A contía da taxa determinarase aplicando as tarifas seguintes: Uso de instalacións deportivas municipais: Pavillóns polideportivos municipais. Tarifas: | Concepto | Tarifa | 1.1 | Por hora de utilización | 26,25 euros | 1.2 | Por hora de utilización entre 24:00 h e 9:00 h | 31,50 euros | 1.3 | Equipos federados municipais sénior por hora | 10,50 euros | 1.4 | Equipos categoría sénior e afeccionados participantes en torneos municipais por hora | 15,75 euros | 1.5 | Suplemento por despacho (de billetes) | 99,75 euros |
Campos de fútbol. Tarifas: | Concepto | Tarifa | 1.6 | Equipos federados do municipio por hora | 31,50 euros | 1.7 | Equipos non federados do municipio por hora | 63,00 euros | 1.8 | Suplemento por despacho (de billetes) | 31,50 euros |
Pistas polideportivas e canchas de tenis. Tarifas: | Concepto | Tarifa | 1.9 | Por hora de utilización | 7,35 euros |
Piscinas municipais. Tarifas: | Concepto | Tarifa | 1.10 | Entrada libre por día, veciños do municipio | 2,21 euros | 1.11 | Entrada libre bono 6 entradas, veciños do municipio | 10,50 euros | 1.12 | Entrada libre bono 24 entradas, veciños do municipio | 31,50 euros |
Ximnasios e rocódromo. Tarifas: | Concepto | Tarifa | 1.16 | Por hora de utilización e persoa | 2,10 euros |
Campos de chave. Tarifas: | Concepto | Tarifa | 1.17 | Por hora de utilización | 12,50 euros |
Os grupos/equipos ou veciños doutros municipios terán un suplemento do 100% das tarifas polo uso das instalacións. Malia o anterior, a cota da taxa pola utilización das instalacións deportivas será cero nos seguintes supostos: a) Os actos gratuítos organizados por entidades sen fin de lucro en colaboración co Concello. b) As actividades das comunidades escolares de centros de ensino público para actos propios da súa finalidade educativa, ata un máximo de sete horas semanais por comunidade escolar. c) As competicións deportivas federadas de base e o deporte en idade escolar. d) Os adestramentos deportivos de entidades de carácter deportivo sen fin de lucro, inscritas no rexistro municipal para categorías de base ata xuvenís inclusive na proporción dunha hora por cada dous equipos e tres horas semanais como máximo. As entidades xuvenís terán unha hora semanal exenta. Outras entidades sen fin de lucro municipais, para actos non deportivos, terán que solicita-la exención presentando unha memoria explicativa da finalidade do uso.
|