Deputaci�n da Coru�a Deputaci�n da Coru�a
Unha deputaci�n � servicio da provincia 24 horas � servicio da provincia A Coru�a por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradici�ns e honrar �s nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coru�a
�ltimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Axuda Suxesti�ns

Castellano Gallego

... Ordenanzas y Reglamentos
Nueva Búsqueda

Corcubión - REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO (R.R.I.) DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DO CONCELLO DE CORCUBIÓN (E.I.M)

Publicación provisional : 23-03-2017 BOP Nº 56 -- Publicación definitiva : 16-05-2017 BOP Nº 91
Redacción Aplicable desde 17-08-2018 hasta 29-07-2020 - Derogada

Redacciones Redacciones
 - NORMATIVA APLICABLE:
 - NORMATIVA APLICABLE:
 - NORMATIVA APLICABLE:
 - CAPÍTULO 1.–DATOS DO CENTRO
 - CAPÍTULO II.–FUNCIONAMENTO DO CENTRO
 - CAPÍTULO III.–ESTRUTURA ORGANIZATIVA
 - CAPÍTULO IV.–NORMATIVA REFERENTE AO PERSOAL DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 - CAPÍTULO V.–NORMATIVA REFERENTE AS/OS NENAS/OS
 - CAPÍTULO VI.–NORMATIVA REFERENTE Á FAMILIA
 - CAPÍTULO VII.–RÉXIME DE COBRAMENTO
 - CAPÍTULO VIII.–NORMATIVA REFERENTE Á INFRAESTRUTURA DO CENTRO
 - Disposición final
 - Disposición derrogatoria
 - ANEXOS
 - Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
   
  NORMATIVA APLICABLE:  
 

Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, inspección e acreditación dos Servizos Sociais de Galicia.

Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os Centro de Menores e os Centros de Atención á Infancia.

Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se estable o currículo de educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei Orgánica de Educación 2/2006, do 3 de maio.

Ordenanza Fiscal núm. 12, Reguladora da taxa polo uso dos servizos da Escola Infantil Municipal.

Lei 13/2008, do 3/12, de servizos sociais de Galicia.

Demais normativa aplicable na materia.

   
  NORMATIVA APLICABLE:  
 

Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, inspección e acreditación dos Servizos Sociais de Galicia.

Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os Centro de Menores e os Centros de Atención á Infancia.

Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se estable o currículo de educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei Orgánica de Educación 2/2006, do 3 de maio.

Ordenanza Fiscal núm. 12, Reguladora da taxa polo uso dos servizos da Escola Infantil Municipal.

Lei 13/2008, do 3/12, de servizos sociais de Galicia.

Demais normativa aplicable na materia.

   
  NORMATIVA APLICABLE:  
 

Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, inspección e acreditación dos Servizos Sociais de Galicia.

Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os Centro de Menores e os Centros de Atención á Infancia.

Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se estable o currículo de educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei Orgánica de Educación 2/2006, do 3 de maio.

Ordenanza Fiscal núm. 12, Reguladora da taxa polo uso dos servizos da Escola Infantil Municipal.

Lei 13/2008, do 3/12, de servizos sociais de Galicia.

Demais normativa aplicable na materia.

   
  CAPÍTULO 1.–DATOS DO CENTRO  
 

Artigo 1.°.–Definición de centro.

A Escola Infantil Municipal de Corcubión definese como aquel equipamento diúrno de carácter educativo e asistencial, dirixido ao sector infantil da poboación de entre 1 e 3 anos, que ten por obxecto o desenvolvemento harmónico e integral dos/as nenos/as e o apoio ás familias, proporcionando así mermo oportunidades e recursos que garanten a igualdade entre mulleres e honres, posibilitando a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral.

Artigo 2.°.–Datos do centro.

Datos de identificación:

Denominación: Escola Infantil Municipal de Corcubión.

Enderezo: Rúa Carreira do Conde n.° 7 - 15130 Corcubión (A Coruña). Teléfono 981745034.

Fax 981747100

Responsable: Directora/or do Centro.

Titularidade:

Entidade titular: Concello de Corcubión

N.° de inscrición no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais: E-586

Tipoloxía: Escola Infantil

Representante legal: alcalde-presidente do Concello

Enderezo: Pza. José Carrera, n.° 1 - 15130 Corcubión (A Coruña)

Data de permiso provisional de inicio de actividade: 24.04.1997

Data de permiso definitivo de inicio de actividade: 9.10.2003

Tipo de xestión: directa.

   
  CAPÍTULO II.–FUNCIONAMENTO DO CENTRO  
 

Artigo 3.°.–Funcións.

Segundo o establecido na Lei Orgánica de Educación (LOE), a Escola Infantil Municipal cumpre unha función eminentemente social e educativa, proporcionando aos seus usuarios, unha atención integral sen distinción de raza, sexo ou condición social, a través dun programa global,

que garanta o desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos/as nenos/as, ao mesmo tempo que favorece e posibilita a conciliación da vida laboral, persoal e familiar.

Artigo 4.°.–Obxectivos da Escola Infantil.

Segundo o Decreto 330/2009, do 4 de xúño, polo que se establece o currículo da Educación Infantil na nosa Comunidade Autónoma, o primeiro ciclo desta etapa educativa vaise caracterizar, no seu tratamento na escola, principalmente por:

A presencia de contidos orientados á persecución da autonomía do neno/a, na satisfacción das súas necesidades básicas.

A creación dos primeiros vínculos sociais é a conquista da linguaxe.

Fomentar unha primeira aproximación á lectura e á escritura.

Introducir experiencias de iniciación temperó en habilidades numéricas básicas, nas tecnoloxías da información e a comunicación e na expresión visual e musical.

Os fins que pretendemos acadar ó longo do curso son:

Construír unha sensación de individualidade definida pola súa identidade tanto corporal como psicolóxica (un nome, un grupo sexual, un rol, autoconcepto, autoestima...) cunha autonomía progresiva á con confianza nas súas propias capacidades.

Expresar e aceptar os seus sentimentos de afecto ós demais e a si mesmo nun clima afectuoso e de confianza.

Que observe e explore activamente o seu entorno inmediato e os elementos que o configuran e mediante o adulto atribuírlle significación.

Que paulatinamente poida coordinar o seu comportamento nas propostas de xogo, de rutina, gozando e canalizando ós seas intereses, coñecementos, sentimentos e emocións.

Que sexa capaz de coordinar a súa acción, ca acción dos outros descubrindo pouco a pouco que os demais teñen a súa propia identidade, desexos e posesións que deben respectar.

Que sexa capaz de comprender as mensaxes orais, aprendendo a regular o seu comportamento en función do seu contido.

Que vaia descubrindo os medios de comunicación e representación distintos do oral: expresión corporal, musical, plásticas, matemática...

Para lograr estes fins o educador/a de acordo cas familias debe intervir facendo participar ao neno/a en actividades relacionadas cos tres ámbitos que configuran a etapa.

A organización delta etapa en tres áreas non implica unha concepción fragmentada da calidade, nin unha delimitación das actividades en cada unha delas senón que contribúen á formación da identidade e autonomía persoal para que o/a neno/a entre con confianza e seguridade no seu medio físico e social máis próximo e todo isto para axudarlle a acceder ás novas formas de comunicación e representación que lle permitan dotar as súas experiencias de significados progresivamente máis elaborados e complexos.

As capacidades que expoñemos a continuación, responden ós obxectivos xerais da Educación Infantil, de acordo co que formula a ordenación curricular exposta no artigo 4.° do anterior Decreto:

1. Coñecer o seu propio corpo e o das outra persoas, as súas posibilidades de acción e aprender a respectar as diferencias.

2. Observar e explorar o seu contorno familiar, natural e social.

3. Adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais.

4. Desenvolver as súas capacidades afectivas.

5. Relacionarse cos demais e adquirir progresivamente pautas elementais de convivencia e de relación social, así como exercitarse na resolución pacífica de conflictos.

6. Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión.

7. Iniciarse nas habilidades lóxico-matemáticas a achegarse á lectura como medio de comunicación, información e gozo.

8. Sentir o xesto, o movemento e o ritmo como recursos para a expresión e a comunicación.

9. Achegarse, na medida das súas posibilidades, ao uso das tecnoloxías da información e da comunicación.

Estes obxectivos deberanse desenvolver, nun proxecto educativo de centro.–P.E.C, que é elaborado polos/as educadores/as da Escola Infantil Municipal.

Artigo 5.°.–Capacidade total do centro.

Na Escola Infantil Municipal, traballamos co primeiro ciclo de educación infantil.

Conta cunha unidade autorizada para nenos!as de 1 a 3 anos con un total de 15 prazas, que cumpran os requisitos establecidos no artigo 6.° deste Regulamento.

Prestará o servizo de almorzo, comida e merenda, que serán dispensados nun espazo xa habilitado para toma de alimentos dentro do centro e que xa traerán preparados os/as usuarios/as para o seu consumo.

Artigo 6.°.–Destinatarios.

Poderán solicitar praza na Escola Infantil Municipal, as/os nais/pais, titoras/es ou representantes legais dos/as nenos/as con idades comprendidas entre 1 (ter cumprido ou cumprir o ano, antes do 31 de decembro do ano de matriculación) e 3 anos (idade máxima: non ter cumpridos os tres anos de idade en 31 de decembro do ano no que se solicita a praza).

Abriráselles un expediente persoal no que constarán, con carácter confidencial, os datos de filiación, sanitarios, enderezo e teléfono para avisos en casos de urxencias, así como cantas circunstancias aconsellen unha atención diferenciada. Non obstante con carácter previo á resolución da Alcaldía ou órgano competente, deberase escoitar o informe do técnico responsable da xestión do centro.

Artigo 7.°.–Integración.

A Escola Infantil Municipal promoverá dentro das súas posibilidades, a integración dos nenos/as con necesidades educativas especiais. Nestes casos requirirase o informe previo do equipo de

avaliación e orientación correspondentes ó grao de discapacidade e a súa necesidade de integración.

No caso de integrarse nenos/as con necesidades educativas especiais, en ningún caso poderá haber máis de un/unha por aula. Para os efectos de ratio, estas prazas contabilizaranse como dúas.

Artigo 8.º.–Relación de servizos prestados.

A E.I.M. de Corcubión como servizo público municipal prestará os servizos xerais de educación infantil de primeiro ciclo de 1 a 3 anos.

Servizo de Atención Educativa.–A escola infantil conta cun proxecto educativo propio complementado co proxecto SIRABUN 1 ano e 2 anos da Editorial Edelvives Tambre que se axustan na súa estrutura ao Decreto 330/2009 polo que es establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Servizo de cociña: entendendo por tal a prestación consistente na aportación dos medios persoais e materiais necesarios para a adecuada distribución e consumo dos alimentos que traen os/as propios/as usuarios/as. O horario de cociña e sestas será de 12.30 a 14.30 horas.

Actividades complementarias: saídas didácticas.

Artigo 9.–Calendario e horarios do centro.

Calendario:

O servizo da Escola Infantil Municipal, prestarase durante once meses ao ano, dende o 1 de setembro ata o 31 de xullo, ámbolos dous inclusive, de luns a venres, excluidos os días considerados festivos no calendario laboral e os días 24 e 31 de decembro.

Durante o mes de agosto o centro permanecerá pechado por vacacións do persoal do mesmo e para proceder durante dito período a realizar as obras de mantemento necesarias.

Horario:

A Escola Infantil Municipal ten un horario continuado de funcionamento de 9.00 a 17.30 horas, cun máximo de permanencia na mesma de 8 horas.

O horario ininterrompido será de 10.00 a 12.30 horas; de 13.30 a 14.30 horas e de 15.00 a 16.30 horas.

– As xornadas ofertadas son:

Xornada continua:

Horario: de 9.00 a 17.30 horas.

Permanencia: máxima de 8 horas, mínima de 6 horas.

Xornada partida:

Horario e permanencia: o mesmo que o de mañá e o da tarde.

Media xornada (4 horas de mañá):

Horario: de 9.00 a 13.30 horas.

Permanencia: máxima 4 horas, mínima 3 horas.

Xornada de 5 horas de mañá:

Horario: de 9.30 a 14.30 horas.

Permanencia: deberá respectarse o horario ininterrompido de 13.30 a 14.30 horas.

Xornada de tarde:

Horario: de 14.30 a 17.30 horas.

Permanencia: máxima de 3 horas, mínima de 2 horas.

Artigo 10.–Horario de visitas.

Os pais/nais, titores ou representantes legais dos nenos/as poderán solicitar ser recibidos de conformidade co horario establecido pola dirección para tal fin.

O horario máximo de permanencia dos nenos/as no centro, será con carácter xeral de 8 horas diarias.

O horario de funcionamento, apertura e peche, así como as xornadas ofertadas, poderanse modificar, por resolución de alcaldía para cada curso escolar (segundo a proposta da Comisión educativa), en función da demanda que para cada curso se presente, co fin de prestar un servizo de conciliación efectivo.

O horario de entrada e saída dos/das nenos/as débese caracterizar pola flexibilidade que requiran as necesidades da familia, sempre que non leve consigo alteración das actividades dos demais nenos/as e do normal funcionamento do centro.

Non obstante, unha vez acordados co centro os horarios de entrada e saída dos/as nenos/as as familias deben respectalos. A estes efectos, o horario establecido de entrada/saídas é o seguinte:

– Entrada: de 9 a 10.00 horas e de 14.30 a 15.00 horas.

– Salda: de 12.30 a 13.30 horas, ás 14.30 horas e de 16.30 a 17.30.

En caso de atrasos inxustificados e reiterados, a dirección do centro estará obrigado a tomar as medidas oportunas poñéndoo en coñecemento da comisión informativa.

O remate da xornada os/as nenos/as serán entregados ós seus pais/nais, titores ou representantes legais. No caso de que autoricen á entrega a outra persoa, esta deberá ser debidamente identificada.

En consonancia co anterior, modificar os Anexo I e Anexo II do Regulamento que quedarán redactados do seguinte xeito: (ver anexos).

Artigo 11.°.–Proceso de selección.

Na selección dos solicitantes para ocupar as prazas da Escola Infantil Municipal de Corcubión, participarán os/as técnicos/as da área de Servizos Sociais e o/a director/a do centro, aplicando o baremo establecido no presente Regulamento, para o que deberán emitir informe e proposta de resolución, que se resolverá de conformidade co establecido neste Regulamento e a lexislación vixente.

Artigo 12.°.–Solicitudes de novo ingreso e reserva de praza. Forma e prazo.

As solicitudes de novo ingreso e reserva de praza, faranse nas instancias tipificadas, que para tal fin, se facilitarán, nas oficinas municipais da Casa do Concello.

Ditas solicitudes presentaranse, no Rexistro de Entrada do Concello, dende o 1 ao 31 de maio de cada ano. Este prazo será prorrogable no suposto de que non se cubrisen todas as prazas ofertadas ou calquera outro motivo que pola Comisión Educativa do centro se considere.

En relación coa presentación de solicitudes, haberá que estar ao disposto no artigo 38.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións públicas e do procedemento Administrativo Común.

Deberase presentar xunto coa instancia, copia da seguinte documentación, podendo requirir o Concello, algunha documentación orixinal, no caso que estime oportuno:

 

1) Documentación xustificativa da situación familiar:

a) Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte da nai/pai, titores/as e/ou representantes legais.

b) Libro de Familia completo.

c) O domicilio familiar para os residentes en Corcubión, acreditarase mediante certificado do Padrón Municipal de 1 labitantes no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven con el. A data de alta no concreto domicilio do pai/nai/ titor/titora, deberá ter unha antigüedade mínima dun ano respecto ao inicio do procedemento de admisión, excepto circunstancias debidamente xustificadas. No caso do/a menor para o que se solicita praza, deberá estar empadroado antes do 31 de decembro do ano anterior ao ano de matrícula.

2) Documentación xustificativa da situación económica:

a) Copia da última declaración da renda no seu caso, e no seu defecto, certificado negativo emitido pola Delegación de Facenda, ou certificado de imputacións do IRPF do exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural no que se presenta a solicitude, de ámbolos dous cónxuxes.

Cando se produzan causas sobrevidas que afecten ós recursos da unidade familiar poderanse presentar outros documentos que acrediten oficialmente a situación económica, sempre e cando as variacións de ingresos supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20% no cómputo anual fronte aos declarados na solicitude de praza, variacións que deberán ter unha duración mínima de 4 meses para ser tomadas en consideración.

b) No caso de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerase a renda de quen exerza a patria potestade. Deberá aportarse documentación acreditativa desta situación.

c) No caso de nenos de integración: informe do equipo de valoración e orientación da Xunta de Galicia.

d) Certificado de discapacidade, ou do grao e nivel de dependencia, se é o caso, só cando non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

3) Documentación xustificativa da situación laboral:

a) Xustificación da situación laboral no momento da solicitude a través dun informe de vida laboral.

b) Tarxeta de desempregado, se procede.

4) Outros documentos acreditativos de todas aquelas incidencias familiares, económicas e sociais que por baremo sexan susceptibles de puntuación:

a) Cargas familiares

b) Discapacidade da nai/pai titor/a ou outros membros da unidade familiar

c) Enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.

d Condición de familia monoparental entendida como a formada polo pai/nai solteiro/a que non manteñan relación de convivencia ou situacións de separación, divorcio ou viuvez

e) Ausencia do fogar de ámbolos dous membros parenterais.

f) Irmáns con praza renovada no centro.

g) Familia numerosa.

h) No caso de mulleres vítimas de violencia de xénero, xustificación de ter presentado denuncia ante a autoridade competente e/ou informe dos servicios sociais de atención primaria.

5) Documentación complementaria:

a) Certificado médico do neno ou nena conforme non ten enfermidade infectocontaxiosa.

b) Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou documento equivalente.

c) Dúas fotografías tamaño carné.

d) Autorización por escrito das persoas que poden recoller o neno/a. Non se lle entregará o/a neno/a a ningunha persoa menor de idade.

e) Autorización para a toma e emprego, por parte do centro, do material fotográfico e audiovisual.

f) Autorización dos titores legais para a administración de medicación, que só se administrará cando veña acompañado dunha folla onde consten as pautas de medicación e as sinatura do/a profesional co número de colexiado/a, así como permiso para o traslado do neno!a ao servizo de urxencias, no caso de ser preciso.

g) Autorización, se procede, de cargo do recibo da taxa establecida na Ordenanza n.° 12.

h) Aceptación de todo o indicado neste Regulamento.

A presentación da documentación requirida é obrigatoria. As familias que non aporten documentación xustificativa da situación económico-familiar, aplicaráselle a cota máxima en concepto de taxas.

Se a solicitude presentada non reunise todos os requisitos anteriores, de acordo co determinado no artigo 71 da Lei 30 /1992 do 26 de novembro de RXAP e PAC, requiriráselle ao/á interesado/a, para que se corrixa o erro, no prazo de dez días, con apercibimento de que, se non o fixera, arquivarase a súa petición sen roáis trámite.

Artigo 13.–Reserva de praza.

Os alumnos que fosen admitidos nesta escola, terán garantido o acceso ós novos cursos do mesmo ciclo sen necesidade dun proceso de admisión, debendo acreditar, en todo caso, que reúnen os requisitos establecidos, con respecto a idade, no presente Regulamento. Así mesmo os/as nenos/as matriculados/as en media xornada, só poderán reservar praza nene mesmo horario.

Artigo 14.–Criterios de prioridade para a adxudicación das prazas.

1.–Procedemento ordinario.

As prazas adxudicaranse por esta orde:

1.a) Reserva de praza:

Co obxecto de darlles continuidade ás prazas adxudicadas no curso anterior, gozan de preferencia para a adxudicación as solicitudes de praza de nenas/os matriculadas/os no curso anterior, segundo o indicado no artigo 8 deste Regulamento.

1.b) Novo ingreso.

As prazas adxudicaranse por esta orde:

1.–Os/as fallos/as do persoal que preste servizo na E.I.M. de Corcubión

2.–As/os solicitantes con irmá/á con praza (reservada ou de novo ingreso) neste centro.

3.–As/os filias/os das persoas empadroadas no Concello de Corcubión, segundo o establecido no artigo 9.1.c deste Regulamento .

4.–As/os filias/os das persoas residentes non empadroadas, acreditando tal circunstancia mediante un informe da Policía Local.

5.–As/os filias/os das persoas que teñan o seu lugar de traballo en Corcubión, dita circunstancia acreditarase:

a) No caso de persoas que presten servizos retribuídos por conta allea, mediante a presente de documento expedido a tal efecto pola persoa empregadora xunto cunha copia do contrato de traballo. O centro de traballo deberá estar determinado nunha dirección concreta da localidade.

b) No caso de traballadoras/es por conta propia, mediante a alta censual inicial da Axencia Estatal de Administración Tributaria, con todas as posibles modificacións posteriores e altas na Tesourería Xeral da Seguridade Social no réxime correspondente.

c) O persoal ao servizo das administracións públicas presentará unha certificación expedida pola xefatura do persoal correspondente.

6.–Os/as menores con irmás/irmáns matriculados no CEIP Praia de Quenxe de Corcubión.

7.–As prazas que queden vacantes adxudicaranse, ao resto das solicitudes, segundo a puntuación obtida por aplicación do baremo que figura, no antedito anexo I. Esta puntuación determinará a orde de prelación na adxudicación das prazas.

Para calquera dos casos anteriores, cando se lea a circunstancia de que se presentaran máis solicitudes que prazas, aplicarase o baremo indicado no anexo I deste Regulamento.

2. Procedemento extraordinario.

2.a) Ingresos urxentes.

Para os ingresos de máxima urxencia reservarase un 5% das prazas de cada centro. Serán considerados ingresos urxentes os seguintes casos:

– As/os menores tuteladas/os pola Consellería de Traballo e Benestar.

– As/os filias/os das mulleres que estean nunha casa de acollida e /ou sexan vítimas de violencia de xénero.

– Aqueloutros en que concorran circunstancias socioeconómicas e familiares que requiran unha intervención inmediata.

A adxudicación ou denegación da praza nestes supostos, será resolta por resolución da Alcaldía, previo informe dos servizos sociais municipais.

2.b) Solicitudes fóra de prazo.

Con carácter excepcional poderanse presentar solicitudes fóra do prazo establecido no punto 2 do artigo 9.° nos seguintes casos:

a) Acollemento ou adopción da/o nena/o con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.

b) Cambio de concello de residencia da unidade familiar.

c) Outras circunstancias que previa motivación, se fagan constar polos servizos sociais municipais.

As solicitudes presentadas fóra de prazo, deberán ir xunto coa xustificación acreditativa da circunstancia que as motiva. Así mesmo, estarán condicionadas á existencia de prazas dispoñibles no centro.

Artigo 15.–Relación de admitidos e lista de espera.

Rematado o prazo para a presentación de solicitudes e rectificación de erros, procederase pola Directora/or da EIM, a realizar a baremación das mesmas, de conformidade co establecido no presente Regulamento. Rematado dito proceso, emitirá informe ao respecto, así como unha proposta de resolución coa lista provisional de admitidos, lista provisional de espera e se é o caso, lista de excluidos.

Pola Alcaldía ditarase unha resolución provisional que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello, para que durante o prazo de 10 días, os/as interesados/as, presenten alegacións. Rematado dito prazo, ditarase a resolución definitiva e procederase a establecer á matrícula e o posterior contrato.

A lista de espera estará constituida polas/os solicitantes que non obtiveron praza, ordenados segundo a puntuación acadada no baremo de admisión. As vacantes que se vaian producindo serán cubertas ao longo do curso ata o inicio da apertura do prazo de matrícula, seguindo a orde de puntuación que consta na citada lista.

As solicitudes que polas circunstancias sobrevidas establecidas nesta norma, non se presentasen no prazo ordinario fixado, serán tramitadas e baremadas para a súa inclusión na lista de espera segundo a puntuación obtida.

Artigo 16.–Adxudicación de vacantes.

1.–As prazas que sen causa xustificada, non se atopen cubertas ós 15 días de iniciado o curso escolar, consideraranse como vacantes.

2.–Durante o curso escolar poderá solicitarse o ingreso no centro, sempre que existan prazas libres, ata o inicio da apertura do prazo de matrícula.

Artigo 17.–Causas de baixas.

Causarase baixa na Escola de Educación Infantil Municipal por algunha das seguintes circunstancias:

1. Por incumprimento da idade máxima regulamentaria de permanencia na Escola de Educación Infantil

2. Por solicitude dos pais ou representantes legais.

3. Por falta de pagamento da cota establecida durante dous meses consecutivos ou tres alternos, calquera que sexa o curso escolar ó que se refira a débeda.

4. Por comprobación de falsidade dos documentos ou datos aportados.

5. Por incompatibilidade e inadaptación absoluta para permanecer no centro.

6. Por falta de asistencia continuada durante 15 días sen causa xustificada.

7. Por incumprimento reiterado das normas da Escola de Educación Infantil.

As baixas por incompatibilidade ou inadaptación serán resoltas pola Alcaldía, previo informe da Directora do Centro e da traballadora social dos servizos sociais municipais.

En todo caso nesta resolución garantirase a integración das persoas con algunha discapacidade e os dereitos que líes recoñece a lexislación de forma que o padecemento dalgunha destas nunca poderá ser motivo de baixa.

As baixas producidas ó longo do curso escolar por calquera dos motivos anteriormente expostos cubriranse coas solicitudes que quedasen na lista de espera, en cada grupo de idade por rigorosa orde de puntuación.

Artigo 18.–Réxime de saídas.

Os nenos/as poderán realizar as saídas establecidas na programación do curso, previa autorización por escrito por parte dos pais, titores ou representantes legais.

Estas saídas teñen como obxecto:

– Establecer relacións sociais nun ámbito cada vez máis amplo.

– Establecer vínculo fluido de relación cos adultos e cos seus iguais.

– Observar e explorar o entorno inmediato cunha actividade de curiosidade.

– Coñecer algunhas manifestacións culturais do seu entorno.

   
  CAPÍTULO III.–ESTRUTURA ORGANIZATIVA  
 

Artigo 19.°.–Organización interna.

O Persoal da Escola Infantil Municipal, desenvolverá a súa xornada laboral, xunto co persoal de apoio, de tal xeito que se garanta, a permanencia de dúas/dous técnicas/os durante o horario de funcionamento diario do centro.

Artigo 20.°.–Procedemento para substitución e imprevistos do persoal.

O Concello contará cos medios suficientes para a substitución do persoal por contratación directa ou mediante empresa de servizos.

Así mesmo, conta con persoal técnico de servizos sociais, coa titulación axeitada para esta tarefa de acordo ao Decreto 329/2005, de apoio diario ao Centro, así como para imprevistos ou causas sobrevidas.

   
  CAPÍTULO IV.–NORMATIVA REFERENTE AO PERSOAL DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL  
 

Artigo 21.°.–Persoal.

De conformidade co establecido no Decreto 329/2005, a Escola Infantil Municipal disporá, como mínimo, do seguinte persoal:

– Directora/or: con titulación mínima de Grado Medio, neste caso a/o mestra/e encargada/o do Centro.

– Mestre/a: licenciado en pedagoxía ou psicopedagoxía, mestre especializado en Educación Infantil ou equivalente, ou técnico superior en educación infantil ou equivalente.

– Persoal de apoio, Técnica de Servizos Sociais que así mesmo se encarga da xestión administrativa do Centro.

– Persoal de limpeza.

Artigo 22.°.–Comisión Educativa.

A Comisión Educativa da E.I.M., estará composta por:

– O alcalde-presidente do Concello ou concelleiro/a en quen delegue.

– Directora/or: Mestra/e encargado da Escola Infantil Municipal.

– Unha/un técnica/o dos Servizos Sociais Municipais.

Son competencias desta Comisión:

– Estudio e resolución de conflitos de réxime interno.

– Interpretación e aplicación do presente regulamento

– Con carácter xeral a elaboración, aprobación e aplicación de calquera regulamento, norma, etc..., necesarios para o bo funcionamento do centro.

Artigo 23.°.–Dereitos do persoal.

Recibir información periódica da marcha e funcionamento do centro, a través do director/a.

Presentar propostas que contribúan ao mellor funcionamento do centro e atención prestada ós menores.

Desenvolve-las súas funcións educativas segundo o seu criterio persoal, sempre que se axusten á programación do centro.

A que se lle proporcione dentro das posibilidades do centro os instrumentos e medios necesarios para desenvolve-las súas funcións axeitadamente en beneficios dos menores atendidos.

Artigo 24.°.–Deberes do persoal.

Cumprir e facer cumprir de acordo coas súas funcións o regulamento de réxime interior.

Velar polo respecto ós dereitos dos menores recollidos no presente regulamento e aqueles outros recoñecidos na lexislación vi.xente.

Gardar estrita confidencialidade sobre os datos persoais dos menores ós que teñan acceso en razón das súas funcións.

O cumprimento das tarefas e responsabilidades derivadas do seu posto de traballo:

Elaboración do proxecto educativo.

Establecer criterios ós que deben adaptarse á programación do centro.

Elaboración da memoria anual.

Desefio de actividades en función das idades.

   
  CAPÍTULO V.–NORMATIVA REFERENTE AS/OS NENAS/OS  
 

Artigo 25.°.–Dereitos dos/das nenos/as.

Acceder ó centro e recibir asistencia sen discriminación por razón de nacionalidade, sexo, raza, relixión, ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

A consideración no trato, debida á dignidade da persoa, tanto por parte do persoal do centro como dos demais usuarios.

O sixilo profesional acerca dos datos do seu historial sanitario e socio familiar.

A realizar saídas ao exterior.

Á intimidade persoal en función das condicións estruturais do centro.

A que se lle facilite o acceso á atención social, sanitaria, educación cultural e, en xeral a todas as necesidades persoais que sexan precisas para conseguir o seu desenvolvemento integral.

A recibir un tratamento individualizado de contido educativo cara á súa integración socio familiar, que terá como obxectivos prioritarios a súa protección, educación e formación.

A participación dos/as pais/nais dos/das usuarios/as co obxecto de favorecer o coñecemento da programación e o desenvolvemento de actividades do centro, para o desempeño destes fins a dirección do centro prestará a asociación de pais/nais un local do centro cando teñan por obxecto os seus fans propios e non perturbe o normal funcionamento das actividades, para iso bastará cunha comunicación, ó director do centro, da convocatoria con 48 horas de antelación.

A ser informados de xeito comprensible das medidas adoptadas respecto deles e a pediren explicación de canto afecte á súa propia educación.

A ser educados para a comprensión, tolerancia e convivencia democrática, posibilitándolles que poidan facer uso das súas opcións de forma libre e persoal.

A participar os pais/nais/titores nas actividades educativas como: festas escolares (magostos, nadal, entroido...), contacontos, axuda na preparación de materiais para os traballos dos nenos.

Artigo 26.°.–Normas de funcionamento.

Durante a permanencia dos nenos/as na Escola Infantil e para un mellor funcionamento da mesma, deberase cumprir o seguinte:

Normas de saúde e hixiene persoal:

a) Non traer ó neno/a ó centro se ten síntomas de padecer un virus e ata dous días (como mínimo) despois de superalo.

b) Os pais/nais comprometeranse a notificar as enfermidades que padecen os seus fillos, tanto se acoden á escola coma se están de baixa, cunha demora non superior a 24-48 h. Esta comunicación é moi importante en enfermidades contaxiosas, mesmo aínda que as padezan outro membros da familia (ex: hepatite, tuberculose..)

c) Cando se solicite por parte do centro, os pais deberán facilitar un informe médico do especialista ou centro hospitalario ó que asistiu o peno/a, indicando o proceso que pasou ou está a pasar.

d) No caso de que o neno/a enferme estando no Centro, os pais deben recollelo o antes posible, unha vez se lle notifique e en caso de que sexa preciso o centro trasladará o neno/a a un servizo de urxencia, responsabilizándose o centro de comunicar o antes posible este feito ós pais.

e) Cando os nenos/as precisen medicación e a súa asistencia ao centro estea autorizada polo médico/a, as familias axustarán a dose fóra dos tempos de permanencia na escola. Naqueles casos nos que sexa imprescindible administrarlles medicinas aos nenos/nenas na escola, estas deberán vir acompañadas da receita médica actualizada á data do tratamento, na que constará o nome do neno/a, nome do medicamento, forma, dose e periodicidade na administración. Non se administrará ningunha medicación que non veña acompañada da autorización por escrito dos pais ou nais, titores/as ou representares legais e a prescrición facultativa correspondentes.

No caso de que xurda un proceso febril grave durante o tempo de permanencia na escola, o persoal intentará reducila por medios físicos e/ou naturais, de non conseguilo, seguirá as instrucións das autoridades sanitarias previa chamada ao 061, dando aviso ás familias do acontecido.

f) Deberase informar ás educadoras/es cando se inicie o proceso de control da ouriños ou esfínteres para unha maior organización e previsión de todos/as.

Normas de alimentación:

A froita virá preparada da forma que a coman os nenos/as (triturada, pelada, enteira, en anacos) e nunca deberá vir con óso. Deberá vir nun prato ou “taper-ware” que regresará a casa diariamente.

Normas de convivencia:

a) Non traerán ao centro, pulseiras, aneis o carleas, por poder resultar perigosa, así como cueiros braga, pantalóns de peto, cintos e tirantes, xa que resultan incómodos para cambios e imposibilita a súa autonomía. Evitarase tamén que o neno traia ó centro obxectos de casa e no caso de facelo, o centro non se fai responsable da perda ou ruptura dos mesmos.

b) Os aniversarios celebraranse cos nenos/as do centro. No caso de querer traer algo especial para a celebración, deberase consultar previamente coas/cos responsables do centro. Non está permitido traer agasallos.

c) Manterase un proceso de comunicación constante entre o centro e os pais para o benestar do neno/a.

d) Está totalmente prohibido fumar en todo o recinto escolar.

e) Ante calquera problema deberase acudir ás/aos educadoras/es, ás/aos técnicas/os dos Servizos Sociais Municipais ou ao responsable do Centro.

A lingua

A lingua utilizada será a lingua materna predominante entre os nenos/as que forman parte del e coidarase que adquiran o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia.

Atenderanse de xeito individualizado a aludes nenos/as do grupo que non teñan coñecemento suficiente da lingua materna predominante. Como norma xeral de funcionamento tratarase de

potenciar a lingua galega, que será tamén a do normal funcionamento do centro. Por lingua predominante enténdese o galego.

Fomento da Igualdade das nenas e dos nenos:

A Escola Infantil Municipal, programará actividades para promover a igualdade entre os nenos e nenas e evitar os comportamentos e as actividades discriminatorias por razón de sexo. Ditas actividades reflectiranse nos proxectos educativos e curriculares.

A EIM poñerá especial coidado en revisar aqueles materiais e ilustracións que se utilicen como instrumentos de traballo Así mesmo vixiará que no uso da linguaxe se adopten expresións e formas non discriminatorias.

A EIM prestará especial atención ó fomento da interculturalidade como instrumento de superación das desigualdades, inxustizas, prexuízos e racismo.

   
  CAPÍTULO VI.–NORMATIVA REFERENTE Á FAMILIA  
 

Artigo 27.°.–Obrigas dos/as pais/nais, titores/as ou representantes legais.

Son as seguintes:

– Cumprir as normas sobre a utilización do centro.

– Tratar con respecto ó persoal da escola e os demais usuarios, coidando as instalacións.

– Colaborar na realización de actividades complementarias.

– Pagar a contía que consonte a ordenanza fiscal municipal n.° 12 se lle liquide.

– Aportar o material relativo ao Proxecto Pedagóxico e que se establecera e indicará previamente ao inicio do curso polo persoal docente do Centro.

En todo caso, serán de aplicación supletoria e/ou complementaria os dereitos e deberes sinalados na Lei 13/2008 do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia.

Artigo 28.°.–Relación coas/cos nais/pais, titoras/res, ou representantes legais.

1.–Os pais/nais, titores ou representantes legais dos nenos/as poderán solicitar reunión co/coa educador/a do seu/súa filio/a ou coa dirección de conformidade co horario establecido para tal fin, sempre e cando non dificulte a boa marcha da Escola Infantil Municipal.

2.–Os pais, nais, titores ou representantes legais poderán constituir unha asociación (que terá a consideración de entidade de iniciativa social), co fin de favorecer a súa participación no desenvolvemento das actividades, defensa dos seus dereitos no relativo á prestación de servizos aos/ás nenos/as e colaborar co centro para favorece-lo desenvolvemento integral dos menores en canto supoña unha mellora de calidade na prestación de servizos. A dirección do centro prestará canta información relativa ó funcionamento do centro lle sexa requirida polos órganos de representación desta.

Artigo 29.°.–Reunión anual.

Realizarase unha reunión xeral coincidindo co inicio do curso, onde deberán estar presentes os pais, titores ou representantes legais, así como o equipo educativo e a dirección do centro. Nesta reunión, amosaráselle as instalacións e informaráselles das normas a seguir, material que deberán traer, e todo o indicado neste Regulamento, así como as autorizacións relacionadas no artigo 9.7, que deberán presentar asinadas ao inicio de curso, como condición indispensable para o ingreso no centro.

En todo caso, informaráselle ao principio do curso dos horarios de atención aos/as pais/nais, titores/as ou representantes legais dos/as nenos/as.

   
  CAPÍTULO VII.–RÉXIME DE COBRAMENTO  
 

Artigo 30.°.–Financiamento.

En canto ó sistema de financiamento a Escola Infantil Municipal, levarase a cabo coas achegas procedentes das distintas administracións públicas ou institucións, incluidas as transferencias que poda efectuar o propio Concello e coas achegas, mediante o copagamento, dos/as usuarios/as.

Artigo 31.°.–Taxa da Escola Infantil Municipal.

En relación ca taxa que deben abonar os usuarios da EIM, aterase ao disposto ao establecido na Ordenanza Fiscal Municipal núm. 12.

   
  CAPÍTULO VIII.–NORMATIVA REFERENTE Á INFRAESTRUTURA DO CENTRO  
 

Artigo 32.°.–Medidas de seguridade e hixiene.

A Escola Infantil no que se refire a medidas de seguridade e hixiene, rexese polo disposto na Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e no Real Decreto 39/1997.

Todas as nosas educadoras dispoñen de curso de primeiros auxilios e manipulador de alimentos.

Así mesmo contamos cunha caixa de emerxencias

O centro dispón de porta antipánico, extintores, detectores de fume e antipilladedos nas portas.

De conformidade co establecido no Decreto 329/2005 e o Decreto 254/2011, a Escola Infantil Municipal de Corcubión dispón de:

– Un expediente individual dos e das menores.

– Unha póliza de seguro de responsabilidade civil e outra de accidentes en contía suficiente para garantir a cobertura dos danos por sinistro e das eventuais indemnizacións aos/ás usuarios/as.

– Un Libro de Rexistro de persoas usuarias.

– Un Libro de Reclamacións á disposición dos usuarios. A dirección do centro, poñerá en coñecemento da persoa responsable dos Servizos Sociais Municipais, o contido das reclamacións de xeito periódico, agás nos casos no que se requira unha comunicación inmediata.

– Unha caixa de suxestións.

– Un Plan de Autoprotección implantado e inscrito no REGAPE.

– O presente Regulamento de Réxime Interior (Organización e Funcionamento do centro) a disposición das persoas usuarias.

– Proxecto Educativo de Centro.

– Estará nun lugar visible do Centro, unha referencia sucinta a toda esta documentación.

   
  Disposición final  
 

O presente Regulamento entrará en vigor aos quince días da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e manterá a súa vixencia en tanto non sexa modificada ou derogado expresamente.

   
  Disposición derrogatoria  
 

Queda derogado o Regulamento de réxime interno da escola infantil municipal en vigor publicado no BOP núm.119 de 25 de xuño de 2014, así como cantas normas municipais, acordos ou disposicións, contradigan o establecido no presente Regulamento.

   
  ANEXOS  
 

15654.png 

15676.png 

 15722.png 

15733.png 

 Corcubión, de de 201_

15764.png 

15779.png 

15798.png 

15822.png 

15849.png 

15692.png

   
  Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios  
 

O regulamento dispón a súa entrada en vigor aos 15 días da súa publicación no B.O.P., pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:

“…..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el “Boletín Oficial” de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales.....” (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: “El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo.”

Nota Legal Servicio de Asistencia Económica a Municipios