|
 |
|
|
|
|
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
|
|
|
|
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construcción, cascallos, valados, puntais, asnelos, andamios e outras instalacións análogas, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó disposto na Lei 39/88.
|
|
|
|
|
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
|
|
|
|
Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local con ocasión da súa ocupación con mercadorías, materiais de construcción, cascallos, valados, puntais, asnelos, andamios e outras instalacións análogas
|
|
|
|
|
Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.
|
|
|
|
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria e 23 da Lei 39/88, do 28 de decembro, a favor de quen se outorguen as licencias ou quen se beneficie do aproveitamento descrito no artigo anterior, se se procedeu sen a oportuna licencia.
|
|
|
|
|
Artigo 4.º .-Responsables.
|
|
|
|
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria. 2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos e sociedades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
|
|
|
|
|
Artigo 5.º .-Base impoñible.
|
|
|
|
Tomarase como base impoñible a dimensión e duración do aproveitamento, expresado en metros cadrados ou lineais, segundo o tipo de aproveitamento do que se trate, e en meses, segundo o disposto no artigo 6.º da presente ordenanza fiscal.
|
|
|
|
|
Artigo 6.º .-Cota tributaria.
|
|
|
|
É o resultado de aplica-las seguintes tarifas:
Tarifa primeira.-Ocupación da vía pública con mercadorías: | | 1. Ocupación ou reserva especial da vía pública ou terreos de uso público que fagan os industriais con materiais ou productos da industria ou comercio a que dedique a súa actividade, comprendidos os vagóns ou vagonetas metálicas nomeadas "containers", por mes e metro cadrado | 1.20 euros | 2. Ocupación ou reserva especial da vía pública de modo transitorio, por mes e metro cadrado | 0,90 euros | Tarifa segunda.-Ocupación con materiais de construcción: | | Ocupación da vía pública ou terreos de uso público, con entullos, materiais de construcción, vagóns ou vagonetas metálicas nomeadas "containers", para recollida ou depósito destes, e outros aproveitamentos análogos, por metro cadrado ou fracción, ó mes: | | - En rúas de primeira categoría | 1,50 euros | - En rúas de segunda categoría | 1,20 euros | Tarifa terceira.-Valado, puntais, asnelos, andamios, etc. | | 1. Ocupación da vía pública ou terreos de uso público con valados, caixóns de cerramento, sexan ou non para obras, e outras instalacións análogas, por metro cadrado ou fracción, ó mes: | | - En rúas de primeira categoría | 1,50 euros | - En rúas de segunda categoría | 1,20 euros | 2. Ocupación da vía pública ou terreos de uso público con puntais, asnelos, andamios e outros elementos análogos, por cada elemento e mes: | | - En rúas de primeira categoría | 0,30 euros | - En rúas de segunda categoría | 0,18 euros |
2. Normas de aplicación das tarifas: a) Cando as obras se interrompesen durante un tempo superior a dous meses, sen causa xustificada, as contías resultantes por aplicación da segunda tarifa sufrirán un recargo do 5% a partir do terceiro mes. No caso de que, unha vez finalizadas as obras, continúen os aproveitamentos, as contías serán recargadas nun 10%. b) As contías resultantes por aplicación da terceira tarifa sufrirán os seguintes recargos a partir do terceiro mes dende a súa instalación ou concesión: durante o segundo trimestre un 5%, durante o terceiro trimestre un 7% e por cada trimestre a partir do terceiro un 10%. c) A taxa por ocupación con vagóns e vagonetas metálicas, denominadas "containers", para a recollida ou depósito de entullos e materiais de construcción, liquidarase polos dereitos fixados nas rúas de primeira categoría. Categorías das rúas: 1. Para os efectos previdos para a aplicación de algúns epígrafes da tarifa do apartado 1 do artigo 4.º seguinte, as vías públicas deste municipio clasifícanse en dúas categorías. 2. Anexo a esta ordenanza figura un índice alfabético das vías públicas deste municipio, con expresión da categoría que corresponde a cada unha delas. 3. As vías públicas que non aparezan sinaladas no índice alfabético serán consideradas de última categoría, permanecendo cualificadas así ata o un de xaneiro do ano seguinte a aquel no que o pleno desta corporación aprobe a categoría correspondente e a súa inclusión no índice alfabético de vías públicas. 4. Cando o espacio afectado polo aproveitamento estea situado na confluencia de dúas ou máis vías públicas clasificadas en distinta categoría, aplicarase a tarifa que lle corresponda á vía de categoría superior.
|
|
|
|
|
Artigo 7.º .-Percepción e período impositivo.
|
|
|
|
A taxa percibirase no momento de outorgarse a autorización municipal ou no inicio do aproveitamento realizado sen obte-la oportuna licencia. O período impositivo coincidirá co mes natural, independentemente de que a autorización fose concedida con posterioridade á data de inicio do mes natural.
|
|
|
|
|
Artigo 8.º .-Liquidación e ingreso.
|
|
|
|
Esixirase o depósito previo do importe da taxa regulada nesta ordenanza, que será liquidado considerando os datos aportados polo interesado. O depósito previo non xerará dereito ningún e non facultará para realizar ós aproveitamentos, que só poderán ser realizados cando se obteña a preceptiva licencia. Non se tramitará o expediente, nin se permitirá a realización das actividades definitorias do feito impoñible ata que se teña efectuado o pagamento do depósito previo. O pagamento da taxa realizarase por transferencia bancaria nas entidades colaboradoras na xestión recadatoria que o Concello estableza para tal efecto.
|
|
|
|
|
Artigo 9.º .-Exencións e bonificacións.
|
|
|
|
Non se concederá exención ou bonificación ningunha respecto á taxa regulada pola presente ordenanza.
|
|
|
|
|
Artigo 10.º .-Normas de xestión.
|
|
|
|
1. As licencias para realizar estes aproveitamentos solicitaranse por medio de instancia dirixida á Alcaldía, achegando os documentos necesarios para a estimación da solicitude. Tramitado o expediente, a Alcaldía dictará resolución, efectuando a comprobación da liquidación efectuada e, á vista do expediente, producindo os aboamentos ou a esixencia de ingreso complementario que proceda. A resolución que se dicte notificarase ó interesado e ós servicios municipais a quen competa a execución do acordo. 2. Se non se determinase con exactitude a duración do aproveitamento, unha vez autorizada a ocupación, entenderase prorrogada mentres non se presente a declaración de baixa. A presentación da baixa producirá efectos a partir do día primeiro do período natural de tempo seguinte ó sinalado no epígrafe da tarifa que corresponda. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa 3. Cando con ocasión dos aproveitamentos regulados neste texto se produciran desperfectos no pavimento ou instalacións da vía pública, os titulares das licencias estarán suxeitos ó reintegro total dos gastos de reconstrucción e reparación de tales desperfectos ou a repara-los danos causados, que serán, en todo caso, independentes dos dereitos liquidados polos aproveitamentos realizados.
|
|
|
|
|
Artigo 11.º .-Infraccións e sancións tributarias.
|
|
|
|
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
|
|
|
|
|
Disposición final.
|
|
|
|
1.-A presente ordenanza, que consta de 11 artigos, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, comezará a rexe-lo 1 de xaneiro de 2002 e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas. Dilixencia.-A presente ordenanza fiscal aprobouna o Pleno do Concello de Ponteceso na sesión celebrada o día 15 de novembro de 2001. 2.-Queda derrogada expresamente a Ordenanza fiscal número 10, reguladora do prezo público por ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construcción, entullos, valados, puntais, asnelos, andamios e outras instalacións análogas, aprobada polo Concello pleno na sesión do 13 de novembro de 1989 e publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia número 298 bis, do 30 de decembro de 1989, que quedará sen efectos no momento da entrada en vigor da presente ordenanza fiscal.
|
|
|
|
|
ANEXO
|
|
|
|
Rúas do Concello de Ponteceso Corme Porto: | Atalaia | 2ª categoría | Barreiro | 2ª categoría | Campiño | 2ª categoría | Candelago | 2ª categoría | Caramanchón | 2ª categoría | Carral | 2ª categoría | Carreixo da man peluda | 2ª categoría | Constitución (praza) | 2ª categoría | Fontiña | 2ª categoría | Gafote | 2ª categoría | Hortas | 2ª categoría | Mariña | 2ª categoría | Nova | 2ª categoría | Paxariña | 2ª categoría | Ribeira | 1ª categoría | Rúa Nova | 2ª categoría | Santander | 2ª categoría | Xeneral Mourelle | 2ª categoría | Agra | 2ª categoría | Agra de Rodríguez | 2ª categoría | Alto da Costa | 2ª categoría | Arnela | 1ª categoría | Barrio Gross | 2ª categoría | Condes | 2ª categoría | Crego | 2ª categoría | Cubeiro | 2ª categoría | Osmo | 2ª categoría | Praza do Pan | 1ª categoría | Pedrasmiúdas | 2ª categoría | Pondal | 2ª categoría | Real | 1ª categoría | Regadiña | 2ª categoría | Riñote | 2ª categoría | Río da Roda | 1ª categoría | Río de Arriba | 2ª categoría | Sol | 2ª categoría | Vila de García | 2ª categoría | Virxe dos Remedios | 2ª categoría | Ponteceso (capital): pertence á parroquia de Cospindo | Aduana | 1ª categoría | Concello | 2ª categoría | Avenida Eduardo Pondal | 1ª categoría | Paseo fluvial | 1ª categoría | Praza do Relleno | 1ª categoría | A Trabe (pertence á parroquia de Tella) | Avenida Anllóns | 1ª categoría | Avenida Bergantiños | 1ª categoría | Praza Campo da Feira | 2ª categoría | Avenida Eduardo Pondal | 1ª categoría | O resto das parroquias que non teñen rúas pódense considerar de segunda categoría.
|
|
|