|
 |
|
|
|
|
ARTIGO 1. Fundamento e natureza.
|
|
|
|
En uso
das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 144 da Constitución e polo
artigo 106 da Lei 7/1 985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local,
e de conformidade co disposto nos artigos 15 ao 19 do R.D. lexislativo 2/2004,
de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das
facendas locais, este Concello estabelece a Taxa por licenza de apertura de
estabelecementos, que se rexerà pola presente Ordenanza Fiscal, cuxas normas
atenden ao prevido no artigo 57 do citado R.D. lexislativo.
|
|
|
|
|
ARTIGO 2. Feito impoñibel.
|
|
|
|
1. Está determinado polas actuacións municipais
desenvolvidas con motivo da apertura de estabelecementos, tanto se esta
actividade se produce como consecuencia dunha petición do interesado, coma se
se orixina por comprobacións ou inspeccións da apertura sen que o titular
solicitara ou obtivera a licenza, para verificación de que os mesmos reúnen as
condicións requiridas polas Ordenanzas municipais como orzamento necesario para
o outorgamento da oportuna licenza.
2. A tal efecto, terá a
consideración de apertura:
a)
A instalación por primeira vez do estabelecemento para dar comezo ás súas actividades.
b)
A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento, aínda
que o titular sexa o mesmo.
c)
Os traslados de locais.
3.
Entenderase por estabelecemento, que requirirá licenza para a súa apertura:
a)
Os locais dedicados ao exercicio habitual do comercio. Presumirase dita
habitualidade nos casos aos que se refire a lexislación mercantil e fiscal e,
especificamente, cando a realización da actividade estea suxeita a tributación
polo imposto sobre actividades económicas.
b)
Os locais nos que se desenvolva unha actividade económica de carácter
comercial, industrial, de servizos, profesional ou artística.
c)
Toda edificación habitable cuxo destino principal non sexa a vivenda e que se
dedique a:
- Casinos ou círculos dedicados ao esparexemento ou recreo dos seus
compoñentes ou asociados. As distintas dependencias que, dentro dos locais do
casino, sociedade ou círculo sexan destinados a explotacións económicas
suxeitas a tributación polo Imposto sobre Actividades Económicas serán obxecto
de apertura diferente á principal que se refire ao obxecto social de carácter
non lucrativo.
- Depósito ou almacén, aínda que se atope
pechado ao público.
- Actividades que, tendo ou non fin
lucrativo, impliquen a presencia habitual
de persoas no local.
- Locais nos que se fagan usos e actuacións
contempladas no Regulamento de
Actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.
- Locais e recintos nos que se fagan
espectáculos públicos.
- Oficinas, despachos, bufetes, escritorios,
consultorios ou estudos abertos ao
público, onde se exerzan actividades
artísticas, profesionais ou de ensino con
fin lucrativo e suxeitas a
tributación polo imposto sobre
actividades
económicas.
|
|
|
|
|
ARTIGO 3. Suxeito pasivo.
|
|
|
|
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de
contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refiren o
artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, titulares da
actividade que se pretenda desenvolver ou, no seu caso, que se desenvolva no
estabelecemento.
|
|
|
|
|
ARTIGO 4. Responsábeis.
|
|
|
|
1. Responderán solidariamente das obrigas
tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire o
artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
2.
Serán responsábeis subsidiarios os Administradores das sociedades e os
síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e
entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei
58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
|
|
|
|
|
ARTIGO 5. Beneficios fiscais.
|
|
|
|
Non serán
aplicábeis outros beneficios fiscais cos expresamente previstos nas normas con
rango de lei ou os derivados da aplicación de tratados ou acordos
internacionais.
|
|
|
|
|
ARTIGO 6. Base impoñíbel, tarifas e cota tributaria.
|
|
|
|
1. A cota tributaria determinarase por unha tarifa fixa estabelecida en función da actividade a desenvolver e modulada en función da superficie do local, a cota mínima municipal que lle corresponda a efectos do Imposto sobre Actividades Económicas, a situación do local e a condición da actividade a efectos do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, ou no seu caso, no disposto no Regulamento de Actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas ou calquera outra normativa estatal ou autonómica sobre a materia. 2. Tarifa xeral 2.1. As tarifas aplicabeis serán as contidas na disposición adicional desta Ordenanza, segundo a actividade ejercida no local. Cando nun local se exerzan varias actividades, tomarase en conta a cota mais alta. 2.1.1. Nas actividades soxeitas a avaliación de incidencia ou de impacto ambiental, a base imponibel estabelecida na disposición adicional, modularase por aplicación do coeficiente 1,8, antes de proceder a aplicar os coeficientes e índices que se estabelecen nos apartados seguintes. 2.1.2. Igualmente nas actividades non suxeitas ou excluidas de avaliación de incidencia ou impacto ambiental, a base imponible determinada na disposición adicional, modularase por aplicación do coeficiente 1,2, antes de proceder a aplicar os coeficientes e indices que se estabelecen nos apartados seguintes 2.2. A cota da tarifa aplicaraselle un coeficiente en función da superficie útil do local, de acordo coa seguinte escala: Até 50 m2 | 0,7 | De 51 a 100 m2 | 0,8 | De 101 a 200 m2 | 0.9 | De 201 a 500 m2 | 1 | De 501 m2 a 1.000 m2 | 1,2 | De 1.001 a 2.000 m2 | 1,4 | De 2.001 a 10.000 m2 | 1,6 | De 10.001 a 50.000 m2 | 1,8 | De mais de 50.000 m2 | 2,0 |
2.3. Ademais do coeficiente anterior, e sobre o resultado obtido, aplicarase un coeficiente de capaciade económica estabelecido en función da cota mínima municipal que corresponda á actividade desenvolvida no local a efectos do Imposto sobre actividades económicas, segundo a seguinte escala: Ate 60,10 € | 0,6 | De 60,11 € a 180,30 € | 0,7 | De 180,31 € a 360,60 € | 0,8 | De 360,61 € a 601,01 € | 1,0 | De 601,02 a 1.202,02 € | 1,2 | De 1.202,03 a 3.005,05 € | 1,4 | De 3.005,06 a 6010,12 € | 1,6 | De 6.010,13 € a 30.050,60 € | 1,8 | De 30.050,61 a 60.101,20 € | 2,0 | De mais de 60.101, 21 € | 2,2 |
2.4. Sobre o resultado de aplicar os anteriores coeficientes, aplicarase un índice que pondere a situación do local, de acordo coa categoría da rúa segundo a clasificación vixente das vías públicas a efectos fiscais, segundo o seguinte cadro: Estabelecementos situados na rúa de: Primeira categoría | 2,0 | Segunda categoría | 1,6 | Terceira categoría | 1,3 | Cuarta categoría | 1,0 |
Regras de aplicación: 1. Cando nun mesmo local existan, sen discriminación no título de ocupación do mesmo, espazos destinados a vivenda e a estabelecemento suxeito a taxa, a base deste último será a que proporcionalmente lle corresponda á súa superficie. 2. Cando se trate de ampliación do estabelecemento, a base imponible será a determinada na disposición adicional, modulada en función do coeficiente que lle corresponda pola superficie ampliada. 3. Cando nun local se ejerzan varias actividades comprendidas en epígrafes diferentes, tomarase a suma das diferentes cotas para a aplicación deste coeficiente. 4. Cando se trate de actividades que tributen por cuota provincial ou nacional, tomarase o 20% ou o 5% das cotas resultantes, respectivamente. 5. Coeficiente aplicarase en función da cota mínima sinalada segundo a clasificación da actividade determinada no Real Decreto Lexislativo 1175/1990, que aproba as tarifas e instrucción do Imposto sobre Actividades Económicas, ainda que o solicitante disfrute de exención en dito imposto ou non teña obriga de darse de alta no mesmo. 6. Para a aplicación deste coeficiente non se terán en consideración as bonificacións que poidan ser aplicabeis no Imposto sobre Actividades Económicas. 7. Os locais afectos tributarán pola cota que lles sexa asignada de acordo coas regras do Imposto sobre Actividades Económicas. 8. Nas solicitudes para a instalación de antenas de telefonía movil, sobre a base determinada no epígrafe 1.24 da disposición adicional, aplicaranse os seguintes coeficientes: • Coeficiente estabelecido segundo a actividade ejercida no local (suxeitas a avalición de incidencia ou impacto ambiental). • Coeficiente da actividade económica do suxeito pasivo estabelecido en función da cota mínima municipal que corresponda á actividade desenvolvida no local a efectos do Imposto sobre actividades económicas. 3. Nos supostos de traspasos, cesións ou transmisión da titularidade das actividades que se desenvolvan nos estabelecementos, a actividade administrativa tendente a verificar se o local ou estabelecemento obxeto de traspaso, cesión ou transmisión reúne as condicións idoneas para o fin destinado, a base imponible estará modulada en función do da tarifa estabelecida na disposición adicional, modulada segundo o disposto nos apartados anteriores, aplicandolle ao resultado un coeficiente corrector do 0,05.
|
|
|
|
|
ARTIGO 7. Devengo.
|
|
|
|
1.- Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuír,
cando se inicie a actividade municipal que contitúe o feito impoñíbel. A estes
efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da
oportuna solicitude da licenza de apertura, se o suxeito pasivo formulara
expresamente esta.
2.-
Cando a apertura tivera lugar sen obter a oportuna licenza, a taxa devengarase
cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se
o estabelecemento reúne ou non as condicións esixíbeis con independencia da
iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para autorizar a apertura de estabelecemento
ou decretar o seu peche, se non fora autorizábel dita apertura.
|
|
|
|
|
ARTIGO 8. Liquidación e ingreso
|
|
|
|
1. Ao tempo de solicitar a correspondente licenza,
os interesados ou os seus representantes procederán a efectuar a correspondente
autoliquidación e a ingresar o seu importe nas entidades de credito
coloboradoras, que será aplicado á cota que resulte unha vez sexa concedida a
correspondente licenza, procedéndose á súa devolución no caso de que, por
causas imputábeis á Administración, non se prestara o servizo.
2.
Non se tramitará o expediente, se non se acredita a autoliquidación e o
pagamento da presente taxa.
|
|
|
|
|
ARTIGO 9. Renuncia e caducidade.
|
|
|
|
1.- Antes de que sexa dictado o acto administrativo sobre concesión da licenza, os interesados poderán desistir ou renunciar expresamente da mesma e obter a devolución do 80% da autoliquidación ingresada, sempre se non se incurra en ningunha das seguintes limitacións: a) Que a actividade peticionada non se tivera realizado ou exercido. b) Que dito desestimento fora peticionado dentro do prazo dun ano, contado a partir da data de presentación da correspondente solicitude. c) Que non se tivera dictado resolución administrativa sobre da petición formulada polo interesado. 2.- A caducidade, como un dos xeitos de rematar o procedemento administrativo e tramitada de oficio, non xenerará dereitos económicos a favor dos contribuintes.
|
|
|
|
|
ARTIGO 10. Infraccións e sancións tributarias.
|
|
|
|
En todo o relativo á cualificación de infraccións
tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan, estarase ao
disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral
tributaria.
|
|
|
|
|
DISPOSICIÓN ADICIONAL
|
|
|
|
As tarifas da presente taxa serán as que deseguido se estabelecen: Actividade desenvolvida no estabelecemento | Cota euros | | 1.- FABRICACIÓN: | 1.1.-Extracción , preparación, aglomeración ou almacenamento de combustíbeis sólidos e coquerias | 1.087,90 € | 1.2.- Refino de petróleo e outros combustíbeis | 3.626,34 € | 1.3.- Produción, transporte ou distribución de enerxía eléctrica, gas, vapor e auga | 1.813,16 € | 1.4.- Fabricación de xeo | 3.620,84 € | 1.5.- Fabricación e primeira transformación de metais, agás maquinaria e material de transporte (siderurxia) | 1.087,11 € | 1.6.- Fabricación de produtos metálicos (metalurxia) | 543,96 € | 1.7.- Extracción de minerais non metálicos nin enerxéticos. Turbeiras | 543,96 € | 1.8.- Extracción doutros minerais non metálicos nin enexéticos | 1.450,53 € | 1.9.-Elaboración e tratamento da pedra natural | 652,73 € | 1.10.- Fabricación de materiais de construción | 652,73 € | 1.11.- Fabricación de produtos químicos, farmaceúticos, pirotecnia, e outros produtos químicos de uso industrial e doméstico | 906,58 € | 1.12.- Fabricación de maquinaria, material e equipos mecánicos | 724,94 € | 1.13.- Fabricación de material de transporte e seus compoñentes | 1.087,11 € | 1.14.- Fabricación de instrumentos de precisión, óptica e similares, incluído material e equipo eléctrico e electrónico | 1.087,11 € | 1.15.- Fabricación, envasado ou preparación de produtos alimentarios, bebidas ou tabaco | 652,73 € | 1.16.- Fabricación téxtil, da confección ou do calzado | 718,21 € | 1.17.- Industrias de transformación do caucho e materias plásticas | 543,96 € | 1.18.- Fabricación, transformación e almacenaxe de madeira, corcho e produtos similares, agás mobles | 362,63 € | 1.19.-Fabricación de mobles | 652,73 € | 1.20.- Industrias do papel, edición, artes gráficas e reprodución | 652,73 € | 1.21.- Fabricación de xoiería, orfebrería, pratería e similares | 652,73 € | 1.22.- Fabricación de instrumentos musicais, bixutería, artigos para o deporte e xoguetes | 362,63 € | 1.23.-Fabricación de máquinas, equipos e material mecánico | 652,73 € | 1.24.- Instalación de antenas de telefonía móbil | 2.653,12 € | 1.25.- Fabricación, depósito e almacenaxe de explosivos e similares | 1.175,02 € | 1.26.- Outras actividades non contempladas en parágrafos anteriores | 362,63 € | | 2.- SERVIZOS, VENDA E DISTRIBUCIÓN | 2.1.- Comercio por xunto | 217,57 € | 2.2..- Comercio polo miúdo | 145,06 € | 2.3.- Restaurantes | 181,32 € | 2.4.- Estabelecementos de bebidas con servizo de comidas | 181,32 € | 2.5.- Cafés-Bares de categoría especial con espectáculos en vivo e/ou de alterne | 282,48 € | 2.6.- Estabelecementos de bebidas (bares, pubs, cafés, etc) | 145,06 € | 2.7.- Comedores colectivos e servizos de comidas preparadas | 108,78 € | 2.8.- Hoteis, moteis, hostais, pensións e similares con servizo de comidas, por cada habitación | 13,06 € | 2.9.- Hoteis, moteis, hostais, pensións e similares sen servizo de comidas, por cada habitación | 8,69 € | 2.10.- Campings, albergues e refuxios, por praza | 3,63 € | 2.11.- Outros tipos de hospedaxe, incluso os non turísticos, por praza | 3,63 € | 2.12.- Bancos, caixas de aforro e outros estabelecementos financeiros | 435,17 € | 2.13.- Axencias, delegacións de seguros e outros similares | 217,57 € | 2.14.- Salas de cine, teatro e espectáculos (non deportiv.) | 290,10 € | 2.15- Estadios, pavillóns e campos de deporte | 290,10 € | 2.16.- Despachos profesionais e artistas | 145,06 € | 2.17.- Garaxes e aparcamentos, por praza | 6,52 € | 2.18.- Inmobiliarias e axentes da propiedade inmbobiliaria | 217,57 € | 2.19.- Reciclaxe de chatarra e outros desfeitos | 145,06 € | 2.20.- Actividades e servizos relacionados co agro, gandería, pesca e selvicultura | 145,06 € | 2.21.- Estabelecementos afectos aos servizos de transporte (estacións, e terminais, oficinas de venda de billetes, facturación, almacéns, consignas e similares) | 181,32 € | 2.22.- Servizos de correos e mensaxería | 181,32 € | 2.23.- Axencias de viaxe | 181,32 € | 2.24.- Estabelecementos afectos aos servizos de telecomunicacións | 181,32 € | 2.25.- Estabelecementos de ensino | 145,06 € | 2.26.- Estabelecementos farmaceúticos e sanitarios, incluído consultas médicas e similares | 176,55 € | 2.27.- Estabelecementos de asistencia social | 72,52 € | 2.28.- Estabelecementos afectos á actividade de construción (oficinas, locais destinados á venda, estudos técnicos, almacéns, talleres e similares | 181,32 € | 2.29.- Estabelecementos afectos á actividade de produción, transporte, e distribución de enerxía eléctrica, gas, vapor e auga | 181,32 € | 2.30.- Talleres e outros estabelecementos de reparación de vehículos, electrodomésticos e outros bens de consumo | 181,32 € | 2.31.- Comercio polo miúdo de combustíbeis, carburantes e lubricantes | 290,22 € | 2.32.- Outros estabelecementos non clasificados nos apartados anteriores | 145,06 € |
|
|
|
|
|
DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA
|
|
|
|
As disposicións relativas ao Imposto sobre Actividades Económicas contidas na presente ordenanza (rueiro e cotas tributarias), seguirán a manterse independentemente ou non da vixencia do referido imposto.
|
|
|
|
|
DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA
|
|
|
|
As tarifas desta ordenanza incrementaranse anualmente no IPC
|
|
|
|
|
DISPOSICIÓN FINAL
|
|
|
|
A presente ordenanza foi aprobada por acordo plenario de data 30 de novembro de 1989, entrando en vigor o día 1 de xaneiro de 1990. Foi modificada segundo acordos plenarios de datas vinte e dous de agosto de 1996, trinta de xaneiro de 1997, seis de novembro de 1998, 6 de setembro de 2001, 18 de xullo de 2002, 28 de outubro de 2004, 30 de xuño de 2005, 28 de setembro de 2006 e 25 de outubro de 2007. A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 4 de setrembro de 2008. Entrara en vigor, logo da súa publicación no BOP o día 1 de xaneiro de 2009, permanecendo en vigor até que sexa acordada a súa modificación ou derrogación expresas.
|
|
|