A taxa á que se refire esta ordenanza rexerase polas seguintes tarifas, que se estruturan nos epígrafes seguintes: Epígrafe primeiro: censo de poboación de habitantes. – Certificados de empadroamento para os que sexa necesario consultar padróns de habitantes anteriores ao 1 de maio de 1996: 4,00 € – Outros certificados de empadroamento: 1,00 €. Informe ou certificado convivencia ou residencia: 1,00 €. Epígrafe segundo: documentos relativos ao servizo de urbanismo. – Licenzas de obra ou presentación de comunicacións previas de obras: 0,5% do orzamento de execución material, cun mínimo de 20,00 €. – Prórroga de licenzas: aplicaranse as seguintes porcentaxes sobre o orzamento de execución material do proxecto para o que obtivo licenza: 0,40% – Licenza de segregación ou agrupación parcelaria: 60,00 € por parcela resultante ou por cada parcela previa á agrupación, respectivamente. -Licenza de primeira utilización de vivendas ou locais de todo tipo: 200,00 € – Cambio de uso: 35,00 €. – Cambio de titularidade das licenzas e demais actividades suxeitas á presente taxa: 30,00 €. – Declaración de incursión dunha edificación fóra de ordenación total ou parcial: 70,00 €. - Tramitación de expedientes de declaración de ruína: 100,00 € -Certificacíón , de cualificación ou clasificación urbanística: 30,00 € -Certificación ou informe que requira saída dos servizos técnicos: 50,00 € -Certificación ou informe que non requira saída dos servizos técnicos: 30,00 €. – Outros informes ou certificados urbanísticos: 30,00€. Nos expedientes cuia tramitación, de conformidade coa lexislación aplicable , estén suxeitos a exposición ao público mediante a inserción de anuncios en boletins oficiais ou diarios de maior difusión , liquidaráse a cuantía correspondente ao solicitante. Epígrafe terceiro: certificacións, informes e outros servizos administrativos. – Certificacións de acordos de órganos municipais ou de expedientes administrativos con máis de cinco anos de antigüidade: 5,00 €. – Certificacións de acordos de órganos municipais ou de expedientes administrativos hasta cinco anos de antigüidade: 3,00 €. – Licenzas e cambios en materia de taxis: 30,00 €. – Dereitos de exame: segundo o grupo funcionarial ao que corresponda o proceso selectivo, ou o asimilado para persoal laboral. Grupo A1 e A2: 30,00 € Grupo B: 20,00 € Grupo C1 e C2: 10,00 € Outras agrupacións profesionais: 5,00 € Non estarán suxeitos a esta taxa aqueles procedementos de selección dos grupos C1 e C2 e outras agrupacións profesionais, cando nos mesmos se prevea un tempo de duración do contrato de menos de trece meses. Non estarán suxeitos a esta taxa os procedementos de selección anteriores para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33% (para o que deberá presentar o certificado de minusvalía correspondente) e para aquelas que figuren como demandantes de emprego durante o prazo, polo menos , de seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas nas que solicite a súa participación(para o que deberá presentar o documento xustificativo expedido pola oficina de emprego correspondente). -Por cada expediente de concesión de licenza ou autorización municipal non tarifado especificamente por outra taxa: 20,00 €. –– Calquera outro informe ou certificado non especificado nestas tarifas: 10,00 €.
|