Deputaci�n da Coru�a Deputaci�n da Coru�a
Unha deputaci�n � servicio da provincia 24 horas � servicio da provincia A Coru�a por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradici�ns e honrar �s nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coru�a
�ltimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Axuda Suxesti�ns

Castellano Gallego

... Ordenanzas y Reglamentos
Nueva Búsqueda

Ordes - Ordenanza xeral de prezos públicos do Concello de Ordes.

Publicación provisional : 18-10-2011 BOP Nº 198 -- Publicación definitiva : 26-12-2011 BOP Nº 244
Redacción Aplicable desde 13-01-2012

Redacciones Redacciones
 - Artigo 1. Fundamento.
 - Artigo 2. Concepto.
 - Artigo 3. Obrigados ao pagamento
 - Artigo 4. Obriga de pagamento.
 - Artigo 5. Contía.
 - Artigo 6. Establecemento e fixación
 - Artigo 7. Procedemento de xestión.
 - Artigo 8. Devolución de ingresos.
 - Artigo 9. Recursos.
 - Disposicións finais
   
  Artigo 1. Fundamento.  
 

1. No uso das facultades conferidas polos artigos 2.1, apartado “e”, e 127 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Ordes poderá establecer e esixir prezos públicos, que se regularán polo disposto nos artigos 41 a 47 do citado texto refundido, pola Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos, e polo preceptuado na presente ordenanza.

2. O obxecto da presente ordenanza é desenvolver a normativa xeral e establecer o ámbito e o procedemento de esixencia de prezos públicos no Concello de Ordes, de acordo coas disposicións que resultan de aplicación.

   
  Artigo 2. Concepto.  
 

1. Terán a consideración de prezos públicos as contraprestacións pecuniarias que se satisfagan pola prestación de servizos ou a realización de actividades de competencia municipal, sempre que concorran as dúas circunstancias seguintes:

a. Que os servizos ou as actividades sexan de solicitude ou de recepción voluntaria por parte dos administrados. Para estes efectos non se considerará voluntaria a solicitude ou recepción por parte dos solicitantes ou receptores cando veña imposta por disposicións legais ou regulamentarias, ou cando os bens, servizos ou actividades requiridos sexan imprescindibles para a vida privada ou social do solicitante ou receptor.

b. Que os servizos ou as actividades se presten ou realicen polo sector privado, estea ou non establecida a súa reserva a favor do sector público consonte á normativa vixente.

2. Para estes efectos terán a dita consideración as contraprestación pecuniarias que estableza a entidade local pola comercialización de bens ou produtos, cando concorran as circunstancias citadas.

3. Non poderán esixirse prezos públicos polos seguintes servizos e actividades:

a. Abastecemento de auga en fontes públicas.

b. Alumeado de vías públicas.

c. Vixilancia pública en xeral.

d. Protección civil.

e. Limpeza da vía pública.

f. Ensino nos niveis de educación obrigatoria.

4. Poderán dar lugar á esixencia de prezos públicos, sempre e cando concorran as circunstancias previstas no apartado 1 deste artigo, as prestacións seguintes:

a. Entradas en teatros, espectáculos, museos, eventos e exposicións.

b. Inscricións e/ou participación en cursos, talleres, xornadas, seminarios e actividades organizadas polo Concello de Ordes.

c. Actividades socioculturais, educativas, deportivas e de lecer.

d. Servizos sociosanitarios e servizos sociais.

e. Servizo de tanatorio municipal.

f. Servizos de difusión publicitaria na emisora de radio ou en calquera outro medio de divulgación municipal.

g. Comercialización de bens ou produtos.

h. En xeral, calquera servizo, actividade ou prestación de solicitude e recepción voluntaria para os administrados que se realice en concorrencia co sector privado.

   
  Artigo 3. Obrigados ao pagamento  
 

1. Estarán obrigados ao pagamento dos prezos públicos os que se beneficien dos servizos ou actividades polos que deban satisfacerse aqueles.

2. A estes efectos consideraranse beneficiarios e, en consecuencia, obrigados ao pagamento, os solicitantes do servizo, actividade ou prestación pola cal sexan esixidos prezos públicos.

3. No caso de que os beneficiarios sexan menores de idade e/ou incapacitados, considerarase suxeito obrigado ao pagamento aos pais/nais ou titores/as.

   
  Artigo 4. Obriga de pagamento.  
 

1. A obriga de pagamento dos prezos públicos nace desde que se inicie a prestación do servizo ou a realización da actividade.

2. No suposto de comercialización de bens ou produtos a obriga de pagamento nace no momento da entrega da prestación.

3. Poderá esixirse o depósito previo do importe dos prezos públicos, na forma e prazo que fixe o acordo de establecemento ou modificación do prezo público, como requisito previo para a prestación do servizo ou realización da actividade.

4. Cando exista discrepancia entre a contía do depósito previo e a obriga de pagamento, a cantidade ingresada en concepto de depósito previo considerarase entrega a conta da obriga definitiva, reintegrándose o esixíndose a diferenza, segundo proceda.

   
  Artigo 5. Contía.  
 

1. O importe dos prezos públicos deberá cubrir, como mínimo, o custe do servizo prestado ou da actividade desenvolvida.

2. Cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, a entidade poderá fixar prezos por debaixo do límite previsto no apartado anterior. Nestes casos deberá consignarse nos orzamentos da entidade as dotacións oportunas para a cobertura da diferenza resultante, se a houbese.

3. Entenderase, salvo mención en contrario no acordo concreto de fixación do prezo e nos documentos acreditativos do pagamento, que a tarifa sinalada non inclúe a cota do Imposto sobre o Valor Engadido que, de ser o caso, deba repercutirse sobre a dita tarifa. En consecuencia, o tipo de IVE aplicable, de ser o caso, e a cota resultante deberá consignarse expresa e separadamente.

   
  Artigo 6. Establecemento e fixación  
 

1. A competencia para o establecemento, modificación e fixación da contía dos prezos públicos aos que refírese a presente ordenanza encoméndase á Xunta de Goberno Local, de conformidade coa facultade regulada no artigo 47.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e consonte ao disposto nos artigos 23.2, letra “b”, da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local, e 65.2, letra “b”, da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.

2. O establecemento realizarase a proposta da alcaldía ou da concellería delegada que procedese, debendo constar, como mínimo:

a. O concreto servizo ou actividade que orixina, como contraprestación, o prezo público.

b. Unha memoria económico-financeira da que se deduza que o importe do prezo público cubre, como mínimo, o custe do servizo ou actividade ou, de ser o caso, a porcentaxe do mesmo que será asumido con cargo aos orzamentos municipais, con indicación da existencia de crédito a nivel de partida orzamentaria.

c. O importe da tarifa a que ascende o prezo público que se estableza.

d. A xustificación razoada das razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que, de ser o caso, aconsellen a fixación dos prezos públicos por debaixo do custe do servizo.

e. As normas específicas de xestión.

f. A data a partires da cal se comece a esixir.

3. O acordo de establecemento e fixación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos do Concello de Ordes.

   
  Artigo 7. Procedemento de xestión.  
 

1. Nos acordos de establecemento, modificación ou fixación de prezos públicos, ao determinar o réxime de xestión, poderase prever a súa esixencia en réxime de autoliquidación, debendo neste caso concretar o prazo de ingreso.

2. Os prezos públicos de devengo periódico poderán esixirse mediante cargo na conta bancaria designada ao efecto polo obrigado ao pagamento, unha vez formalizada a solicitude de prestación correspondente. Neste caso, a baixa no censo de obrigados ao pagamento deberá comunicarse ao Concello nos prazos que se fixen no acordo de establecemento ou modificación do prezo público.

3. Na exacción de prezos públicos, os recargos e xuros de mora esixiranse e determinaranse nos mesmos casos, forma e contía que na exacción de tributos locais.

4. As débedas por prezos públicos poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento.

   
  Artigo 8. Devolución de ingresos.  
 

1. Unicamente procederá a devolución do importe total ou parcial do prezo público ingresado, segundo determinan os apartados seguintes, cando o servizo ou actividade non se preste ou desenvolva por causas non imputables ao interesado.

2. O importe da devolución será parcial e proporcional ao tempo, intensidade ou factor determinante do grao de realización da prestación, ou ben total cando non tivese nacido a obriga de pagamento.

3. En caso ningún procederase á devolución dos ingresos realizados cando a dita solicitude estea baseada na non asistencia do interesado por razóns alleas ao Concello de Ordes. Tampouco procederá a devolución cando o obrigado ao pagamento non comunique ao Concello, de ser o caso, á baixa na actividade, servizo ou prestación, tomándose como data para a devolución á da presentación da dita comunicación.

   
  Artigo 9. Recursos.  
 

Contra os acordos de establecemento, modificación e fixación de prezos públicos, así como contra os actos de xestión, liquidación, recadación e inspección, deberá interpoñerse o recurso de reposición especificamente previsto a tal efecto no artigo 14 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

   
  Disposicións finais  
 

Primeira. Para o non previsto na presente ordenanza estarase ao disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, na Lei 8/1989, de 13 de abril, de taxas e prezos públicos, na Lei 47/2003, de 26 de novembro, xeral orzamentaria, no Real decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, e demais normativa que a complemente ou substitúa.

Segunda. A presente ordenanza, unha vez aprobada polo Pleno municipal consonte ao disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, entrará en vigor logo de publicarse o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo aos que refírense os artigos 70.2 e 65.2 do citado corpo legal, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.”

Nota Legal Servicio de Asistencia Económica a Municipios