|
 |
|
|
|
|
Artigo 1. Fundamento e natureza.
|
|
|
|
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da
Constitución Española, polo artigo 106 de da Lei 7/85, de 2 de
abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e de conformidade
có disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo
2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da
Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Mesía
establece a Taxa pola expedición de Licencias Urbanísticas, a
que se refire o artigo 20.4 h) do Texto Refundido aprobado
polo RDLex. 2/2004, que se rexirá pola presente Ordenanza
Fiscal, atendendo as súas normas ao previsto no artigo 58 do
citado Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
|
|
|
|
|
Artigo 2. Feito imponible.
|
|
|
|
Constitúe o feito imponible da taxa a actividade municipal,
técnica e administrativa, dirixida a verificar se os actos de
ocupación, construcción, edificación e uso do solo e do
subsolo que vaian realizarse no termo municipal, axústanse ao
ordenamento urbanístico vixente e se reúnen as condicións
esixibles de seguridade, salubridade, habitabilidade e
accesibilidade, todo elo de conformidade có establecido no
artigo 194 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación
urbanística e protección do medio rural de Galicia e a súa
normativa de desenrolo.
|
|
|
|
|
Artigo 3. Supostos de non suxeición.
|
|
|
|
Non estarán suxeitos ó pagamento da taxa, pero si da obriga de
solicita-la oportuna licencia:
a) As obras que deban efectua-los particulares nas vías
públicas ou na fachada dos pisos baixos e que sexan
consecuencia directa das modificacións de aliñacións ou
rasantes, canalizacións ou sumidoiros que faga o Concello.
b) O branqueo, pintado ou revestimento das fachadas e muros.
c) As derrubas ou demolicións que se produzan como
consecuencia de declaracións de ruína inminente e que fosen
ordenados polo Concello.
d) As derrubas ou demolicións daqueles inmobles que de acordo
coa actual regulamentación urbanística do Concello se atopen
fóra de ordenación e fosen ordenadas por este último.
e) As obras necesarias para a eliminación de barreiras
arquitectónicas, sempre e cando non impliquen incremento de
volume da edificación nin cambio de uso de ela.
f) As instalacións, construccións e obras promovidas
directamente por outras administracións públicas que estiveran
suxeitas a licencia urbanística municipal ou a calquera outra
actividade municipal técnica e administrativa de verificación
que constitúa o feito imponible de este imposto, de
conformidade co establecido no artigo 2 da presente ordenanza.
|
|
|
|
|
Artigo 4. Suxeito pasivo.
|
|
|
|
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as personas físicas ou
xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei
58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que sexan
solicitantes dunha licencia ou que executen as instalacións,
obras ou construccións sen ter obtido a preceptiva licencia.
2. En todo caso, terán a condición de substitutos do
contribuínte os constructores e contratistas das obras, de
conformidade co previsto no artigo 23.2.b) do RDLex. 2/2004,
de 5 de marzo.
|
|
|
|
|
Artigo 5. Responsables solidarios e subsidiarios
|
|
|
|
1. Responderán solidariamente das obligacións tributarias do
suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se
refieren os artigos 41 e 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro,
Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores de feito
e de dereito das perosas xurídicas, os integrantes da
administración concursal e os liquidadores de sociedades i
entidades en xeral, nos supostos e coa extensión que sinala o
artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
|
|
|
|
|
Artículo 6.-Cota tributaria.
|
|
|
|
1. A cota tributaria determinarase por unha cota fixa á que,
segundo a natureza do expediente a tramitar, se lle sumará
outra cantidade en función da superficie, lonxitude ou
unidade, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.
2. Para determinar a superficie das obras e instalacións
terase en conta a totalidade das súas plantas e espacios
construídos.
|
|
|
|
|
Artículo 7.-Tarifa
|
|
|
|
1. Instalación de tanques, depósitos de almacenamento de auga,
piscinas, etc., así como outros depósitos de almacenamento de
gas, petróleos, gasóleos e similares: 60,00 euros.
2. Instalación de quioscos en vía pública:
a. Cota fixa por unidade: 60,00 euros.
b. Por cada metro cadrado: 30,00 euros.
3. Instalación de carteis publicitarios:
a. cota fixa por unidade: 60,00 euros.
b. por cada metro cadrado: 30,00 euros.
4. Construcción de edificacións:
a. Os primeiros 200 metros cadrados construidos: 0,20 euros
por metro cadrado.
b. Dos 200 aos 1.000 metros cadrados construidos: 0,30 euros
por cada metro cadrado deste tramo.
c. A partir de 1.000 metros cadrados construidos: 1,00 euros
por cada metro cadrado deste tramo.
5. Demolición de edificacións:
a. Os primeiros 1.000 metros cadrados: 0,15 euros por metro
cadrado.
b. A partir de 1.000 metros cadrados: 0,30 euros por metro
cadrado deste tramo.
c. Cando non se acade esta contía, a taxa mínima a cobrar será
de 60,00 euros.
6. Por toda aquela actividade municipal que se axuste ao feito
imponible desta ordenanza e non apareza especificada nos
epígrafes destas tarifas, esixirase unha taxa mínima de 20,00
euros.
|
|
|
|
|
Artículo 8.-Devengo.
|
|
|
|
1. Devengase a taxa e xurde a obriga de contribuir cando se
comenze a actividade municipal que constitúe o seu feito
imponible. A estos efectos, entenderase comenzada a devandita
actividade na data de presentación da oportuna solicitude, se
o suxeito pasivo formulase expresamente ésta.
2. Cando as obras se iniciaran ou executaran sen ter obtido a
oportuna licencia, a taxa devengarase cando se comence a
actividade municipal conducente a determinar se a obra en
cuestión é ou non autorizable.
3. A obriga de contribuir, unha vez xurdida, non se verá
afectada en modo algunho pola denegación da licencia
solicitada nin pola renuncia ou desestimento do solicitante
unha vez concedida a licencia.
|
|
|
|
|
Artículo 9.-Beneficios Fiscais.
|
|
|
|
Non serán aplicables outros beneficios fiscais que os
expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os
derivados da aplicación dos Tratados Internacionais.
|
|
|
|
|
Artículo 10.-Normas de Xestión
|
|
|
|
1. Os interesados na obtención dunha licencia de obras ou
urbanística virán obrigados a presentar no Registro Xeral do
Concello a oportuna solicitude, acompañando proxecto visado
polo Colexio Oficial respectivo, especificando a natureza da
obra, lugar de emplazamento, importe estimado da mesma,
medicións e destino.
2. Cando se trate de licencia para aqueles actos nos que, de
conformidade coa normativa estatal, autonómica e local
aplicable, non sexa esixible a formulación de proxecto
subscrito por técnico competente, acompañarase á solicitude un
presuposto das obras a realizar así como unha descripción
precisa da superficie afectada, materiais a empregar, e en
xeral, das características da obra ou acto, dos cales os seus
datos permitan comprobar o seu coste.
3. Se despois de formulada a solicitude de licencia se
modificase ou ampliase o proxecto, deberá poñerse en
coñecemento da administración municipal, acompañando o novo
presuposto ou o reformado e, no seu caso, planos e memorias da
modificación ou ampliación.
|
|
|
|
|
Artículo 11.-Liquidación, Notificación e Ingreso
|
|
|
|
1. Finalizada a actividade municipal e unha vez dictada a
Resolución municipal que proceda sobre a licencia,
practicarase a liquidación correspondente pola Taxa, que se
notificará ó suxeito pasivo para o seu ingreso directo nas
Arcas Municipais utilizando os medios de pago e os prazos que
sinala o Regulamento Xeral de Recaudación.
2. Á vista das construccións, instalacións ou obras
efectivamente realizadas e do coste real efectivo das mesmas,
o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa,
poderá modificar, no seu caso, a base imponible a que se
refire o artigo 5 da presente ordenanza, practicando a
correspondente liquidación definitiva, e esixindo do suxeito
pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que
corresponda.
3. O ingreso realizarase nos prazos establecidos no artigo
62.2 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
|
|
|
|
|
Artigo 12.Caducidade e duración das licencias.
|
|
|
|
1. Consideranse caducadas as licencias si despois de ser
concedidas transcorren mais de seis meses sen dar comenzo ás
obras, ou cando, unha vez comenzadas, foran interrompidas
durante o devandito prazo, excepto nos casos de forza maior,
que deberá ser alegada polo titular da licencia antes de que
expire o referido prazo para a súa resolución posterior polo
organismo concedente.
2. Transcorrido o prazo de caducidade, quedará sen valor nin
efecto algunho a autorización obtida, salvo que
anticipadamente se solicite e se obteña a prórroga
regulamentaria, que terá como prazo máximo o da licencia
orixinaria.
|
|
|
|
|
Artígo 13. Infraccións e sancións.
|
|
|
|
En materia de infraccións e sancións será aplicable, segundo
dispón o artículo 11 do RDLexislativo 2/2004, de 5 de marzo,
polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das
Facendas Locais, a regulación contida nos artigos 178 e
seguientes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral
Tributaria, e nas disposicións que a complementen e
desenrolen.
|
|
|
|
|
Disposición Final.
|
|
|
|
A presente ordenanza fiscal, da que a súa modificación foi
aprobada polo Pleno do Concello de Mesía en sesión celebrada o
día 26 de Novembro de 2004, unha vez publicado o seu texto
íntegro no BOP, logo da aprobación definitiva, comezará a
aplicarse a partires do día 1 de xaneiro do 2005, mantenendo a
súa vixencia ata a súa modificación ou derogación expresas."
|
|
|