1.-As cantidades esixibles con arranxo ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polo período anual ou de tempada autorizado. 2.-Os emprazamentos, instalacións, postos, etc. poderanse sacar a licitación pública antes da realización das feiras e o tipo de licitación, en concepto de taxa mínima que servirá de base, será a contía fixada na tarifa desta ordenanza. 3.-Procederase, con antelación á poxa, á formación dun plano dos terreos dispoñibles para ser subhastados, numerando as parcelas que teñan que ser obxecto de licitación e sinalando a súa superficie. Asemade, indicaranse as parcelas que podan adicarse a coches de choque, circos, teatros, exposicións, etc. 4.-Se algún concesionario dos aproveitamentos utilizase maior superficie que a que lle foi adxudicada en poxa, satisfará por cada metro cadrado utilizado de mais do 100 por 100 do importe da puxanza, ademais da contía fixada nas tarifas. 5.-As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza e non sacados a licitación pública deberán solicitar previamente a correspondente licencia, realiza-lo depósito previo a que se refire o art. 6.2 a) seguinte e formular declaración na que conste a superficie do aproveitamento e os elementos que se van a instalar, así como un plano detallado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación no municipio. 6.-No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a este concello a devolución do importe ingresado. 7.-Non se consentirá ningunha ocupación da vía pública ata que se sexa aboado e obtido polos interesados a licencia correspondente. 8.-As autorizacións entenderanse prorrogadas mentres non se acorde a súa caducidade pola Alcaldía ou se presente baixa xustificada polo interesado ou polos seus lexítimos representantes. 9.-A presentación da baixa terá efectos a partires do día primeiro do período natural de tempo seguinte sinalado no epígrafe da tarifa que corresponda. Sexa a que sexa a causa alegada en contrario, a non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa. 10.-As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. 0 incumprimento deste mandato dará lugar á anulación da licencia.
|