1.-Cota de vao anual. 1.a)A cota de vao anual está definida pola seguinte expresión: Qva= (Qupp + Qure) x Tv x Us x Cf x 12 Sendo: Qva= Cota de vao anual. Qupp= cota unitaria de paso por zonas peonís. Cota unitaria mensual por entrada de vehículos a inmobles por zonas peonís ou de equipamento. En caso de que a entrada ao inmoble non necesite pasar por zona peonil ou zona non destinada a circulación rodada, o valor será cero, Qupp=0. Qure= cota unitaria de reserva para entrada. Cota unitaria mensual de reserva para entrada de vehículos a inmobles por zonas distintas das peonís. No caso de que a licenza de vao non dispoña de reserva de entrada, o valor será cero, Qure=0 Tv= Tipo de vao, de valor Tv=1 para vao permanente, Tv=0,8 para vao sen reserva de entrada e Tv=0,6 para vao laboral, nocturno. Us= Unidades de superficie ou vehículos. Cf= Coeficientes que minoran ou maioran o prezo do vao. 1.b)Unidades de superficie, Us. É un número, que deberá ser igual ou maior de 3 (Us>=3), que toma os seguintes valores: Para vivendas unifamiliares Us=3. Para o caso de garaxes, Us é igual ao número de vehículos. Para o caso de actividades, Us é o número, redondeado a cero decimais, resultante de dividir a superficie da actividade, ou almacén, en planta baixa, entre 20. 1.c)Coeficiente Cf. É o producto dos seguintes coeficientes de minoración ou maioración da cota de vao, obtido pola seguinte expresión: Cf= Co x Cl x Ch. Onde: Co= Coeficiente de ocupación, ten en conta o número de vehículos. Cl= Coeficiente de liña ou delimitación, considera as liñas de delimitación do vao. Ch= Coeficiente horario. 1.d)Coeficiente de ocupación, reduce a contía segundo o número de vehículos ou superfie do local, expresados en unidades de superficie Us. Obtense da seguinte expresión: Co=1-(Us/100) Sendo Us<50. Para Us de valor igual ou superior a 50 tomarase Co= 0,5. Para vivendas unifamiliares e para Us<=3 tomarase Co=1. 1.e)Coeficiente de liña ou delimitación, Cl. Incrementa a contía segundo o incremento de lonxitude das liñas, liñas auxiliares, respecto ás lonxitudes normativas: Cl= 1+(8L/100) Sendo “L” a lonxitude, en metros, da suma das liñas auxiliares, tanto laterais como frontais. 1.f)Coeficiente horario. Unicamente se aplicará aos vaos laborais, nos demáis casos tomará o valor de 1. Terá o seguinte valor: Ch=H/10 Onde H é número de horas no que actúa o vao, será como mínimo 5h e terán que ser contínuas. 1.g)Cotas unitarias. Establécense as seguintes cotas unitarias: Qupp = 0,68 €/Us (ou vehículo)/mes. Qure = 0,45 €/Us (ou vehículo)/mes. 2.-Cota de reserva temporal de aparcamento. 2.a)A cota de reserva para aparcamento está definida pola seguinte expresión: Qra= Qura x S x Chr x Cdr x M Sendo: Qura, a cota unitaria de reserva de aparcamento. S, a superficie de reserva, como mínimo S=10m2. Chr, o coeficiente de horas de reserva. Cdr, coeficiente de días de reserva. M, número de meses, mínimo 0,5 meses. 2.b)O coeficiente horario, Chr, calcúlase coa seguinte expresión: Ch=H/10 Onde H é número de horas do día no que actúa a reserva de aparcamento, será como mínimo 5horas e terán que ser contínuas. 2.c)O coeficiente de días, Cdr, calcúlase coa seguinte expresión: Cdr=D/5 Onde D é número de días da semana no que actúa a reserva de aparcamento, será como mínimo 3 e terán que ser contínuos. 2.d)Establécese a seguinte cota unitaria de reserva de aparcamento: Qura = 1,23 €/m2/mes 3.-Placa de vao: 15€ por unidade
|