
|
|
1. Para o servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, a corporación local establecerá unha regulación progresiva de participación económica no custo do servizo que terá en conta a estrutura de rendas no Concello e o cálculo da capacidade económica per capitá de acordo co establecido no artigo 5 desta ordenanza. CAPACIDADE ECONÓMICA | PARTICIPACIÓN NO CUSTE DO SERVIZO DE SAD BÁSICO | Menor do 0,80 do IPREM | 0 | Maior do 0,80 do IPREM e menor ou igual a 1 IPREM | 10% | Maior de 1 e menor ou igual a 1,50 IPREM | 15% | Maior de 1,50 e menor ou igual a 2 IPREM | 25% | Maior de 2 e menor ou igual a 2,5 IPREM | 40% | Maior de 2,5 e menor ou igual a 3,5 IPREM | 60% | Maior de 3,5 e menor ou igual a ,5 IPREM | 75% | Maior de 5 do IPREM | 90% |
2. Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestruturación familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social. 3. En calquera caso establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica. 4. En ningún caso se aplicará o copagamento nos seguintes casos: – Programa de valoración, orientación e información. – Servizo de educación e apoio familiar. – Programa básico de inserción social.
|
|
|
|
|
Artigo 9.º.–Afectación dos ingresos municipais polo copagamento destes servizos.
|
|
|
|
De conformidade co artigo 56.7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso os ingresos que recaden as corporacións locais de Galicia en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios estarán afectados ao financiamento dos servizos que reciban.
|
|
|
|
|
Artigo 10.º.–Nacemento da obriga de pago.
|
|
|
|
O réxime xurídico da participación económica das persoas usuarias no custo do servizo é o establecido polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de facendas locais. A obriga de pagar os prezos públicos regulados nesta ordenanza, nace, en xeral, dende que se inicie a prestación do servizo e deberá facerse efectivo de acordo coas seguintes normas de xestión: 1. As taxas contempladas contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo e con carácter específico, durante os vinte primeiros días do mes seguinte. 2. Por parte do Concello e, sobre a base do parte de traballo asinado, conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, e segundo o establecido no regulamento do servizo de axuda no fogar do Concello de Corcubión, elaborarase un recibo individual co importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria, para que se efectúe o pagamento.
|
|
|
|
|
Artigo 11.º.–Condicións de pagamento.
|
|
|
|
1.–Nos casos contemplados como baixa temporal no regulamento do servizo de axuda no fogar os beneficiarios non aboarán a cota correspondente a achegan durante este tempo. 2.–Nos casos de ausencias non xustificadas e/ou non comunicadas, os beneficiarios aboarán a cota correspondente de achega. 3.–Se a algunha persoa beneficiaria non se lle prestase o servizo por causas non imputables á mesma, léase por problemas derivados da organización interna do propio servizo, terá dereito a un desconto proporcional ao tempo que estivo sen atención á hora de aboar a cota mensual. 4.–As débedas pola taxa poderán esixirse polo procedemento administrativo de apremo. 5.-As cantidades deixadas de aboar polo persoa usuaria serán recadadas pola vía de constrinximento. Ademais a falta reiterada de pagamento constitúe unha causa de extinción do servizo, de acordo co establecido no artigo 8.1.f da orde do 22 de xaneiro do 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar e no 8.1.e do regulamento municipal do servizo de axuda no fogar do Concello de Corcubión. 6.–Os suxeitos pasivos estarán obrigados a comunicar calquera alteración que se produza nos seus ingresos ao longo do período impositivo, así como a renovar anualmente, os datos para a estimación das súas rendas.
|
|
|
|
|
Artigo 12.º.–Infraccións e sancións.
|
|
|
|
As infraccións e sancións rexeranse, no relativo aos pagos, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, e no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
|
|
|
|
|
Disposicións derrogatorias
|
|
|
|
Esta ordenanza derroga expresamente a ordenanza reguladora da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar publicada no BOP n..º 172, do 8 de setembro de 2010, e calquera outra disposición de igual ou inferior rango que sexa contraria á mesma.
|
|
|
|
|
Disposicións derradeira
|
|
|
|
A presente ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e publicada no BOP. Será de aplicación a partir do día primeiro do mes seguinte á súa entrada en vigor, continuando vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.
|
|
|
|
|
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
|
|
|
|
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez aprobada definitivamente e publicada no BOP, e será de aplicación a partir do día primeiro do mes seguinte á súa entrada en vigor, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:“…..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el “Boletín Oficial” de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales.....” (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo). Artigo 65.2: “El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo.”
|
|
|