Artigo 3.º.–Obxectivos da
Escola Infantil.
1. Coñecer o seu propio corpo e o das outra
persoas, as súas posibilidades de acción e aprender a respectar as
diferencias.
2. Observar e explorar o seu contorno familiar,
natural e social.
3. Adquirir progresivamente autonomía nas súas
actividades habituais.
4. Desenvolver as súas capacidades afectivas.
5. Relacionarse cos demais e adquirir
progresivamente pautas elementais de convivencia e de relación social, así como
exercitarse na resolución pacífica de conflitos.
6. Desenvolver habilidades comunicativas en
diferentes linguaxes e formas de expresión.
7. Iniciarse nas habilidades lóxico-matemáticas a
achegarse á lectura como medio de comunicación, información e gozo.
8. Sentir o xesto, o movemento e o ritmo como
recursos para a expresión e a comunicación.
9. Achegarse, na medida das súas posibilidades, ao
uso das tecnoloxías da información e da comunicación.
Estes obxectivos deberanse desenvolver, nun
proxecto educativo de centro.-P.E.C., que é elaborado polos/as educadores/as da
Escola Infantil Municipal.
Artigo 4.º.–Capacidade total
do centro.
A escola conta con unha única unidade autorizada
para nenos/as de 0-3 anos con un total de 15 prazas, que cumpran os requisitos
establecidos no artigo 6.º deste Regulamento.
Artigo
5.º.–Destinatarios/as.
Só se admiten nenos e nenas entre 1-3 anos.
Poderán solicitar praza na Escola Infantil
Municipal, as/os nais/pais, titoras/es ou representantes legais dos/as nenos/as
con idades comprendidas entre 1 ano (ter cumprido ou cumprir o ano, antes do 31
de decembro do ano de matriculación) e 3 anos (idade máxima: non ter cumpridos
os tres anos de idade en 31 de decembro do ano no que se solicita a praza).
Abriráselles un expediente persoal no que
constarán, con carácter confidencial, os datos de filiación, sanitarios,
enderezo e teléfono para avisos en casos de urxencias, así como cantas
circunstancias aconsellen unha atención diferenciada. Non obstante con carácter
previo á resolución da Alcaldía ou órgano competente, deberase escoitar o
informe do técnico responsable da xestión do centro.
Artigo 6.º.–Integración de
nenos e nenas con NEAE.–Necesidades especiais de apoio educativo.
A Escola Infantil Municipal promoverá dentro das
súas posibilidades, a integración dos nenos/as con necesidades especiais de
apoio educativo. Nestes casos requirirase o informe previo do equipo de
avaliación e orientación correspondentes ó grao de discapacidade e a súa
necesidade de integración.
No caso de integrarse nenos/as con NEAE, en ningún
caso poderá haber máis de un/unha por aula. Para os efectos de ratio, estas
prazas contabilizaranse como dúas.
Artigo 7.º.–Relación de
servizos prestados.
A E.I.M. de Corcubión como servizo público
municipal prestará os servizos xerais de educación infantil de primeiro ciclo de
1 a 3 anos.
1. Servizo de atención
educativa.–A escola infantil conta cun proxecto educativo propio cun
Proxecto educativo Editorial que se axustan na súa estrutura ao Decreto 330/2009
polo que es establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma
de Galicia.
2. Servizo de
cociña.–Entendendo por tal a prestación consistente na aportación dos
medios persoais e materiais necesarios para a adecuada distribución e consumo
dos alimentos que traen os/as propios/as usuarios/as. O horario de cociña e
sestas será de 12.30 a 14.30 horas.
As familias asinarán autorización para
proporcionar os alimentos que se achegan cada día á escola para alimentar aos
seus fillos/as co compromiso a levar os alimentos segundo as medidas hixiénicas
establecidas, isto é: envasados en recipientes axeitados e correctamente
identificados coa data de consumo, nome e apelidos do neno/a e transportados en
recipientes isotérmicos que manteñan a temperatura axeitada e con indicación de
se precisan ou non refrixeración.
3. Actividades
complementarias/extraescolares.
A escola traballa de xeito transversal ao
currículo educativo. Programa saídas didácticas.
Non oferta actividades extraescolares.
4. A escola non presta os
servizos de comedor, de transporte nin horario amplo, entendido como tal
a atención os/ as nenos/ as por parte do centro polo menos durante 10 horas
diarias ininterrompidas. Non obstante, evitarase que o/a neno/a prolongue a súa
estancia no centro máis de 8 horas diarias, agás que circunstancias
excepcionais, que deberán en todo caso xustificarse, o determinen.
Artigo 8.º.–Calendario e
horarios do centro.
Calendario:
O servizo da Escola Infantil Municipal, prestarase
durante once meses ao ano, dende o 1 de setembro ata o 31 de xullo, ámbolos dous
inclusive, de luns a venres, excluídos os días considerados festivos no
calendario laboral e os días 24 e 31 de decembro.
Durante o mes de agosto o Centro permanecerá
pechado por vacacións do persoal do mesmo e para proceder durante dito período a
realizar as obras de mantemento necesarias.
Horario:
A Escola Infantil Municipal ten un horario
continuado de funcionamento de 9.00 a 17.30 horas, cun máximo de permanencia na
mesma de 8 horas.
O horario ininterrompido será de 10.00 a 12.30
horas; de 13.30 a 14.30 horas e de 15.00 a 16.30 horas.
Xornadas.–As xornadas
ofertadas son:
Xornada continua:
Horario: de 9.00 a 17.30 horas.
Permanencia: máxima de 8 horas, mínima de 6
horas.
Xornada partida:
Horario e permanencia: o mesmo que o de mañá e o
da tarde.
Media xornada (4 horas de mañá):
Horario: de 9.00 a 13.30 horas.
Permanencia: máxima 4 horas, mínima 3 horas.
Xornada de 5 horas de mañá:
Horario: de 9.30 a 14.30 horas.
Permanencia: deberá respectarse o horario
ininterrompido de 13.30 a 14.30 horas.
Xornada de tarde:
Horario: de 14.30 a 17.30 horas.
Permanencia: máxima de 3 horas, mínima de 2
horas.
Artigo 9.º.–Horario de
visitas.
Os pais/nais, titores/as ou representantes legais
dos nenos/as poderán solicitar ser recibidos de conformidade co horario
establecido pola dirección para tal fin.
O horario máximo de permanencia dos nenos/as no
centro, será con carácter xeral de 8 horas diarias.
O horario de funcionamento, apertura e peche, así
como as xornadas ofertadas, poderanse modificar, por resolución de alcaldía para
cada curso escolar (segundo a proposta da Comisión educativa), en función da
demanda que para cada curso se presente, co fin de prestar un servizo de
conciliación efectivo.
O horario de entrada e saída dos/das nenos/as
débese caracterizar pola flexibilidade que requiran as necesidades da familia,
sempre que non leve consigo alteración das actividades dos demais nenos/as e do
normal funcionamento do centro.
Non obstante, unha vez acordados co centro os
horarios de entrada e saída dos/as nenos/as as familias deben respectalos.
A estes efectos, o horario establecido de
entrada/saídas é o seguinte:
Entrada: de 9 a 10.00 horas e de 14.30 a 15.00 horas.
Saída:
de 12.30 a 13.30 horas, ás 14.30 horas e de 16.30 a 17.30 horas.
En caso de atrasos inxustificados e reiterados, a
dirección do centro estará obrigado a tomar as medidas oportunas poñéndoo en
coñecemento da comisión informativa.
O remate da xornada os/as nenos/as serán
entregados ós seus pais/nais, titores ou representantes legais. No caso de que
autoricen á entrega a outra persoa, esta deberá ser debidamente
identificada.
En consonancia co anterior, modificar os Anexo I e
Anexo II do Regulamento que quedarán redactados do seguinte xeito (ver
anexos).
Artigo 10.º.–Proceso de
selección.
Na selección dos solicitantes para ocupar as
prazas da Escola Infantil Municipal de Corcubión, participarán os/as técnicos/as
da área de Servizos Sociais e o/a Director/a do Centro, aplicando o baremo
establecido no presente Regulamento, para o que deberán emitir informe e
proposta de resolución, que se resolverá de conformidade co establecido neste
Regulamento e a lexislación vixente.
Artigo 11.º.–Solicitudes de
novo ingreso e reserva de praza: forma e prazo.
As solicitudes de novo ingreso e reserva de praza,
faranse nas instancias tipificadas, que para tal fin, se facilitarán, nas
oficinas municipais da Casa do Concello.
Ditas solicitudes presentaranse, no Rexistro de
Entrada do Concello, dende o 1 ao 30 de abril de cada ano. Este prazo será
prorrogable no suposto de que non se cubrisen todas as prazas ofertadas ou
calquera outro motivo que pola Comisión Educativa do centro se considere.
En relación coa presentación de solicitudes,
haberá que estar ao disposto no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, de
réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común.
Deberase presentar xunto coa instancia, copia da
seguinte documentación, podendo requirir o Concello, algunha documentación
orixinal, no caso que estime oportuno:
1) Documentación xustificativa
da situación familiar:
a) Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte
da nai/pai, titores/as e/ou representantes legais.
b) Libro de Familia completo.
c) O domicilio familiar para os residentes en
Corcubión, acreditarase mediante certificado do padrón municipal de habitantes
no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven con el. A data
de alta no concreto domicilio do pai/nai/ titor/titora, deberá ter unha
antigüedade mínima dun ano respecto ao inicio do procedemento de admisión,
excepto circunstancias debidamente xustificadas. No caso do/a menor para o que
se solicita praza, deberá estar empadroado antes do 31 de decembro do ano
anterior ao ano de matrícula.
2) Documentación xustificativa
da situación económica:
a) Copia da última declaración da renda no seu
caso, e no seu defecto, certificado negativo emitido pola Delegación de Facenda,
ou certificado de imputacións do IRPF do exercicio fiscal anterior en dous anos
ao ano natural no que se presenta a solicitude, de ámbolos dous cónxuxes.
Cando se produzan causas sobrevidas que afecten ós
recursos da unidade familiar poderanse presentar outros documentos que acrediten
oficialmente a situación económica, sempre e cando as variacións de ingresos
supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20% no cómputo anual fronte aos
declarados na solicitude de praza, variacións que deberán ter unha duración
mínima de 4 meses para ser tomadas en consideración.
b) No caso de nulidade matrimonial, separación ou
divorcio considerase a renda de quen exerza a patria potestade. Deberá aportarse
documentación acreditativa desta situación.
c) No caso de nenos de integración: informe do
equipo de valoración e orientación da Xunta de Galicia.
d) Certificado de discapacidade ou do grao e nivel
de dependencia, se é o caso, só cando non sexa expedido pola Comunidade Autónoma
de Galicia.
3) Documentación xustificativa
da situación laboral:
a) Xustificación da situación laboral no momento
da solicitude a través dun informe de vida laboral.
b) Tarxeta de desempregado, se procede.
4) Outros documentos
acreditativos de todas aquelas incidencias familiares, económicas e
sociais que por baremo sexan susceptibles de puntuación:
a) Cargas familiares
b) Discapacidade da nai/pai, titor/a ou outros
membros da unidade familiar
c) Enfermidades crónicas ou outras afeccións
alegadas polos membros da unidade familiar.
d Condición de familia monoparental entendida como
a formada polo pai/nai solteiro/a que non manteñan relación de convivencia ou
situacións de separación, divorcio ou viuvez
e) Ausencia do fogar de ámbolos dous membros
parenterais.
f) Irmáns con praza renovada no centro.
g) Familia numerosa.
h) No caso de mulleres vítimas de violencia de
xénero, xustificación de ter presentado denuncia ante a autoridade competente
e/ou informe dos servicios sociais de atención primaria.
5) Documentación complementaria:
a) Certificado médico do neno ou nena conforme non
ten enfermidade infecto-contaxiosa.
b) Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou
documento equivalente.
c) Dúas fotografías tamaño carné.
d) Autorización por escrito das persoas que poden
recoller o neno/a. Non se lle entregará o/a neno/a a ningunha persoa menor de
idade.
e) Autorización para a toma e emprego, por parte
do centro, do material fotográfico e audiovisual.
f) Autorización dos titores legais para a
administración de medicación, que só se administrará cando veña acompañado dunha
folla onde consten as pautas de medicación e as sinatura do/a profesional co
número de colexiado/a, así como permiso para o traslado do neno/a ao servizo de
urxencias, no caso de ser preciso.
g) Autorización, se procede, de cargo do recibo da
taxa establecida na Ordenanza n.º 12.
h) Aceptación de todo o indicado neste
Regulamento.
A presentación da documentación requirida é
obrigatoria. As familias que non aporten documentación xustificativa da
situación económico-familiar, aplicaráselle a cota máxima en concepto de
taxas.
Se a solicitude presentada non reunise todos os
requisitos anteriores, de acordo co determinado no artigo 71 da Lei 30 /1992, do
26 de novembro, de RXAP e PAC, requiriráselle ao/á interesado/a, para que se
corrixa o erro, no prazo de dez días, con apercibimento de que, se non o fixera,
arquivarase a súa petición sen máis trámite.
Artigo 12.º.–Reserva de
praza.
Os alumnos que fosen admitidos nesta escola, terán
garantido o acceso ós novos cursos do mesmo ciclo sen necesidade dun proceso de
admisión, debendo acreditar, en todo caso, que reúnen os requisitos
establecidos, con respecto a idade, no presente Regulamento. Así mesmo os/as
nenos/as matriculados/as en media xornada, só poderán reservar praza nese mesmo
horario.
Artigo 13.º.–Criterios de
prioridade para a adxudicación das prazas.
1.–Procedemento
ordinario.
As prazas adxudicaranse por esta orde:
1.a) Reserva de
praza.
Co obxecto de darlles continuidade ás prazas
adxudicadas no curso anterior, gozan de preferencia para a adxudicación as
solicitudes de praza de nenas/os matriculadas/os no curso anterior, segundo o
indicado no artigo 8 deste Regulamento.
1.b) Novo ingreso.
As prazas adxudicaranse por esta orde:
1.–Os/as fillos/as do persoal que preste servizo
na E.I.M. de Corcubión.
2.–As/os solicitantes con irmá/á con praza
(reservada ou de novo ingreso) neste centro.
3.–As/os fillas/os das persoas empadroadas no
Concello de Corcubión, segundo o establecido no artigo 9.1.c deste
Regulamento.
4.–As/os fillas/os das persoas residentes non
empadroadas, acreditando tal circunstancia mediante un informe da Policía
Local.
5.–As/os fillas/os das persoas que teñan o seu
lugar de traballo en Corcubión, dita circunstancia acreditarase:
a) No caso de persoas que presten servizos
retribuídos por conta allea, mediante a presente de documento expedido a tal
efecto pola persoa empregadora xunto cunha copia do contrato de traballo. O
centro de traballo deberá estar determinado nunha dirección concreta da
localidade.
b) No caso de traballadoras/es por conta propia,
mediante a alta censual inicial da Axencia Estatal de Administración Tributaria,
con todas as posibles modificacións posteriores e altas na Tesourería Xeral da
Seguridade Social no réxime correspondente.
c) O persoal ao servizo das administracións
públicas presentará unha certificación expedida pola xefatura do persoal
correspondente.
6.–Os/as menores con irmás/irmáns matriculados no
CEIP Praia de Quenxe de Corcubión.
7.–As /os menores que forman parte do alumnado da
Escola Infantil noutra xornada distinta da solicitada.
8.–As prazas que queden vacantes adxudicaranse, ao
resto das solicitudes, segundo a puntuación obtida por aplicación do baremo que
figura, no antedito anexo I. Esta puntuación determinará a orde de prelación na
adxudicación das prazas.
Para calquera dos casos anteriores, cando se dea a
circunstancia de que se presentaran máis solicitudes que prazas, aplicarase o
baremo indicado no anexo I deste Regulamento.
2. Procedemento
extraordinario.
2.a) Ingresos
urxentes.
Para os ingresos de máxima urxencia reservarase un
5% das prazas de cada centro.
Serán considerados ingresos urxentes os seguintes
casos:
As/os
menores tuteladas/os pola Consellería de Traballo e Benestar.
As/os
fillas/os das mulleres que estean nunha casa de acollida e /ou sexan vítimas de
violencia de xénero.
Aqueloutros en que concorran circunstancias socioeconómicas e familiares que
requiran unha intervención inmediata.
A adxudicación ou denegación da praza nestes
supostos, será resolta por resolución da Alcaldía, previo informe dos servizos
sociais municipais.
2.b) Solicitudes fóra de
prazo.
Con carácter excepcional poderanse presentar
solicitudes fóra do prazo establecido no punto 2 do artigo 9.º nos seguintes
casos:
a) Acollemento ou adopción da/o nena/o con
posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
b) Cambio de concello de residencia da unidade
familiar.
c) Outras circunstancias que previa motivación, se
fagan constar polos servizos sociais municipais.
As solicitudes presentadas fóra de prazo, deberán
ir xunto coa xustificación acreditativa da circunstancia que as motiva. Así
mesmo, estarán condicionadas á existencia de prazas dispoñibles no centro.
Artigo 14.º.–Relación de
admitidos e lista de espera.
Rematado o prazo para a presentación de
solicitudes e rectificación de erros, procederase pola Directora/or da EIM, a
realizar a baremación das mesmas, de conformidade co establecido no presente
Regulamento. Rematado dito proceso, emitirá informe ao respecto, así como unha
proposta de resolución coa lista provisional de admitidos, lista provisional de
espera e se é o caso, lista de excluídos.
Pola Alcaldía ditarase unha resolución provisional
que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello, para que durante o prazo
de 10 días, os/as interesados/as, presenten alegacións. Rematado dito prazo,
ditarase a resolución definitiva e procederase a establecer á matrícula e o
posterior contrato.
A lista de espera estará constituída polas/os
solicitantes que non obtiveron praza, ordenados segundo a puntuación acadada no
baremo de admisión. As vacantes que se vaian producindo serán cubertas ao longo
do curso ata o inicio da apertura do prazo de matrícula, seguindo a orde de
puntuación que consta na citada lista.
As solicitudes que polas circunstancias sobrevidas
establecidas nesta norma, non se presentasen no prazo ordinario fixado, serán
tramitadas e baremadas para a súa inclusión na lista de espera segundo a
puntuación obtida.
Artigo 15.º.–Adxudicación de
vacantes.
1.–As prazas que sen causa xustificada, non se
atopen cubertas ós 15 días de iniciado o curso escolar, consideraranse como
vacantes.
2.–Durante o curso escolar poderá solicitarse o
ingreso no centro, sempre que existan prazas libres, ata o inicio da apertura do
prazo de matrícula.
3.–Iniciado o curso escolar e sempre que haxa
vacantes, poderase adxudicar ao alumnado de xornada de tarde, o servizo en
horario de 13.30 a 17.30 con opción de comedor.
Artigo 16.º.–Causas de
baixas.
Causarase baixa na Escola de Educación Infantil
Municipal por algunha das seguintes circunstancias:
1. Por incumprimento da idade máxima
regulamentaria de permanencia na Escola de Educación Infantil
2. Por solicitude dos pais ou representantes
legais.
3. Por falta de pagamento da cota establecida
durante dous meses consecutivos ou tres alternos, calquera que sexa o curso
escolar ó que se refira a débeda.
4. Por comprobación de falsidade dos documentos ou
datos aportados.
5. Por incompatibilidade e inadaptación absoluta
para permanecer no centro.
6. Por falta de asistencia continuada durante 15
días sen causa xustificada.
7. Por incumprimento reiterado das normas da
Escola de Educación Infantil.
As baixas por incompatibilidade ou inadaptación
serán resoltas pola Alcaldía, previo informe da Directora do Centro e da
traballadora social dos servizos sociais municipais.
En todo caso nesta resolución garantirase a
integración das persoas con algunha discapacidade e os dereitos que lles
recoñece a lexislación de forma que o padecemento dalgunha destas nunca poderá
ser motivo de baixa.
As baixas producidas ó longo do curso escolar por
calquera dos motivos anteriormente expostos cubriranse coas solicitudes que
quedasen na lista de espera, en cada grupo de idade por rigorosa orde de
puntuación.
Artigo 17.º.–Réxime de
saídas.
Os nenos/as poderán realizar as saídas
establecidas na programación do curso, previa autorización por escrito por parte
dos pais, titores ou representantes legais.
Estas saídas teñen como obxecto:
– Establecer relacións sociais nun ámbito cada vez
máis amplo.
– Establecer vínculo fluído de relación cos
adultos e cos seus iguais.
– Observar e explorar o entorno inmediato cunha
actividade de curiosidade.
– Coñecer algunhas manifestacións culturais do seu
entorno.
|