1. A contía da taxa regulada nesta Ordenanza será fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte: a) Garaxes ..... Individual: 3.060 ptas. m./lineal. (entenderase por cada garaxe individual o destinado a ocupar ata dúas prazas de vehículos). b) Garaxes ..... Colectivos:9.180 ptas. m./lineal. (entenderase por aqueles garaxes de máis de dúas prazas). 2. Aplicaranse igualmente as tarifas da taxa indicadas no apartado anterior para entrada de vehículos en edificios ou cocheiras particulares ou apartamentos individuais de propiedade dentro dun aparcamento xeral e os situados en zonas ou rúas particulares que formen parte de comunidades de propietarios, con prohibición de aparcamento para vehículos que non sexan de propiedade de algún membro da comunidade. 3. Para as reservas establecese a obrigación de proverse no Concello do correspondente disco de prohibición do aparcamento, co seu oportuno número de licencia, que será por conta do interesado. 4. Considérarase modificación da rasante a beirarrúa todo o que supoña alteración da liña de rasante, ben sexa na totalidade do plano superior ou na aresta exterior de dita beirarrúa, comprendéndose para o efectos os regueiros, desniveis, rebaixas de altura, escotaduras, substitucións da liña oblicua no lugar da horizontal e, en suma, toda a modificación do aspecto exterior da beirarrúa. 5. A taxa aplicarase tanto á modificación de rasante das beirarrúas construídas polo Concello como se se trata de beirarrúas construídas por particulares, toda vez que o pagamento deste aproveitamento está motivado pola molestia que ó transeúnte ocasiona dita modificación da rasante e polo beneficio que obtén o usuario. Por tanto, tamén procederá a aplicación da taxa, aínda cando a rúa careza de beirarrúa, se a rasante se atopa modificada na parte correspondente a unha porta cocheira. 6. Os obrigados ó pagamento declararán os elementos tributarios que utilicen, especificando as características dos mesmos, e comunicarán calquera variación que deba repercutir na contía da tarifa, así como, no caso de construcción de regueiro autorizado, dar conta á Administración de Rendas da data en que termina a construcción. 7. A desaparición de regueiros será por conta do propietario que deberá solicitar, previamente, a oportuna autorización.
|