Deputaci�n da Coru�a Deputaci�n da Coru�a
Unha deputaci�n � servicio da provincia 24 horas � servicio da provincia A Coru�a por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradici�ns e honrar �s nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coru�a
�ltimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Axuda Suxesti�ns

Castellano Gallego

... Ordenanzas y Reglamentos
Nueva Búsqueda

Corcubión - ORDENANZA FICAL NÚM. 1 REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS DO CONCELLO DE CORCUBIÓN

Publicación provisional : 25-01-2016 BOP Nº 15 -- Publicación definitiva : 11-03-2016 BOP Nº 48
Redacción Aplicable desde 12-03-2016

Redacciones Redacciones
 - Artigo 1.–Natureza e fundamento.
 - Artigo 2.–Feito Impoñible.
 - Artigo 3.–Exencións.
 - Artigo 4.–Suxeitos pasivos.
 - Artigo 5.–Base impoñible, cota, tipo de gravame e devengo.
 - Artigo 8.–Normas de xestión.
 - Artigo 9.–Bonificacións.
 - Artigo 10.–Inspección e recadación.
 - Artigo 11.–Infraccións e sancións.
 - Disposición derrogatoria
 - Disposición final
   
  Artigo 1.–Natureza e fundamento.  
 

De conformidade co disposto nos artigos 59.2 e 100 e seguintes do Real decreto lexislativo, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Corcubión establece o Imposto sobre construcións, instalacións e obras, nos termos regulados na presente Ordenanza.

   
  Artigo 2.–Feito Impoñible.  
 

Constitúe o feito impoñible do imposto a realización dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtivérase ou non dita licenza, ou para a que se esixa a presentación de declaración responsable ou comunicación previa, presentáranse ou non, sempre que a expedición da licenza ou actividade de control corresponda a este Concello.

Quedan tamén incluídas no feito impoñible do imposto, as construcións, instalacións e obras que se realicen en cumprimento dunha orde de execución municipal ou aquelas outras que requiran a previa existencia dun acordo aprobatorio ou dunha concesión. Nestes supostos a licenza aludida no apartado anterior, considerarase outorgada unha vez ditada a orde de execución, adoptado o acordo ou adxudicada a concesión polos órganos municipais competentes, con cumprimento da tramitación preceptiva, e legalmente notificado o acto administrativo o interesado.

   
  Artigo 3.–Exencións.  
 

Está exenta do pagamento do imposto a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa propietario o Estado, as Comunidades autónomas ou as Entidades locais, que estando suxeita ao imposto, vaia a ser directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto si se trata de obras de inversión nova como de conservación.

   
  Artigo 4.–Suxeitos pasivos.  
 

Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas xurídicas ou as entidades locais do artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan propietarios da construción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela. Aos efectos previstos neste artigo terá a consideración de propietario da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custe que comporte a súa realización.

No suposto de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte quen solicite a correspondente licenza ou presenten a correspondente declaración responsable ou comunicación previa ou realicen as construcións, instalacións ou obras.

O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.

   
  Artigo 5.–Base impoñible, cota, tipo de gravame e devengo.  
 

1.–A base impoñible deste imposto está constituída polo custe real e efectivo da construcións, instalación ou obra.

Non forman parte da base impoñible o Imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estritamente, o custe de execución material.

2.–A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.

3.–O tipo de gravame será o 3,25% da base impoñible indicada no parágrafo primeiro.

4.–A obriga de contribuír nace no intre de comezar a construción, instalación ou obra, mesmo nos casos en que comece sen ter obtido a licenza que proceda.

Os efectos deste imposto, entenderanse iniciadas as construcións, instalacións ou obras, salvo proba en contrario, cando fora concedida a preceptiva licenza municipal; no momento no que sexa retirada a devandita licenza polo interesado ou o seu representante, ou noutro caso, ó mes da data da resolución.

   
  Artigo 8.–Normas de xestión.  
 

1.–Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar solicitude de licenza urbanística, declaración responsable ou comunicación previa, acompañada dos correspondentes presupostos, nos casos e modos que sinala a normativa aplicable ao solo e a edificación, tanto estatal, como autonómica e local. A solicitude de licenza urbanística, declaración responsable ou comunicación previa terá o valor de declaración tributaria, por canto dos presupostos que se acompañen a aquela deducirase a base impoñible do imposto. De non mediar solicitude de licenza, declaración responsable ou comunicación previa antes do inicio das obras, a conduta, sen prexuízo das súas repercusións urbanísticas, constituirá unha infracción tributaria, nos termos do artigo 11 da presente ordenanza fiscal.

2.–Os suxeitos pasivos que inicien a construción, instalación ou obra e non tiveran presentado unha comunicación previa ou declaración responsable, nin tiveran concedida aínda a licenza preceptiva teñen a obriga de presentar, no prazo máximo dun mes, a contar dende o inicio da construción, instalación ou obra a declaración tributaria que permita practicar a esta administración a correspondente liquidación provisional a conta.

3.–A base impoñible para a autoliquidación e liquidación do imposto, determinarase en función do presuposto presentado polos interesados, salvo que se estime que o presentado é manifestamente inferior ó custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, en cuxo caso farase a determinación da base impoñible atendendo os custes reais de execución material determinados polos servizos técnicos municipais en base ós prezos medios de mercado.

4.–O procedemento de xestión do tributo será diferenciado, así:

a) Réxime de autoliquidación:

Establécese o réxime de autoliquidación do imposto para o suposto de realización de construción, instalacións e obras para cuxa realización se esixa declaración responsable ou comunicación previa. Así, o suxeito pasivo está obrigado a presentar xunto ca declaración responsable ou comunicación previa, a autoliquidación no modelo normalizado facilitado polo Concello e o xustificante de ter ingresado nas contas municipais a cota resultante. No suposto de que na autoliquidación presentada se detectaran erros aritméticos, formais ou de aplicación dos elementos determinantes da base impoñible ou do tipo de gravame a Administración tributaria poderá ditar unha liquidación complementaria modificando a citada autoliquidación.

No caso de que a corresponde declaración responsable ou comunicación previa non obtivera o visto bo, e se deixará sen efecto en aplicación do procedemento establecido no artigo 26 da Lei 9/2013 de emprendemento e competitividade económica de Galicia, os suxeitos pasivos terán dereito a devolución das cotas satisfeitas, previa solicitude.

b) Réxime de liquidación de ingreso directo:

Establécese o réxime de liquidación de ingreso directo para o suposto de realización de construción, instalación e obras para cuxa realización se esixa a obtención de licenza de obra ou urbanística. Cando se conceda a licenza preceptiva, practicarase unha liquidación provisional que será notificada ao suxeito pasivo para o seu pago nos prazos fixados pola lexislación tributaria.

Este mesmo réxime será o aplicable para os supostos de que a realización de construción, instalación e obras derive do cumprimento dunha orde de execución municipal ou aquelas outras que requiran a previa existencia dun acordo aprobatorio ou dunha concesión.

5.–O pagamento da autoliquidación presentada ou modificada ou da liquidación provisional aprobada terán carácter provisorio e serán a conta da liquidación definitiva que se practique unha vez realizadas as construción, instalación ou obras. Así, unha vez rematadas estas, e tendo en conta a obra realizada e o seu custo real e efectivo, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado primeiro deste artigo, facendo a correspondente liquidación definitiva, e esixindo ou reintegrando ao suxeito pasivo a cantidade que resulte.

6.–No suposto de que non se inicien as construcións, instalacións e obras, o interesado terá dereito a devolución das cantidade, que no seu caso tivera satisfeitas en concepto de imposto sobor de instalación, construción e obras, sempre e cando formule renuncia expresa a licenza, ou sexa declarada a caducidade mediante resolución administrativa. Do mesmo xeito terá dereito a devolución do ingresado logo da renuncia expresa a realización das obras nos supostos de presentación dunha comunicación previa ou declaración responsable.

   
  Artigo 9.–Bonificacións.  
 

Para os efectos do disposto no artigo 103 do Real decreto lexislativo, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, establécense as seguintes bonificacións:

a) Unha bonificación de ata o 95 por cento a favor das construcións, instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar. A aplicación desta bonificación estará condicionada a que as instalacións para produción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente.

b) Unha bonificación de ata o 50 por cento a favor das construcións, instalación ou obras referentes a vivendas de protección oficial.

A bonificación prevista neste parrafo aplicarase a cota resultante de aplicar, no seu caso, a bonificación a que se refire o parrafo anterior.

c) Unha bonificación de ata o 90 por cento a favor das construcións, instalacións ou obras en edificios ou vivendas comunitarias, que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados en zonas de uso común, extremo que será apreciado polos servizos técnicos municipais.

   
  Artigo 10.–Inspección e recadación.  
 

A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral tributaria e disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.

   
  Artigo 11.–Infraccións e sancións.  
 

A cualificación das infraccións tributarias e a determinación das sancións que polas mesmas correspondan, rexerase polo disposto na Lei xeral tributaria e disposicións que a complementes e desenvolvan, coas especificacións que resulten do texto refundido da Lei reguladora de facendas locais.

   
  Disposición derrogatoria  
 

Coa entrada en vigor da presente Ordenanza fiscal queda derrogada a anterior Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras deste Concello.

   
  Disposición final  
 

A presente ordenanza foi aprobada 16.01.2016 e entrará en vigor o día seguinte da súa publicación, permanecendo en vigor en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

Nota Legal Servicio de Asistencia Económica a Municipios