Deputaci�n da Coru�a Deputaci�n da Coru�a
Unha deputaci�n � servicio da provincia 24 horas � servicio da provincia A Coru�a por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradici�ns e honrar �s nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coru�a
�ltimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Axuda Suxesti�ns

Castellano Gallego

... Ordenanzas y Reglamentos
Nueva Búsqueda

Valdoviño - Ordenanza reguladora do imposto sobre bens inmobles

Publicación provisional : 16-12-2003 BOP Nº 287 -- Publicación definitiva : 29-06-2004 BOP Nº 147
Redacción Aplicable desde 27-11-2009

Redacciones Redacciones
 - ARTIGO 1 : OBXECTO
 - ARTIGO 2 : TIPOS DE GRAVAME
 - ARTIGO 3: EXENCIÓN POR CRITERIOS DE ECONOMÍA E EFICIENCIA.
 - ARTIGO 3 BONIFICACIÓN PARA OS BENS INMOBLES QUE CONSTITÚAN O OBXECTO DA ACTIVIDADE DE EMPRESAS DE URBANIZACIÓN, CONSTRUCCIÓN OU PROMOCIÓN INMOBILIARIA
 - Disposición final
   
  ARTIGO 1 : OBXECTO  
 

A presente Ordenanza grava o valor dos bens inmobles nos términos establecidos no artigo a propiedade dos elementos determinantes da cota tributaria que se regulan nos artigo 62 da Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora das facendas Locais.

   
  ARTIGO 2 : TIPOS DE GRAVAME   redacciones
 

A. O tipo de gravame aplicable ós bens inmobles urbanos queda fixado no 0,50 por cento.
B.
C.- Para todos os grupos de bens inmobles de características especiais: o 1,3 %.

   
  ARTIGO 3: EXENCIÓN POR CRITERIOS DE ECONOMÍA E EFICIENCIA.  
 

Ó abeiro do disposto no artigo 63.4 da Lei 39/88, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, establécese unha exención a favor dos bens inmobles urbanos ou rústicos nos que a cota tributaria non exceda de un euro.

   
  ARTIGO 3 BONIFICACIÓN PARA OS BENS INMOBLES QUE CONSTITÚAN O OBXECTO DA ACTIVIDADE DE EMPRESAS DE URBANIZACIÓN, CONSTRUCCIÓN OU PROMOCIÓN INMOBILIARIA  
 

Terán dereito a unha bonificación do 50 % sobre a cota íntegra do imposto, sempre que así se solicite polos interesados antes do inicio das obras, os inmobles que constitúan o obxecto da actividade de empresas de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria tanto de obra nova coma de rahabilitación equiparabla a ésta, e non figuren entre os bens do seu inmobilizado.

1- O prazo de aplicación desta bonificación abranguerá desde o período impositivo seguinte ó remate das mesmas, sempre que durante este tempo se realicen obras de urbanización ou construcción efectiva, sen que, en ningun caso, a bonificación poida aplicar a máis de tres períodos impositivos.

2- Para o goce desta bonificación, os interesados deberán presentar escritos dirixidos ó Excmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de

A Coruña durante o ano correspondente ó inicio das obras, debendo achegar a seguinte documentación:

- Copia do recibo do imposto sobre bens inmobles, correspondente ó inmoble ó que se refire a solicitude de exención. No caso de que non se despoña do mesmo, certificación expedida pola Xerencia Territorial do Catastro de A Coruña-Provincia, no que se faga constar a referencia catastral do referido inmoble.

- Certificado da concesión da preceptiva licencia municipal que autorice a realización das obras.

- Certificado do técnico-director das obras de construcción, visado polo Colexio Oficial competente, no que se indique a data de inicio das obras.

- Documentación que acredita que e o inmoble para o que se solicita a bonificación non figura entre os bens do inmovilizado da empresa: cédula de cualificación provisional, no caso de vivendas de protección oficial, fotocopia do derradeiro balance de situación presentado ante Facenda ou certificado do censor xurado de contas, no que se faga constar tal circunstancia.

- Documentación pola que se acredite que os inmobles ós que afectan as obras constitúen o obxecto da empresa de urbanización, construcción ou promoción inmbiliaria: fotocopia dos Estatutos sociais ou fotocopia da declaración de alta no imposto sobre actividades económicas.

3- Á vista da documentación presentada, á Excma. Deputación Provincial dictará resolución concedendo ou denegado a bonificación solicitada. A bonificación concedida só terá efectos para o periódo impositivo seguinte ó inicio das obras, debendo solicitarse expresamente a súa prórroga para os dous períodos impositivos seguientes, achegando a documentación que acredite que se seguen a cumpri-los requisitos establecidos.

   
  Disposición final   redacciones
 

A presente ordenanza fiscal, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día un de xaneiro do ano 2009, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Nota Legal Servicio de Asistencia Económica a Municipios