|
 |
|
|
|
|
Artigo 1.º Natureza e fundamento.
|
|
|
|
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola licenza de apertura de establecementos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, que atende ao previsto no artigo 57 do texto refundido citado.
|
|
|
|
|
Artigo 2.º Feito impoñible.
|
|
|
|
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade, salubridade e calquera outra esixida polas correspondentes ordenanzas e regulamentos municipais ou xerais para o seu normal funcionamento, ben como presuposto necesario e previo para o outorgamento por este Concello da licenza de apertura a que se refire o artigo 22 do Regulamento de servizos das corporacións locais, ben como consecuencia das declaracións responsables ou comunicacións previas que sexan procedentes ao abeiro do disposto na normativa vixente e que deban ser obxecto de control posterior. 2. Para tal efecto, terá a consideración de apertura: a) A instalación por primeira vez do establecemento para dar comezo ás súas actividades. b) A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular. c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo, esixindo nova verificación destas. 3. Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, estea ou non aberta ao público, que non se destine exclusivamente a vivenda e que: a) Se dedique ao exercicio dalgunha actividade empresarial, fabril, artesá, da construción, comercial e de servizos. b) Aínda sen desenvolver as actividades anteriores, sirvan de auxilio ou complemento para estas, ou teñan relación con elas de forma que lles proporcionen beneficios ou aproveitamento, como por exemplo: sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, oficinas, despachos ou estudios.
|
|
|
|
|
Artigo 3.º Suxeitos pasivos.
|
|
|
|
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da Lei xeral tributaria, titulares da actividade que se pretende desenvolver ou, de ser o caso, desenvolvida en calquera establecemento industrial ou mercantil.
|
|
|
|
|
Artigo 4.º Responsables.
|
|
|
|
1. Responden solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria. 2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.
|
|
|
|
|
Artigo 5.º Base impoñible.
|
|
|
|
1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza do expediente a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte. 2. A cota da tarifa corresponde á tramitación completa do expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.
|
|
|
|
|
Artigo 6.º Cota tributaria.
|
|
|
|
1. As cotas tributarias determinaranse de acordo coa seguinte tarifa: a) Comunicacións previas ou declaracións responsables para establecementos de ata 200 m2 construídos: 184,28 euros. b) Comunicacións previas ou declaracións responsables para establecementos de máis de 200 m2 construídos: 263,25 euros. c) Licenzas para actividades que requiran de licenza de apertura ou actividade en establecementos de ata 200 m2 construídos: 526,50 euros. d) Licenzas para actividades que requiran de licenza de apertura ou actividade en establecementos de máis de 200 m2 construídos: 1.026,68 euros. e) O custo das publicacións de edictos nos boletíns oficiais para aquelas actividades que o necesiten serán por conta do interesado e cobraranse coa liquidación da taxa correspondente ou nun momento posterior. 2. Cando nun establecemento ou local que pertenza a un só titular se vaia exercer máis dunha actividade industrial ou mercantil e, polo tanto, sexa necesaria a obtención de varias licenzas ou a realización de varias comprobacións a posteriori daquelas actividades sometidas á comunicación previa ou declaración responsable e o conseguinte pagamento de distintas taxas, a cota a satisfacer será a maior que corresponda, aplicándolle un recargo do 50 por cento.
|
|
|
|
|
Artigo 7.º Exencións e bonificacións.
|
|
|
|
Non se concederán outras exencións ou bonificacións que as expresamente previstas nas leis ou as derivadas da aplicación de tratados ou acordos internacionais.
|
|
|
|
|
Artigo 8.º Devengo.
|
|
|
|
1. A presente taxa devéngase e nace a obriga de contribuír cando se inicia a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada a devandita actividade na data de presentación da solicitude da licenza de apertura ou se faga a comunicación previa ou declaración responsable, sen que se inicie a actuación ou o expediente, ata que se efectuara o pago xunto coa solicitude, co carácter de depósito previo. 2. Os escritos recibidos que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderá dárselles curso sen que se subsane a deficiencia, para o que se requirirá ao interesado para que no prazo de dez días abone as cotas correspondentes, con apercibimento de que transcorrido o devandito prazo sen efectualo se lle terá por desistido da súa petición, previa resolución. 3. Cando as obras se iniciaran ou executaran sen ter obtido a oportuna licenza, a taxa devengarase cando se comece a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable. 4. A obriga de contribuír, unha vez xurdida, non se verá afectada en modo algún pola denegación da licenza solicitada nin pola renuncia ou desistimento do solicitante unha vez concedida a licenza.
|
|
|
|
|
Artigo 9.º Ingreso.
|
|
|
|
Deberá procederse á autoliquidación da taxa de xeito simultáneo á solicitude da licenza ou á presentación da comunicación previa ou declaración responsable, segundo modelo facilitado ao efecto polo Concello. O importe autoliquidado deberá ser ingresado na conta facilitada polo Concello, sen que se inicie a tramitación do expediente ata que se efectuara o pago.
|
|
|
|
|
Artigo 10.º Caducidade.
|
|
|
|
1. Consideraranse caducadas as licenzas e taxas satisfeitas por estas se, despois de notificada a súa concesión de xeito legal, non se tivese procedido á apertura do establecemento, por calquera causa, no prazo de seis meses. 2. Excepcionalmente poderá concederse unha prórroga, sempre que se solicite dentro do prazo anterior e se estivese ao corrente no pagamento das obrigas económicas, que será por outros seis meses. Transcorrido un e outro prazo xorde novamente a obriga de solicitar a licenza.
|
|
|
|
|
Artigo 11.º Infraccións e sancións.
|
|
|
|
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que lle correspondan a estas en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria.
|
|
|
|
|
Disposición derrogatoria.
|
|
|
|
A presente ordenanza fiscal derroga á ordenanza fiscal reguladora da taxa polo outorgamento de licenzas de apertura de establecementos publicada no BOP 300, do 31.12.2004.
|
|
|
|
|
Disposición final.
|
|
|
|
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
|
|
|