Deputaci�n da Coru�a Deputaci�n da Coru�a
Unha deputaci�n � servicio da provincia 24 horas � servicio da provincia A Coru�a por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradici�ns e honrar �s nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coru�a
�ltimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Axuda Suxesti�ns

Castellano Gallego

... Ordenanzas y Reglamentos
Nueva Búsqueda

Ordes - ORDENANZA FISCAL Nº 24, REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS.

Publicación provisional : 05-11-2007 BOP Nº 255 -- Publicación definitiva : 21-12-2007 BOP Nº 293
Redacción Aplicable desde 01-01-2013

Redacciones Redacciones
 - I.- NATUREZA DA EXACCIÓN.
 - Artigo 1º.
 - II.- FEITO IMPOÑIBLE
 - Artigo 2º.
 - III.- SUXEITO PASIVO E RESPONSABLES
 - Artigo 3º.
 - Artigo 4º.
 - V.- COTA TRIBUTARIA E TARIFA
 - Artigo 5º.
 - Artigo 6º.
 - VI.- DEVENGO E FORMA DE PAGO
 - Artigo 7º.
 - Artigo 8º.
 - VII.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
 - Artigo 9º.
 - Disposición derradeira.
   
  I.- NATUREZA DA EXACCIÓN.  
 

   
  Artigo 1º.  
 

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ao disposto no artigo 57 do citado Real Decreto Lexislativo.

   
  II.- FEITO IMPOÑIBLE  
 

   
  Artigo 2º.  
 

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, dos documentos que expida e de expedientes dos que entenda a Administración ou as Autoridades Municipais.
2. A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.
3. Non estará suxeita a taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servizos ou realización de actividades de competencia municipal e a utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens de dominio público municipal, que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello.

   
  III.- SUXEITO PASIVO E RESPONSABLES  
 

   
  Artigo 3º.  
 

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou no interese dos cales redunde a tramitación do documento de que se trate.

   
  Artigo 4º.  
 

1. Responderán solidariamente das débedas tributarias as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

   
  V.- COTA TRIBUTARIA E TARIFA  
 

   
  Artigo 5º.  
 

1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.
2. A cota de tarifa corresponde a tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.
3. As cotas resultantes da aplicación das tarifas incrementaranse nun 50% cando os interesados solicitasen con carácter de urxencia a tramitación dos expedientes que motivasen o devengo.

   
  Artigo 6º.   redacciones
 

A tarifa a que refírese o artigo anterior estrutúrase do xeito seguinte:

Epígrafe primeiro: certificacións e compulsas.

- Bastanteo de poderes que produzan efectos nas oficinas municipais: 10,90 euros.

Epígrafe Segundo: documentos expedidos e estendidos polas oficinas municipais.

- Expedición de informes relativos a accidentes de circulación emitidos pola policía local:

a) Mínimo (ata tres follas): 55,00 euros.

b) Por cada folla a maiores: 3,30 euros.

Epígrafe Terceiro: documentos relativos ao servizo urbanístico.

- Por cada certificación que se expida polos servizos urbanísticos, sobre características do terreo ou consulta para os efectos de edificación, etc., a instancia de parte, tanto de natureza rústica como urbana: 32,90 euros.

- Por cada autorización de segregacións ou parcelacións urbanísticas: 32,90 euros.

- Certificación de antigüidade de vivenda: 6,50 euros.

Epígrafe cuarto: Pola tramitación de solicitudes para participar nos procesos de selección de persoal ó servizo desta Administración:

- Grupo A ou asimilado: 32,90 euros.

- Grupo B, C ou asimilados: 27,45 euros.

- Grupo D, E ou asimilado: 16,50 euros.

- No caso de Policía Local as contías anteriores incrementaranse en 32,90 euros.

   
  VI.- DEVENGO E FORMA DE PAGO  
 

   
  Artigo 7º.  
 

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír no momento da presentación da solicitude de expedición de documentos e tramitación dos expedientes suxeitos ao tributo.

   
  Artigo 8º.  
 

1. A taxa se esixirase en réxime de autoliquidación, polo procedemento de cuño municipal estampado no escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, o nestes mesmos se aquel escrito non existise ou a solicitude non fose expresa.
Os responsables dos distintos servizos coidarán de non admitir nin cursar ningún documento gravado sen que cumprira previamente o requisito do pago.
2. Os escritos recibidos polos condutos a que fai referencia o artigo 38.4.c) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero no poderán dárselles curso sen que se emende a deficiencia, para o que se requirirá ao interesado co fin de que no prazo de dez días aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, arquivarase a solicitude sen máis trámite.
3. As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal a petición de Xulgados ou Tribunais para toda clase de preitos, cando sexan probas propostas a instancia de parte, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se aboara a correspondente cota tributaria.

   
  VII.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS  
 

   
  Artigo 9º.  
 

En todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias, así como a imposición das sancións correspondentes en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

   
  Disposición derradeira.  
 

A presente Ordenanza, aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 29 de outubro de 2007, comezará a aplicarse o mesmo día da publicación do seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Nota Legal Servicio de Asistencia Económica a Municipios