A tarifa a que se refire o artigo anterior estructúrase nos seguintes epígrafes: Epígrafe primeiro: poboación e estatística. 1. Certificados de empadroamento (individuais, colectivos, etc.): 3 euros. 2. Certificados de residencia: 3 euros. 3. Informes de convivencia: 3 euros. 4. Outros documentos certificantes ou informantes sobre o tema: 3 euros. Epígrafe segundo: documentos de expedientes administrativos, fotocopias e compulsas. 1. Comparecencias e certificados testificais: 5 euros. 2. Fotocopia ordinaria, por páxina: 0,10 euros en A4 e 0,15 € en A3. 3. Fotocopia de documento existente no arquivo histórico, por páxina: 0,15 euros. 4. Instancias que impliquen resposta administrativa a remitir por correo (e non comporten outro tipo de taxa, que anularía a deste epígrafe): 1 euro. 5. Compulsa dunha páxina ordinaria fotocopiada: 2,4 euros (agás cando a fotocopia sexa de documentación relativa ó saneamento gandeiro, que queda exenta de tributación). 6. Compulsa dunha páxina fotocopiada do arquivo histórico: 3 euros. 7. Compulsa conxunta de 2-9 páxinas: 3 euros. 8. Compulsa conxunta de 10 ou máis páxinas: 4 euros. 9. Documentos expedidos a interesados particulares, mediando tramitación de informe técnico ou da Alcaldía: 5 €. 10. Expedición doutro tipo de documentos non especificados nos epígrafes anteriores: 3 euros Epígrafe terceiro: concesións e licenzas. 1. Autorización de substitución de vehículos de autoturismo (taxi): 10 euros 2. Permisos de festas, por día: 5 euros 3. Outros non especificados (e sen taxa específica): 3 euros Epígrafe cuarto: urbanismo (independente e compatible coa taxa por licenzas). 1. Por cada licenza planeada sobre o terreo: 15 euros. 2. Informe sobre réxime urbanístico de terreo, por unidade catastral: 10 euros. 3. Certificación de antigüidade de vivenda e non existencia de expedientes de infracción urbanística: 25 euros. 4. Expediente de ruína: 50 €. 5. Recoñecemento de edificación previsto na disp. Transitoria 3ª da Lei 2/2010 (Instrucción 2/2011, do 12 de abril - DOG do 11-5-2011): 200 €. 6. Outros informes ou certificados urbanísticos: 20 €. Epígrafe quinto: documentación catastral 1. Copia de cartografía en papel: 1 € en A4 e 2 € en A3. 2. Copia de información non gráfica de expediente: 0,30 €/ páxina. 3. Certificacións catastrais PIC: a)- descritiva e gráfica individual inicial (acceso aplicación): 5 € ata 5 lindeiros e 8 € con máis de 5 lindeiros. b)- descritiva e gráfica individual sucesiva de varios bens: 5 € cada unha. c) - certificación agrupada de varios bens: 10 € ata 10 bens e 15 € máis de 10 bens d)- literais de inmobles únicos (urbanos, rústicos ou C.E.): 3 €. 4. Outros documentos expedidos no PIC: 3 €.
|