|
 |
|
|
|
|
FUNDAMENTO LEGAL
|
|
|
|
ARTIGO 1.º. De conformidade co previsto no artigo 57 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establecece a taxa por expedición de licenza de primeira utilización ou ocupación de edificios. ARTIGO 2.º. Os efectos desta ordenanza teñen natureza de “edificios” as obras de nova pranta e tamén aqueles resultantes da ampliación ou reforma de estructuras dos xa existentes, realizadas ó amparo dunha licencia urbanística. O térmo “edificio” poderá referirse ó conxunto dun inmoble ou a partes ou locais do mesmo, segundo os casos, cando polas suas características éste sexa susceptible de división por prantas ou locais que poidan ser adicados a distintos usos dos de vivenda, de maneira que as actividades a desenrolar en cada un de tales locais ou prantas están suxeitas a un trámite específico.
|
|
|
|
|
FINALIDADE
|
|
|
|
ARTIGO 3.º. A licencia de primeira utilización ou ocupación ten por finalidade exclusiva: a) Comprobar que o edificio construido e a urbanización realizada simultáneamente,no seu caso, se fixeron dacordo co proxecto técnico e a licencia urbanística concedida no seu día. b) Verificar que o edificio construido ou partes para as que se solicita licenza de 1ª ocupación, reune aparentemente, e sempre coa responsabilidade directa e única que en tal senso corresponde á Dirección de Obra, as condicións técnicas de seguridade, salubridade e ornato público. c) Confirmar que o edificio pode destinarse a determinado uso. d) Asegurarse que o constructor repuxo, caso de habelos dañado, os elementos e o equipamento urbanísticos afectados.
|
|
|
|
|
SOLICITUDE DE LICENZAS
|
|
|
|
ARTIGO 4.º. 1.–A solicitude para a primeira utilización de edificios e a súa obtención é requisito indispensable para poder destiña-los edificios ó uso proxectado. 2.–Os interesados en obter licenza de primeira utilización ou ocupación dun edificio, presentarán unha solicitude dirixida ó Alcalde que deberá conter, en todo caso, os seguintes datos: a) Nome, apelidos do interesado, ou no seu caso, da persoa que o representa, así como a identificación do lugar que se sinale a efectos de notificacións. b) Identificación do edificio respecto do que se solicita a licenza, que haberá de concretarse con toda claridade. c) Lugar, data e signatura do solicitante, ou do seu representante. 3.–Os interesados deberán acompaña-la instancia cos seguintes documentos: a) Fotocopia da preceptiva licenza de obra de nova pranta, reforma de estructura ou ampliación. (*) b) Certificado de finalización de obra, ou, no seu caso, da urbanización, conforme ó proxecto técnico aprobado, expedido polo director da obra ou por técnico competente e visado, polo correspondente colexio profesional, coa indicación expresa de que a obra se axusta o proxecto para o que se ten licencia. c) Catro fotografías do edificio e o seu entorno e dúas dos viais limítrofes. d) Xustificante do importe de orzamento da obra (*). e) Certificado de aillamento acústico ao abeiro do decreto 320/2002, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que establece as ordenanzas tipo sobre protección contra a continuación acústica.
|
|
|
|
|
ORGANO COMPETENTE PARA O OUTORGAMENTO DA LICENZA
|
|
|
|
ARTIGO 5.º. A competencia para outorga-la licenza corresponde ó Alcalde, quen poderá delegala na Xunta de Goberno Local.
|
|
|
|
|
PROCEDEMENTO
|
|
|
|
ARTIGO 6.º. 1.–Incoado o procedimento, a solicitude de persoa interesada, impulsarase de oficio en tódolos seus trámites recabando o instructor simultaneamente informes dos servicios técnicos do Concello e os que xulgue necesarios para resolver, fundamentando a conveniencia de recabalos. 2.–Nos informes dos servicios técnicos constatarase si a obra se realizou dacordo co proxecto técnico e licenza urbanística concedida; si se restauraron debidamente os elementos urbanísticos e equipamento urban que poidesen quedar afectados como consecuencia da obra; si reune as condicións aparentes de seguridade, salubridade e ornato público; e si o edificio ou locais para os que se solicita primeira ocupación son aptos para o uso inicial a que se destinan. 3.–Os informes serán realizados no prazo máximo de dez días.
|
|
|
|
|
OBRIGA DE RESOLVER
|
|
|
|
ARTIGO 7.º. 1.–O Alcalde ou, no seu caso, a Xunta de Goberno Local, está obrigado a dictar resolución expresa no prazo máximo de dous meses. 2.–A aceptación dos informes e dictámenes servirá automaticamente de motivación á resolución cando se incorporen ó texto da mesma..
|
|
|
|
|
FEITO IMPOÑIBLE
|
|
|
|
ARTIGO 8.º. Constituirá o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar si a licenza de primeira utilización ou ocupación dos edificios se axusta á normativa legal.
|
|
|
|
|
SUXEITO PASIVO
|
|
|
|
ARTIGO 9.º. Son suxeitos pasivos contribuintes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o art. 35.4 da nova Lei Xeral Tributaria 58/03, que soliciten a licenza ou se beneficien da mesma.
|
|
|
|
|
RESPONSABLES
|
|
|
|
ARTIGO 10.º. Na primeira ocupación dos edificios sen licenza, serán responsables o promotor das obras e o que realice a ocupación si fosen persoas distintas, tendo a multa que se impoña carácter independente. ARTIGO 11.º. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 42.1 da Lei Xeral Tributaria 58/03. Serán responsables subsidiarios os que así resulten por aplicación da nova Lei Xeral Tributaria 58/03. En todo caso, terán a consideración de sustitutos do contribuinte, os promotores, constructores e contratistas de obras.
|
|
|
|
|
CUOTA TRIBUTARIA
|
|
|
|
ARTIGO 12.º. 1.- Tomarase como base de gravame da presente taxa o custo real e efectivo da construcción, calculado da forma establecida no artigo 6º.1.b) da Ordenanza Fiscal nº 24, reguladora do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras. 2.- O tipo de gravame a aplicar será o seguinte: Concepto | Euros | Por cada edificio e ata 6.010,12 euros de orzamento do mesmo | 63,25 | Por cada tramo de incremento de 6.010,12 euros sobre o orzamento | 18,5 |
3.-Naqueles edificios que, encontrándose en trámite de obtención da licenza de primeira ocupación, presentaran orzamentos realizados en anualidades anteriores ás da solicitude, procederá a sua actualización mediante a aplicación dos correspondentes índices de prezos ó consumo correctores.
|
|
|
|
|
OBRIGA DE CONTRIBUIR
|
|
|
|
ARTIGO 13.º. A obriga de contribuir nacerá no momento de comenzar a prestación do servicio, que terá lugar dende que se formula a solicitude de licenza, ou dende que o Concello realice as actuacións conducentes a verificar si é ou non autorizable a primeira utilización ou ocupación dos edificios efectuada sen a obtención da preceptiva licenza. A obriga de contribuir, unha vez nacida, non se verá afectada ou modificada pola renuncia ou desestimento do solicitante.
|
|
|
|
|
OBRIGAS DOS TITULARES DO EDIFICIO
|
|
|
|
ARTIGO 14.º. 1.–Prohíbese ós titulares do edificio construido, a súa primeira ocupación previa á obtención da licenza de primeira utilización ou ocupación. 2.–Nas transmisións ou enaxenacións totais ou parcias do inmoble construido, constará de forma fidedigna ós adquirentes a carencia de licenza de primeira ocupación, si ésta non se obtivo ó tempo da transmisión ou enaxenación.
|
|
|
|
|
OBRIGAS DAS EMPRESAS SUBMINISTRADORAS DE ENERXÍA ELÉCTRICA, AUGA, GAS E TELEFONÍA
|
|
|
|
ARTIGO 15.º. 1.–As empresas subministradoras de enerxía eléctrica, auga, gas e telefonía, deberán esixir para a contratación dos respectivos servicios, a licenza de primeira utilización ou ocupación dos edificios. 2.–O incumprimento desta esixencia por parte das empresas subministradoras dará lugar a que a Administración impoña unha multa do tanto ó quíntuplo do importe da acometida, sen perxuicio doutras sancións que resulten procedentes.
|
|
|
|
|
OBRIGA DE PAGO
|
|
|
|
ARTIGO 16.º. 1.–Tratándose dun aproveitamento non periódico, a obriga de pago nace cando se inicie o uso, si ben no momento en que se presente a solicitude que inicie a actuación ou o expediente, deberá realizarse o depósito previo total da liquidación. 2.–O pago do depósito previo efectuarase por ingreso directo na Caixa da Tesourería Municipal, na entidade bancaria correspondente ou donde establecese o Concello, con anterioridade á entrega da correspondente licenza ou autorización.
|
|
|
|
|
INFRACCIONS E SANCIONS
|
|
|
|
ARTIGO 17.º. Constitue infracción urbanística a primeira ocupación de edificios, sin a preceptiva licenza de primeira utilización ou ocupación, conforme dispón o art. 69 do Regulamento de Disciplina Urbanística aprobado por Decreto 28/1999 do 21 de xaneiro, para o desenvolvemento e aplicación da Lei do Solo de Galicia. ARTIGO 18.º. 1.–A infracción a que se refire o artigo anterior será sancionada conforme as regras establecidas no artigo 76 e seguintes do Regulamento de Discplina Urbanística de Galicia, en relación coas demais disposicións vixentes aplicables. 2.–Para a graduación das sancións teranse en conta os criterios establecidos no artigo 187 da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro e demais normativa aplicable e o que dispoña a Ordenanza Xeral de Inspeccion, Xestion e Recadacion 3.–En ningún caso poderá o Concello deixar de adopta-las medidas tendentes a restaura-lo orden urbanístico vulnerado, dispoñendo a cesación inmediata da actividade de ocupación, como medida cautelar.
|
|
|
|
|
ORGANO COMPETENTE
|
|
|
|
ARTIGO 19.º. O órgano competente para a resolución do procedemento sancionador é o Alcalde, quen poderá delegar esta atribución na Xunta de Goberno Local.
|
|
|
|
|
DISPOSICION FINAL. APROBACION E VIXENCIA
|
|
|
|
1.–Para o non previsto na presente ordenanza rexiran os preceptos da Lei 1/1997 do 24 de marzo, do Solo de Galicia, do Decreto 28/1999 do 21 de xaneiro polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística para o desenvolvemente e aplicación da Lei do Solo de Galicia, da Lei 7/1985, do 2 de abril, de Bases de Réxime Local ; do regulamento de Disciplina Urbanística para o desenrolo e aplicación da Lei sobre Réxime do Solo e Ordenación Urban, aprobado por Real Decreto 2187/1978, do 23 de xuño, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e demais normativa que resulte aplicable. A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación no exercicio 2011 permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
|
|
|