|
 |
|
|
|
|
Artigo 1. Fundamento e natureza
|
|
|
|
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da
Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85, do 2 de abril,
reguladora das bases de réxime local, este Concello establece
a taxa por licenzas urbanísticas a que se refire o art.
20.4.h) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo,
polo que se aproba o Texto refundido da leí reguladora das
facendas locais, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal,
e as súas normas atenden ó previsto no artigo 57 do TRLFL
|
|
|
|
|
Artigo 2. Feito impoñible
|
|
|
|
Constitúe o feito impoñible a actividade municipal, técnica e
administrativa realizada para verificar se os actos de
edificación e uso do solo e subsolo suxeitos a licenza
municipal á que se refire o artigo 194 da Lei 9/2002, do 30 de
decembro, de ordenación urbanística e protección do medio
rural de Galicia, que vaian a realizarse no termo municipal,
se axustan ás normas urbanísticas de edificación e policía
previstas na devandita leí, así como nas vixentes Normas
subsidiarias de planeamento e posteriormente no Plan xeral de
ordenación municipal; que son conformes ao destino e uso
previstos, que non atentan contra a harmonfa da paisaxe e
condicións de estética, que cumpren as condicións técnicas de
seguridade, salubridade, hixiene e saneamento, e finalmente,
que non existe ningunha prohibición de interese artístico,
histórico ou monumental.
|
|
|
|
|
Artigo 3. Suxeito pasivo
|
|
|
|
1.-Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes
as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se
refire o artigo 35 da Lei 58/2003, do 18 de decembro, Lei
xeral tributaria (LXT), que sexan propietarios ou posuidores,
ou de ser o caso, arrendatarios dos inmobles nos que se
executen as obras ou se realicen as construcións ou
instalaciónns.
2.-Terán a consideración de substitutos do contribuínte nas
tazas establecidas polo outorgamento das licenzas urbanísticas
os construtores e contratistas das obras.
|
|
|
|
|
Artigo 4. Responsables
|
|
|
|
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do
suxeito pasivo as persoas fisicas e xurídicas ás que se
refinen os artigos 41.1 e 42 da Lei xeral tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os regulados no artigo 43
da LXT, nos supostos e co alcance sinalado no dito artigo.
|
|
|
|
|
Artigo 5. Cota tributaria:
|
|
|
|
1.- A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa
sinalada segundo a natureza do expediente a tramitar, de
acordo coa tarifa, que contén o artigo seguinte.
2.- A cota de tarifa corresponde á tramitación completa do
expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa
resolución final, incluída a certificación e notificación ao
interesado do acordo recaído.
|
|
|
|
|
Artigo 6. Tarifa:
|
|
|
|
A.- A tarifa a que se refire o artigo anterior estruturase da seguinte forma: 1 - Por obras menores (orzamento cero e até 30.000 €): |
| Por licenzas que non leven consigo obra ou cando as obras menores cuxo orzamento de execución non sexa superior a 3.006,00 euros | 57 euros | Por obras menores cuxo orzamento de execución supere os 3.006,00 euros | 115 euros | Por renovación ou prórroga de licenzas de obras menores | 51 euros | 2 – Por obras maiores (orzamento superior a 30.000 €): |
| Por obras maiores en vivendas unifamiliares | 231 euros | Por obras maiores en edificios plurifamiliares, por cada vivenda, planta de locais comerciais e planta de sotano | 115 euros | Resto de obras maiores | 0,20% do custo das obras, cun mínimo de 150 euros. | Por renovación ou prórroga de licenzas de obras maiores | 77 euros | Por transmisión da titularidade da licenza | 86 euros | 3 – Demolición de construcións e movemento de terra | 58 euros | 4 – Pola colocación de carteis de propaganda visíbeis desde a via pública | 29 euros por metro cadrado | 5 – Por cada expediente de parcelación, segregación, división ou agrupación | 57 euros |
B.- No caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licenza, as cotas a liquidar serán o 20 por cento das sinaladas no número anterior, sempre que a actividade se iniciase efectivamente.
|
|
|
|
|
Artigo 7. Devengo
|
|
|
|
A presente taxa devéngase cando se inicie a prestación do
servizo urbanístico, coa incoación do oportuno expediente, a
solicitude do interesado ou de oficio pola Administración
local.
|
|
|
|
|
Artigo 8. Normas de xestión
|
|
|
|
A.- DECLARACIÓN:
1.- As persoas interesadas na obtención dunha licenza de obras
deberán xuntar á súa solicitude no Rexistro Xeral o
certificado visado polo colexio oficial respectivo, con
especificación detallada da natureza da obra e lugar de
emprazamento, na que se faga constar o importe estimado da
obra, medicións e destino do edificio.
2.- Cando se trate de licenza para aqueles actos en que non
sexa esixible a formulación do proxecto suscrito por técnico
competente, á solicitude acompañarase un orzamento das obras a
realizar, como unha descrición detallada da superficie
afectada, número de departamentos, materiais a emplear e, en
xeral, das características da obra cuxos datos permitan
comprobar o seu custo.
3.-De modificarse ou ampliarse o proxecto con posterioridade á
solicitude de licenza deberá poñerse en coñecemento da
Administración municipal, presentando o novo presuposto ou o
reformado e os planos e memorias correspondentes.
B.- RÉXIME:
1.-As taxas por prestación de servizos urbanísticos esixiranse
en réxime autoliquidación. Ao efecto, o solicitante presentará
a declaración-liquidación da taxa e xustificante do ingreso da
cota tributaria ao mesmo tempo que insta a solicitude de
outorgamento da correspondente licenza urbanística. Non se
comezará a tramitación de expediente ningún sin que obre a
neceario xustifcación do pagamento da taxa.
2.-Se as obras se inician ou executan sen previa licenza, a
taxa orixinarase ó se inicia-la actividade municipal para
determinar se aquelas son ou non autorizables, con
independencia da instrucción do expediente administrativo para
a autorización ou derruba das obras.
3.-A obriga de contribuír non se verá afectada pola denegación
da licenza solicitada, polo seu outorgamento condicionado á
modificación do proxecto inicial, nin pola renuncia ou
desestimento do solicitante despois de concedida esta.
4.-Os suxeitos pasivos están obrigados a presenta-la
correspondente declaración tributaria nos impresos habilitados
para tal efecto pola Administración local e realiza-lo ingreso
da liquidación resultante na Tesourería municipal ou nas
entidades bancarias autorizadas, o que se deberá acreditar no
momento de presenta-la correspondente solicitude.
5.-O pagamento da liquidación efectuado polo suxeito pasivo ou
da liquidación orixinada por actuación de oficio da
Administración local terá carácter provisional e será a conta
da liquidación definitiva que proceda.
6.-A Administración local, unha vez realizadas as actuacións
motivadas polos servizos urbanísticos prestados, tras a
comprobación destes e das autoliquidacións presentadas,
practicará, de ser o caso, as correspondentes liquidacións
definitivas, esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle a
cantidade diferencial que resulte.
|
|
|
|
|
Artigo 9. Infraccións e sancións
|
|
|
|
Para todo o relativo á cualificación das infraccións
tributarias e a imposición das sancións correspondentes,
rexerá o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral
tributaria.
|
|
|
|
|
Disposición derradeira
|
|
|
|
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor e será de aplicación o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa. (BOP nº 72, 1/4/2005) (BOP nº 112, 19/5/2005) (BOP nº 298, 30/12/2005) (BOP nº 293, do 23/12/2006) (BOP nº 300, do 31/12/2007) (BOP nº 298, 29/12/2008) BOP nº 146, 02/08/2012) (BOP nº 244, do 24/12/2012)
|
|
|